Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41171

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 28 de xuño de 2023 sobre a publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo de persoal laboral fixo.

Anúnciase a publicación da Resolución do 28 de xuño de 2023, da directora xeral do Igape, pola que se aproba a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo de persoal laboral fixo do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

A resolución pode consultarse no portal web corporativo do Igape, no enderezo https://www.igape.gal/gl/mais-igape/transparencia-e-goberno-aberto

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica