Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40607

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo, por promoción interna, dunha praza de administrativo C1, incluída na oferta de emprego público do ano 2020.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 102, do 31 de maio de 2023, publicáronse integramente as bases reguladoras da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura en propiedade por promoción interna dunha praza de funcionario/a de carreira, administrativo C1, incluída na oferta de emprego público do ano 2020.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Laxe, 6 de xuño de 2023

José Luis Pérez Añón
Alcalde en funcións