Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade mediante a Orde do 2 de maio de 2023 (DOG núm. 91, do 12 de maio), esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a dita convocatoria, coa adxudicación do destino á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, efectuada por Orde desta consellería do 2 de maio de 2023.
Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do novo destino deberase realizar, a partir do día do cesamento, no prazo de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2023
Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade
ANEXO
Apelidos e nome: Casal García, Paula.
DNI: **9053***.
Grupo/subgrupo: C2.
Corpo ou escala: 2059 - corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Código de posto: EM.402.00.000.15770.001.
Denominación: secretario/a do/da director/a xeral.
Nivel: 18.
Centro directivo: Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.