Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2023 Páx. 40163

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 14 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento TR332A).

Mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, esta comunidade autónoma asumiu as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación, e a través do Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; do Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e do Decreto 123/2022, do 23 de xuño, que establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, esta consellería asume o exercicio das competencias e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas de emprego.

Con base no exposto, correspóndelle a esta consellería, para o exercicio de 2023, a xestión das subvencións e axudas públicas das políticas activas de emprego, entre as que están as medidas dirixidas a incrementar a empregabilidade das persoas desempregadas, mellorando as condicións do mercado de traballo, no marco da Estratexia española de apoio activo ao emprego 2021-2024, do respectivo Plan anual para o fomento do emprego digno (PAFED) e no eido da colaboración institucional e do diálogo social entre o Goberno galego e os axentes económicos e sociais de Galicia.

De acordo co artigo 7 da Lei 3/2023, do 28 de febreiro, de emprego, corresponde ás comunidades autónomas no seu ámbito territorial o desenvolvemento da política de emprego e a execución da lexislación laboral e dos programas e medidas que lles fosen transferidos, así como dos programas comúns que se establezan, conxuntamente co desenvolvemento e deseño dos programas propios adaptados ás características territoriais.

No mesmo senso, o Real decreto 818/2021, do 21 de setembro, que regula os programas comúns, recolle no seu artigo 2.3 que os servizos públicos de emprego poderán exercer as súas competencias en políticas activas ben a través dos programas comúns, ben a través de programas propios.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, opta por desenvolver un programa propio de carácter integral que, poñendo no centro a formación profesional para o emprego, inclúe medidas de activación, orientación, prácticas e inserción laboral, entre outras. Tendo en conta o anterior, o presente programa autonómico, que se incluirá no Plan anual para o fomento do emprego digno (PAFED) para 2023, enmárcase no eixe 2, formación, sen prexuízo da axeitada combinación das accións de formación dentro dun programa máis amplo con outras medidas correspondentes aos eixes 1, orientación, 4, igualdade de oportunidades no acceso ao emprego ou 5, emprendemento. O programa cumpre cos principios de adecuación ás características do territorio, tendo en conta a realidade do mercado de traballo e as particularidades locais e temporais, dando protagonismo e concreción á dimensión local do emprego, de acordo cos artigos 7, 31 e 32 da Lei 3/2023, de 28 de febreiro, de emprego, e co Real decreto 818/2021, de 28 de setembro, polo que se regulan os programas comúns de activación para o emprego.

O desemprego é un importante factor de vulnerabilidade das persoas, xa que un período continuado nesta situación pode dar lugar non só á exclusión do mercado laboral, senón que tamén pode supoñer un elevado risco de exclusión social das persoas pertencentes aos colectivos máis desfavorecidos.

Na actualidade resulta esencial a colaboración entre o Servizo Público de Emprego de Galicia, as corporacións locais e as entidades sen ánimo de lucro, co fin de mellorar a posta en marcha de accións e medidas de políticas activas de emprego para lograr unha maior empregabilidade das persoas en situación de desemprego.

Por outra banda, e de conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma, para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, esta orde establece criterios de valoración específicos para este fin.

Dáse tamén cumprimento con esta orde ao Plan emprega muller, que ten como obxectivo básico incrementar a taxa de emprego feminino e a mellora da empregabilidade das mulleres. Así, resérvanse especificamente 2.000.000,00 euros do total do importe convocado para o financiamento de programas integrados dirixidos exclusivamente a mulleres desempregadas co obxecto de que reciban atención específica para súa incorporación ao mercado laboral.

Esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento e, en concreto, no relativo aos principios de concorrencia, publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación na concesión das axudas.

O financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo aos créditos das aplicacións 11.50.322A.460.3 e 11.50.322A.481.3 (código de proxecto 2014 00583) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, polos importes de 1.000.000,00 e 1.567.000,00 euros, respectivamente, na anualidade de 2023, e 3.000.000,00 e 4.701.000,00, respectivamente, na anualidade de 2024, correspondentes a fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

En consecuencia, consultados o Consello Galego de Relacións Laborais e a Federación Galega de Municipios e Provincias e obtidos os informes favorables da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e autorizada polo Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do día 1 de xuño de 2023, a concesión de anticipos das axudas e subvencións reguladas nesta orde, así como o seu carácter plurianual e tendo en conta as regras establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e no exercicio das facultades que teño conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. As subvencións reguladas na presente orde terán por obxecto o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de programas integrados de emprego (código de procedemento TR332A) con intermediación laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante un período de 12 meses.

2. Enténdese por programas integrados de emprego con intermediación laboral aqueles proxectos que desenvolvan con carácter obrigatorio as seguintes accións:

a) Información, orientación e asesoramento.

b) Formación:

b.1) Accións formativas constituídas por calquera das especialidades formativas incluídas no catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal, previsto no artigo 20.3 da Lei 30/2015, do 9 de setembro (BOE núm. 217, do 10 de setembro) e regulado pola Orde TMS/283/2019, do 12 de marzo (BOE núm. 63, do 14 de marzo) non vinculadas a certificados de profesionalidade. O total de horas desta formación que se lles deberá ofrecer ás persoas demandantes que formen parte do programa deberá ser, como mínimo, de 200 horas.

b.2) Outra formación non vinculada a certificados de profesionalidade non incluída no punto anterior.

Toda a formación do punto b.1) e b.2) poderá ser subcontratada e/ou desenvolvida por persoal ordinario da entidade, persoal contratado especificamente para a execución do programa ou por persoal traballador por conta propia contratado exclusivamente para impartir esta formación. O importe subcontratado non poderá superar o límite do 30 % do custo final da actividade subvencionada.

Os datos relativos a formación do punto b.1) e b.2) deberán ser facilitados ao servizo xestor das axudas ben pola entidade beneficiaria ben polas entidades que impartan a formación, segundo o procedemento que se estableza nas instrucións que se publicarán na web institucional.

O custo subvencionado por esta formación (custo por participante e hora de formación) nunca poderá superar os límites establecidos no catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal. Para aquelas especialidades ou actividades formativas que carezan de módulos económicos específicos aprobados e publicados no referido catálogo de especialidades formativas, o custo subvencionado deberá axustarse ás condicións normais de mercado e nunca poderá exceder o tope máximo de 8 euros por alumno/a por hora de formación presencial ou aula virtual, e 5 euros por alumno/a por hora de teleformación. Calquera custo de formación que supere eses importes máximos non será subvencionable e liquidarase aplicando eses límites máximos.

c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.

d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

e) Fomento da capacidade emprendedora.

f) Prospección empresarial.

g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

h) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas. O número mínimo de persoas demandantes que deberán levar a cabo as prácticas é de 15.

i) Obradoiros sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures), así como outros que informen as persoas usuarias das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.

De non desenvolver algunha das accións, deberá xustificarse de xeito motivado. Exclusivamente, considéranse gastos de formación os relativos as accións formativas recollidas na letra b). As accións das alíneas c), d), e) e i) tamén se considerarán gastos de formación no caso de impartirse mediante especialidades formativas incluídas no catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal. No resto de casos non terán esa consideración e, polo tanto, esas accións só poderán ser desenvolvidas por persoal propio da entidade, tanto se forma parte do seu cadro de persoal ordinario como se é contratado especificamente para a execución do programa.

Artigo 2. Financiamento

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo aos créditos das aplicacións 11.50.322A.460.3 e 11.50.322A.481.3 (código de proxecto 2014 00583) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, polos importes de 1.000.000,00 e 1.567.000,00 euros, respectivamente, na anualidade de 2023, e 3.000.000,00 e 4.701.000,00 euros, respectivamente, na anualidade de 2024, correspondentes a fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

2. A contía máxima, así como a distribución entre créditos orzamentarios, poderá ser obxecto de modificación nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As modificacións que, de ser o caso, se produzan por aplicación deste punto serán obxecto da oportuna publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3. Tipos e características dos programas integrados de Galicia

1. Distínguense os dous seguintes tipos de programas:

A) Programas integrados destinados exclusivamente a mulleres de calquera dos colectivos especificados na seguinte alínea.

B) Programas integrados destinados a persoas desempregadas pertencentes aos seguintes colectivos prioritarios:

a) Persoas con discapacidade.

b) Persoas en risco de exclusión social e persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia.

c) Mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero.

d) Persoas menores de 30 anos con baixa cualificación.

e) Persoas menores de 30 anos cualificadas.

f) Persoas maiores de 45 anos.

g) Persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia non incluídas na letra b).

h) Persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.

i) Persoas desempregadas como consecuencia dun expediente de regulación de emprego de carácter extintivo, presentado nos doce meses anteriores á publicación desta orde.

j) Mulleres.

k) Persoas desempregadas de longa duración.

l) Persoas inmigrantes.

m) Persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores.

Todos os programas terán como denominación oficial a que figure no correspondente anexo á resolución: Programa integrado de emprego de (nome da entidade) 2023/24. Non se poderán empregar outras denominacións distintas da oficial.

Todas as persoas participantes neste tipo de programas deberán ser persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

O número de persoas que se atenderá será de 100. O obxectivo de inserción laboral deberá ser, polo menos, do 35 % das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do programa.

2. O Servizo Público de Emprego de Galicia seleccionará, coa participación da entidade beneficiaria, e mediante un procedemento de selección específico para estes programas regulado mediante instrución, as persoas demandantes de emprego dispoñibles para a súa incorporación a eles.

As persoas finalmente seleccionadas serán identificadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e non poderán participar, simultaneamente, noutras medidas activas de emprego que se consideren incompatibles coa participación no programa integrado. Con carácter xeral, as persoas participantes nos programas integrados de emprego non poderán simultanear a súa participación no programa con outras accións de formación financiadas con cargo a fondos públicos. No entanto, si que poderán ser seleccionadas para participar naquelas medidas das políticas activas de emprego que supoñan unha contratación efectiva.

3. Con carácter xeral, consideraranse persoas atendidas aquelas das que se acredite a súa participación en, cando menos, cinco sesións individuais (sesións de orientación, información, asesoramento e preparacións de entrevistas), e outras tres accións de distinta natureza, das previstas no proxecto. Estas sesións deberán ser distribuídas regularmente ao longo do período de desenvolvemento das accións do programa.

4. De xeito xenérico, considerarase inserción laboral das persoas atendidas cando, durante o prazo de 12 meses de execución do programa, sexan contratadas por conta allea e acumulen, mediante un ou varios contratos iniciados no dito período, unha duración non inferior a:

• No caso de tratarse de contratos a xornada completa, 90 días de cotización en vida laboral.

• No caso de contratos a tempo parcial, 60 días de cotización en vida laboral.

• No caso de que se combinen contratos a tempo completo e parcial e non se acade a duración dos dous puntos anteriores, 75 días de cotización en vida laboral.

Tamén se considera inserción laboral cando inicien, durante este mesmo prazo de 12 meses ou dentro dos 3 meses inmediatamente posteriores, unha actividade por conta propia ou formando parte como persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, que acade unha duración non inferior a seis meses.

5. Non computarán como inserción laboral:

a) As contratacións que se produzan en calquera Administración pública ou empresa pública, con cargo a subvencións de programas de políticas activas de emprego.

b) A contratación das persoas participantes por parte da propia entidade beneficiaria da subvención ou por parte das entidades que concorresen á convocatoria agrupadas coa beneficiaria.

c) As bolsas ou prácticas non laborais, aínda que sexan remuneradas e dean lugar a unha alta na Seguridade Social.

d) Contratos de interese social subvencionados a través de programas de cooperación con entidades locais ou entidades sen ánimo de lucro nin os contratos para a formación en alternancia cando se subvencionen os custos laborais a través dun programa mixto de formación e emprego (p.ex: obradoiros de emprego).

e) A contratación en calquera empresa mediante a modalidade de contrato indefinido fixo-descontinuo con data de inicio anterior ao comezo do programa, así como os sucesivos chamamentos que derivasen del.

f) Insercións que se produzan nos seguintes quince (15) días naturais á selección da persoa demandante.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados nesta orde:

a) Os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este. No caso dos concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, ademais, deberán ter unha media de paro rexistrado no ano 2022 superior a 500 persoas no ámbito territorial do proxecto.

Este requisito do número mínimo de persoas desempregadas non será de aplicación cando a solicitude agrupe, cando menos, tres concellos, ou dous no caso de que un deles sexa resultado da fusión de dous ou máis concellos.

Poderán concorrer agrupacións de concellos nos seguintes casos:

• Concellos limítrofes que conformen unha área xeograficamente continua.

• Concellos que pertenzan todos eles á mesma comarca, aínda que non sexan limítrofes entre si.

• Agrupacións de concellos que reúnan os requisitos do punto anterior aos cales se poden unir outros concellos que, non pertencendo á mesma comarca, limiten xeograficamente con algún dos concellos da agrupación que si pertencen a ela.

b) As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.

2. As entidades mencionadas nos parágrafos anteriores non poderán ser beneficiarias das axudas establecidas nesta orde cando teñan a condición de axencia de colocación e perciban como tales financiamento público a través de contratos, subvencións, axudas, convenios ou calquera outro instrumento xurídico destinado á promoción da inserción laboral para o mesmo ámbito territorial e período temporal.

3. Para poder ser beneficiarias das axudas as entidades deberán facer constar na epígrafe de recursos humanos que contarán, cando menos, cunha persoa cunha dedicación mínima ao programa do 60 % dunha xornada completa na data de inicio que figure no anexo de resolución. Esta exixencia implica que desde o momento da concesión da subvención a entidade ten que contar cun mínimo dun efectivo coa imputación mencionada anteriormente, capaz de levar a cabo a selección de persoas demandantes e, unha vez seleccionadas, poñer en marcha o resto das accións do programa nun prazo máximo de tres (3) meses contado desde a data de inicio que figure no anexo da resolución.

En ningún momento as persoas demandantes poden estar desatendidas á espera de que a entidade seleccione e contrate persoal específico para levar a cabo o programa. O efectivo anteriormente mencionado manterá a súa imputación como mínimo ata o momento, se é o caso, da contratación de persoal especificamente para o programa.

4. Para os efectos de lograr unha mellor e máis ampla distribución do importe da convocatoria, unha mesma entidade non poderá presentar máis dunha solicitude.

5. Todas as entidades que non fosen beneficiarias nos últimos cinco (5) anos de programas integrados de emprego deberán acreditar experiencia, durante un mínimo dun (1) ano dentro dos cinco (5) anos anteriores á data de publicación desta orde, na realización de accións dirixidas ao acompañamento ás persoas en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.

6. Non poderán ser entidades beneficiarias aquelas en que concorra algunha das causas expresadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Será requisito para a concesión da subvención que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos cumprisen coa súa obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas.

Artigo 5. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e que fai constar os aspectos seguintes:

a) Cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, incluído estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) Que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos, cumpriron coa súa obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas.

c) Conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para a mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes.

d) A declaración do emprego da lingua galega na realización da totalidade das accións do programa integrado para o emprego, no caso de marcar este recadro no anexo I da solicitude.

e) A veracidade da documentación presentada xunto coa solicitude. A entidade solicitante terá a obriga de presentar, ante a Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, a documentación acreditativa dos aspectos a que se refire a declaración responsable, se se lle solicita.

3. O prazo para a presentación de solicitudes será dun (1) mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación incondicionada das presentes bases reguladoras.

Artigo 6. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa do proxecto, empregando obrigatoriamente o modelo que se publica como anexo II, tamén dispoñible en formato odt na páxina web dos programas integrados, e que constará dun máximo de 25 páxinas. A memoria deberá adecuarse ás particulares necesidades da poboación desempregada destinataria e do territorio onde se vai desenvolver o programa. Non serán admisibles memorias idénticas presentadas por entidades diferentes. No suposto de presentarse dúas ou máis solicitudes con memorias explicativas iguais ou moi similares, solicitaranse as modificacións pertinentes para cumprir coa exixencia exposta anteriormente. As memorias deberán facer referencia, de xeito obrigatorio, aos seguintes aspectos:

No suposto de que se tratase dun programa tipo A) dirixido, exclusivamente, a mulleres (artigo 3), deberá aparecer reflectido na primeira liña da memoria especificando textualmente: «Programa integrado tipo A dirixido exclusivamente a mulleres».

Descrición do proxecto, que inclúa unha enumeración detallada de cada unha das accións que o compoñen.

Cronograma completo do proxecto indicando a data de inicio e fin prevista de cada unha das accións propostas.

Actividades, sectores e ámbito territorial en que se pretende actuar. Para o caso de que o programa inclúa a atención de colectivos procedentes de expedientes de regulación de emprego de carácter extintivo, deberá detallarse a empresa ou empresas afectadas e a forma de selección e perfil do colectivo que se vai atender.

Xustificación das accións do programa en relación cos colectivos a que se dirixe en función das particularidades do territorio, das necesidades do mercado de traballo, dos novos xacementos de emprego ou calquera outra circunstancia que se considere relevante para estes efectos.

Relación actual de medios materiais e recursos humanos propios de que dispón a entidade solicitante, en que se especifiquen as condicións daqueles, con indicación dos que se van afectar para levar a cabo as accións propostas.

Cando os medios materiais destinados ao proxecto non sexan propiedade da entidade promotora, deberá acreditarse, no momento de formalizar a solicitude, a súa disposición de uso.

Un documento co resumo detallado de todos os aspectos da memoria que afectan as persoas demandantes: listaxe das accións que teñen previsto levar a cabo, aspectos innovadores do programa, dereito a percibir unha bolsa por asistencia ás accións do programa, existencia de medidas de conciliación se as houber, obrigatoriedade da realización de cuestionarios de satisfacción de todas as accións, etc. Este resumo coincidirá co exposto na memoria explicativa e incluirá os datos de contacto tanto da entidade coma do Servizo de Programas Mixtos e deberá ir asinado pola persoa responsable do programa.

Experiencia da entidade solicitante en actuacións de acompañamento da inserción laboral e mellora da ocupabilidade das persoas demandantes de emprego (so deberá especificarse no caso de que a entidade solicitante non fose beneficiaria nos últimos cinco (5) anos de programas integrados de emprego). A entidade deberá acreditar a dita experiencia durante un mínimo dun (1) ano dentro dos cinco (5) anos anteriores á data de publicación desta orde.

Orzamento do programa, desagregado por concepto de gastos.

b) Documentación acreditativa da personalidade xurídica da entidade solicitante mediante copia da escritura de constitución e dos estatutos da entidade solicitante, onde conste que dispón de personalidade xurídica e carece de fins lucrativos. Quedan exceptuadas da presentación destes documentos as entidades locais recollidas no artigo 4, agás que concorran en agrupación de concellos constituída a través dun convenio de colaboración, suposto en que deberán achegar copia do devandito convenio.

c) Acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou secretaria, ou acta, onde se determine a dita representación.

d) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: copia do convenio de colaboración, que reúna o contido recollido no artigo 49 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e inclúa mención expresa á realización conxunta do proxecto con indicación das achegas económicas e doutra índole dos concellos agrupados, así como o nomeamento da persoa representante ou apoderada única da agrupación, de acordo co exixido no artigo 8.3 in fine da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Ademais cada un dos concellos da agrupación, agás a entidade promotora solicitante, deberá presentar unha declaración, asinada pola persoa representante legal de cada un deles, en que se recolla o conxunto de todas as axudas ou subvencións, solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas distintas administracións públicas competentes ou entes públicos estatais ou internacionais, segundo o modelo que se xunta como anexo V.

e) Metodoloxía empregada para o cálculo e imputación dos gastos e porcentaxe que se imputa.

f) De ser o caso, resolución da consellería competente en materia de economía pola que se declare a condición de concello emprendedor tanto do concello promotor como dos concellos que formen parte da agrupación ou documentación acreditativa equivalente. Para obter puntos por esta condición, regulada no título VI da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, deberá estar adquirida con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) Certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento débedas coa Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) DNI/NIE da persoa que en nome e representación da entidade solicita a concesión da subvención.

d) DNI/NIE da/das persoa/s que xestiona/n as accións do programa.

e) DNI/NIE, datos de residencia con data da última variación do padrón e vida laboral das persoas demandantes participantes no programa integrado.

f) Certificacións de alta na Seguridade Social do persoal que realizará as accións do programa.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente, habilitado nos anexos I, III e IV.bis, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 10. Procedemento, competencia e resolución

1. Para a concesión das axudas teranse en conta os principios de publicidade, igualdade, concorrencia competitiva, non discriminación e obxectividade, que se regulan conforme a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información e o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

3. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Programas Mixtos da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación.

4. Se do exame do expediente se comproba que a documentación non reúne os requisitos necesarios, é insuficiente ou non se achega na súa totalidade, requirirase a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende o erro ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 68 da mesma lei.

5. Revisados os expedientes e completados, de ser o caso, remitiranse á Comisión de Valoración para que esta, nun acto único, proceda á súa avaliación e informe, en que se concretará o resultado da avaliación efectuada á totalidade dos expedientes.

Para estes efectos, a Comisión de Valoración estará composta pola persoa titular da Subdirección Xeral do Servizo Público de Emprego de Galicia, a persoa titular da xefatura do Servizo de Programas Mixtos e unha persoa funcionaria adscrita ao dito servizo, que actuará como secretaria.

Se, por calquera causa, no momento en que a Comisión de Valoración teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non pode asistir, será substituída pola persoa que para o efecto designe o órgano competente para resolver.

6. O órgano instrutor elevará o informe da Comisión de Valoración, xunto coa proposta de resolución, á persoa titular da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, que resolverá a concesión ou denegación da axuda mediante resolución motivada e individualizada, por delegación da persoa titular da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. A notificación da resolución favorable comportará a aceptación da axuda, agás que nos dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación a entidade beneficiaria manifeste expresamente a súa renuncia.

7. Do importe total máximo convocado destinaranse prioritariamente os importes de 1.000.000,00 euros do subconcepto orzamentario 460.3 (entidades locais), e 1.000.000,00 euros do subconcepto orzamentario 481.3 (entidades sen ánimo de lucro) para o financiamento de programas integrados dirixidos exclusivamente a mulleres desempregadas. Se as solicitudes presentadas que acaden a puntuación mínima non esgotan o crédito reservado nesta alínea, o crédito sobrante aplicarase á concorrencia competitiva entre o resto de solicitudes. No caso de que o crédito reservado non sexa abondo para atender todas as solicitudes presentadas que reúnan as características recollidas no presente punto, adxudicaríase o crédito reservado por orde de puntuación e as non atendidas pasarían a concorrer co resto de solicitudes de acordo coa puntuación acadada.

8. A resolución e a notificación deberanse producir nun prazo de tres meses, que se contará desde o día seguinte ao do remate do prazo para a presentación de solicitudes. Deberase ter en conta o disposto nos artigos 40 e 42 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

9. A resolución que finaliza os procedementos regulados na presente orde esgota a vía administrativa polo que, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Potestativamente, con anterioridade á interposición do dito recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, se o dito acto for expreso; se non o for, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto. Todo o anterior é sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses das entidades solicitantes e doutros posibles interesados.

10. As subvencións concedidas ao abeiro desta orde publicaranse, con expresión da entidade beneficiaria, da contía e da finalidade no Diario Oficial de Galicia, na páxina web oficial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e nos rexistros de subvencións, de acordo co disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo.

11. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

12. De acordo co establecido no artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe da subvención da proposta de resolución sexa inferior ao que figura na solicitude presentada, o órgano instrutor poderá instar as entidades beneficiarias a que reformulen as súas solicitudes para axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgable. No caso de aceptaren, concederase un prazo de dez días para que remitan a reformulación das súas solicitudes que, en todo caso, deberán respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos respecto das solicitudes.

Artigo 11. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Criterios de valoración dos programas

1. A concesión das subvencións previstas na presente orde realizarase conforme os seguintes criterios:

A. Para todas as solicitudes:

a) As características dos colectivos que hai que atender, tendo en conta as especiais dificultades da súa inserción laboral (puntuación máxima: 8 puntos):

Os colectivos que hai que atender valoraranse segundo a pertenza aos seguintes grupos de persoas desempregadas:

Grupo A:

– Persoas con discapacidade.

– Persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia e persoas en risco de exclusión social.

– Mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero.

– Persoas menores de 30 anos con baixa cualificación.

Grupo B:

– Persoas menores de 30 anos (non incluídas no grupo A).

– Persoas desempregadas maiores de 45 anos.

– Persoas beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia (non incluídas no grupo A).

– Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.

– Persoas desempregadas como consecuencia dun expediente de regulación de emprego de carácter extintivo, presentado nos doce (12) meses anteriores á publicación desta orde.

– Mulleres (non incluídas no grupo A).

– Persoas desempregadas de longa duración.

– Persoas inmigrantes.

Grupo C:

– Persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores.

A puntuación nesta epígrafe obterase da seguinte forma:

No suposto de que todas as persoas usuarias do programa pertenzan a colectivos salientados nun mesmo grupo dos sinalados anteriormente:

– Colectivos grupo A: 8 puntos. Colectivos grupo B: 5 puntos. Colectivos grupo C: 3 puntos.

No suposto de que as persoas usuarias do programa pertenzan a colectivos salientados en distintos grupos dos sinalados: obterase, en primeiro lugar, a puntuación parcial que corresponde proporcionalmente, polas persoas usuarias pertencentes aos colectivos de cada un dos grupos. Sumaranse as puntuacións parciais resultantes da aplicación da regra proporcional en cada grupo e obterase, desta forma, a puntuación total definitiva nesta epígrafe.

No suposto de que o programa estea dirixido, exclusivamente, a mulleres (artigo 3.A), obterase a puntuación total tendo en conta o colectivo a que pertence cada unha delas, de acordo coa puntuación explicitada nos colectivos mencionados neste artigo.

b) A participación no proxecto do tecido empresarial existente no territorio en que se implantará o plan. Para tal efecto, acreditarase documentalmente a participación de empresas no programa mediante cartas de compromisos asinadas (de xeito preferentemente electrónico) polos seus representantes legais. Para poder ser valoradas deben constar como mínimo, de forma específica na carta, ademais da mención expresa ao programa e convocatoria, algún dos seguintes compromisos: desenvolvemento de prácticas non laborais na empresa, entrevistas de cara a posibles insercións, visitas guiadas á empresa ou charlas ou coloquios informativos. A execución destes compromisos irase plasmando nos cronogramas que periodicamente envía a entidade e tamén na memoria final do programa que se presentará ao seu remate, onde deberán quedar reflectidas as accións comprometidas que finalmente se levaron a cabo (puntuación máxima: 5 puntos).

c) Recursos humanos e materiais, propios, axeitados para a atención aos colectivos correspondentes e accións propostas para a execución do programa (puntuación máxima: 6 puntos):

c.1) Nos recursos humanos, as entidades deberán contar, cando menos, cunha persoa cunha dedicación mínima ao programa do 60 % dunha xornada completa, de acordo co explicitado no artigo 4.1.d) e valorarase ata un máximo de 2 puntos a ratio resultante de dividir o número de persoas demandantes para atender entre o persoal propio da entidade dedicado ao programa, sempre que a dita dedicación sexa superior ao 50 % da xornada* (nº de persoas demandantes/nº persoas dedicadas ao proxecto):

– 30 ou menos: 2 puntos.

– Entre 31-40: 1 punto.

– Máis de 40: 0 puntos.

c.2) Nos recursos materiais, valorarase ata un máximo de 4 puntos a calidade das instalacións, medios e sistemas propios da entidade para o desenvolvemento do programa. Non se computarán recursos en réxime de alugamento.

Os gastos de adquisición ou disposición dos recursos materiais propios ofrecidos pola entidade solicitante para a súa valoración ao abeiro da presente epígrafe non serán admitidos como xustificación para o cálculo do importe aboable en concepto de subvención.

d) Os obxectivos comprometidos en materia de inserción laboral no mercado de traballo das persoas demandantes que atender, sempre que sexan superiores aos mínimos establecidos no artigo 3. Non se outorgará puntuación nesta epígrafe ás entidades solicitantes que incumprisen o obxectivo de inserción comprometido en dúas ou máis ocasións dentro das últimas 5 convocatorias para as que estea dispoñible este dato (puntuación máxima: 6 puntos):

d.1) A puntuación obterase tendo en conta a seguinte escala:

– 36 %: 0,50 puntos.

– 37 %: 1 punto.

– 38 %: 1,50 puntos.

– 39 %: 2 puntos.

– 40 %: 2,50 puntos.

– 41 %: 3 puntos.

– 42 %: 3,75 puntos.

– 43 %: 4,50 puntos.

– 44 %: 5,25 puntos.

– 45 % ou máis: 6 puntos.

d.2) Exclusivamente para o caso no que a totalidade dos colectivos que se van atender no programa solicitado pertenzan ao grupo A do punto 1 deste artigo e en atención ás maiores dificultades de inserción laboral destes, a escala será a seguinte:

– 36 %: 1 punto.

– 37 %: 2,25 puntos.

– 38 %: 3,50 puntos.

– 39 %: 4,75 puntos.

– 40 % ou máis: 6 puntos.

e) O maior esforzo investidor da entidade solicitante no financiamento total do proxecto, sempre que o cofinanciamento sexa superior ao 10 % (puntuación máxima: 3 puntos):

– 11 %: 0,5 puntos.

– 12 %: 0,75 puntos.

– 13 %: 1 punto.

– 14 %: 1,25 puntos.

– 15 %: 1,50 puntos.

– 16 %: 1,75 puntos.

– 17 %: 2 puntos.

– 18 %: 2,25 puntos.

– 19 %: 2,5 puntos.

– 20 % ou máis: 3 puntos.

f) A experiencia acreditada, nos últimos cinco (5) anos, no desenvolvemento de programas integrados para o emprego subvencionados polo Servizo Público de Emprego de Galicia (código de procedemento TR332A): ata un máximo de cinco (5) puntos se a valoración é positiva e ata -5 se é negativa.

Valoraranse os resultados de inserción acadados pola entidade e dispoñibles no momento da valoración das solicitudes, en relación coas porcentaxes previamente comprometidas. Ás entidades que non executasen programa integrado na totalidade dos exercicios obxecto de valoración outorgaráselles a puntuación proporcional que corresponda.

Puntuarase o resultado das visitas de seguimento realizadas. Poderán establecerse tamén sistemas de valoración baseados nos resultados dos cuestionarios de avaliación das persoas demandantes que recollan a súa satisfacción co desenvolvemento do programa.

g) Características técnicas do programa integrado que se vai desenvolver (puntuación máxima: 7 puntos), valorándose os seguintes aspectos:

Metodoloxía que se vai aplicar e relación cos resultados de inserción previstos, será valorada cun máximo de 4 puntos.

Existencia de sistemas adecuados de seguimento das persoas participantes. Puntuarase a descrición dos perfís profesionais das persoas demandantes e o deseño do itinerario de inserción laboral en función do perfil. Valorarase a utilización dunha aplicación informática en que consten todas as actuacións que se fagan coas persoas usuarias ao longo do programa: sesións de orientación realizadas, accións formativas e obradoiros en que participaron, entrevistas de selección en que participaron, contactos con empresas para o envío de CV, etc... Así mesmo, puntuarase a realización de cuestionarios de avaliación cubertos por todas as persoas participantes que recollan a súa opinión sobre as seguintes accións do programa: orientación (1 cuestionario por cada sesión), formación (1 cuestionario por cada acción formativa) e prácticas profesionais non laborais (1 cuestionario por cada período de prácticas, sempre que sexa en distintas empresas). Estes cuestionarios terán que contar cunha parte que valore cada acción nunha escala que abranga do 1 ao 10. Esta epígrafe será valorada cun máximo de 3 puntos.

h) Carácter innovador do programa (puntuación máxima: 10 puntos); valoraranse os seguintes aspectos:

A utilización das novas tecnoloxías: puntuarase cun máximo de 1 punto.

Existencia de medidas de conciliación da vida familiar e laboral. No caso de que a entidade se comprometa a implementar estas medidas deberá achegar, xunto coa memoria, un texto informativo en que detalle os pormenores destas, que será entregado debidamente asinado ás persoas demandantes no momento da selección. Puntuarase cun máximo de 1 punto.

Presentación dun proxecto innovador en relación co perfil dos colectivos que se van atender ou coas características das accións que se desenvolverán no proxecto presentado. Puntuarase cun máximo de 1 punto.

A impartición de formación do catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal a maiores da establecida como mínimo no artigo 1.2.b.1) (4 puntos de acordo coa seguinte gradación):

– Impartición de máis de 225 horas: 1 punto.

– Impartición de máis de 275 horas: 2,50 puntos.

– Impartición de máis de 325 horas: 4 puntos.

A realización de prácticas profesionais non laborais a maiores do establecido no artigo 1 (3 puntos de acordo coa seguinte gradación):

– Realización de prácticas profesionais non laborais con máis de 20 persoas: 1,5 puntos.

– Realización de prácticas profesionais non laborais con máis de 30 persoas: 3 puntos.

B. Proxectos presentados por concellos resultantes dun proceso de fusión municipal nos dez (10) anos anteriores á data de publicación da orde: 30 puntos. A puntuación desta epígrafe é incompatible coa puntuación da epígrafe C posterior.

C. Para as solicitudes presentadas conxuntamente por agrupacións de concellos baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade....) agás a fusión de concellos:

a) Pola mera presentación da solicitude conxunta: 10 puntos.

b) Segundo a poboación total de persoas desempregadas do seu ámbito territorial conxunto: ata 10 puntos. A puntuación desta epígrafe obterase da seguinte forma:

Media de paro no ano 2022 superior ás 2.000 persoas: 10 puntos.

Media de paro no ano 2022 superior ás 1.000 persoas e non superior a 2.000: 5 puntos.

Media de paro no ano 2022 igual ou inferior ás 1.000 persoas: 0 puntos.

D. Os concellos que teñan a condición de concello emprendedor, acreditada segundo o disposto no artigo 6.1.f), obterán 20 puntos. No caso de que a solicitude estea presentada conxuntamente por agrupación de concellos baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade,...) outorgarase a puntuación en función da porcentaxe de concellos que reúnan tal condición.

2. Serán rexeitadas aquelas solicitudes conxuntas en que non resulte acreditada a realización conxunta do programa integrado de emprego e que supoñan actuacións independentes de cada entidade local.

3. A valoración mínima para a consecución da condición de entidade beneficiaria debe ser de 22 puntos, dos cales 11 deberán corresponder ás epígrafes de características técnicas e carácter innovador.

4. Para o caso de que se produza un empate nas puntuacións obtidas, terán preferencia aquelas solicitudes en que se utilice a lingua galega na elaboración e na realización dos proxectos. No caso de que se manteña o empate, concederase a axuda atendendo á orde de presentación da solicitude.

Artigo 13. Contía das subvencións

1. A contía máxima da subvención que se concederá será de 2.200,00 euros por cada persoa desempregada participante.

Ademais, establecerase na resolución de concesión unha redución no importe total da subvención se non se conseguen os obxectivos previstos. Esta redución calcularase en función das persoas demandantes de emprego inseridas e atendidas, de acordo coa seguinte fórmula:

– Factor inseridos: 0,70 (70 % do total da subvención).

– Factor atendidos: 0,30 (30 % do total da subvención).

Importe total da subvención = (custo persoa inserida * nº persoas inseridas) + (custo persoa atendida * nº de persoas atendidas).

2. En ningún caso, o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou doutros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade solicitante.

3. As axudas reguladas pola presente orde serán incompatibles con calquera outra que financie as mesmas actividades que se recollan na memoria explicativa do programa integrado de emprego presentada coa solicitude da subvención.

Artigo 14. Gastos imputables

1. Serán gastos imputables unicamente os gastos realizados e efectivamente pagados, producidos en centros situados na Comunidade Autónoma de Galicia. A subvención determinada na resolución destinarase a cubrir os gastos efectivamente realizados pola entidade relativos:

a) Aos custos salariais e de Seguridade Social do persoal necesario para levar a cabo as accións do programa, tanto persoal ordinario da entidade como aqueloutro que se contrate especificamente para a execución do programa. No caso de persoal ordinario da entidade non contratado especificamente para o programa, imputarase a parte proporcional do tempo efectivamente dedicado ao proxecto tendo en conta que a citada imputación non poderá superar o 80 % dos seus gastos salariais e de Seguridade Social, coa excepción dos presidentes, directores xerais, xerentes ou similares, que só poderán imputar un máximo dun 30 %. Deberá quedar xustificación documental abondo da actuación que se subvenciona e do tempo de dedicación á dita actuación.

A contía máxima da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será, para efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social. O importe máximo que se poderá imputar ao programa será o 60 % do importe da subvención concedida con cargo á presente convocatoria.

O custo salarial non poderá superar os 35.000 euros por persoa traballadora para unha dedicación laboral do 100 % ao programa a xornada completa e correspondente a 14 pagas. Este límite aplicarase tanto en cómputo anual como mensual.

b) Ás retribucións correspondentes a persoas traballadoras por conta propia contratadas exclusivamente para impartir formación. O importe imputado corresponderase co da factura emitida pola formación prestada.

O número máximo de persoas (persoal ordinario da entidade, contratado especificamente para o programa e persoas contratadas por conta propia como formadoras) que se poderán imputar economicamente será de quince (15).

c) Aos gastos de axudas de custo e desprazamento do dito persoal. Para a imputación destes gastos observarase o disposto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

d) Ás bolsas de asistencia ás persoas demandantes:

Todas as persoas demandantes que participen no programa integrado de emprego terán dereito a percibir unha bolsa consistente en 10 euros por día de asistencia as accións do programa. Para acreditar a asistencia ás ditas accións a entidade beneficiaria da subvención presentará unha xustificación, por cada unha das persoas que xeren este dereito, consistente nunha ficha de control de accións en que constarán os seguintes datos:

– Datos identificativos da entidade e da persoa demandante.

– Denominación das accións, lugar e datas de realización.

– Sinaturas da persoa responsable do programa e da persoa demandante.

As bolsas faranse efectivas de xeito mensual e as persoas demandantes deberán asistir e seguir con aproveitamento as accións que dan dereito a cobrar as bolsas. Constituirán causa de exclusión do dereito ao cobramento:

– Incorrer en máis de tres faltas de asistencia non xustificadas ao mes no caso das accións formativas.

– Non seguir con aproveitamento a acción formativa.

– Dificultar o normal desenvolvemento da acción formativa, das sesións de orientación ou das prácticas non laborais.

– A falta de respecto ou consideración coas persoas coas que interactúe nas accións do programa integrado de emprego.

– A utilización de forma inadecuada das instalacións e equipamentos do centro ou entidade en que se leven a cabo as accións do programa.

– Calquera outra que poida constar no regulamento de funcionamento da entidade beneficiaria.

e) Aos gastos de subcontratación da formación establecida nesta orde.

e.1) Entenderase por subcontratación os gastos derivados da contratación de medios externos dirixidos á formación das persoas desempregadas participantes no programa nos termos establecidos nesta orde. Cando as entidades beneficiarias teñan que recorrer á subcontratación, deberán cumprir co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Só poderán acreditarse gastos de contratación de medios externos previamente comunicados ou, de ser o caso, previamente autorizados pola Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, segundo o establecido nesta orde.

e.2) Poderán ser obxecto de subcontratación unicamente as actividades de formación incluídas no artigo 1.2.b) e ata o límite do 30 % do custo final da actividade subvencionada.

e.3) Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da subvención e este importe sexa superior a 60.000,00 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

– Que o contrato en que se concrete a subcontratación se subscriba por escrito. Deberá achegarse a copia do contrato xunto coa solicitude.

– Que a subscrición do dito contrato se autorice previamente mediante resolución do órgano competente para a concesión da subvención.

e.4) Ademais do previsto no punto anterior, o órgano competente para a concesión da subvención tamén deberá autorizar expresamente e con carácter previo a subcontratación cando a entidade beneficiaria pretenda contratar con persoas ou entidades vinculadas, sempre e cando a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado, nos seguintes termos:

– A actuación contratada deberá formar parte da actividade habitual da entidade vinculada coa cal se pretenda contratar e esta deberá contar coa capacidade e experiencia necesarias para desenvolver o proxecto, o que se fará constar na solicitude.

– O prezo de mercado acreditarase mediante a presentación de tres ofertas, dúas das cales serán con persoas ou entidades non vinculadas.

Para estes efectos, entenderase por persoas ou entidades vinculadas as indicadas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e.5) No caso de subcontratación con persoas ou entidades non vinculadas, deberase presentar declaración responsable asinada polo representante legal da entidade beneficiaria que recolla o dito aspecto.

e.6) Nos supostos en que sexa necesaria a autorización previa do órgano concedente, a entidade beneficiaria solicitará a autorización para a subscrición do contrato previamente á súa realización. A resolución deberá ditarse no prazo de quince (15) días desde a súa recepción, salvo que se requira a emenda da solicitude ou a presentación de documentación complementaria.

f) Aos gastos de amortización de materiais e equipamentos técnicos necesarios para impartir a formación, co límite do 10 % do custo total final do proxecto.

g) Aos gastos xerais, materiais e técnicos, co límite do 35 % do custo final do proxecto. Estes gastos inclúen os seguintes:

Gastos de execución de material técnico (guías, documentación para a persoa participante...) e de execución en material de oficina específicos para a execución do programa.

Gastos xerais necesarios para a execución das accións na parte correspondente á dita execución:

• Arrendamento (leasing excluído): edificios, mobiliario, efectos e equipamentos de arrendamento. Cando no expediente de solicitude da subvención a entidade poña á disposición do programa integrado locais e medios materiais propios que se tivesen en conta no momento da valoración da solicitude, en ningún caso se poderán imputar os seus gastos de arrendamento.

• Mantemento (se non está incluído no arrendamento).

• Subministración de enerxía eléctrica, auga, combustible para calefaccións (se non está incluída no arrendamento).

• Gastos de telefonía.

• Gastos de publicidade do programa.

• Limpeza.

• Seguridade e vixilancia.

• As pólizas de seguros e o seguro de responsabilidade civil para todas as accións do programa, quedando a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade exonerada de calquera responsabilidade ao respecto.

• Gastos de gardaría e/ou atención a persoas dependentes das persoas participantes que lles faciliten a asistencia ás distintas accións do programa.

• Gastos de transporte colectivo das persoas beneficiarias para a asistencia ás accións do programa.

h) Aos gastos derivados do informe da persoa auditora da conta xustificativa a que se refire o artigo 16. O custo máximo subvencionable por este concepto non poderá superar o importe de 2.500,00 euros, sempre que se cumpran os requisitos establecidos nos artigos 28, 29 e 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e logo de acreditación da realización dos traballos mediante presentación do informe que cumpra os requisitos establecidos nesta orde, presentación de factura e acreditación do seu pagamento efectivo.

Artigo 15. Inicio e período de execución

1. Na resolución de concesión dos programas integrados especificaranse as seguintes datas:

Data de inicio do programa: determinará o comezo do programa e do cómputo do prazo máximo de dous (2) meses para o remate do proceso de selección das persoas participantes, agás autorización de prórroga expresa da persoa titular da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, cando concorran causas debidamente xustificadas e logo da solicitude para o efecto da entidade beneficiaria.

Prazo de execución: abranguerá doce (12) meses contados desde a data de inicio establecida no anexo á resolución. Esta data tamén determinará o período computable para os efectos do cálculo das persoas demandantes atendidas no programa integrado para o emprego. No caso da inserción, non se computarán insercións durante os primeiros quince (15) días naturais da incorporación da persoa demandante ao programa (data da ficha de alta).

2. As instrucións para a posta en marcha dos programas integrados e a correcta liquidación da subvención, así como os modelos en que deberán presentarse necesariamente os certificados exixidos, estarán ao seu dispor na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions).

3. No prazo de dez (10) días hábiles contados desde o remate do proceso de selección das persoas participantes, as entidades beneficiarias deberán remitir a seguinte documentación:

a) Certificado de inicio do programa e solicitude de anticipo da subvención, no modelo que se publica como anexo IV, nos termos establecidos no artigo seguinte, en que conste:

– Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

– A titularidade da conta da entidade beneficiaria onde se deba efectuar o pagamento.

b) Copia do contrato ou contratos do persoal que realizará as accións.

c) Informe de datos de cotización (IDC), correspondentes ao período de desenvolvemento do programa.

d) Cronograma das accións do programa.

e) Fichas de alta asinadas por cada unha das persoas demandantes participantes no programa, no modelo que se publica como anexo III.

f) Ficheiro informático coa relación de persoas participantes, ordenada alfabeticamente, segundo o modelo que se publicará na páxina web institucional da Xunta de Galicia como anexo III.bis.

g) Cando menos, unha fotografía do cartel informativo e da súa localización, nos termos sinalados no artigo 17.1.

h) Copia das pólizas de seguros para a formación técnica, prácticas profesionais non laborais ou calquera outra actividade que se leve a cabo coas persoas demandantes dentro do programa integrado, así como o correspondente seguro de responsabilidade civil, que teñan, cando menos, as características e contías previstas no artigo 19, letra f).

i) Anexo IV.bis, un por cada persoa/s que xestiona/n o programa, ata un máximo de 15.

j) Anexo IV.ter unificado de persoal do programa.

k) Resumo detallado dos aspectos da memoria en formato editable.

Artigo 16 Xustificación e pagamento

1. A documentación requirida nesta fase xustificativa presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos accedendo á Carpeta cidadá a través dos formularios normalizados correspondentes dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Primeiro anticipo. A entidade beneficiaria poderá solicitar un anticipo máximo do 25 % do importe total da subvención, sempre que a devandita cantidade non supere o importe correspondente á anualidade do ano 2023, no prazo e xunto coa documentación establecida no artigo anterior para o inicio das accións. O importe aboado no ano inicial poderá ser inferior cando se considere, en función da data de inicio efectiva, que o gasto realizado nese ano vai ser inferior ao importe do pagamento máximo. Tendo en conta que as entidades beneficiarias da subvención teñen a condición de Administración pública ou de institución sen fin de lucro, non é necesaria a constitución de garantías para cobrar o anticipo.

Non máis tarde do 31 de marzo de 2024, a entidade beneficiaria presentará a xustificación comprensiva dos gastos realizados e efectivamente pagados ata o 31 de decembro de 2023, a través dunha certificación do órgano competente da entidade beneficiaria que conteña a relación clasificada por tipo de gasto das facturas e dos demais documentos xustificativos, tendo en conta os requisitos e tipos de gasto previstos no artigo 14, Gastos imputables. Nesta relación deberá constar un número de orde correlativo, o número de factura ou referencia identificativa do documento, o importe e o concepto de gasto a que se refire, no modelo que se publica como anexo VI. Non será exixible a realización do pago en 31 de decembro para os ingresos á conta do IRPF e as cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade a esa data.

O anticipo aboado deberá ser xustificado con gastos realizados no primeiro exercicio de execución do programa. Se o importe xustificado fose inferior ao anticipo percibido, esa diferenza restarase do importe que se aboará con cargo á segunda anualidade.

No caso de que o gasto realizado sexa superior ao importe concedido na primeira anualidade, o exceso de gasto realizado pola entidade beneficiaria entre o 1 de outubro e o 31 de decembro da primeira anualidade poderá ser xustificado e aboado con cargo ao orzamento da segunda anualidade da subvención concedida.

3. Segundo anticipo. Xunto coa presentación da xustificación dos gastos realizados ata o 31 de decembro do ano anterior, a entidade beneficiaria poderá solicitar, non máis tarde do 31 de marzo de 2024, un segundo anticipo con cargo á segunda anualidade dun 15 % do importe total da subvención. Do importe correspondente reducirase o importe aboado no primeiro anticipo que non fose xustificado.

4. Liquidación final. As entidades beneficiarias terán un prazo máximo de dous meses desde a finalización do programa para a presentación da liquidación final conforme o establecido neste artigo, sen que este prazo poida exceder o 15 de decembro de 2024, no modelo que se publica como anexo VII. Nesta relación deberán constar un número de orde correlativo, o número de factura ou referencia identificativa do documento, o importe e o concepto de gasto a que se refire e incluirá todos os gastos realizados desde o principio do programa engadindo os gastos realizados en 2024 como continuación dos que figuran na xustificación dos gastos realizados ata o 31 de decembro do ano anterior. No caso dos gastos de persoal, a relación incluirá o nome da persoa traballadora e a porcentaxe de imputación ao programa.

As certificacións presentadas polas entidades beneficiarias deberan axustarse, en todo caso, ao disposto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Xunto coa solicitude de pagamento da liquidación presentarase a xustificación da subvención a través de conta xustificativa con achega de informe de auditoría, de acordo co regulado no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A documentación que deberá presentarse será a seguinte:

a) Memoria final, segundo o modelo que se publicará na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions), onde se faga constar unha descrición do desenvolvemento do programa, a relación de persoas atendidas, especificando as accións realizadas con cada unha delas e a identificación das persoas inseridas no mercado de traballo.

O Servizo de Programas Mixtos verificará o nivel de atención e de inserción efectivo que a entidade beneficiaria certifica de acordo cos termos establecidos na resolución. Se nesa verificación se comproba que a porcentaxe de atención ou inserción laboral é menor có obxectivo previsto no programa, realizará o desconto correspondente, de tal xeito que as cantidades resultantes, segundo corresponda, ben deixarán de ser aboadas ou ben serán reintegradas pola entidade beneficiaria, consonte o disposto no artigo 18 desta orde.

b) Acreditación da solicitude dun mínimo de tres (3) ofertas cando o importe dun gasto exceda as contías establecidas pola normativa reguladora da contratación pública para o contrato menor, de acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Certificado final do órgano competente da entidade beneficiaria dos gastos realizados con cargo á subvención referidos ao período de execución do programa, no modelo que se publicará na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions), en que consten declaracións responsables do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes e de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Informe da persoa auditora sobre a conta xustificativa coas especificacións recollidas na presente orde elaborado por unha persoa auditora de contas, elixida libremente polas entidades beneficiarias, de entre as rexistradas como exercentes no Rexistro Oficial de Auditores de Contas dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, conforme o estipulado no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

6. O informe da persoa auditora estenderá o seu contido exclusivamente á xustificación económica do programa integrado de emprego, tendo en conta que se cumpran as normas recollidas para o efecto na presente orde e no manual de instrucións de liquidación económica que se pon á disposición das entidades beneficiarias na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions). O informe deberá incorporar a relación global clasificada de facturas e xustificantes que forma parte da xustificación final e, unha vez efectuadas as correspondentes comprobacións, pronunciarse expresamente sobre:

a) Verificación da existencia de facturas, nóminas, documentos de cotización á Seguridade Social, documentos de ingreso das retencións á conta do IRPF e, cando proceda, outros xustificantes, que soporten cada un dos gastos que consten na dita relación especificando, se for o caso, aqueles gastos que non resulten acreditados ou os defectos que se observen nas ditas facturas ou xustificantes. As facturas deberán estar emitidas á entidade beneficiaria e cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación, e deberán estar referidas ao período de execución do programa.

b) Verificación da existencia de acreditación da realización efectiva dos pagamentos correspondentes a cada un dos gastos respectando os requisitos recollidos no manual de instrucións para a liquidación. Non obstante, cando formen parte da conta xustificativa ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto en que se reflicta o importe da retención ou cotización devindicadas na data de xustificación.

c) Verificación de que a entidade beneficiaria dispón de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións realizadas, para garantir a rastrexabilidade dos pagamentos e o seguimento da pista de auditoría.

d) Verificación da solicitude dun mínimo de tres (3) ofertas cando o importe dun gasto exceda as contías establecidas pola normativa reguladora da contratación pública en vigor no momento da solicitude para o contrato menor, de acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

e) Verificación de que a porcentaxe de imputación da xornada laboral das persoas traballadoras do programa se corresponde coa recollida na última actualización do anexo unificado de persoal IV.ter.

f) Verificación de que se contrataron as pólizas de seguro e o seguro de responsabilidade civil das persoas beneficiarias e que a factura se corresponde coas coberturas especificadas na orde de convocatoria.

g) Verificación de que o custo imputado en toda a formación impartida se axusta aos límites de custo establecidos.

h) Verificación da correcta imputación temporal do gasto, en concreto, que o gasto incluído pola entidade beneficiaria na xustificación dos gastos realizados ata o 31 de decembro foi efectivamente realizado nese período.

7. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade comprobará, a través de técnicas de mostraxe aleatoria cun alcance do 10 % das entidades beneficiarias de cada tipoloxía, todos os xustificantes que considere oportunos e que permitan ter evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención, e requiriralle á entidade beneficiaria a remisión dos xustificantes de gasto para o efecto. A mostraxe resultante sairá de elixir de entre cada tipoloxía de entidades a metade da mostra de entre o 10% das entidades beneficiarias que xustificaron un maior importe e a outra metade de entre o 90% restante de entidades.

Artigo 17. Publicidade

1. Para os efectos de difusión pública, nos lugares onde se realicen as accións deberán figurar, de forma visible, carteis informativos, en modelo normalizado establecido e publicado pola Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación na páxina web institucional da Xunta de Galicia, nos cales constará o financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e do Ministerio de Traballo e Economía Social.

2. Todos os proxectos e produtos que se elaboren con cargo ás subvencións concedidas deberán utilizar axeitadamente as identificacións que estableza a Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación e, en todo caso, incluír en toda a documentación o logotipo da Xunta de Galicia de acordo co manual de identidade corporativa (https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/descarga-do-manual).

3. Tal e como se establece no artigo 3.1 desta orde, todos os programas terán como denominación oficial a que figure no correspondente anexo á resolución: Programa integrado de emprego de (nome da entidade) 2023/24, e non se poderán empregar outras denominacións distintas da oficial.

Artigo 18. Seguimento das accións

1. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade realizará comprobacións e verificacións, presenciais e aleatorias co obxecto de avaliar, cuantitativa e cualitativamente, o desenvolvemento das accións previstas na presente orde en calquera das entidades beneficiarias da subvención.

Nas visitas de seguimento por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, as entidades beneficiarias facilitarán o acceso ás instalacións en que se realizan as accións, así como a toda a documentación de carácter técnico, administrativo, informático ou contable que teña relación coa subvención concedida que se lles solicite.

2. Transcorridos nove meses desde a finalización do prazo previsto para a execución dos programas, comprobarase a correspondencia da inserción laboral co acreditado na liquidación da subvención. En caso contrario, exixirase a devolución proporcional da subvención indebidamente percibida de acordo co previsto no artigo seguinte.

Realizada a citada comprobación, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade fará públicos na súa páxina web oficial os datos de inserción das persoas beneficiarias destas subvencións.

Artigo 19. Obrigas das entidades beneficiarias. Reintegro da subvención

1. As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención de acordo co previsto nesta orde e nos documentos de instrucións operativas que se porán á disposición das entidades beneficiarias na páxina web institucional da Xunta de Galicia na ligazón http://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions

b) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, e pola Inspección de Traballo e Seguridade Social, e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Consello de Contas. Neste sentido, deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

c) Dispoñer de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións realizadas, para garantir a rastrexabilidade dos pagamentos e o seguimento da pista de auditoría. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

d) Comunicarlle á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

e) Comunicar á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e á oficina de emprego correspondente os datos básicos das persoas desempregadas que se incorporan ao programa integrado, así como as baixas e as novas incorporacións a este, de acordo coas instrucións para a posta en marcha dos programas publicadas na páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions).

f) Asegurar os participantes contra accidentes para todas as accións que se leven a cabo dentro do programa, así como contar cun seguro de responsabilidade civil, quedando a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade exonerada de calquera responsabilidade ao respecto mediante a contratación dunha póliza sen franquía que terá, polo menos, a seguinte cobertura:

– Asistencia médica, farmacéutica e hospitalaria para calquera accidente acontecido durante o horario de desenvolvemento das accións do programa, incluíndo o tempo necesario para o desprazamento da persoa participante desde a súa residencia habitual ao lugar de impartición ou desenvolvemento (o desprazamento deberá cubrir calquera medio de locomoción).

– Indemnización mínima de 30.000,00 euros por falecemento e mínima de 60.000,00 euros por invalidez permanente, derivadas ambas as dúas situacións dun accidente no lugar onde se realicen as accións do programa.

g) Entregarlles ás persoas usuarias no momento da selección un resumo detallado de todos os aspectos da memoria que as afectan: listaxe das accións que teñen previsto levar a cabo, aspectos innovadores do programa, existencia de medidas de conciliación se as houber, obrigatoriedade da realización de cuestionarios de satisfacción de todas as accións, etc... Este resumo coincidirá co exposto na memoria explicativa e incluirá os datos de contacto tanto da entidade coma do Servizo de Programas Mixtos. Deberá ir asinado pola persoa responsable do programa e ser achegado xunto coa memoria explicativa.

2. O incumprimento total ou parcial de calquera das obrigas, condicións ou finalidades establecidas nesta orde, así como a falsidade comprobada en relación cos datos achegados para a súa obtención, orixinará, á vista da natureza e das causas do incumprimento, a perda do dereito ao cobramento ou o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora, nas condicións e de conformidade co establecido no título II (artigos 32 e seguintes) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo do establecido no título IV (artigos 50 e seguintes) da citada lei e no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

3. De conformidade co artigo 14.1.n) da citada Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os criterios de gradación do desconto ante posibles incumprimentos, que resultarán de aplicación para determinar a cantidade que finalmente deba percibir a entidade beneficiaria ou, de ser o caso, o importe que se deba reintegrar, serán os seguintes:

a) Non acadar a porcentaxe de inserción a que se comprometeu: desconto ou reintegro variable resultante dos cálculos realizados sobre a base da porcentaxe de inserción real.

b) Non impartir a formación constituída por calquera das especialidades formativas incluídas no catálogo de especialidades formativas do SEPE establecida no artigo 1.2.b.1), tal e como se comprometeron na memoria: ata un máximo dun 20 % do gasto subvencionado ou en proporción ao seu incumprimento.

c) Non levar a cabo as seguintes accións de carácter obrigatorio que figuran no artigo 1.2:

– 1. Información, orientación e asesoramento: 1 % do gasto subvencionado.

– 2. Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea: 1 % do gasto subvencionado.

– 3. Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista: 1 % do gasto subvencionado.

– 4. Fomento da capacidade emprendedora: 1 % do gasto subvencionado.

– 5. Prospección empresarial: 1 % do gasto subvencionado.

– 6. Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes: 1 % do gasto subvencionado.

– 7. Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas: 2 % do gasto subvencionado.

– 8. Mobilidade laboral: 1 % do gasto subvencionado.

d) Impedir ou obstaculizar as actuacións de comprobación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ou outros órganos de control debidamente autorizados: 100 % do gasto subvencionado.

e) Incumprimento da realización dos cuestionarios de avaliación das accións cando se fixese constar na memoria: 10 % do gasto subvencionado.

f) Inexistencia da descrición dos perfís profesionais das persoas demandantes cando se fixese constar na memoria: 5 % do gasto subvencionado.

g) Inexistencia do deseño do itinerario de inserción laboral cando se fixese constar na memoria: 5 % do gasto subvencionado.

h) Inexistencia de aplicación informática de seguimento en que consten todas as actuacións que se fagan coas persoas usuarias ao longo do programa, cando se fixese constar na memoria: 10 % do gasto subvencionado.

i) Incumprimento das medidas de conciliación da vida familiar e laboral cando estivese recollido expresamente na memoria e no documento entregado ás persoas usuarias do programa: 5 % do gasto subvencionado.

j) Non empregar as novas tecnoloxías e/ou non desenvolver un proxecto innovador cando estivese expresamente recollido na memoria: 5 % do gasto subvencionado.

k) Non empregar a lingua galega na realización das accións cando existise declaración do representante legal con ese compromiso: 1 % do gasto subvencionado.

l) Incumprimento da obriga de presentación de documentación exixida no artigo 16: no caso de que non se presente ningunha documentación, procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionado, e no suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de que a documentación presentada sexa incorrecta, o importe que se deberá reintegrar será proporcional ao gasto non xustificado.

m) Incumprimento das obrigas en materia de publicidade establecidas no artigo 17: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionado.

n) Incumprimento dalgunha das obrigas previstas nas letras c), d), e) e g) do punto 1 deste artigo: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionado, en cada caso.

4. Cando, transcorrido o prazo de xustificación, esta non se efectuase ou a xustificación resultase insuficiente, acordarase o reintegro da subvención polo importe non xustificado, logo do requirimento establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se procede.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade na persoa responsable da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación para conceder, autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, así como para exixir da entidade beneficiaria o reintegro da subvención, cando aprecie a existencia dalgún dos supostos de reintegro de cantidades percibidas establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional segunda. Marco normativo

En todo o non previsto na presente disposición será de aplicación a normativa xeral en materia de subvencións contida na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no seu regulamento no que sexa de aplicación. Será igualmente de aplicación o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 e, no que resulte de aplicación, o Real decreto 818/2021, do 21 de setembro, polo que se regulan os programas comúns de activación para o emprego do Sistema nacional de emprego.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2023

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file