Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2023 Páx. 42258

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

É de aplicación o disposto no Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022

En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos na inscrición das solicitudes de participación neste proceso selectivo.

De conformidade co establecido no Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia (en diante, LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir dezaseis (16) prazas, do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2022, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2022, aprobada polo Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro): dezaseis (16) prazas de acceso libre, das que unha (1) se reserva para a quenda de discapacidade.

Resérvanse catro (4) prazas para ser cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O sistema selectivo será o de oposición.

I.1.1. De conformidade Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro), do total de prazas convocadas reservarase unha (1) para ser cuberta por persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33  %.

Se algunha persoa aspirante con discapacidade que se presenta pola cota de reserva de persoas con discapacidade supera os exercicios, pero non obtén praza, e a súa puntuación é superior á obtida por outras persoas aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluída pola súa orde de puntuación neste sistema.

De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, durante os procesos selectivos darase un tratamento diferenciado ás persoas aspirantes pola cota de discapacidade, no que se refire ás relacións de persoas admitidas e excluídas, aos chamamentos aos exercicios e á relación de persoas aprobadas. Non obstante, ao finalizar cada exercicio e o proceso, elaborarase unha relación única en que se incluirán todas as persoas aspirantes que o superasen, ordenadas pola puntuación total obtida, con independencia do tipo de praza pola que participasen.

I.1.2 As persoas que, cumprindo os requisitos establecidos na base I.1.1, opten ás prazas reservadas para persoas con discapacidade deberán indicalo expresamente na solicitude. De non indicalo, entenderase que non optan por esta reserva.

As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas.

I.1.3 De ser o caso, as aclaracións ou as correccións deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas.

I.1.4. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (en diante, TREBEP), a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, a Lei 2/2015 do 29 de abril, de emprego público de Galicia, o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2 Requisitos das persoas aspirantes.

I.2.1 Promoción interna.

Para seren admitidas aos procesos selectivos as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes de participación e manter ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira os seguintes requisitos:

I.2.1.1 Idade: non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama na data de finalización do prazo da presentación das solicitudes de participación.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación a quen obtivese o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.1.3. Pertencer como persoal funcionario de carreira ao corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

Poderá tamén participar o persoal laboral fixo do grupo I que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, ocupe posto reservado a persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información (subgrupo A1) na relación de postos de traballo correspondente, de conformidade coa disposición transitoria segunda do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Queda expresamente excluído o persoal laboral indefinido non fixo.

I.2.1.4. Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario no corpo de xestión, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática ou como persoal laboral fixo do grupo I que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, ocupe posto reservado a persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información (subgrupo A1) na relación de postos de traballo correspondente, de conformidade co establecido na disposición transitoria segunda do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Non se computarán en ningún caso os servizos prestados coa condición de persoal laboral indefinido non fixo.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais (artigo 168 da LEPG), na situación de excedencia por coidado de familiares (artigo 176 da LEPG), na situación de excedencia por razón de violencia de xénero (artigo 177 da LEPG) e na situación de excedencia por razón de violencia terrorista (artigo 177.bis da LEPG).

I.2.1.5. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separado/a nin despedido/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

I.2.1.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala obxecto desta convocatoria.

I.2.2. Acceso libre

Para seren admitidas aos procesos selectivos as persoas aspirantes deberán posuír, no día de finalización de presentación de solicitudes de participación e manter ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira, os seguintes requisitos:

I.2.2.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2.2. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama calquera rama na data de finalización do prazo da presentación das solicitudes de participación.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.2.6. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala obxecto desta convocatoria.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos». Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán rexistrar os seus datos de identidade e contacto que se empregarán para as súas solicitudes.

Unha vez completados os datos da persoa solicitante poderase iniciar o proceso de inscrición.

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, na epígrafe de «Idioma do exame», se o texto do exercicio deberá de se entregar en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción, e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar a opción.

As persoas aspirantes deberán declarar as circunstancias particulares en que se atopen relativas ao pagamento de taxas.

As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

Se a solicitude derivase dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes desde que se producise o feito causante e, en calquera caso, nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio en que proceda a súa aplicación.

As persoas aspirantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán acreditar e presentar antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia auténtica do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

I.3.2. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

I.3.3. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) No suposto de non ter a nacionalidade española, documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, regulador do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados.

b) Xustificante da condición de persoa con discapacidade no caso de estar expedido por outra Comunidade Autónoma.

c) Xustificante da condición de familia numerosa no caso de estar expedida por outra Comunidade Autónoma.

d) Copia do titulo do Celga 4 ou o titulo equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo) modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

e) Os datos relativos á exacción de taxa consultaranse automaticamente a non ser que as persoas interesadas se opoñan á consulta da documentación; para iso deberán indicalo no cadro correspondente e achegar a seguinte documentación:

Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade.

Vítimas de terrorismo: resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.

Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

Demandantes de emprego:

1º. Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde polo menos seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

2º. Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego.

Para a remisión electrónica, empregará as epígrafes habilitadas para o efecto. Se non dispón de copias auténticas deberá xerar o anexo de documentación e achegar coa súa solicitude, orixinal ou copia debidamente compulsada, dos documentos xustificativos segundo os supostos en que se atopen.

De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste artigo, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia de actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, ou cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

I.3.4. Para o pagamento da taxa deberá actuar do seguinte xeito:

Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Pagamento electrónico-Con certificado dixital: poderán realizar o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. Unha vez feito o pagamento presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente e continuar a inscrición. Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (número de rexistro completo) correspondente. Unha vez completados os datos validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC».

A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Do mesmo xeito, a Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes que tivesen acadado un posto na mesma categoría, corpo, grupo ou escala en virtude do proceso selectivo que se atope en execución e que na data da publicación da presente convocatoria non estivese rematado e así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Para iso será necesaria a presentación dun escrito solicitando a devolución e no cal conste o número de conta (24 díxitos), a entidade financeira e a súa localidade ou ben presenten un certificado expedido pola entidade financeira en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser dirixida ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública. A presentación deste escrito sen os datos indicados ou fóra de prazo supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.

I.3.5. Finalizado correctamente o proceso de pagamento poderase presentar a solicitude.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento, accedendo ao sistema en Inscricións en procesos selectivos onde disporá dunha listaxe de todas as solicitudes.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes disporán de axudas e formas de contacto específicas en cada pantalla.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listas provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, das causas das exclusións que procedan. Estas listas publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

I.4.2. As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. As alegacións contra as listas provisionais de admitidos e excluídos deberán presentarse a través da aplicación Fides (http://fides.xunta.gal).

As persoas aspirantes afectadas poderán acceder á solicitude correspondente e completar os documentos solicitados.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

II.1. Fase de oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I a esta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, sendo a data límite a de publicación no DOG das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo I e que fosen derrogadas parcial ou totalmente, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, sendo a data límite a de publicación no DOG das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.

II.1.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

II.1.1 Promocion interna

II.1.1.1. Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento corenta (140) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, que corresponderán á parte especifica do programa, máis catro (4) preguntas de reserva.

Cada pregunta conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta.

As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio

O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción ao número e contido dos temas que integran o programa. Na elaboración das preguntas do presente exercicio respectarase a orde establecida nos parágrafos anteriores.

O exercicio terá unha duración máxima de douscentos corenta (240) minutos.

As preguntas non contestadas non penalizan.

Na promoción interna, superarán o exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Subsidiariamente, de darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % en cada unha das partes das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Para os efectos do previsto nos dous parágrafos anteriores, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas pola quenda de acceso libre, terase en conta que as prazas non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre.

En calquera caso, lémbrase que soamente superarán o proceso selectivo aquelas persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de prazas convocadas, sempre que cumpran as condicións previstas nos parágrafos anteriores.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

O exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

II.1.1.2. Segundo exercicio, constará de dúas probas:

– Primeira: consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test sobre un texto técnico en inglés, con catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta, máis tres (3) preguntas de reserva.

Estarán exentas de realizar a primeira proba deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten que, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo, posuían un nivel de coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B2, ou superior, dentro do Marco común europeo de referencia. As titulacións equivalentes figuran como anexo IV a esta convocatoria.

A duración máxima da proba será de cincuenta (50) minutos.

Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar o resultado de apto na proba.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter

o resultado de apto.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles

II.1.1.3. Terceiro exercicio: consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado coas materias que figuran na parte específica do programa, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de cento (120) minutos.

Este exercicio será posteriormente lido ante o tribunal en sesión pública, e este poderá realizar cantas preguntas considere necesarias durante un período máximo de vinte minutos.

Esta proba cualificarase de 0 a 40 puntos e para superala será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

O tribunal cualificará esta proba valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.2. Acceso libre.

II.1.2.1. Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento oitenta (180) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, das cales corenta (40) corresponderán á parte común do programa e cento corenta (140) á parte específica, máis seis (6) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderán á parte común do programa e catro (4) á parte específica.

Cada pregunta conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta.

As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio

O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción ao número e contido dos temas que integran o programa. Na elaboración das preguntas do presente exercicio respectarase a orde establecida nos parágrafos anteriores.

O exercicio terá unha duración máxima de douscentos corenta (240) minutos.

As preguntas non contestadas non penalizan.

No acceso libre, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas nesta quenda, sempre que acaden o mínimo do 50 %, en cada unha das dúas partes, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Subsidiariamente, de darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme o previsto no parágrafo anterior, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Para os efectos do previsto nos dous parágrafos anteriores, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas pola quenda de acceso libre, terase en conta que as prazas non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre.

En calquera caso, lémbrase que soamente superarán o proceso selectivo aquelas persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de prazas convocadas, sempre que cumpran as condicións previstas nos parágrafos anteriores.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

O exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

II.1.2.2. Segundo exercicio, constará de dúas probas:

– Primeira: consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test sobre un texto técnico en inglés, con catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta, máis tres (3) preguntas de reserva.

Estarán exentas de realizar a primeira proba deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten que, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo, posuían un nivel de coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B2, ou superior, dentro do Marco común europeo de referencia. As titulacións equivalentes figuran como anexo IV a esta convocatoria.

A duración máxima da proba será de cincuenta (50) minutos.

Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar o resultado de apto na proba.

– Segunda: que constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de corenta (40) minutos.

Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo ao nivel de Celga requirido no proceso selectivo. Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten que posuían o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Xunto coa resolución anterior, a Dirección Xeral da Función Pública publicará, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe de persoas aspirantes en que figurarán aquelas que, por ter acreditado a posesión do Celga requirido, en calquera procedemento cuxa competencia corresponda a esta dirección xeral, non teñen que presentar a documentación xustificativa da exención.

A exención da proba de inglés e de coñecemento da lingua galega deberá acreditarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto en cada unha das probas.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles

II.1.2.3. Terceiro exercicio: consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado coas materias que figuran na parte específica do programa, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de cento (120) minutos.

Este exercicio será posteriormente lido ante o tribunal en sesión pública e poderá este realizar cantas preguntas considere necesarias durante un período máximo de vinte minutos.

Esta proba cualificarase de 0 a 40 puntos e para superala será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

O tribunal cualificará esta proba valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.

II.1.2.1. A orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabética e iniciarase por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra T, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 28 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 24, do 4 de febreiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 13 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 13, do 20 de xaneiro).

II.1.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

II.1.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como colaboradoras.

II.1.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.1.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.1.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

II.1.2.7. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das súas preguntas ou modificase o modelo de corrección de respostas publicarao no DOG. As alegacións contra as preguntas deberan presentarse a través do aplicativo fides da aplicación Fides (http://fides.xunta.gal)

II.1.2.8. As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

II.1.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano convocante, que publicará a resolución que corresponda.

II.1.2.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.

No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.

II.1.2.11. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

III. Tribunal.

III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por resolución da consellería competente en materia de función pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, no artigo 60 do TRLEBEP e no artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no artigo 59.2 da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas por Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 11 de abril de 2007, e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

A Presidencia deberá solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non estaren incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar os integrantes do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro consonte o establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen as novas persoas integrantes do tribunal que substituirán as que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso das persoas que ocupen a Presidencia e a Secretaría, ou de quen as substitúa.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da persoa que ocupe a Secretaría e o visto e prace da persoa que ocupe a Presidencia, ou quen as substitúa.

III.8. A Presidencia do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes ás que corresponden os resultados obtidos.

III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que as restantes participantes. Para tal fin, estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se durante a realización do proceso selectivo, o tribunal tivese dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala a que opta poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. O tribunal non poderá propoñer o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito, tendo en conta o previsto na base II.1.2.11.

III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

III.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse electronicamente á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario de carreira.

IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Puntuación obtida nos exercicios da oposición pola súa orde de realización.

– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.

– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos seguintes documentos:

a) Copia auténtica do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

b) Un certificado ou un informe médico sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Os certificados ou informes non poderán ter unha data de emisión anterior aos tres (3) meses da súa presentación.

c) As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e, de ser o caso, da Administración correspondente.

A consellería competente en materia de función pública solicitará ao órgano competente a documentación que acredite que as persoas aspirantes que accedan por esta cota de reserva reúnen os requisitos de compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

Poderán autorizar á Administración a dita consulta mediante solicitude expresa remitida xunto co resto da documentación.

IV.3. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.4. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante unha resolución da consellería competente en materia de función pública que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.

IV.5. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.

IV.6. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.

V. Disposición derradeira.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Programa do proceso selectivo para o acceso ao corpo superior
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,
escala de sistemas e tecnoloxía da información

– Parte común:

1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I artigos 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V e título VIII.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: título I, título II e título III.

3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV, capítulo I e capítulo IV e o título V.

4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia

5. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar capítulos III e IV.

6. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar, título I.

7. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI capítulos III e IV e título VIII.

8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.

9. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar e título I e o título I da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

10. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e título I.

11. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.

12. Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia.

13. Lei 9/2017, de contratos do sector público, libros I e II.

– Parte específica:

Organización e xestión dos sistemas de información. Dirección das TIC. Aspectos legais.

1. A información nas organizacións. As organizacións baseadas na información. A Administración como caso específico deste tipo de organización.

2. Gobernanza das TIC. Planificación, dirección e control das TIC. CoBIT («Control Objectives for Information and Related Technology»), obxectivos de control e métricas. Propostas de proxectos (casos de negocio ou «business case»), análise de custos/beneficios, análise de riscos, factores críticos de éxito. ValIT. Análise de negocio (BABOK).

3. Estratexia, obxectivos e funcións do directivo de sistemas e tecnoloxías da información na Administración. Ferramentas de planificación e control de xestión da función do directivo. Cadros de mando integral («balanced scorecards»), mapas estratéxicos, xestión de coñecementos e innovación.

4. Organización e funcionamento dun centro de sistemas de información. Funcións de desenvolvemento, mantemento, sistemas, bases de datos, comunicacións, calidade, microinformática e atención a usuarios.

5. Dirección e xestión de proxectos de tecnoloxías da información. Planificación estratéxica, xestión de recursos, seguimento de proxectos, toma de decisións. Xestión da subcontratación na administración pública.

6. Análise de custos e eficiencia dos procesos TIC. A rendibilidade dos investimentos nos proxectos de tecnoloxías da información.

7. Metodoloxías preditivas vs metodoloxías áxiles para a xestión de proxectos: GANTT, PERT.

8. Dirección e xestión de proxectos. PMBOOK (Project Management Body of Knowledge): procesos e áreas de coñecemento. Metodoloxías áxiles para a xestión de proxectos. Metodoloxías lean. SAFE (Scaled Agile Framework®).

9. Cultura DevOps: implicacións técnicas, organizativas e humanas.

10. A xestión da compra pública de tecnoloxías da información. Adquisición de sistemas: estudo de alternativas, avaliación da viabilidade e toma de decisión. Alternativas básicas de decisión no campo do equipamento hardware e software.

11. A calidade nos servizos de información. O modelo EFQM e a Guía para os servizos ISO 9004.

12. Bases conceptuais de ITIL 4 (IT Infrastructure Library). Prácticas e procesos. ISO 20.000. Obxectivos da norma. Mapa e descrición dos procesos

13. Auditoría informática. Concepto e contidos. Administración, planificación, organización, infraestrutura técnica e prácticas operativas.

14. Xestión de fondos europeos. Programa operativo Feder Galicia. Criterios de selección de operacións.

15. Lei de medidas de impulso da sociedade da información. Factura electrónica. Lei 6/2020, do 11 de novembro, reguladora de determinados servicios electrónicos de confianza. Regulamento UE relativo á identificación electrónica e os servizos de confianza para as transaccións electrónicas no mercado interior. Lei de servizos da sociedade da información e comercio electrónico. Accesibilidade. Decreto polo que se regula o sistema de facturación electrónica da Xunta de Galicia.

16. Normativa no ámbito da propiedade intelectual. A protección xurídica dos programas de ordenador. Tipos de licenzas. Software de fontes abertas (FLOSS). Ferramentas para a reutilización e liberación de software na Administración pública.

17. Lei xeral de telecomunicacións. Regulación do mercado das telecomunicacións.

18. Lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia e normativa de desenvolvemento. Decreto polo que se regula a incorporación das infraestruturas de telecomunicacións nos edificios da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia e a súa integración na rede corporativa da Xunta de Galicia.

19. Administración electrónica e sociedade da información. Implantación da Administración electrónica. Sede electrónica e servizos de sede. Rexistro electrónico. Expediente electrónico. Arquivo electrónico de documentos. Dixitalización, compulsa electrónica. Factura e licitación electrónicas.

20. Interoperabilidade. Coordinación interadministrativa e interoperabilidade no marco da Administración electrónica. Iniciativas de desenvolvemento da Administración electrónica: @firma, DNI electrónico. Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica. Instrucións técnicas de desenvolvemento do ENI.

21. Servizos horizontais de Administración electrónica. Identificación e autenticación do persoal funcionario, da cidadanía e das administracións públicas. Acreditación e representación da cidadanía. Sinatura electrónica, intercambio de certificados, selaxe de tempo (time-stamping). Pagamento electrónico e notificacións telemáticas.

22. Desenvolvemento da sociedade da información: Estratexia dixital de Galicia 2030. Eixes estratéxicos. Iniciativas do Goberno galego en materia TIC.

Arquitectura tecnolóxica.

23. Sistemas de información multiusuario. Sistemas grandes, medios e pequenos. Equipos de usuario, servidores para a execución de aplicacións, servidores para o almacenamento de datos.

24. Arquitecturas de altas prestacións. Arquitecturas centralizadas e distribuídas. Grid Computing. Mainframe.

25. Arquitectura das redes intranet, extranet e internet: concepto, estrutura e características. A súa implantación nas organizacións.

26. Arquitecturas orientadas a servizos (SOA). Api Gateway. Bus ESB (Enterprise Service Bus). Ciclo de vida dos microservizos en contornas de contedores. Seguridade nas comunicacións. Construción e despregue. Monitorización e trazabilidade. Escenarios de uso empresarial.

27. Arquitecturas orientadas a mensaxes. Modelos síncronos e asíncronos. Xestión de colas. Seguridade das solucións. Escenarios de uso empresarial.

28. Arquitecturas baseadas na nube (Cloud Computing). IaaS, PaaS, SaaS. Escenarios de uso empresarial.

29. Arquitecturas para dispositivos móbiles. Xestión dos dispositivos (MDM). Tipos de dispositivos. Consumo de servizos de backend desde os dispositivos.

30 Arquitecturas BlockChain. Smart contracts. Rede de nodos. Estrutura do bloque. BlockChain pública, privada ou híbrida. Escenarios de uso.

31. Arquitecturas de Business Intelligence (BI). Capa de Difusión. Capa de análise. Capa de ETL (extracción, transformación e carga). Capa de datos (datawarehouse). Data Marts. Análise multidimensional e arquitecturas OLAP. ROLAP/MOLAP/HOLAP. Minaría de datos. Xeración de informes á dirección.

32. Arquitecturas Big Data. Captura, análise, transformación, almacenamento e explotación de conxuntos masivos de datos. Contornas Hadoop ou similares. Estruturas de datos NoSQL.

33. Arquitecturas GIS (sistemas de información xeográfica). Servidores xeoespaciais. Tipos de servicios GIS. Escenarios de uso empresarial.

34. Arquitecturas BPM (Business Process Management). Automatización de procesos empresariales. CEP (Complex Event Processor): tecnoloxías para o procesamento de eventos complexos. Escenarios de uso en sistemas de tramitación electrónica. Sistemas de xestión documental. Xestión do coñecemento.

35. Arquitecturas E-Learning: conceptos, ferramentas, sistemas de implantación e normalización. Solucións on-premise e solucións na nube.

36. Arquitecturas de intelixencia artificial: a orientación heurística, intelixencia artificial distribuida, axentes intelixentes.

37. Monitorización da arquitectura. Monitorización de negocio e monitorización para a administración dos sistemas e das aplicacións. Trazabilidade nas arquitecturas distribuídas. Ferramentas de monitorización.

Tecnoloxía básica.

38. Conceptos e fundamentos de sistemas operativos. Evolución e tendencias.

39. Sistemas de xestión de bases de datos. Bases de datos SQL e NoSQL. Linguaxes SQL para a manipulación, a definición e o control de acceso aos datos (DML, DDL e DCL). Linguaxes NoSQL (CQL, GQL, BSON, etc).

40. Modelo entidade-relación. Modelo relacional. Normalización.

41. Sistemas de xestión de contidos e xestión documental. Tecnoloxías CMS e DMS de alta implantación. Accesibilidade e usabilidade. Deseño universal. Deseño adaptativo. W3C. Datos abertos (OpenData).

42. Frameworks para o desenvolvemento de aplicacións. Frameworks e tecnoloxías Java, NET, Javascript e Php. Características e escenarios de uso. Tipoloxía de clientes. Solucións de escalado e illamento. Contornas de execución.

43. Desenvolvemento de servizos web e microservizos. Tecnoloxías para o desenvolvemento de microservizos. REST vs SOAP. Especificacións WS-*. Escalado e illamento. Características de QoS (Quality Assurance) nas integracións entre clientes e servizos.

44. Desenvolvemento para dispositivos móbiles. Tecnoloxías para o desenvolvemento. Integracións cos backends. Seguridade nos dispositivos e no backend (Oauth, JWT, OpenId Connect). Publicación e descarga das aplicacións móbiles. Tipos de dispositivos.

Enxeñaría do software.

45. Enxeñaría do software. Proceso software, modelos de proceso software. Ciclos de vida. Modelos de ciclo de vida. Fases do ciclo de vida. Modelos de desenvolvemento. Estratexias LowCode no desenvolvemento.

46. Enxeñaría de requisitos: especificación, verificación, validación, xestión do cambio.

47. Metodoloxías áxiles (Scrum) estimacións, entrega continua (sprints), retrospectivas e mellora continua, xestión de riscos, xestións de usuario épicas, entrega de valor. Roles de scrum master e product owner. características da metodoloxía kanban.

48. Análise orientada a obxectos. Linguaxe unificada de modelaxe (UML).

49. Técnicas de programación. Programación estruturada. Programación orientada a obxectos. Enxeñaría inversa e reenxeñaría.

50. Técnicas de deseño do software. Deseño por capas, patróns de deseño e antipatróns. Uso de arquetipos no desenvolvemento. Exposición de servizos mediante APIs (Api-First).

51. Métodos de proba do software. Fundamentos. Caixa negra e caixa branca. Estratexias e tipos de proba do software. Ferramentas para a xestión e automatización das probas.

52. Modelos de calidade. Enxeñaría de procesos de software: CMMI, ISO 15504, ISO 9000-3. Modelos áxiles.

53. DevOps. Arquitecturas de integración continua. Maven e Gradle. Ciclos de integración continua (compilación, construción, execución de probas, análise do código, despregue). Ferramentas e as súas aplicacións.

54. DevOps. Infraestrutura como código. Arquitecturas de automatización. Modelo de traballo e ferramentas: Ansible, Puppet, Vagrant.

55. Xestión de cambios e evolución das aplicacións no marco de procesos de axuste dimensional e por obsolescencia técnica. Xestión da configuración e versións. Xestión de contornas. Xestión da débeda técnica durante a evolución das aplicacións.

Seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais.

56. Lexislación sobre protección de datos persoais. Normativa europea e española. Regulamento UE 2016/679. Lei orgánica 3/2018. Directiva UE 2016/680. Lei orgánica 7/2021. Normativa de desenvolvemento. Guías e ferramentas do Comité Europeo de Protección de datos e da Axencia Española de Protección de Datos.

57. Directiva UE 2016/1148 relativa ás medidas destinadas a garantir un elevado nivel común de seguridade das redes e sistemas de información na Unión e normativa de desenvolvemento. Real decreto lei 12/2018 e normativa de desenvolvemento. Regulamento UE 2021/887 polo que se establecen o Centro Europeo de Competencia Industrial, Tecnolóxica e de Investigación en Ciberseguridade e a Rede de Centros Nacionais de Coordinación. Regulamento UE 2019/881 relativo a ENISA (Axencia da Unión Europea para a Ciberseguridade) e á certificación da ciberseguridade das tecnoloxías da información e a comunicación. Regulamento europeo sobre o respecto da vida privada e a protección dos datos persoais no sector das comunicacións electrónicas. Normativa de desenvolvemento.

58. Real decreto 311/2022, de 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade. Instrucións técnicas de desenvolvemento do ENS. Adecuación ao ENS. Guías e ferramentas do Centro Criptolóxico Nacional.

59. Decreto 230/2008, do 18 de setembro, polo que se establecen as normas de boas prácticas na utilización dos sistemas de información da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Decreto 73/2014, do 12 de xuño, polo que se crean e regulan os órganos colexiados con competencias en materia de seguridade da información e goberno electrónico da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (modificado polo Decreto 169/2016, de 24 de novembro). Resolución da Amtega do 4 de maio de 2018 pola que se dá publicidade á política de seguridade da información da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

60. Lei 8/2011, do 28 de abril, pola que se establecen medidas para a protección das infraestruturas críticas. Normativa de desenvolvemento.

61. Estratexias europeas e española de ciberseguridade. Estratexia galega de ciberseguridade.

62. Ciberseguridade: autenticación, integridade, confidencialidade, dispoñibilidade, rastrexabilidade. Análise e xestión de riscos. Organización e goberno da seguridade. Sistemas de xestión da seguridade da información: normas da serie ISO 27.000. Centros de operacións de ciberseguridade (CERT/CSIRT). Cadro de mando de seguridade.

63. A xestión da continuidade do negocio. Plans de recuperación ante desastres e continuidade de negocio.

64. Xestión de incidentes de seguridade. Análise de malware. Análise forense de incidentes de seguridade. Análise e xestión de vulnerabilidades. Auditorías técnicas de seguridade. Probas de intrusión.

65. Ameazas á ciberseguridade. Tipoloxía de ataques. Virus e outro software malicioso avanzado. Ameazas persistentes avanzadas (APT).

66. Certificados dixitais. Tarxetas criptográficas. Sinatura dixital. Técnicas de cifraxe. Infraestrutura de clave pública (PKI).

67. Ciberseguridade nas redes de comunicacións. Seguridade en contornos de rede privados. Servizos de directorio. Xestión de identidades. Single sign-on. Acceso remoto. VPN. Ciberseguridade nos diferentes elementos de infraestrutura nun centro de proceso de datos (servidores, almacenamento, seguridade física, etc.). Ciberseguridade no posto cliente, fixo e móbil.

68. Ciberseguridade en contornas industriais. Ciberseguridade en IoT. Novas tendencias de ciberseguridade. Protección dos servizos na nube. Arquitecturas de ciberseguridade na nube. Intelixencia artificial na ciberseguridade.

69. Plataformas de protección: cortalumes de nova xeración, cortalumes de aplicacións web, protección ante ataques DDOS, IDSs/IPSs, antivirus, EDR/XDR, filtrado de navegación, DLP, sandboxing, antispam, xestión de identidades e xestión de accesos privilexiados, etc.. Sistemas de xestión de eventos e información de seguridade (SIEM).

70. Vixilancia dixital. Ciberintelixencia. Intelixencia de ameazas.

71. Seguridade no ciclo de vida de desenvolvemento dos sistemas de información: seguridade por deseño e por defecto nas diferentes capas da arquitectura. A seguridade no nivel de aplicación. Tipos de ataques e protección de servizos web, bases de datos e interfaces de usuario. Seguridade nos diferentes elementos da arquitectura de sistemas (virtualización, contedores, etc.)

Telecomunicacións.

72. Modelo OSI. Redes LAN, MAN e WAN. Estrutura de redes: troncal, distribución acceso. Redes públicas de transmisión de datos. Protocolos de rede. Redes definidas por software

73. Tecnoloxías de acceso: Fibra (GPON, FTTH), móbiles (LTE), sen fíos.

74. Tecnoloxías de transporte: JDSxWDM, MPLS. Redes de agregación: ATM, Carrier Ethernet-VPLS (H-VPLS). Redes de nova xeración (NGN).

75. Tecnoloxías sen fíos: Bluetooth, WiBree, Wireless USB, Wi-Fi. RFID. Tecnoloxías móbiles.

76. Protocolo TCP/IP: direccionamento e sistemas de nomes de dominio. Protocolos IP, ICMP, TCP, UDP. Encamiñamento. Aplicacións básicas: Telnet, FTP (TFTP) e SMTP. Transición e convivencia IPv4 – IPv6. Funcionalidades específicas de IPv6.

77. Redes de área local. Topoloxías. Redes Ethernet. Redes conmutadas e redes virtuais. Xestión de redes. Sistemas de cablaxe. Electrónica de rede: repetidores, concentradores, pontes, conmutadores, encamiñadores, pasarelas. Monitorización e control do tráfico.

78. As redes públicas de transmisión de datos. A red SARA. A rede sTESTA. Planificación e xestión de redes.

79. Arquitecturas para a reprodución de vídeo. Streaming e VOD (video on demand). Solucións na nube. Escenarios de aplicación no ámbito empresarial e de teleformación. Sistemas de videoconferencia. Dimensionamento e calidade do servizo nas comunicacións e acondicionamento de salas e equipos.

Infraestrutura de sistemas.

80. Concepto, evolución e tendencias dos sistemas operativos. Sistema operativo Unix-Linux. Sistema operativo Windows.

81. Servidores de mensaxaría. Sistemas de correo.

82. Servidores de aplicacións e servidores web. Contedores de aplicacións. Estratexias de monitorización das aplicacións.

83. Deseño de centro de procesos de datos. Instalacións (electricidade, control de acceso, control de presenza, sistema antiincendios, climatización, sistemas de alimentación ininterrompida).

84. Virtualización de servidores. Virtualización do almacenamento. Virtualización do posto cliente. Computación baseada en servidor (SBC). Grid computing. Cloud computing (IaaS, PaaS, SaaS). Green IT e eficiencia enerxética.

85. Contornas de contedores. Arquitectura de escalado e illamento. Características e usos en contornas empresariais. Tendencias (Docker, Kubernetes, OKD, CRI-O, etc).

86. Cloud privada. Cloud híbrida. Aprovisionamento, orquestación e automatización. Xestión de custes. Escenarios de uso no nivel empresarial. Tendencias do mercado.

87. Infraestrutura hiperconverxente. Xestión e virtualización do almacenamento. Xestión e virtualización da rede. Características e tendencias do mercado.

88. Redes SAN e elementos dun SAN. Redes de almacenamento: topoloxías, protocolos, elementos de conexión. Sistemas de almacenamento: arquitecturas e compoñentes. Servidores: HBA e Software MultiPath.

89. Sistemas de backup: hardware e software de backup. Estratexias de backup a disco. Dispoñibilidade da información RPO, RTO. Replicación local e remota, estratexias de recuperación. Xestión do ciclo de vida da información (ILM).

90. Redundancia hardware. Alta dispoñibilidade no nivel de sistema operativo. Sistemas de clúster e balanceo de carga. Alta dispoñibilidade en servidores de aplicacións e servidores de bases de datos. Alta dispoñibilidade no nivel de aplicación. Dispoñibilidade en contornos virtualizados. Centros de protección xeográficos. Plans de continxencia. Estratexias e ferramentas de monitorización de sistemas.

ANEXO II

• Certificado de nivel avanzado de inglés das escolas oficiais de idiomas.

• Certificado de aptitude (ciclo superior) en inglés das escolas oficiais de idiomas.

• Mestre: especialidade lingua estranxeira (Inglés).

• Grao en Mestre de Educación Infantil ou Educación Primaria con mención en lingua estranxeira: Inglés.

• Diplomatura en Maxisterio con habilitación en Inglés.

• First Certificate in English (FCE-Cambridge English).

• Trinity College-Graded Examinations in Spoken English (GESE), grade 7, grade 8 ou grade 9.

• Trinity College-Integrated Skills in English Examinations ISE II (B2).

• London Test of English (LTE)/Pearson Test of English (PTE) General-Upper-Intermediate (level 3).

• London Test of English (LTE)/Pearson Test of English (PTE) Academic (59-75).

• TOEFL iBT (Test of English as a Foreign Language-Internet-based Test): 87-109.

• TOEFL PBT (Test of English as a Foreign Language-Paper-based Test): 570-630.

• ECCE (Examination for the Certificate of Competency in English-University of Michigan).

• UNED. CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia) inglés nivel B2.

• Certificados das universidades españolas que sigan o modelo de acreditación de exames da Asociación de Centros de Linguas de Educación Superior (ACLES) CertAcles B2.

• Unicert Level 2.

• CLES 2 (Certificat de competences en langues de l’enseignement superieur).

• BEC 2: Vantage (Business English Certificate) Cambridge University.

• ICFE Vantage (International Certificate in Financial English) Cambridge University.

• TOEIC (Test of English for International Communication) (require a superación das catro destrezas: Listening 400-485, Reading 385-450, Speaking 160-190, Writing 150-190).

• IELTS (International English Language Testing System) 5.5.-6.5.

• BULATS inglés (60-74).

• APTIS (British Council) B2 (require a superación das catro destrezas).

• OTE (Oxford Test of English) 111-140 (require a superación das catro destrezas).

• Telc English B2.

• Anglia Examinations-Advanced/Advanced in Business English (require a superación das catro destrezas).