Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39833

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Corcubión

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2023 pola que, en estimación de recurso, se modifica a do 23 de decembro de 2022 pola que se convocan as prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria en aplicación da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, entre elas a de axente de emprego e desenvolvemento local, e se aproban as bases dos correspondentes procesos selectivos.

Mediante a Resolución do 23 de decembro de 2022, convócanse as prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria en aplicación da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, e apróbanse as bases dos correspondentes procesos selectivos (BOP núm. 246, do 29 de decembro, e núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023; BOE núm. 15, do 18 de xaneiro de 2023, e DOG núm.14, do 20 de xaneiro de 2023, e núm. 21, do 31 de xaneiro de 2023).

Estimado recurso de reposición interposto contra a resolución anteriormente referenciada, procede a modificación das bases específicas correspondentes á praza de axente de emprego e desenvolvemento local (anexo V), en concreto a base quinta, Requisitos dos aspirantes, alínea a): «Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data de finalización do prazo de presentación de instancias) do título de diplomado/a ou grao universitario en Ciencias Económicas ou Empresariais, Relacións Laborais, Ciencias do Traballo, Administración de Empresas ou equivalentes. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite a homologación».

Queda redactada como segue:

«a) Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data de finalización do prazo de presentación de instancias) do título de diplomado/a ou grao universitario en Ciencias Económicas ou Empresariais, Relacións Laborais, Ciencias do Traballo, Administración de Empresas, ou licenciado/a ou grao en Ciencias Políticas e da Administración ou equivalentes.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite a homologación».

O resto de bases específicas permanece coa súa redacción actual e serán de aplicación as bases xerais correspondentes.

Como consecuencia da dita modificación, concédese un novo prazo de presentación de instancias á convocatoria de referencia de vinte (20) días naturais, contados a partir da publicación desta resolución no BOE (este novo prazo unicamente se abre para aquelas persoas que estean en posesión das titulacións inicialmente non admitidas, para os/as licenciados/as ou graduados/as en Ciencias Políticas e da Administración).

Considéranse presentadas, para os efectos de participación, as solicitudes/instancias xa existentes.

Así mesmo, os méritos alegados para a fase de concurso valoraranse con referencia á data do 18 de xaneiro de 2023, data de publicación no BOE da convocatoria da praza (de conformidade coa base xenérica 9.1, que non se ve afectada pola resolución do recurso).

Corcubión, 31 de maio de 2023

Manuel Insua Insua
Alcalde en funcións