Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39835

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Corcubión

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira dunha praza incluída na oferta de emprego público extraordinaria 2022.

Mediante o Decreto de Alcaldía 295/2023, do 1 de xuño, acordouse:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira para cubrir a seguinte praza de natureza funcionarial, incluída na oferta de emprego público extraordinaria do Concello de Corcubión (Lei 20/2021), para a estabilización do emprego temporal:

Denominación

Natureza

Grupo/subgrupo

Xornada

Nome e apelidos

DNI

Auxiliar administrativo/a de Secretaría

Funcionarial

C2

Completa

María Carmen Trillo Mouzo

***6429**

Segundo. Notificarlle esta resolución á persoa aspirante que obtivo a praza e comunicarlle que deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes desde a publicación do nomeamento no BOP.

Terceiro. Publicar anuncio desta resolución no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, e dar conta ao Pleno na seguinte sesión que realice.

Cuarto. Proporcionar a información estatística correspondente aos resultados do proceso de estabilización de emprego temporal a través do Sistema de información salarial do persoal da Administración.

Corcubión, 1 de xuño de 2023

Manuel Insua Insua
Alcalde en funcións