Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40609

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO do 20 de xuño de 2023 polo que se publicita a puntuación provisoria dos méritos das persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

O contido da resolución aprobatoria da puntuación provisoria de méritos das persoas aspirantes admitidas están publicados na seguinte ligazón:

https://www.cidadedacultura.gal/gl/info/persoal

Contra a puntuación provisoria, de conformidade coa epígrafe III.3 das bases, as persoas aspirantes poderán formular reclamacións ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación, ben por medios electrónicos, de acordo co sinalado nas bases para a presentación de solicitudes, ou ben por calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, caso en que deberá notificar o envío da documentación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia mediante correo electrónico cidade.cultura@xunta.gal no mesmo día da presentación.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2023

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia