Anúnciase a publicación da Resolución do 28 de xuño de 2023, da directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), pola que se aproba a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
A resolución pode consultarse no portal web corporativo do Igape, no enderezo https://www.igape.gal/gl/mais-igape/transparencia-e-goberno-aberto
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2023
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica