Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2023 Páx. 41929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO das bases específicas e a convocatoria do procedemento selectivo para a provisión, mediante concurso, de dous postos de traballo de inspectores de policía local por mobilidade.

No taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourense atópanse expostas as bases da convocatoria para a cobertura de dous postos de inspector de policía local por mobilidade na modalidade de concurso para o corpo da Policía Local do Concello de Ourense e deúselle publicidade no Boletín Oficial da provincia de Ourense, número 77, do 3 de abril de 2023.

O prazo de presentación de instancias será, de conformidade coa base terceira, de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faránse públicos no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourense.

Ourense, 1 de xuño de 2023

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde en funcións