A Xunta acorda a publicación da composición da Comisión de Radio e Televisión a que se refire o artigo 65 da Lei orgánica do réxime electoral xeral, á cal lle corresponde, baixo a dirección desta xunta, efectuar a proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, en relación coas eleccións ao Congreso de Deputados e ao Senado que terán lugar o vindeiro día 23 de xullo.
A Comisión de Radio e Televisión constituíuse e está formada polas seguintes persoas:
– Silvia Seixas Naia, presidenta.
– Francisco Suárez Pérez, secretario.
– María del Mar Pichel Montes, vogal.
– Antón Baldomir Vilela, vogal.
E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este acordo.
A Coruña, 3 de xullo de 2023
Emilio Fernández Castro
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña