Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2023 Páx. 40071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2010/269-1, no concello de Negreira.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos, no concello de Negreira (expediente IN407A 2010/269-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 13 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/269-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos.

Concello: Negreira.

Predio

Pol.

Parc.

Titularidade proposta

Depósito

Importe

AC-NE-39

32

818

Herdeiros de Benito Soñora Gregorio e outros

519/2023

3,58 €

AC-NE-42

32

817

Herdeiros de Benito Soñora Gregorio e outros

520/2023

205,12 €

AC-NE-82

33

560

Herdeiros de María del Carmen Ferreiro Romarís e outros

521/2023

1.382,18 €