Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39125

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xuño de 2023 pola que se nomea a Comisión de Selección que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo.

Advertidos erros no anexo da dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 112, do 14 de xuño de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 36890, no anexo onde se relaciona a composición da Comisión de Selección, onde di:

«Presidencia: Begoña García Maneiro.

Secretaría: Elena Barba Pan.

Vogais:

Marina Lavandeira Pintane.

Eduardo Suárez Campo.

José María Pinta Ponte».

Debe dicir:

«Presidencia:

Titular: María Begoña García Maneiro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario. Subgrupo A1.

Suplente: Patricia Villajos Grande, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

Titular: Elena Barba Pan, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: Fernando Vicente Davila, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

Titular: Marina Lavandeira Pintane, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: María de los Ángeles Gil Sotres, persoal laboral fixo do Igape, técnico superior.

Titular: Eduardo Suárez Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: Manuel Trincado Paradelo, persoal laboral fixo do Igape, técnico superior.

Titular: José María Pita Ponte, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: Luis Daniel Cerviño Pernas, persoal laboral fixo do Igape, técnico superior».