Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39127

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xuño de 2023 pola que se nomea a Comisión de Selección que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo.

Advertidos erros no anexo da dita resolución publicada, no Diario Oficial de Galicia número 112, do 14 de xuño de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 36891, no anexo onde se relaciona a composición da Comisión de Selección, onde di:

«Presidencia: Begoña García Maneiro.

Secretaría: Elena Barba Pan.

Vogais:

Marina Lavandeira Pintane.

Eduardo Suárez Campo.

José María Pinta Ponte».

Debe dicir:

«Presidencia:

Titular: María Begoña García Maneiro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario. Subgrupo A1.

Suplente: Patricia Villajos Grande, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Subgrupo A1.

Secretaría:

Titular: Elena Barba Pan, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: Fernando Vicente Davila, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

Titular: Marina Lavandeira Pintane, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: María de los Ángeles Gil Sotres, persoal laboral fixo do Igape, técnico superior.

Titular: Eduardo Suárez Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: Manuel Trincado Paradelo, persoal laboral fixo do Igape, técnico superior.

Titular: José María Pita Ponte, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: Luis Daniel Cerviño Pernas, persoal laboral fixo do Igape, técnico superior».