Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Pontevedra, 16 de xuño de 2023
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIF/CIF |
Resolución notificada |
|
PR204A 2022/4955-4 |
44078654M |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/1576-4 |
35470954D |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/1620-4 |
35569107K |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/2251-4 |
76817668Z |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/3050-4 |
77414618E |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/3763-4 |
35471652V |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/3774-4 |
76933105Z |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/3807-4 |
77410126S |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/3876-4 |
44085216N |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/3906-4 |
77407727P |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/4274-4 |
35576392S |
Denegatoria |


