Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2023 Páx. 40068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2022/140-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar... », mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT PRS806 no apoio BI6J93DJ//93-4, no concello de Nogueira de Ramuín, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 12 de xuño de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/140-3.

Instalación: regulamentación LMT PRS806 no apoio BI6J93DJ//93-4.

Concello: Nogueira de Ramuín.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

1

Gulfar

32053A099000020000IJ

Descoñecido

8.6.2023

2

Gulfar

32053A099000150000IG

Descoñecido

8.6.2023