Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar... », mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA DC SMI803-SAG703 - apoio núm. D81, no concello de Viana do Bolo, correspondentes ao predio e titularidad que se sinalan no cadro anexo.
Ourense, 23 de xuño de 2023
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2022/90-3.
Instalación: regulamentación LMTA DC SMI803-SAG703 - apoio núm. D81.
Concello: Viana do Bolo.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Incidencia |
Data de ocupación |
|
1 |
Pedriña |
32087A018009610000HR |
Herdeiros de Isabel Santín Jares |
Enderezo descoñecido |
21.6.2023 |


