Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2023 Páx. 41930

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de varios procesos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2020, 2021, 2022 e 2023 (CL2023M).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 111, do 9 de xuño de 2023, publicáronse as bases da convocatoria de varios procesos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2020, 2021, 2022 e 2023 (CL2023M).

O número de prazas e a súa denominación e características relaciónanse a seguir:

– Catro prazas de técnica/o media/o da Administración xeral, encadradas na escala da Administración xeral, subescala de xestión e integradas no grupo A2.

– Unha praza de técnica/o media/o da Administración xeral, encadrada na escala da Administración xeral, subescala de xestión e integrada no grupo A2, reservada a persoas con discapacidade.

– Tres prazas de administrativa/o, rama tributaria, encadradas na escala de Administración especial, subescala administrativa e integradas no grupo C1.

– Unha praza de enxeñeira/o de camiños, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior e integrada no grupo A1.

– Unha praza de psicóloga/o, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior e integrada no grupo A1.

– Unha praza de diplomada/o en Enfermaría, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior e integrada no grupo A2.

– Unha praza de técnica/o auxiliar de proxectos, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1.

– Unha praza de informático/a programador/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1.

– Unha praza de técnica/o auxiliar en medio ambiente, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1.

– Tres prazas de auxiliar de laboratorio, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integradas no grupo C2.

– Dúas prazas de oficial/a de servizos xerais e subalternos, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integradas no grupo C2.

– Unha praza de oficial/a condutor/a maquinista, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2.

– Unha praza de oficial/a telefonista, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2.

– Unha praza de auxiliar de atención ao público, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais e integrada no grupo C2.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Pontevedra, 15 de xuño de 2023

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL