Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40608

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO da convocatoria dos procesos de selección das prazas do persoal para a estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 100, do 29 de maio de 2023, publicáronse integramente as bases xerais e específicas da convocatoria dos procesos extraordinarios de estabilización previstos na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, incluídas na oferta de emprego público extraordinario do ano 2022.

Relación de prazas obxecto da convocatoria:

Persoal laboral fixo:

Denominación

Número de prazas

Profesor/a de música (xornada parcial do 50 %)

1

Operario/a de servizos municipais

2

Responsable OMIX e Oficina de Turismo

1

Guía turístico e ambiental

1

Auxiliar administrativo/a

1

Auxiliar de axuda no fogar

3

Orientador/a laboral

1

Animador/a cultural

1

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Laxe, 6 de xuño de 2023

José Luis Pérez Añón
Alcalde en funcións