Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40402

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Instituto Galego de Promoción Económica

ACORDO do 22 de xuño de 2023, do Consello de Dirección, relativo ao cesamento e ao nomeamento do titular da dirección xeral deste instituto.

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa reunión do día 22 de xuño de 2023, en virtude do previsto no artigo 12 da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e no artigo 10 do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, que aproba o seu regulamento, por proposta da súa presidenta, acordou o cesamento de Fernando Guldrís Iglesias como director xeral, con efectos do día 22 de xuño de 2023, agradecéndolle os servizos prestados, e nomeou para o citado cargo a Covadonga Toca Carús, con efectos a partir do día 23 de xuño de 2023.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2023

Patricia Villajos Grande
Secretaria do Consello de Dirección do
Instituto Galego de Promoción Económica