Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2023 Páx. 40853

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (APL), grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 1 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro de 2022 e BOE do 6 de marzo de 2023) convócanse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (APL), grupo III, pola quenda de acceso libre, e noméase o tribunal cualificador das ditas probas selectivas.

Na base 5.5 da dita resolución disponse que a autoridade convocante publicará, no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, por renuncia dun dos seus membros, o reitor

resolve:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por José Manuel Iglesias Maseda, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, secretario titular do tribunal cualificador.

Segundo. Nomear a María Dolores Vega Fernández, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, secretaria titular en substitución de José Manuel Iglesias Maseda.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela