Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41043

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 24, do 3 de febreiro), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2023.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, do programa e do crédito orzamentario a que se imputan, do beneficiario, da cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 16 da orde de convocatoria, esta resolución notificaráselles aos interesados consonte o artigo 17 da orde e publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades https://www.cultura.gal. Por tanto,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 10.04.432B.481.2, para institucións sen fin de lucro, e 10.04.432B.460.0, para entidades locais galegas, a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Relación de entidades e proxectos subvencionados

I) Institucións sen fin de lucro.

Nº de exp.

Entidade

NIF

Proxecto

Importe subv.

3

ASCD O Condado

G36017952

35º Festival de Poesía do Condado

4.000,00 €

4

O soño de Lilith

G94133907

VII Ed. Mulleres Creando

4.000,00 €

8

Orquestra Clásica de Vigo

G36688422

Un camiño ben temperado. Ciclo de música antiga

2.000,00 €

11

Gaiteiros Galegos

G15208358

XXX Mostra de instrumentos

2.000,00 €

15

Colectivo Agrocuir da Ulloa

G27489855

Festival Agrocuir da Ulloa

4.000,00 €

17

Asociación Cultural SonSistema

G01799535

Tremeterra II Encontro de Soundsystem da Terra Brava

3.000,00 €

21

Lideiras Asociación Cultural

G67674598

Festival Picnic Sesions

2.000,00 €

24

Asociación Ameixa Rock

G94100328

Ameixa Rock 2023

2.000,00 €

25

Asociación Cultural Festival Terra Brava

G27327006

XIX Festival Terra Brava

3.000,00 €

29

Asociación Cultural Ecolóxica-Educativa Arteficial

G32364937

XVII Festival Arteficial

2.000,00 €

34

Asoc. Cultural Ether

G27479682

6º Edición Ether and Electronic

2.000,00 €

37

Asoc. Centro Cultural Artístico Recreativo Valladares

G36617082

XXX Revoltallo Música e Cultura Emerxente

3.000,00 €

43

Asociación Amigos da Banda de Música de Celanova

G32009060

Emocións, unha viaxe musical polas Letras de M. Curros Enríquez

2.000,00 €

II) Entidades locais galegas.

Nº de exp.

Entidade local

NIF

Proxecto

Importe subv.

6

Cangas

P3600800A

X Festival Aturuxos na Ría

2.000,00 €

7

Viveiro

P2706700H

Superarte 2023

2.000,00 €

13

Catoira

P3601000G

Semana de Teatro da Romaría Viquinga

2.000,00 €

14

Castro Caldelas

P3202400B

XXI Festival Pontelouco

2.000,00 €

18

Noia

P1505800A

XIV Festival de Jazz

3.000,00 €

32

Valadouro

P2706300G

XXXVII Semana Teatro Afeccionado

1.992,90 €

39

Chantada

P2701600E

33ª Edición Mostra de Teatro Maruxa Villanueva

2.000,00 €