Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS e CS Monte das Lombas.
Situación: Catoira.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1 en dúas actuacións. A primeira é de 22 metros, con orixe no apoio existente HV-1000-13, con matrícula 9WKFREV4 da LMT VAR808B Catoira 8, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de seccionamento (CS) proxectado Monte das Lombas. A segunda actuación é de 94 metros, con orixe no centro de seccionamento proxectado Monte das Lombas e final no apoio existente HV-1000-13, con matrícula 9WK62N6G, mediante un paso aéreo subterráneo.
Centro de seccionamento prefabricado, telecontrolado, con celas compactas e corte en SF6, tres celas de liña e unha de servizos auxiliares, situado na parcela con referencia catastral 36010A010201110000DZ, no lugar Monte das Lombas.
A instalación está situada en Monte das Lombas, parroquia de Santa Baia de Oeste, no municipio de Catoira (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 14 de xuño de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2023/243-4.
Denominación: LMTS e CS Monte das Lombas.
Concello: Catoira.
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
CS (m2) |
Afeccións |
|
|
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
|
1 |
Monte das Lombas |
Rústico |
36010A010201110000DZ |
Descoñecido/a |
15,50 |
26,00 |
79,00 |


