Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41045

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería, e se convocan para o curso académico 2023/24 (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D).

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu artigo 27, parágrafos 22, 23 e 24, que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva nas materias de promoción do deporte e a axeitada utilización do lecer, asistencia social, así como a promoción e desenvolvemento comunitario, aplicándose, entre outros, ao ámbito da xuventude.

Así mesmo, mediante o Decreto 285/1989, do 16 de decembro, asúmense as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción sociocultural, no ámbito da mocidade e desenvolvemento comunitario.

De conformidade co Decreto 58/2022 do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica de Xunta de Galicia, o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia e o Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Xuventude, correspóndelle ao dito órgano superior da Xunta de Galicia propoñer e executar políticas de xuventude e voluntariado, a través do órgano de dirección con competencias en materia de xuventude, participación e voluntariado, que asume o exercicio das ditas competencias e funcións.

O artigo 18.2.d) da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, trata dos servizos á xuventude e destacan entre eles as instalacións xuvenís. No seu artigo 33.e) atribúense á consellería competente en materia de xuventude as funcións de coordinación e supervisión do funcionamento das instalacións xuvenís, tanto propias como dependentes doutras entidades e a prestación da asistencia técnica necesaria para dar un servizo de calidade.

A Consellería de Política Social e Xuventude dispón dunha serie de instalacións xuvenís entre as cales figuran as residencias xuvenís que, ademais do aloxamento e mantenza, ofrecen ás persoas mozas estudantes residentes unha serie de servizos e actividades de convivencia e educativas complementarias. As ditas instalacións póñense á disposición das persoas mozas estudantes, coa reserva dun número de prazas para as persoas mozas traballadoras.

Coa realización desta convocatoria preténdese favorecer o acceso ao ensino universitario, aos estudos superiores en ensinanzas artísticas, ensinanzas de réxime especial, ou ciclos formativos de grao superior das persoas estudantes con escasos recursos e, ao mesmo tempo, dotar da súa colaboración no eido educativo e asistencial as residencias xuvenís que se relacionan nesta orde.

Neste marco xeral hai que incardinar esta orde que abre unha nova convocatoria para o ano 2023 do procedemento de adxudicación de prazas para residencias xuvenís destinadas a persoas estudantes, entre elas as colaboradoras bolseiras, e a persoas traballadoras.

No que atinxe á convocatoria das bolsas destinadas a persoas estudantes con actuacións de colaboración, esta orde axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en concreto, no relativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de subvencións; ao establecido no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; ás disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; á Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; ao Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e á Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

Atendendo ao colectivo de persoas físicas a que vai destinada a convocatoria, isto é, persoas estudantes, maioritariamente de estudos de grao ou formación profesional e persoas traballadoras, considérase procedente establecer a obriga de relacionarse coa Administración convocante a través de medios electrónicos ao abeiro do disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e no artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Por todo isto, en virtude das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

CAPÍTULO I

Bases xerais e convocatoria para o exercicio 2023

Artigo 1. Obxecto

1. A presente orde ten por obxecto convocar en réxime de concorrencia competitiva a adxudicación de prazas e de bolsas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude para o curso académico 2023/24, e establecer as bases para a súa concesión.

2. As modalidades de adxudicación de prazas establecidas nesta orde regularanse a través dos seguintes procedementos:

a) BS303B: prazas en residencias xuvenís para estudantes.

b) BS303C: prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.

c) BS303D: prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.

3. A través desta convocatoria póñense as residencias xuvenís ao servizo das persoas mozas que, por razóns de estudos ou traballo, se vexan obrigadas a permanecer fóra do concello onde teñen a súa residencia habitual.

Artigo 2. Prazas convocadas por procedemento e residencias

1. O número de prazas residenciais convocadas e a súa distribución por residencias e procedemento é o seguinte:

Concello

Residencia

Nº de prazas BS303B

(persoas estudantes non bolseiras)

Nº de prazas BS303C

(persoas estudantes colaboradoras bolseiras)

Nº de prazas BS303D (persoas traballadoras)

Total

Lugo

Centro Residencial Xuvenil LUG

65

4

6

75

Ourense

Florentino López Cuevillas

50

5

5

60

Vigo

Altamar

76

6

7

89

Para o caso de que non se cubran todas as prazas reservadas para persoas que desenvolvan unha actividade profesional (BS303D) ou para persoas estudantes colaboradoras bolseiras (BS303C) coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a persoas estudantes non bolseiras (BS303B) de acordo co previsto no artigo 16.

2. Do total de prazas resérvase un 9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen e/ou para persoas mozas con expediente de protección aberto. A distribución de prazas para esta reserva é a seguinte:

Concello

Residencia

Nº de prazas

Lugo

Centro Residencial Xuvenil LUG

7

Ourense

Florentino López Cuevillas

5

Vigo

Altamar

8

Ademais, na residencia Altamar de Vigo resérvanse 2 prazas para persoas con discapacidade, adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

Para o caso de que non se cubran todas as prazas de reserva que figuran neste número, coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes sumaranse ás ofertadas no número 1 para persoas estudantes non bolseiras (BS303B).

Artigo 3. Período de estadía

1. O período máximo de estadía na residencia xuvenil de todas as persoas residentes será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para cada curso académico, exceptuándose os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.

2. Todas as persoas residentes que teñan a condición de estudantes, colaboradoras bolseiras ou non, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia xuvenil coincidindo co plan de estudos correspondente ao curso académico no cal estivesen matriculadas, respectando sempre o período máximo antes indicado e, en todo caso, concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.

3. En calquera caso, as persoas residentes deberán iniciar a súa estadía na residencia xuvenil como prazo máximo o 31 de outubro do ano da presente convocatoria, a excepción do suposto de adxudicación de prazas vacantes que se van cubrindo de acordo cos criterios establecidos no artigo 12.

Artigo 4. Requisitos das persoas solicitantes

1. Poderán optar ás prazas nas residencias xuvenís as persoas que reúnan os seguintes requisitos xerais:

a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser persoa estranxeira residente en España no momento de presentación da solicitude.

b) Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.

2. Requisitos específicos para as persoas solicitantes estudantes non bolseiras (BS303B):

a) Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30 anos na data do 31 de decembro de 2023.

b) Estar cursando estudos de bacharelato, formación profesional, ciclos formativos, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, doutorados ou estudos de mestrados universitarios oficiais.

c) Que no concello onde radique a súa residencia habitual, debidamente acreditada a través do certificado de residencia con data de última variación de padrón da persoa solicitante, non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante.

Aquelas persoas que conten con oferta de centros públicos no seu lugar de residencia pero non alcancen a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso, poderán optan ás prazas ofertadas.

3. Requisitos específicos para as persoas solicitantes traballadoras (BS303D):

a) Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30 anos no 31 de decembro de 2023.

b) Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.

c) Que, no caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, teña unha duración mínima de tres meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

d) Que estea dada de alta no réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria, para o caso de ser unha persoa traballadora por conta propia.

4. Requisitos específicos para as persoas estudantes colaboradoras bolseiras (BS303C):

a) Ter os 18 anos cumpridos e non superar os 30 anos na data do 31 de decembro de 2023.

b) Non ter perdido a condición de persoa estudante colaboradora bolseira da cal foi beneficiaria en convocatorias anteriores, por causa imputable á dita persoa solicitante e beneficiaria da bolsa.

c) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade como persoa colaboradora na residencia xuvenil.

d) Ter unha renda media familiar inferior ao 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 12.2.

e) Ademais, as persoas beneficiarias destas bolsas teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións aquelas persoas que non se encontren ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 5. Forma, lugar e prazo para a presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Anexo I solicitude de prazas en residencias xuvenis para estudantes (BS303B).

Anexo II solicitude de prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras (BS303C).

Anexo III solicitude de prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras (BS303D).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde.

O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a publicación do mes seguinte. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

3. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte á notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, teranse por desistidas da súa petición, logo de correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

4. Para resolver as dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal

Artigo 6. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I (BS303B), anexo II (BS303C) e o anexo III (BS303D), a seguinte documentación xeral:

a) Libro de familia: copia de todas as follas do libro de familia en que figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar. A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente na data de presentación da solicitude.

b) Título de familia numerosa: copia do titulo de familia numerosa cando non fose expedido na Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

c) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, se é o caso.

d) Certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) de non ter a obriga que declarar, se é o caso.

Cando non sexa posible achegar a dita certificación na data de presentación da solicitude, por non estar dispoñible, a adxudicación de praza quedará condicionada á presentación desta certificación con anterioridade á incorporación na residencia xuvenil.

e) Certificación médica acreditativa do estado de xestación no momento de presentación da solicitude, no caso de ser muller xestante.

f) A situación de violencia de xénero, se é o caso. Esta situación acreditarase, por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que son:

1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.

7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.

g) Acreditación da condición de orfandade, se é o caso.

h) Acreditación do grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % da persoa solicitante ou de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar cando non fose expedido na Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

i) Acreditación de que a persoa solicitante constitúe unha unidade familiar independente, se é o caso. Neste caso, a persoa solicitante debe achegar:

1º. Acreditación da relación matrimonial ou análoga á conxugal, así como da súa descendencia, se é o caso.

2º. Acreditación do domicilio mediante volante de empadroamento conxunto.

3º. Acreditación do pagamento de vivenda, se é o caso.

4º. Acreditación dos medios económicos con que conta a persoa solicitante.

j) O anexo IV, de comprobación de datos de terceiras persoas, cando forme parte de unidades familiares compostas por máis dun membro, que deberá achegar debidamente cuberto e asinado por todas as persoas que compoñan a unidade familiar.

2. As persoas solicitantes, estudantes colaboradoras bolseiras ou non (procedementos BS303C e BS303B, respectivamente), deberán achegar, ademais da documentación xeral, a seguinte documentación específica:

a) Certificación académica ou documento acreditativo no cal figuren as notas correspondentes ao curso académico anterior ao da presentación da solicitude ou, se é o caso, da proba de acceso á universidade correspondente a ese mesmo curso. Na certificación deberá constar a nota media. No caso de que a persoa solicitante non cursase estudos durante ese ano académico, a certificación referirase ao último curso académico no cal estivo matriculada ou á media de bacharelato (1º e 2º), se é o caso.

b) Copia da preinscrición/reserva de praza nas facultades ou escolas universitarias, centros de bacharelato ou ciclos formativos, para o caso de que se vaia cursar o primeiro ano de estudos.

Cando non se dispoña desta documentación, por non estar aberto o prazo de preinscrición ou reserva durante o prazo de presentación de solicitudes de praza na residencia xuvenil, a persoa solicitante achegará unha declaración xurada comunicando esta circunstancia e comprometéndose a presentala no momento en que se realice.

3. As persoas solicitantes coa condición de persoas traballadoras (procedemento BS303D) deberán achegar, ademais da documentación xeral, a seguinte documentación específica:

a) No suposto de relación laboral por conta allea:

1º. Copia do nomeamento, se a relación de traballo é funcionarial ou estatutaria.

2º. Copia do contrato laboral en vigor, se a relación de traballo é laboral por un período mínimo de 3 meses.

b) No suposto de relación laboral por conta propia achegará un certificado do tempo cotizado no réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social.

4. Así mesmo, as persoas solicitantes estudantes colaboradoras bolseiras (procedemento BS303C) deberán achegar, xunto coa documentación xeral e a documentación específica indicada nos números 1 e 2, un proxecto de actividades que se desenvolverá na residencia xuvenil, segundo o modelo do anexo V que se centrará nos ámbitos da información xuvenil, participación e dinamización e convivencia, e responderá ao cumprimento dos seguintes obxectivos:

a) Difundir entre as persoas residentes a información relativa a actividades impulsadas desde a Xunta de Galicia que poidan ser de interese para a xuventude.

b) Fomentar a participación das persoas residentes nos programas e actividades impulsados desde a Consellería de Política Social e Xuventude.

c) Propoñer e dinamizar actividades para realizar na residencia xuvenil centradas nas áreas do ocio e tempo libre, novas tecnoloxías, cultura e deporte.

d) Incentivar un bo clima de convivencia entre as persoas residentes.

e) Apoiar as persoas residentes durante a súa estadía na residencia xuvenil.

f) Apoiar o bo funcionamento da residencia xuvenil a través da execución do seu proxecto.

5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

6. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

8. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Membros computables da unidade familiar

1. Para os efectos desta convocatoria, considéranse membros computables da unidade familiar a persoa solicitante, o pai, a nai ou as persoas titoras legais e os irmáns e irmás menores de idade que convivan no domicilio familiar, ou os irmáns e irmás maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Tamén se considerarán membros da unidade familiar os irmáns e as irmás, descendentes e ascendentes ata segundo grao que convivan coa persoa solicitante e que non dispoñan de ingresos ou que os teñan inferiores ao 50 % do IPREM.

2. De conformidade co establecido no artigo 6.2 da Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada, a unidade familiar da que forme parte a persoa solicitante, coa condición de muller embarazada, estará integrada por un ou máis membros adicionais desde o momento da fecundación, dependendo do número de fillos e fillas que espere, sempre que na aplicación desta fórmula se obteña un maior beneficio á hora de valoración da solicitude.

Se a muller embarazada non forma parte da unidade familiar entenderase que a constitúe, polo feito de estar embarazada.

3. No caso de divorcio ou separación legal do matrimonio da persoa solicitante, non se considerará membro computable aquela persoa que xa non conviva con esta, sen prexuízo de que nos ingresos de base da familia se inclúa a súa contribución económica. Non obstante, si terá a consideración de membro computable, se é o caso, o/a novo/a cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade, e terá que incluír a súa renda e o seu patrimonio.

4. Cando a persoa solicitante constitúa unidade familiar independente, tamén se considerarán membros computables o/a cónxuxe ou persoa con que estea unido/a por análoga relación, así coma os/as fillos/as, se os/as ten.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos establecidos na presente orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante e, se é o caso, do representante e demais membros que compoñen a unidade familiar.

b) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.

c) Datos do imposto da renda das persoas físicas, en diante IRPF, de acordo coa declaración presentada no ano inmediatamente anterior á data da presentación da solicitude da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.

2. Para o procedemento BS303C (persoas estudantes colaboradoras bolseiras) consultarase, ademais dos datos anteriores:

a) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.

b) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

3. Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa solicitante faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental.

c) Certificado de discapacidade da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Acreditación dos importes de prestacións por desemprego percibidas na data actual da persoa solicitante no caso de estar na dita situación de desemprego e, se é o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.

e) Acreditación da situación legal de desemprego sen prestación económica da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros da unidade familiar.

4. No caso de que as persoas interesadas, as persoas titoras ou representantes legais, se é o caso, ou os demais membros que compoñen a unidade familiar se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente, anexos I, II ou III segundo o procedemento para a persoa solicitante, e anexo IV para os demais membros da unidade familiar, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

5. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas, á persoa titora ou representante legal e ás demais persoas que compoñen a unidade familiar, a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Instrución

A instrución dos procedementos correspóndelle ao servizo con competencias en materia de xuventude da xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da provincia onde radica a residencia xuvenil. Unha vez completos os expedientes remitiraos á Comisión Cualificadora prevista no artigo 11 para a súa valoración e emisión de informe. Dos resultados do informe, o órgano instrutor elevará a súa proposta de resolución ao órgano competente para resolver.

Artigo 11. Comisións cualificadoras

1. A valoración das solicitudes para cada residencia xuvenil efectuarase na xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da provincia onde radica aquela, mediante unha Comisión Cualificadora creada para tales efectos, que terá a seguinte composición:

a) Presidencia: a persoa titular da xefatura do servizo competente en materia de xuventude correspondente á provincia.

En caso de ausencia, será suplida de conformidade co disposto no artigo 36.2.1.e) do Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Xuventude.

b) Vogalías:

1º. A persoa que exerza a xefatura de sección con competencias en materia de xuventude correspondente á provincia.

2º. A/as persoa/s que exerza/n a dirección das residencias xuvenís situadas nesa provincia.

c) Secretaría: unha persoa funcionaria nomeada pola persoa titular da xefatura territorial correspondente, con voz e voto.

2. Na designación das persoas integrantes das comisións cualificadoras atenderase ao principio de presenza equilibrada entre mulleres e homes.

3. Se por calquera motivo, no momento en que a Comisión de Avaliación teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puidese asistir, será substituída pola persoa funcionaria que para o efecto designe a persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da provincia onde radique a residencia.

4. A valoración de solicitudes polas distintas comisións seguirá unha interpretación única dos criterios establecidos no artigo seguinte.

Artigo 12. Criterios de valoración

1. Os criterios de valoración que se terán en conta para conceder estas prazas serán os establecidos neste artigo.

2. O baremo xeral, aplicable a todos os procedementos desta convocatoria, é o seguinte:

a) A renda da unidade familiar tendo en conta a relación de ingresos/número de persoas que compoñen a unidade familiar atendendo o seguinte:

1º. A renda calcularase por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro da declaración do IRPF. Tomarase o importe total dos ingresos da unidade familiar, para o cal se sumarán as rendas do total de membros computables e o resultado dividirase entre o mesmo número para obter así a renda media da unidade familiar.

2º. O importe da renda enténdese referido á declaración do IRPF presentada no ano inmediato anterior á data de presentación da solicitude.

3º. Cando as circunstancias na data da declaración do IRPF antes indicada non coincidan coas circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude teranse en conta estas últimas previamente xustificadas documentalmente e sempre e cando cumpran as condicións recollidas no último parágrafo do artigo 6.1.d).

4º. A renda media da unidade familiar puntuarase segundo o seguinte baremo baseado no indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2023:

Renda media

Puntos

Inferior ao 50 % do IPREM

8

Entre o 50 % e o 75 % do IPREM

6

Superior ao 75 % e inferior ao 100 % do IPREM

4

Entre o 100 % e o 125 % do IPREM

2

Superior ao 125 % e inferior ao 150 % do IPREM

1

b) A condición de familia numerosa, tendo en conta as seguintes categorías:

1º. Categoría xeral: 0,25 puntos.

2º. Categoría especial: 0,50 puntos.

c) A situación de orfandade, tendo en conta as seguintes condicións:

1º. Condición de orfandade: 0,50 puntos.

2º. Condición de orfandade absoluta: 1 punto.

d) A situación de discapacidade de calquera membro da unidade familiar. Por cada membro da unidade familiar con discapacidade terase en conta o grao de discapacidade, atendendo o seguinte:

1º. Igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 %: 0,50 puntos.

2º. Igual ou superior ao 65 %: 1 punto.

e) A residencia habitual en Galicia: 2 puntos.

f) O estado de xestación da persoa solicitante: 1 punto.

g) A condición de muller vítima de violencia de xénero da persoa solicitante, ou ben persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida dentro do intervalo de tempo dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude e sempre que a dita acreditación se realice de conformidade co indicado no artigo 6.1.f): 1 punto.

h) Outras circunstancias sociofamiliares que sexan susceptibles de valoración a xuízo da Comisión Cualificadora e adecuadamente acreditadas no momento de presentar a solicitude e ata un máximo de 2 puntos. Tendo en conta:

1º. Por ter un ou máis irmáns ou irmás con praza renovada na residencia xuvenil: 1 punto.

2º. Por ter a condición de familia monoparental: 1 punto.

Enténdese por familia monoparental, de acordo coa Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

i) Situación laboral de desemprego sen prestación económica do pai e/ou da nai ou da persoa titora legal: 1 punto por cada situación.

j) Antigüidade na residencia xuvenil en relación con aquelas persoas solicitantes que xa foron residentes en convocatorias anteriores: 5 puntos.

Este criterio preferente non se terá en conta para o caso daquelas persoas residentes que abandonasen a residencia xuvenil antes de rematar o curso académico. Non obstante, puntuarase o criterio indicado no caso de non completar o curso académico na residencia xuvenil polos seguintes motivos:

1º. Enfermidade das persoas residentes ou dalgún familiar con que convivan, debidamente xustificada.

2º. Contrato laboral noutra localidade.

3º. Ser persoas beneficiarias dunha bolsa no marco dos programas Erasmus ou Séneca.

4º. Ter que realizar as prácticas académicas noutra localidade.

En todo caso, a admisión de persoas solicitantes que xa fosen residentes en convocatorias anteriores queda condicionada á inexistencia dun informe desfavorable da dirección da residencia xuvenil, visado pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da provincia en que radica a residencia xuvenil, baseado no incumprimento das normas de réxime interno ou inadaptación á normal convivencia e mínimo respecto cívico que debe rexer nestas residencias xuvenís.

3. Para o caso de que as persoas solicitantes sexan estudantes, terase en conta, ademais do establecido no número anterior, os seguintes criterios específicos segundo os estudos a cursar:

a) Estudos universitarios ou estudos superiores en ensinanzas artísticas: 1 punto.

b) Ciclos formativos de grao superior, medio ou bacharelato: 2 puntos.

c) Rendemento académico segundo a nota media obtida no último curso ou na proba da avaliación do bacharelato para o acceso á universidad (ABAU) ou proba de acceso á universidade.

Na proba de acceso á universidade terase en conta só a nota media da parte xeral. Cando o curso universitario sobre o cal se fai a media non fose completo, terase en conta o número de créditos cursados e ponderarase a nota media con base en 60 créditos cos que conta o curso universitario segundo o Plan Boloña. A puntuación neste caso corresponderase coa dita nota media.

4. Para o caso de que as persoas solicitantes sexan traballadoras, sumaranse ao baremo xeral os seguintes criterios específicos:

a) Para as persoas traballadoras por conta allea, duración da relación laboral que será como mínimo de tres meses contados desde a data de remate de presentación de solicitudes e valorarase con 5 puntos. Esta valoración incrementarase 1 punto máis por cada mes de duración do contrato, ata un máximo de 10 puntos.

Os contratos de duración indeterminada ou indefinida, así como a relación estatutaria ou funcionarial de carácter permanente valoraranse con 8 puntos.

b) Para as persoas traballadoras por conta propia, alta no réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social, que deberá terse producido cunha antelación mínima de tres meses desde a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e valorarase en 5 puntos. Esta valoración incrementarase 1 punto máis por cada mes que teña cotizado no dito réxime, ata un máximo de 10 puntos.

5. Para o caso das persoas estudantes solicitantes de prazas de colaboradores-bolseiros, sumaranse ao baremo xeral e ao baremo para as persoas estudantes establecido no número 3, os seguintes criterios específicos:

a) Proxecto de actividades. Este proxecto puntuarase de 1 a 7 puntos, de conformidade cos seguintes criterios de avaliación:

1º. Obxectivos. Valorarase a definición e coherencia interna dos obxectivos que acadará o proxecto en coherencia cos establecidos no artigo 6.4 e ao sistema de avaliación e seguimento propostos ata 1,50 puntos co seguinte desglose:

1º.1. Obxectivo ata 1 punto que se desagrega como se indica:

1º.1.1. Inexistencia de descrición de obxectivos ou obxectivos non realistas: 0 puntos.

1º.1.2. Descrición básica (obxectivos xerais): 0,50 puntos.

1º.1.3. Descrición correcta (obxectivos xerais e específicos): 1 punto.

1º.2. Sistema de avaliación previsto para avaliar os anteditos obxectivos ata 0,25 puntos que se desglosa como se indica:

1º.2.1. Non se establecen sistemas de avaliación e seguimento ou os previstos son deficientes: 0 puntos.

1º.2.2. O/os sistema/s elixido/s é/son básico/s: 0,10 puntos.

1º.2.3. O/os sistema/s elixido/s é/son destacado/s: 0,25 puntos.

2º. Metodoloxía ata 0,25 puntos que se desagrega como se indica:

2º.1. Descrición básica: 0,10 puntos.

2º.2. Descrición correcta: 0,25 puntos.

3º. Actividades previstas para a implementación práctica do proxecto, ata 5 puntos tendo en conta:

3º.1. Descrición das actividades ata 1 punto que se desagrega como se indica:

3º.1.1. Descrición básica: 0,25 puntos.

3º.1.2. Descrición correcta: 0,50 puntos.

3º.1.3. Descrición destacada: 1 punto.

3º.2. Tipoloxía de actividades ata 2,50 puntos que se desglosa como se indica:

3º.2.1. Educativo didácticas: 1 punto.

3º.2.2. Lúdicas: 0,75 puntos.

3º.2.3. Deportivas: 0,50 puntos.

3º.2.4. Outras: 0,25 puntos.

3º.3. Carácter innovador: 0,50 puntos.

3º.4. Recursos que se van empregar ata 1 punto que se desagrega como se indica:

3º.4.1. Descrición imprecisa: 0,25 puntos.

3º.4.2. Descrición detallada: 1 punto.

4º. Temporalización ata 0,25 puntos que desagrega como se indica:

4º.1. Imprecisión: 0,10 puntos.

4º.2. Precisión: 0,25 puntos.

5º. Custos ata 0,25 puntos que se desagrega como se indica:

5º.1. Descrición imprecisa: 0,10 puntos.

5º.2. Descrición detallada: 0,25 puntos.

6º. Igualdade. Valorase a aplicación no proxecto da transversalidade de xénero, tanto no uso dunha linguaxe non sexista, como na utilización de imaxes non sexistas, e que a publicidade e difusión das actividades sexa axeitada desde o punto de vista da igualdade por razón de xénero. Ata 0,25 puntos.

b) Entrevista persoal. A Comisión Cualificadora poderá citar as persoas solicitantes para a realización dunha entrevista persoal que se valorará de 1 a 5 puntos, segundo o seguinte baremo:

1º. Resposta a diferentes situacións que poden xurdir na residencia xuvenil, así como propostas colaborativas co equipo directivo: ata 1,5 puntos.

2º. Preguntas concretas sobre o desenvolvemento do proxecto presentado: ata 1 punto.

3º. Resposta sobre a súa motivación para a solicitude da praza de persoa estudante colaboradora bolseira: ata 1 punto.

4º. Análise de aptitudes, habilidades e competencias relacionadas co proxecto presentado: ata 1,5 puntos.

6. As persoas solicitantes deberán comunicar calquera variación das súas circunstancias que se produza entre o momento da presentación da solicitude e antes da emisión da resolución de concesión e que poida incidir nos criterios de valoración contidos neste artigo.

No caso de que se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar poderán presentarse os documentos que acrediten oficialmente a situación económica, sempre e cando as variacións de ingresos supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos declarados na solicitude de praza. Estas variacións deberán ter unha duración mínima de catro meses consecutivos desde a notificación da resolución de adxudicación de prazas para seren tomadas en consideración.

Artigo 13. Resolución da convocatoria e adxudicación de prazas

1. As resolucións de adxudicación das prazas, a relación definitiva de persoas beneficiarias das bolsas, e a lista de agarda coas puntuacións obtidas correspóndenlle á persoa titular da xefatura territorial da provincia onde radique a residencia xuvenil, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

O prazo máximo para resolver e notificar os procedementos regulados nesta orde é de catro meses contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes poderanse entender desestimadas.

2. As resolucións recaídas nos procedementos regulados nesta orde esgotan a vía administrativa, polo que, contra elas poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditase no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, ao abeiro do artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 14. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións destes procedementos, sen prexuízo do recollido no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.xunta.es/, con carácter complementario.

Artigo 15. Efectividade da resolución

1. A partir da publicación da resolución de adxudicación das prazas e bolsas, para a súa formalización requiriráselles ás persoas beneficiarias a seguinte documentación:

a) Copia da tarxeta sanitaria ou, na súa falta, calquera outro documento de asistencia médica e farmacéutica.

b) Certificado médico de encontrarse nun estado de saúde que permita en todo momento o normal desenvolvemento da vida residencial e certificado de vacinacións. Para o caso de persoas estudantes colaboradoras bolseiras, neste certificado deberá constar que non padece defecto físico ou psíquico que impida o normal desenvolvemento da súa actividade na residencia xuvenil.

c) Dúas fotografías tamaño carné.

d) Para as persoas estudantes, ademais achegarase copia do xustificante de matrícula correspondente aos estudos que vai cursar ou, no caso do alumnado de 3º ciclo, certificado da persoa que exerza a xefatura do departamento universitario correspondente, conforme a persoa adxudicataria está realizando o doutoramento naquel.

e) Para as persoas estudantes colaboradoras bolseiras, persoas estudantes non bolseiras e para as persoas traballadoras, ademais: xustificante de pagamento dunha mensualidade en concepto de reserva de praza residencial.

O importe correspondente aboarase telematicamente mediante ingreso, con ou sen certificado dixital, a través da oficina virtual da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal).

2. A documentación a que se refire o número anterior terán que presentala de acordo co establecido no artigo 5.1, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, excepto a copia do xustificante de matrícula ou o certificado da persoa que exerza a xefatura do departamento universitario correspondente, no caso de persoas solicitantes estudantes, colaboradoras bolseiras ou non, que poderán presentala ata o 31 de outubro de 2023 con excepción do establecido artigo 6.2.b) para o caso do alumnado do 1º curso.

No caso de que a persoa adxudicataria non poida presentar a copia do xustificante de matrícula no referido prazo por causa imputable ao centro en que vaia cursar os seus estudos deberá comunicar esta circunstancia por escrito, presentando unha copia da preinscrición na facultade ou na escola universitaria correspondente. Non obstante, deberá presentar a copia do xustificante de matrícula no momento en que a faga.

Artigo 16. Listas de agarda

1. As listas de agarda estarán formadas polas persoas solicitantes avaliadas que non obtivese praza por quedar fóra do corte debido ao número de prazas convocadas, e estarán ordenadas segundo a puntuación obtida en aplicación do baremo indicado no artigo 12.

2. As prazas vacantes que se vaian producindo durante o curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre as persoas solicitantes da correspondente lista de agarda.

3. Esgotadas as listas de agarda e para o caso de existiren prazas vacantes en todos ou nalgún dos procedementos e residencias previstas nesta convocatoria, publicarase no Diario Oficial de Galicia a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes para a cobertura das prazas ou bolsas vacantes.

4. De continuar vacantes as prazas, a consellería poderá acordar a súa utilización con outras administracións para a realización e promoción de actividades de interese da xuventude.

Artigo 17. Servizos ofertados

1. Nas residencias xuvenís ofertaranse o aloxamento e a mantenza, así como os seguintes servizos:

a) Aula de estudo-biblioteca.

b) Salas de xogos.

c) Televisión.

d) Conexión á internet (Wifi).

e) Lavandaría.

f) Actividades culturais e deportivas.

g) Caixa de primeiros auxilios.

h) Ximnasio.

i) Información do seguimento da persoa residente cando os pais e/ou as nais ou as persoas que sexan titoras legais o soliciten.

2. Durante as fins de semana e os días festivos non se prestarán servizos de mantenza.

3. Durante as vacacións académicas de Nadal e Semana Santa non se ofrecerán os servizos de mantenza nin de aloxamento, non obstante reservaráselles ás persoas residentes o dereito á tenza de bens nos cuartos, durante calquera destes períodos vacacionais.

Artigo 18. Obrigas de todas as persoas residentes

1. Todas as persoas residentes comprometeranse a respectar e cumprir as normas de réxime interno da residencia xuvenil, así como os protocolos internos que se establezan. O seu incumprimento, logo da tramitación do expediente disciplinario no cal se respectará en todo caso o trámite de audiencia poderá dar lugar, se é o caso, á perda da condición de residente.

Así mesmo, deberán asinar, ao inicio da súa estadía, un xustificante de recepción das normas de funcionamento interno da residencia.

2. As persoas residentes deberán deixar os cuartos libres, como prazo máximo, o 31 de xullo do ano en curso.

No caso de que a persoa residente sexa menor de idade deberá abandonar a residencia xuvenil as fins de semana e días non lectivos, agás autorización expresa dos pais, das nais ou da persoas que sexan titoras legais.

3. Os danos ocasionados polo mal uso das instalacións, material e utensilios serán de responsabilidade individual das persoas residentes autoras ou colectivamente das persoas residentes que teñan asignadas as dependencias concretas ao seu uso e terase que aboar o seu custo.

4. As persoas estudantes, colaboradoras bolseiras ou non, adxudicatarias das prazas poderán incorporarse ás residencias xuvenís de acordo co inicio do curso académico segundo estableza o plan de estudos da persoa adxudicataria e, en todo caso, dentro do prazo máximo establecido no artigo 3, salvo causa de forza maior debidamente acreditada. Na súa falta, entenderase que renuncia á praza adxudicada, perdendo os seus dereitos e procederase a cubrir a vacante conforme o disposto no artigo 16.

5. A persoa residente deberá encontrarse nun estado de saúde que permita en todo momento o normal desenvolvemento da vida residencial. No caso contrario, e por prescrición facultativa, deberá abandonar a residencia xuvenil ata a súa recuperación.

6. A asistencia médica e gastos farmacéuticos serán por conta da persoa residente, que debe traer o día da incorporación á residencia xuvenil a copia da tarxeta da Seguridade Social ou calquera outra documentación do seguro médico do cal sexa beneficiaria.

Artigo 19. Renuncia e perda do dereito

1. A renuncia dunha praza da cal fosen persoas adxudicatarias deberase facer por escrito e realizarase tendo en conta o establecido no artigo 5.1. Se é o caso, na renuncia de prazas de estudantes non bolseiras ou persoas traballadoras producirá os efectos económicos do artigo 20.3.

2. Entenderanse decaídas no seu dereito e poderán perder a súa condición de persoas adxudicatarias da praza, polos seguintes motivos:

a) Por non presentar en tempo e forma a documentación requirida para formalizar a adxudicación, segundo recolle o artigo 15.

b) Por non cumprir coas súas obrigas como persoas residentes, logo de expediente disciplinario, conforme establece o artigo 18.1.

c) Por non incorporarse á residencia no prazo, tal e como establece o artigo 18.4.

d) Pola comprobación de falsidade nos documentos ou datos achegados.

e) Pola ausencia inxustificada da residencia xuvenil durante máis de quince días naturais consecutivos.

f) Pola falta de pagamento do prezo establecido no artigo 20 para as persoas estudantes non bolseiras e para as persoas traballadoras.

g) Para as persoas estudantes colaboradoras bolseiras, polo incumprimento das súas condicións, obrigas e incompatibilidades específicas establecidas nos artigos 23, 24 e 26.

3. A perda do dereito, logo de audiencia ao interesado, será resolta por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, pola xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da provincia onde radique a residencia xuvenil, logo do informe da dirección da residencia xuvenil, e notificaráselles ás persoas adxudicatarias por escrito, segundo o establecido no artigo 41.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

No caso de perda do dereito á praza non procederá, se é o caso, a devolución da cota mensual aboada.

4. En calquera dos casos sinalados nos números precedentes, por renuncia ou por perda do dereito, a praza que resulte vacante cubrirase respectando a lista de agarda correspondente, de acordo co establecido no artigo 16.

CAPÍTULO II

Normas específicas para os procedementos BS303B (persoas estudantes
non bolseiras) e BS303D (persoas traballadoras)

Artigo 20. Condicións económicas

1. De conformidade co disposto na letra d) do anexo I da Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a cota que deberá aboar a persoa residente por mes será:

a) Habitación dobre: 324 € por persoa residente e mes.

b) Habitación cuádrupla: 250 € por persoa residente e mes.

2. Unha vez comunicada a admisión, farase entrega dunha mensualidade completa en concepto de reserva de praza, que non será reintegrable no caso de perda do dereito á praza. Esta cantidade poderase devolver finalizado o período total de estadía ou, a criterio das propias residencias xuvenís, validarse pola última mensualidade que a persoa residente permaneza na residencia xuvenil.

O pagamento do primeiro e último mes de estadía na residencia xuvenil será proporcional aos días reais de permanencia nela, segundo a data de inicio e remate do plan de estudos de cada residente estudante, ou da relación laboral de cada persoa traballadora residente.

As cotas restantes poderanse aboar por trimestre ou por mes. Os pagamentos faranse nos dez primeiros días hábiles de cada trimestre ou mes, durante a duración do correspondente curso académico, segundo estableza o plan de estudos da persoa residente e non haberá descontos por vacacións ou permisos.

O importe correspondente aboarase telematicamente mediante ingreso, con ou sen certificado dixital, a través da oficina virtual da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal.) Posteriormente deberase entregar o xustificante de pagamento na propia residencia xuvenil.

Transcorridos quince días hábiles desde a finalización do prazo previsto para o pagamento do prezo sen que a persoa residente realice o ingreso poderase acordar a perda do dereito á praza e a expulsión desta da residencia xuvenil e adxudicarase a praza a outra persoa solicitante seguindo a orde da lista de agarda, de acordo co establecido no artigo 19, números 2 e 3.

3. A renuncia á praza deberase realizar conforme o establecido no artigo 19.1. Cando a renuncia se comunique por escrito cunha antelación mínima de quince días hábiles xerará o dereito á devolución da mensualidade entregada en concepto de reserva de praza; noutro caso perderase o dereito á dita devolución.

Non procederá a devolución da mensualidade entregada en concepto de reserva de praza no caso de abandono durante a convocatoria.

En calquera caso, procederá a devolución da parte proporcional da mensualidade pagada, correspondente aos días de non permanencia na residencia xuvenil, no caso de comunicación escrita cunha antelación mínima de quince días hábiles e presentando o anexo VI.

A persoa solicitante da devolución da mensualidade debe ser a mesma que a titular da conta bancaria en que se solicita o ingreso da devolución.

4. No caso de persoas solicitantes estudantes, a renuncia á praza adxudicada antes do inicio do curso académico xerará o dereito á devolución da mensualidade entregada en concepto de reserva de praza, unicamente no caso de que aquela veña motivada polo feito de non acadar praza en ningún dos campus universitarios da localidade da residencia xuvenil ou pola adxudicación posterior dunha praza nun campus universitario distinto da localidade da residencia xuvenil. Neste caso, para o dereito á devolución, a persoa solicitante deberá presentar xunto co anexo VI a acreditación documental da matrícula nun centro de localidade distinta da residencia xuvenil.

Artigo 21. Ausencias xustificadas

1. Con carácter excepcional, as persoas residentes que se ausenten xustificadamente durante un mes natural poderán manter o seu dereito á praza aboando o 50 % do prezo mensual establecido en concepto de reserva. Se a duración da ausencia é de períodos alternos inferiores a un mes, deducirase economicamente a parte proporcional. Se a ausencia ten unha duración superior a un mes poderase manter o dereito á praza aboando cada mes o 25 % do prezo mensual en concepto de reserva.

A reserva farase durante un máximo de tres meses, agás que a persoa residente faga unha petición expresa na que xustifique as causas e que será atendida segundo as necesidades de funcionamento da residencia xuvenil.

2. Consideraranse motivos xustificados de ausencia para solicitar a reserva de praza os seguintes:

a) A obriga da persoa residente de facer as prácticas dos estudos que estea cursando en concello distinto ao da residencia xuvenil.

b) Os intercambios de inmersión lingüística ou cultural que obriguen a cursar estudos no estranxeiro.

c) A impartición dunha parte da formación académica na modalidade non presencial, debidamente acreditada polo centro educativo.

d) A suspensión ou extinción do contrato para as persoas residentes traballadoras.

e) A enfermidade grave da persoa residente ou a enfermidade grave/morte ou hospitalización dun familiar de ata 2º grao, debidamente acreditada.

CAPÍTULO III

Normas específicas para o procedemento BS303C
(persoas estudantes colaboradoras bolseiras)

Artigo 22. Dereitos específicos das persoas estudantes colaboradoras bolseiras

1. As persoas estudantes colaboradoras bolseiras, ademais dos servizos xerais para as persoas residentes establecidos no artigo 17, desfrutarán do aloxamento e mantenza gratuítos na residencia xuvenil durante o seu período ordinario de funcionamento, de setembro a xullo.

O aloxamento será de tal xeito que lle permita ás persoas estudantes colaboradoras bolseiras a normal realización dos seus estudos.

2. Desfrutarán do recoñecemento da súa condición de persoa estudante colaboradora bolseira ante o resto das persoas residentes.

3. Contarán coa asistencia dun titor ou titora que coordine e dirixa o proxecto que desenvolva como persoas estudantes colaboradoras bolseiras na residencia xuvenil.

A persoa que exerza a dirección da residencia xuvenil será a persoa que exerza a titoría da persoa estudante colaboradora bolseira, correspondendo asignarlle as tarefas, dentro do proxecto de actividades previsto e o seu seguimento.

Artigo 23. Obrigas específicas das persoas estudantes colaboradoras bolseiras

1. As persoas estudantes colaboradoras bolseiras, ademais das obrigas xerais das persoas residentes establecidas no artigo 18, terán as seguintes obrigas específicas:

a) En canto perceptoras dunha axuda en especie, as obrigas establecidas no artigo 14.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en concreto:

1º. Cumprir os obxectivos e executar o proxecto de actividades.

2º. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención.

3º. Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4º. Comunicarlle ao órgano concedente ou á entidade colaboradora a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

Esta comunicación deberase efectuar no momento no que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

5º. Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Colaborar coa dirección do centro para o desenvolvemento de protocolos de estadía das persoas mozas nas residencias xuvenís, de acordo co establecido no seu proxecto de actividades.

c) Participar no programa Correspondentes universitarios da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dentro das actividades de información xuvenil e asumindo as obrigas e dereitos derivados do referido programa.

2. Sen prexuízo do establecido no artigo 19 en relación coa perda do dereito á praza, o incumprimento dos requisitos e condicións establecidos para a concesión da axuda en especie contidas nesta orde, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou na restante normativa que sexa de aplicación, poderá dar lugar ao reintegro total ou parcial da axuda percibida. Para a efectividade da devolución, tramitarase o correspondente procedemento de reintegro segundo o previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como no artigo 3.3 e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Artigo 24. Xustificación da axuda

1. No mes seguinte ao remate da bolsa, a persoa estudante colaboradora bolseira deberá presentar, de acordo co establecido no artigo 5.1, unha memoria final indicativa dos obxectivos acadados en relación co proxecto de actividades proposto e desenvolvido na residencia xuvenil.

2. No mesmo prazo remitirase, como consecuencia das funcións de comprobación que lle corresponden ao órgano que concede, un certificado emitido pola persoa que exerza a dirección da residencia xuvenil, en que conste que a persoa estudante colaboradora bolseira permaneceu na dita residencia desde a data en que se lle concedeu a bolsa ata o remate do curso académico.

Artigo 25. Natureza da relación persoa estudante colaboradora bolseira-administración

As persoas beneficiarias adquirirán exclusivamente a condición de persoa estudante colaboradora bolseira e non substituirán ou realizarán actividades propias do persoal da residencia xuvenil ou exclusivas do persoal propio da Xunta de Galicia.

A condición de persoa estudante colaboradora bolseira en ningún caso suporá relación contractual ou de calquera outro tipo entre a dita persoa e a Xunta de Galicia.

Artigo 26. Compatibilidade

A obtención da praza de persoa estudante colaboradora bolseira é compatible con outras bolsas, axudas ou subvencións para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 27. Transparencia e bo goberno

1. Deberase dar cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición adicional primeira. Información á Base de datos nacional de subvenciones das axudas en especie

A Consellería de Política Social e Xuventude transmitirá á Base de datos nacional de subvencións a información necesaria sobre as axudas en especie de conformidade co disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Disposición adicional segunda. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de competencias da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude na persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude en función do seu respectivo ámbito territorial, para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento de obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file