Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2023 Páx. 41913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello de Xunqueira de Espadanedo (expediente IN407A 2022/81-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar... », mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación da LMTA REG804 no treito entre os apoios núm. 99 e 105, no concello de Xunqueira de Espadanedo, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 23 de xuño de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/81-3.

Instalación: regulamentación da LMTA REG804 no treito entre os apoios núm. 99 e 105.

Concello: Xunqueira de Espadanedo.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

Pena da Malla

32038A036000440000KE

CMVMC Barrio, Xunqueira de Espadanedo e Obellariza

Enderezo descoñecido

21.6.2023