Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2023 Páx. 40069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2023/51-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto de regulamentación da LAMT MOF809 Regueiro, 9, entre os apoios BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20 Monforte de Lemos (Lugo), segundo se sinala no cadro anexo.

Asemade, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/monforte-de-lemos

Lugo, 13 de xuño de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Regulamentación da LAMT MOF809 Regueiro, 9, entre os apoios BSER3W0N//16 e BSCJI77S//20 Monforte de Lemos (Lugo).

Concello: Monforte de Lemos (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/51-2.

Declaración de utilidade pública.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Sup (m2)

1

99

461

Lameiros

Monte baixo

Descoñecido

BSE65IF 5//17

2.0

2

5

122

Lameiros

Prado

Descoñecido

BSDNNR 61//18

2.0

3

5

130

Lameiros

Prado

Descoñecido

BSD781 VQ//19

2.0