Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2023 Páx. 40789

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2023, conxunta da Consellería de Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se publica a relación dos premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net.

Mediante a Resolución conxunta do 20 de marzo de 2023 (DOG núm. 67, do 5 de abril) convocáronse os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.

Vista a proposta efectuada polo xurado mencionado no artigo 16 da citada resolución, relativa á selección dos traballos presentados segundo os criterios previstos no artigo 17, procede a súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Declarar gañador do premio na categoría A (alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria), dotado coa contía de 1.500 euros, o proxecto Mercándara, realizado polo CEIP Plurilingüe A Gándara.

Segundo. Declarar gañador do premio na categoría B (alumnado de educación secundaria obrigatoria), dotado coa contía de 1.500 euros, o proxecto Publicidade sa, realizado polo IES de Catabois.

Terceiro. Declarar gañador do premio na categoría C (alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional e de educación para persoas adultas), dotado coa contía de 1.500 euros, o proxecto I Feira de sostibilidade. Pensa, consume e actúa. RE_ETIKA, realizado polo IES Luís Seoane.

Cuarto. Declarar deserta a categoría D (alumnado de educación especial).

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2023

Román Rodríguez González

Manuel Heredia Pérez

Conselleiro de Cultura, Educación,

Formación Profesional e Universidades

Director xeral de Comercio e de Consumo