Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2023 Páx. 41751

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 29 de xuño de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR553C).

O 25 de xaneiro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 17 a Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR553C).

O artigo 30.1 desta orde establece que as indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais se financiarán cunha dotación orzamentaria total de seiscentos setenta e catro mil novecentos vinte e catro euros (674.924 €), nas seguintes aplicacións dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023:

14.04.713E.770.0 (CP 2012 00748)

673.200 €

14.04.713E.760.0 (CP 2012 00748)

1.724 €

O artigo 30.3 prevé que a Consellería do Medio Rural, excepcionalmente, terá a posibilidade de ampliar o crédito fixado na convocatoria da orde cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, e ao abeiro do artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Co obxecto de poder tramitar as solicitudes de indemnizacións presentadas que cumpren cos requisitos, e debido a que a dotación orzamentaria inicial resulta insuficiente, procede ampliar o crédito orzamentario inicial para levar a termo o procedemento de concesión das indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais, durante o ano 2023.

En virtude do exposto, de conformidade co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Artigo único. Ampliación da dotación orzamentaria

1. Amplíase a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR553C), polo importe total dun millón douscentos corenta e tres mil setecentos sesenta e seis euros con sesenta céntimos (1.243.766,60 €), para o ano 2023.

2. O crédito orzamentario increméntase como segue:

14. 04. 713E 770. 0 (CP 2012 00748)

1.239.979,22 €

14. 04. 713E 760. 0 (CP 2012 00748)

3.787,38 €

3. O importe total nas aplicacións orzamentarias, unha vez efectuado este incremento, é o seguinte:

14.04. 713E 770. 0 (CP 2012 00748)

1.913.179,22 €

14. 04. 713E 760. 0 (CP 2012 00748)

5.511,38 €

A dotación orzamentaria total da orde queda cun importe de 1.918.690,60 euros para a anualidade 2023.

4. En todo caso, a concesión das indemnizacións reguladas na citada orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

5. A ampliación da dotación orzamentaria non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 30 de decembro de 2022.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural