Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2023 Páx. 42204

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

A disposición adicional primeira do Decreto 225/2020, do 23 de decembro (DOG núm. 260, do 29 de decembro); do Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril) e do Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro) polos que se aproban as ofertas de emprego público correspondentes ás prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2020, 2021 e 2022 establecen que poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas correspondentes á oferta de emprego público de anos anteriores, que están pendentes de convocar.

En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos na inscrición das solicitudes de participación neste proceso selectivo.

Por conseguinte, de conformidade co establecido no Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia (en diante, LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir dez (10) prazas, do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2022, á cal se acumulan as derivadas da oferta de 2020 e 2021, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2020, aprobada polo Decreto 225/2020, do 23 de decembro (DOG núm. 260, do 29 de decembro): catro (4) prazas de acceso libre.

– Oferta de emprego público do exercicio 2021, aprobada polo Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril): catro (4) prazas de acceso libre.

– Oferta de emprego público do exercicio 2022, aprobada polo Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro): dúas (2) prazas de acceso libre.

Resérvanse dúas (2) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O sistema selectivo será o de oposición.

I.1.1. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (en diante, TREBEP); a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos das persoas aspirantes.

Para seren admitidas aos procesos selectivos as persoas aspirantes deberán posuír no día da finalización da presentación de solicitudes de participación e manter, ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira os seguintes requisitos:

1.2.1. Promoción interna.

I.2.1.1. Idade: non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de licenciado ou grao en dereito na data de finalización do prazo da presentación das solicitudes de participación.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.1.3. Deberán ser persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e pertencer ao corpo superior ou ao corpo facultativo superior da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, ou ao corpo de xestión ou ao corpo facultativo de grao medio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Queda expresamente excluído o persoal laboral indefinido non fixo.

I.2.1.4. Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario no corpo superior ou no corpo facultativo superior da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, ou no corpo de xestión ou no corpo facultativo de grao medio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Non se computarán en ningún caso os servizos prestados coa condición de persoal laboral indefinido non fixo.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais (artigo 168 da LEPG), na situación de excedencia por coidado de familiares (artigo 176 da LEPG), na situación de excedencia por razón de violencia de xénero (artigo 177 da LEPG) e na situación de excedencia por razón de violencia terrorista (artigo 177.bis da LEPG).

I.2.1.5. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

I.2.1.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala ou grupo obxecto desta convocatoria.

I.2.2. Acceso libre.

I.2.2.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2.2. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de licenciado ou grao en dereito na data de finalización do prazo da presentación das solicitudes de participación.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.2.6. Non poderán participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala obxecto desta convocatoria.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos». Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán rexistrar os seus datos de identidade e contacto que se empregarán para as súas solicitudes.

Unha vez completados os datos dos solicitante poderase iniciar o proceso de inscrición.

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, na epígrafe «Idioma do exame», se o texto do exercicio deberá entregarse en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar a opción.

As persoas aspirantes deberán declarar as circunstancias particulares en que se atopen relativas ao pagamento de taxas:

As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

Se a solicitude deriva dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes desde que se producise o feito causante e en calquera caso nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio en que proceda a súa aplicación.

As persoas aspirantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán acreditar e presentar antes do remate do prazo fixado o orixinal ou a copia auténtica do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

I.3.2. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

I.3.3. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) No suposto de non ter a nacionalidade española, documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, regulador do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados.

b) Xustificante da condición de persoa con discapacidade no caso de estar expedido por outra Comunidade Autónoma.

c) Xustificante da condición de familia numerosa no caso de estar expedida por outra Comunidade Autónoma.

d) Os datos relativos á exección de taxa consultaranse automaticamente a non ser que as persoas interesadas se opoñan a consulta da documentación, o que deberán indicar no cadro correspondente e achegar a seguinte documentación:

Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade.

Vítimas de terrorismo: resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.

Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

Demandantes de emprego:

1º. Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde polo menos seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

2º. Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego.

Para a remisión electrónica, empregará as epígrafes habilitadas para os efectos. Se non dispón de copias auténticas, deberá xerar o anexo de documentación e achegar coa súa solicitude orixinal ou copia debidamente compulsada dos documentos xustificativos segundo os supostos en que se atopen.

De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste artigo, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia de actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme ou en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, ou cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

I.3.4. Para o pagamento da taxa deberase actuar do seguinte xeito:

Pagamento electrónico: hai que introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e, nese momento, obterase o xustificante 730 correspondente.

Pagamento electrónico: con certificado dixital: poderán realizar o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. Unha vez feito o pagamento presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente e continuar a inscrición. Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (número de rexistro completo) correspondente. Unha vez completados os datos, validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC».

A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Do mesmo xeito, a Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes que tivesen acadado un posto na mesma categoría, corpo, grupo ou escala en virtude do proceso selectivo que se atope en execución e que, na data da publicación da presente convocatoria non estivera rematado e así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Para iso será necesaria a presentación dun escrito en que se solicite a devolución e no cal conste o número de conta (24 díxitos), a entidade financeira e a súa localidade, ou ben presenten un certificado expedido pola entidade financeira en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser dirixida ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública. A presentación deste escrito sen os datos indicados ou fóra de prazo supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.

I.3.5. Finalizado correctamente o proceso de pagamento poderase presentar a solicitude.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento, accedendo ao sistema en Inscricións en procesos selectivos onde disporá dunha listaxe de todas as solicitudes.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes disporán de axudas e formas de contacto específicas en cada pantalla.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade e das causas das exclusións que procedan. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

I.4.2. As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes afectadas poderán acceder á solicitude correspondente e completar os documentos solicitados.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

II.1. Proceso selectivo.

II.1.1. Programa.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I a esta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo e que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas.

O proceso selectivo constará de cinco exercicios obrigatorios e con eficacia eliminatoria:

– Dous orais de carácter teórico.

– Dúas probas escritas de tipo práctico.

– Unha proba para acreditar a competencia en lingua galega.

Ademais, de acordo co disposto no artigo 54.3º do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, as persoas aspirantes, con carácter voluntario e non eliminatorio, poderán presentarse a un exercicio de lectura e tradución de linguas estranxeiras. Para estes efectos, e no prazo de dez (10) días hábiles seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da listaxe definitiva de admitidos e excluídos, as persoas interesadas que desexen realizar este exercicio deberán comunicarlle á Dirección Xeral da Función Pública a súa elección do idioma.

Para a exención prevista no terceiro exercicio, as persoas aspirantes deberán presentar o documento xustificativo (orixinal ou copia auténtica) de estar en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Esta documentación deberá presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de Correos e demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

II.2 Exercicios.

II.2.1 Primeiro exercicio: consistirá en expoñer oralmente en sesión pública ante o tribunal dous temas de dereito civil; un de dereito hipotecario; un de dereito mercantil; dous de dereito procesual, un da primeira parte (temas 1 ao 29) e outro da segunda parte (temas 30 ao 56), e, por último, un de dereito laboral, sanitario e da Seguridade Social.

Os temas serán designados ao chou na propia sesión pública. A persoa aspirante poderá pedir a substitución e nova determinación ao chou de ata dous dos temas, da mesma materia e parte que os substituídos, nos primeiros dez (10) minutos dos trinta e cinco (35) minutos de que dispón para preparar a exposición dos temas que expoñerá oralmente, sempre respectando o número de temas e materias establecidos no parágrafo anterior. Os temas deberán expoñerse de modo obrigatorio na orde indicada no parágrafo anterior.

Para preparar a exposición oral dos temas concederáselles ás persoas aspirantes un tempo máximo de trinta e cinco (35) minutos sen que se poidan consultar nese momento outros textos máis que o programa do temario facilitado polo tribunal.

Unha vez comezada a exposición, o tempo máximo de duración será de setenta (70) minutos.

Cada un dos temas cualificarase de 0 a 5 puntos e para superar o exercicio será necesario obter en cada un dos temas unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible. A persoa aspirante que non alcance unha cualificación superior á metade da puntuación máxima total, nos termos previstos na base II.3.7, quedará eliminada do proceso selectivo.

Para a avaliación deste exercicio, o tribunal empregará os seguintes criterios de corrección respecto da persoa aspirante:

a) Demostrar unha preparación técnico-xurídica suficiente, concretada no coñecemento da norma xurídica, os conceptos e institucións relacionados no temario e, de ser o caso, as teses doutrinais e xurisprudencias sobre eles.

b) Axustarse na súa exposición aos textos normativos.

c) Expoñer os temas con coherencia, claridade, orde e fluidez.

d) Empregar con propiedade e corrección xurídica termos e expresións.

e) Dedicar o tempo axeitado a cada tema.

Para estes efectos, establécense os seguintes tempos como criterios orientativos: temas de dereito civil, 13 minutos e 30 segundos cada un; tema de dereito hipotecario, 8 minutos; tema de dereito mercantil, 9 minutos; temas de dereito procesual, 10 minutos cada un; tema de dereito laboral, sanitario e da Seguridade Social, 6 minutos.

Se en calquera momento da exposición dos temas o tribunal, consultado para tal efecto pola súa presidencia e por decisión unánime dos seus membros, aprecia unha manifesta deficiencia de contido invitará a persoa aspirante a retirarse, indicándolle o motivo e dará por concluído o exercicio, deixando constancia na acta da sesión correspondente.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos tres (3) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio dos procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocados pola Orde do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 80, do 26 de abril), e Orde do 15 de abril de 2021 (DOG núm. 80, do 23 de abril, poderán optar por conservar a puntuación obtida nel e acceder directamente ao segundo exercicio. Se optan por presentarse ao exercicio de que se trate, quedará sen efecto o resultado obtido na convocatoria anterior.

Do mesmo modo, no seguinte proceso selectivo que se convoque para esta escala, sempre que o sexa dentro do prazo dos tres anos seguintes á publicación da presente convocatoria, e salvo variación substancial da estrutura ou contido do exercicio avaliado, poderán acceder directamente ao segundo exercicio as persoas aspirantes que aprobasen o primeiro no proceso selectivo convocado pola Orde do 15 de abril de 2021 (DOG núm. 80, do 23 de abril) ou aproben o primeiro exercicio na presente convocatoria, que conservarán a cualificación obtida.

II.2.2. Segundo exercicio: proba voluntaria de lingua estranxeira.

O segundo exercicio consistirá na realización dunha proba de idioma, de carácter voluntario e non eliminatorio.

Esta proba será no idioma comunitario elixido pola persoa aspirante. Consistirá nunha lectura ante o tribunal dun texto orixinal, así como na tradución deste, en sesión pública. Para tal efecto, o tribunal designará o texto sobre o cal se practicará a proba.

Para a verificación deste exercicio o tribunal poderá ser asistido polas persoas asesoras especialistas que designe.

Para a avaliación deste exercicio o tribunal deberá ter en conta a fidelidade da tradución e a fluidez na lectura na lingua estranxeira.

O tempo máximo de duración será de trinta (30) minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 6 puntos. Esta cualificación realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, coa puntuación que ao seu parecer merece, nos termos previstos na base II.3.7.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.2.3. Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución escrita dun texto de carácter xurídico do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal. Unha vez realizado, será corrixido mediante a súa lectura en sesión pública ante o tribunal.

Para a avaliación deste exercicio o tribunal deberá ter en conta a fidelidade da tradución.

Segunda proba: consistirá na tradución escrita dun texto de carácter xurídico do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal. Unha vez realizado, será corrixido mediante a súa lectura en sesión pública ante o tribunal.

Para a avaliación deste exercicio o tribunal deberá ter en conta a fidelidade da tradución.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e para superalo será necesario obter o resultado de apto. Esta cualificación realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, coa cualificación que ao seu parecer merece.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.2.4. Cuarto exercicio: consistirá en expoñer oralmente, en sesión pública ante o tribunal, dous temas de dereito constitucional, comunitario e autonómico, un do 1 ao 28 e outro do 29 ao 41; dous temas de dereito administrativo, un da parte xeral (do 1 ao 34) e outro da parte específica (do 35 ao 62); dous de facenda pública, un da primeira parte (temas 1 ao 17) e outro da segunda parte (temas 18 ao 29); e un de dereito penal.

Os temas serán designados ao chou na propia sesión pública. A persoa aspirante poderá pedir a substitución e nova determinación ao chou de ata dous dos temas, da mesma materia e parte que os substituídos, nos primeiros sete (7) minutos dos vinte (20) de que dispón para preparar a exposición os temas a expoñer oralmente, sempre respectando o número de temas e materias establecidos no parágrafo anterior. Os temas deberán expoñerse de modo obrigatorio na orde indicada no parágrafo anterior.

Para preparar a exposición oral dos temas concederáselles ás persoas aspirantes un tempo máximo de trinta e cinco (35) minutos sen que se poidan consultar nese momento outros textos máis que o programa do temario facilitado polo tribunal.

Unha vez comezada a exposición, o tempo máximo de duración será de setenta (70) minutos.

Cada un dos temas cualificarase de 0 a 5 puntos e para superar o exercicio será necesario obter en cada un dos temas unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible. A persoa aspirante que non alcance unha cualificación superior á metade da puntuación máxima total, nos termos previstos na base II.3.7, quedará eliminada do proceso selectivo.

Para a avaliación deste exercicio, o tribunal empregará os seguintes criterios de corrección respecto da persoa aspirante:

a) Demostrar unha preparación técnico-xurídica suficiente, concretada no coñecemento da norma xurídica, os conceptos e institucións relacionados no temario e, de ser o caso, as teses doutrinais e xurisprudenciais sobre estes.

b) Axustarse na súa exposición aos textos normativos.

c) Expoñer os temas con coherencia, claridade, orde e fluidez.

d) Empregar con propiedade e corrección xurídica termos e expresións.

e) Dedicar o tempo axeitado a cada tema.

Para estes efectos, establécense os seguintes tempos como criterios orientativos: temas de dereito constitucional, comunitario e autonómico, 12 minutos e 30 segundos o tema da primeira parte, 10 minutos o tema da segunda parte; tema de dereito administrativo parte xeral, 12 minutos e 30 segundos, tema de dereito administrativo parte específica, 10 minutos; tema de facenda pública primeira parte, 10 minutos, tema de facenda pública segunda parte 9 minutos; tema de dereito penal 6 minutos.

Se en calquera momento da exposición dos temas o tribunal, consultado para tal efecto pola súa presidencia e por decisión unánime dos seus membros, aprecia unha manifesta deficiencia de contido invitará a persoa aspirante a retirarse, indicándolle o motivo, e dará por concluído o exercicio, deixando constancia na acta da sesión correspondente.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde a finalización do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.2.5. Quinto exercicio, de carácter práctico e escrito: consistirá en resolver por escrito un caso práctico en relación cun ou varios asuntos xudiciais en que sexa parte a Administración autonómica. O tribunal poderá delimitar o contido do suposto práctico mediante a inclusión de cuestións que deberán ser analizadas e respondidas polos aspirantes. Para o seu desenvolvemento, as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais, que serán postos á súa disposición polo tribunal durante o tempo da duración da proba.

O tempo máximo de duración será de cinco (5) horas.

Unha vez realizado, será corrixido mediante a súa lectura en sesión pública ante o tribunal. No desenvolvemento da lectura o tribunal poderá realizar preguntas á persoa aspirante en relación co seu exercicio.

O tribunal terá en conta para a avaliación do caso práctico os seguintes criterios:

1. Capacidade para identificar as cuestións xurídicas involucradas no caso.

2. Capacidade para utilizar as fontes normativas e xurisprudenciais cuxos preceptos e fundamentación xurídica deben reflectirse na resolución do caso práctico.

3. Capacidade de realizar unha argumentación xurídica en función do tipo de problema xurídico exposto, aplicando e interpretando as normas, principios ou xurisprudencia pertinentes ao caso.

4. Proposición dunha solución ao caso práctico ou, de ser o caso, ás preguntas concretas formuladas polo tribunal, acorde co ordenamento xurídico vixente e de acordo cos argumentos expostos ao longo de todo o suposto e, de ser o caso, coa xurisprudencia empregada.

Cada membro do tribunal disporá de copias fotoestáticas dos exercicios para cotexar a lectura efectuada polo aspirante.

Este exercicio cualificarase de 0 a 35 puntos e para superalo será necesario obter unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible. Esta cualificación realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, coa puntuación que ao seu parecer merece, nos termos previstos na base II.3.7.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde a finalización do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.2.6. Sexto exercicio, de carácter práctico e escrito, consistirá en resolver por escrito un caso práctico consistente na emisión dun informe sobre algún asunto xurídico en que estea interesada a Administración autonómica. O tribunal poderá delimitar o contido do suposto práctico mediante a inclusión de cuestións que deberán ser analizadas e respondidas polos aspirantes. Para o seu desenvolvemento, as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais, que serán postos á súa disposición polo tribunal durante o tempo da duración da proba.

O tempo máximo de duración será de cinco (5) horas.

Unha vez realizado, será corrixido mediante a súa lectura en sesión pública ante o tribunal. No desenvolvemento da lectura o tribunal poderá realizar preguntas ao aspirante en relación co seu exercicio.

O tribunal terá en conta para a avaliación do caso práctico os seguintes criterios:

1. Capacidade para identificar as cuestións xurídicas involucradas no caso.

2. Capacidade para utilizar as fontes normativas e xurisprudenciais cuxos preceptos e fundamentación xurídica deben reflectirse na resolución do caso práctico.

3. Capacidade de realizar unha argumentación xurídica en función do tipo de problema xurídico exposto, aplicando e interpretando as normas, principios ou xurisprudencia pertinentes ao caso.

4. Proposición dunha solución ao caso práctico ou, de ser o caso, ás preguntas concretas formuladas polo tribunal, acorde co ordenamento xurídico vixente e de acordo cos argumentos expostos ao longo de todo o caso e, de ser o caso, coa xurisprudencia empregada.

Cada membro do tribunal disporá de copias fotoestáticas dos exercicios para cotexar a lectura efectuada polo aspirante.

Este exercicio cualificarase de 0 a 35 puntos e para superalo será necesario obter unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible. Esta cualificación realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, coa puntuación que ao seu parecer merece, nos termos previstos na base II.3.7.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde a finalización do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios.

II.3.1. A orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabética e iniciarase por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra T, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 28 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 24, do 4 de febreiro) pola que se publica o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 13 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 13, do 20 de xaneiro).

II.3.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

II.3.3. O primeiro, segundo e cuarto exercicio realizaranse en audiencia pública. Os exercicios terceiro, quinto e sexto realizaranse en audiencia pública na fase de lectura do exercicio.

II.3.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.3.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

De todos os xeitos, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.3.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

II.3.7. A cualificación de cada exercicio realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, excluíndo as dúas papeletas que conteñan as puntuacións máxima e mínima, sen que en ningún caso poidan ser excluídas máis de unha máxima e unha mínima; sumaranse os puntos consignados en todas as restantes e o total dividirase polo número de papeletas computadas. O cociente obtido constituirá a cualificación.

As persoas aspirantes que en calquera exercicio non alcancen unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible quedarán definitivamente eliminadas da oposición.

II.3.8. As cualificacións dos exercicios faranse públicas, no caso dos exercicios teóricos, ao final de cada sesión. Nos exercicios prácticos e nos de idiomas publicaranse conxuntamente, despois de finalizar cada un dos ditos exercicios. O tribunal poderá utilizar para deliberar o tempo que sexa necesario.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións.

II.3.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarao á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que o/a aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo e o órgano convócante publicará a orde que corresponda.

II.3.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.

No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.

II.4. A orde de prelación das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición. Non poderán superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se o tribunal propón o nomeamento de igual número de persoas aspirantes que de prazas convocadas e se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convócante poderá requirirlle unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas para o seu posible nomeamento como funcionarios/as de carreira. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poden ser nomeados/as funcionarios/as.

III. Tribunal.

III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por resolución da consellería competente en materia de función pública, e a súa composición será a determinada e polo artigo 55 do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, e demais normativa vixente, tendo en conta o previsto polo artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e o Decreto 95/91, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no artigo 59.2 da Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas pola Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

A Presidencia deberá solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar os integrantes do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro consonte o establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen os novos integrantes do tribunal que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle corresponda para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso da/do presidenta/e da/do secretaria/o, ou de quen os substitúa.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da/do secretaria/o e o visto e prace da/do presidenta/e, ou quen os substitúa.

III.8. A/o presidenta/o do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terá voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que as restantes participantes. Para tal fin, estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se durante a realización do proceso selectivo, o tribunal ten dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala o que opta, poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. O tribunal non poderá propoñer o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

III.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse electronicamente á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario de carreira.

IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Puntuación obtida no primeiro exercicio da fase de oposición.

– Puntuación obtida no carto exercicio da fase de oposición.

– Orde alfabética recollida na base II.3.1.

– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos seguintes documentos:

a) Copia auténtica do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separada/o nin despedida/o mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo do que foi separada/o ou inhabilitada/o, nin pertencer ao mesmo corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo II a esta convocatoria.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.

c) Un certificado ou un informe médico sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Os certificados ou informes non poderán ter unha data de emisión anterior aos tres (3) meses da súa presentación.

d) As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e, de ser o caso, da Administración correspondente.

A consellería competente en materia de función pública solicitará ao órgano competente a documentación que acredite que as persoas aspirantes que accedan por esta cota de reserva reúnen os requisitos de compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

Poderán autorizar á Administración a dita consulta mediante solicitude expresa remitida xunto co resto da documentación.

IV.3. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.4. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante unha resolución da consellería competente en materia de función pública que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.

IV.5. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.

IV.6. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.

V. Disposición derradeira.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados

Dereito civil.

Tema 1. O dereito civil. O Código civil español: estrutura e contido. Os dereitos forais. Os dereitos forais no sistema constitucional: leis de dereito civil e compilacións vixentes. A Lei do dereito civil de Galicia: estrutura e contido.

Tema 2. As fontes do dereito: enumeración e xerarquía. A lei. O costume. Os principios xerais do dereito. A xurisprudencia. Outras fontes do dereito. Especial referencia ás fontes no dereito civil de Galicia. A Constitución como fonte do dereito.

Tema 3. As normas xurídicas: natureza, caracteres, estrutura e clasificación. A interpretación das normas: clases, elementos e regras. Aplicación das leis no tempo. Aplicación das leis no espazo. Dereito internacional privado e dereito interrexional: principais regras do Código civil.

Tema 4. A personalidade: adquisición e extinción. A capacidade das persoas: as súas clases. As circunstancias modificativas da capacidade. A incapacitación. Protección das persoas con discapacidade.

Tema 5. A nacionalidade. Adquisición, perda, conservación e recuperación da nacionalidade española. A dobre nacionalidade. A veciñanza e condición civil. A condición política do galego.

Tema 6. A persoa xurídica; concepto e clases. Normas do Código civil. A teoría do levantamento do veo. Asociacións e fundacións: concepto e réxime xurídico.

Tema 7. As fundacións de interese galego; disposicións xerais. Constitución. Goberno. Réxime económico. Funcionamento e actividade. Modificación dos estatutos. Fusión, escisión e extinción da fundación. O protectorado. Rexistro. O Consello Superior de Fundacións.

Tema 8. O obxecto da relación xurídica. As cousas: o seu concepto e clases. Bens mobles e inmobles. Bens de dominio público e propiedade privada.

Tema 9. O feito xurídico e o acto xurídico. O negocio xurídico. Teoría xeral dos elementos do negocio xurídico. A vontade: requisitos; o silencio como declaración de vontade. Os vicios da vontade.

Tema 10. Elementos accidentais do negocio xurídico. A condición, o termo e o modo. Concepto, requisitos e efectos. A representación nos negocios xurídicos. Teoría xeral. Representación legal e voluntaria.

Tema 11. Influencias do tempo nas relacións xurídicas. O seu cómputo. Teoría xeral da prescrición. Concepto, clases, fundamento e efectos. A prescrición extintiva e a caducidade.

Tema 12. Dereitos reais: concepto e diferenzas co dereito de obrigación. A tipicidade dos dereitos reais. Clasificación dos dereitos reais. Os dereitos reais na Lei de dereito civil de Galicia.

Tema 13. O dereito de propiedade. Extensión e contido: facultades integrantes do dominio pleno. As limitacións do dominio. A protección do dominio: exame especial da acción reivindicatoria.

Tema 14. Modos de adquirir o dominio: a teoría do título e o modo. Clasificacións dos modos de adquirir o dominio. A ocupación. A tradición: exame das súas clases.

Tema 15. A usucapión. Clasificación, requisitos e efectos. A renuncia á usucapión.

Tema 16. Os modos de perder o dominio: teoría xeral. O abandono. A perda do dominio en virtude das adquisicións a non domino. A comunidade de bens: regras do Código civil e especial referencia ás comunidades especiais do dereito civil de Galicia.

Tema 17. A propiedade horizontal. A propiedade a tempo compartido. A propiedade intelectual; referencia ao contrato de edición.

Tema 18. A posesión: concepto e natureza xurídica. Clases de posesión. Efectos da posesión, durante o seu exercicio e ao cesar nel. Adquisición, conservación e perda da posesión. A tutela da posesión.

Tema 19. O dereito real de servidume no Código civil. Concepto, fundamento e clases. Adquisición das servidumes. Contido: dereitos e deberes dos propietarios dos predios dominante e servente. Modos de extinción da servidume. A regulación das servidumes no dereito civil de Galicia. Referencia ás servidumes legais do Código civil.

Tema 20. O usufruto: concepto. Modos de constitución e extinción. Contido: dereitos e deberes. Referencia aos usufrutos especiais. O uso e a habitación.

Tema 21. Dereitos reais de garantía: formas de garantía real. A peza. O dereito de superficie.

Tema 22. A obrigación: o seu concepto. Clasificación; en particular, exame das obrigacións solidarias e mancomunadas; de dar, facer e non facer. Obrigacións puras, condicionais e a termo.

Tema 23. Causas de extinción das obrigacións. O pagamento. A perda da cousa debida. A condonación da débeda. A confusión de dereitos. A compensación. A novación.

Tema 24. Incumprimento das obrigacións; as súas causas: mora, dolo, culpa e caso fortuíto. Cumprimento forzoso: a indemnización de danos e perdas. Os denominados medios indirectos: as accións subrogatoria e revogatoria.

Tema 25. A concorrencia e prelación dos créditos: principios xerais e normas de aplicación.

Tema 26. O contrato: fundamento e función. Sistemas de contratación. Elementos dos contratos. Capacidade para contratar: incapacidades e prohibicións. Obxecto do contrato. A forma dos contratos.

Tema 27. A vida do contrato, preparación do contrato e a problemática da forza vinculante da oferta. A perfección e consumación do contrato. A firma electrónica. Revisión do contrato por alteración extraordinaria das circunstancias: cláusula rebus sic stantibus.

Tema 28. A interpretación dos contratos: regras do Código civil. Clases de contratos. Precontrato e contrato de opción. Os contratos de adhesión e as condicións xerais de contratación.

Tema 29. A ineficacia dos contratos. A nulidade: causas e efectos. A anulabilidade; a confirmación. A rescisión: causas e efectos.

Tema 30. O contrato de compravenda. Clases. Elementos persoais, reais e formais. Prohibicións de contratar. A transmisión do dominio na compravenda. A venda de cousa allea.

Tema 31. Contido do contrato de compravenda. As obrigacións do vendedor; a entrega: a teoría dos riscos. O saneamento. As obrigacións do comprador: o pago do prezo.

Tema 32. A doazón: concepto e natureza xurídica. Clases. Elementos persoais, reais e formais. Efectos naturais e derivados de pactos especiais. Revogación e redución de doazóns.

Tema 33. O contrato de arrendamento. Clases e normas do Código civil en materia de arrendamentos de cousa. O arrendamento de obra ou empresa.

Tema 34. O réxime de arrendamentos urbanos no Código civil e na lexislación especial. Arrendamentos para uso distinto de vivenda. Duración. Contido; en particular, a renda. Extinción.

Tema 35. Os arrendamentos rústicos: referencia á normativa estatal. A súa regulación na Lei de dereito civil de Galicia. A aparcería: concepto. Réxime xurídico e clases na Lei de dereito civil de Galicia.

Tema 36. O contrato de mandato. Natureza e especies. Constitución, extinción e efectos. O contrato de préstamo: as súas especies. O comodato. O precario. O mutuo.

Tema 37. O contrato de depósito: a súa natureza e clases. O depósito común. Depósito irregular e necesario. O secuestro. A transacción.

Tema 38. O contrato de sociedade. Natureza e clases. Constitución. Contido. Extinción.

Tema 39. O contrato de fianza: a súa regulación no Código civil. Os contratos aleatorios: o contrato de alimentos; xogos e apostas; a renda vitalicia. O vitalicio: normativa autonómica.

Tema 40. Os cuasicontratos: o seu concepto e especies. Exame especial da cobranza indebida e da xestión de negocios alleos sen mandato. As obrigacións que nacen da culpa e neglixencia.

Tema 41. O matrimonio: os seus requisitos. Forma de celebración e inscrición. Efectos persoais: dereitos e deberes dos cónxuxes. Nulidade, separación, divorcio.

Tema 42. O réxime económico matrimonial: clases. Capitulacións matrimoniais. Doazóns por razón de matrimonio. Réxime de participación. Réxime de separación.

Tema 43. A sociedade de lucrativas: natureza e constitución. Bens privativos e lucrativos. Cargas e obrigacións da sociedade de lucrativas. A compañía familiar galega.

Tema 44. A filiación. Concepto e clases. Determinación e proba. Accións de filiación: normas do Código civil. A patria potestade. Deberes e facultades. Representación legal dos fillos. Administración e disposición de bens. Extinción e prórroga.

Tema 45. A tutela. Delación e constitución. Incapacidade e escusas. Remoción. Exercicio de tutela: deberes, atribucións e dereitos. Responsabilidade do titor. Extinción. A curadoría. O defensor xudicial. A garda de feito.

Tema 46. A protección de menores no dereito civil de Galicia: o desamparo e a tutela administrativa. A garda administrativa. O acollemento: clases, constitución e cesamento. Situación de risco e medidas de protección. A obrigación de alimentos entre parentes.

Tema 47. A sucesión mortis causa. Concepto da herdanza e do herdeiro. Aceptación e repudiación da herdanza. O beneficio de inventario e o dereito a deliberar. Situacións da herdanza: a herdanza xacente.

Tema 48. A sucesión por causa de morte; disposicións xerais na Lei de dereito civil de Galicia. A sucesión testada no Código civil: concepto, natureza e contido do testamento. Clases do testamento. Capacidade para testar. Formalidades xerais dos testamentos. Invalidez e ineficacia do testamento.

Tema 49. Testamento aberto: requisitos e formalidades. Testamento pechado: os seus requisitos. Testamento ológrafo. Clases de testamentos na Lei de dereito civil de Galicia.

Tema 50. O problema da liberdade de testar: principais teorías. A lexítima no dereito civil de Galicia: a lexítima dos descendentes e dos ascendentes e a lexítima de cónxuxe viúvo. A regulación da lexítima no Código civil.

Tema 51. A mellora: concepto e fundamento. Persoas que poden mellorar e ser melloradas. Clases de mellora. Efectos: a súa revogabilidade. Gravames que poden impoñerse sobre a mellora. Promesa de mellorar e non mellorar. Delegación da facultade de mellorar. O desherdamento e a preterición; regulación na Lei de dereito civil de Galicia e no dereito común.

Tema 52. O legado: concepto e clases. Regras do legado segundo as súas especies. Aceptación e renuncia. Orde de preferencia para o seu pagamento. Extinción. A testamentaría: o seu réxime xurídico.

Tema 53. A sucesión intestada: normas do dereito civil de Galicia e do Código civil. O dereito de representación e de acrecer. A sucesión do Estado e da Comunidade Autónoma galega.

Tema 54. A sucesión contractual. Teoría xeral. Os pactos sucesorios no dereito civil de Galicia: os pactos de mellora, a mellora de labrar e posuír, a apartación. O usufruto do cónxuxe viúvo.

Tema 55. Partición da herdanza. Teoría xeral. Regulación do Código civil: operacións que comprende. A colación. A partición da herdanza no dereito civil de Galicia: s partición polo testador, a partición polo contador-partidor, a partición polos herdeiros.

Dereito hipotecario.

Tema 1. Dereito hipotecario e dereito inmobiliario. O Rexistro da Propiedade: os seus fins. Sistemas de ordenación xurídica da propiedade inmobiliaria. O asento rexistral. O asento de presentación. Clases de libros. Demarcación dos rexistros.

Tema 2. Principios fundamentais do dereito hipotecario. Principio de rogación. Principio de legalidade. Principio de tracto sucesivo. Principio de prioridade. Principio de especialidade. Principio de lexitimación.

Tema 3. A delimitación da materia inscritible: exame do artigo 2 da Lei hipotecaria e concordantes do seu regulamento. Concepto do título formal e material. O asento de inscrición; exame do artigo 9 da Lei hipotecaria.

Tema 4. Especial referencia ao principio da fe pública rexistral. Exame do terceiro na lexislación hipotecaria. Excepcións e suspensións da fe pública rexistral.

Tema 5. Anotacións preventivas: natureza e clases. Exame do artigo 42 da Lei hipotecaria. Efectos das anotacións preventivas. Extinción. As notas marxinais: natureza, clases e efectos.

Tema 6. O dereito real de hipoteca. Responsabilidade real e persoal na hipoteca. Cousas e dereitos que poden ser gravados con hipoteca inmobiliaria.

Tema 7. Clases de hipotecas. Hipotecas voluntarias e legais; en particular, as hipotecas legais: natureza e efectos. A hipoteca legal a favor das administracións públicas.

Tema 8. Os efectos da hipoteca. A acción real e persoal na execución hipotecaria. Os procedementos para a efectividade do crédito hipotecario. A execución común. A venda extraxudicial.

Tema 9. Hipoteca mobiliaria e peza sen desprazamento da posesión. Constitución, contido e extinción. O rexistro de vendas a prazos de bens mobles.

Tema 10. Concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica. A rectificación dos erros nos asentos. O catastro inmobiliario; concepto, réxime xurídico e relacións co Rexistro da Propiedade.

Dereito mercantil.

Tema 1. O contido do dereito mercantil: sistemas. Fontes do dereito mercantil; o Código de comercio. Os usos do comercio. Os actos de comercio: sistema español. Os actos mixtos e os actos de comercio por analoxía.

Tema 2. Concepto doutrinal e legal do comerciante. O comerciante individual. Condicións de capacidade; especial referencia ao réxime de responsabilidade do comerciante casado. O comerciante estranxeiro. Habitualidade e profesionalidade. O Rexistro Mercantil. Organización e principios. Contabilidade mercantil: normas.

Tema 3. A sociedade mercantil: concepto, natureza e clases. Personalidade da sociedade. O obxecto social: a súa determinación e efectos. Constitución. A sociedade irregular.

Tema 4. As sociedades de capital: natureza e réxime xurídico. Constitución: escritura pública e inscrición.

Tema 5. O capital social. Achegas. A condición de socio. Participacións sociais e accións. Representación e transmisión. Emisión de obrigacións.

Tema 6. A xunta xeral: convocatoria, competencia, asistencia, réxime de adopción de acordos. A acta. Réxime de impugnación de acordos sociais.

Tema 7. A administración da sociedade. Os administradores: requisitos, deberes e retribución. A representación da sociedade. O réxime de responsabilidade dos administradores. O consello de administración.

Tema 8. A modificación dos estatutos. Disolución e liquidación.

Tema 9. As sociedades profesionais. A sociedade laboral. A sociedade cooperativa; especial referencia á Lei de cooperativas de Galicia.

Tema 10. A propiedade industrial; patentes e marcas: concepto e réxime xeral de adquisición, transmisión e protección. O dereito da competencia: defensa da competencia e competencia desleal. Órganos competentes.

Tema 11. Teoría xeral dos títulos valores: clases. A letra de cambio: concepto, emisión, forma e transmisión. Réxime das accións cambiarias. Referencia ao cheque.

Tema 12. A obrigación e o contrato mercantil: normas xerais do Código de comercio. A compravenda mercantil.

Tema 13. A comisión mercantil. O depósito mercantil. O préstamo mercantil. O contrato de transporte terrestre.

Tema 14. O contrato de seguro. Obrigacións e deberes das partes. Seguro contra danos, seguro de persoas, seguro sobre a vida, seguro de accidentes, seguros de enfermidade e asistencia sanitaria.

Dereito procesual.

Primeira parte.

Tema 1. O proceso: concepto, natureza e fundamento. Os principios procesuais contidos na Constitución. O dereito á tutela xudicial efectiva.

Tema 2. A Lei orgánica do poder xudicial: normas fundamentais sobre o poder xudicial e o exercicio da potestade xurisdicional. Planta e organización dos xulgados e tribunais. Os conflitos e cuestións de competencias.

Tema 3. Abstención e recusación de xuíces e maxistrados. Requisitos xerais das actuacións xudiciais. Nulidade dos actos xudiciais. As resolucións xudiciais.

Tema 4. O proceso civil. A Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil: o seu título preliminar. A competencia dos órganos xurisdicionais civís. Competencia obxectiva. Competencia territorial; o foro territorial do Estado e da comunidade autónoma; a declinatoria. Competencia funcional. Cuestións pre-xudiciais.

Tema 5. As partes no proceso civil; a súa posición xurídica. Capacidade para ser parte e capacidade procesual. Lexitimación procesual. Sucesión procesual. Representación e defensa técnica das partes: a defensa das administracións e dos entes públicos. O dereito á asistencia xurídica gratuíta: requisitos, extensión e procedemento.

Tema 6. Ausencia de partes: o xuízo en rebeldía. Pluralidade de partes. O litisconsorcio, as súas especies. A intervención procesual, teoría xeral da terzaría. A intervención provocada ou forzosa; principais supostos. A intervención adhesiva.

Tema 7. Teoría da acción procesual, a pretensión como obxecto do proceso. Clases de pretensións. Contido; determinación da contía. Pluralidade de pretensións. Referencia á acumulación de accións e de procesos.

Tema 8. Actos preparatorios dos xuízos, as dilixencias preliminares reguladas na Lei de axuizamento civil. As cuestións incidentais; procedemento para a súa tramitación. Actos de iniciación do proceso civil: a demanda; os seus efectos.

Tema 9. A proba; o seu obxecto e valoración. A carga da proba. Disposicións xerais en materia de proba. A proba documental. Teoría xeral. A práctica da proba documental.

Tema 10. Concepto de documento. Clases: os documentos públicos e privados. Valor probatorio. A presentación de documentos, ditames, informes e outros medios ou instrumentos.

Tema 11. O interrogatorio das partes. O interrogatorio de testemuñas. Especialidades aplicables ás administracións públicas. O ditame de peritos. O recoñecemento xudicial. Outros medios de proba; as presuncións.

Tema 12. A sentenza: requisitos. Os seus efectos xurídicos: cousa xulgada formal e material. Outras formas de terminación do proceso: renuncia, desistencia, violación, transacción, satisfacción extraprocesual e carencia sobrevinda de obxecto; especial referencia á disposición da acción procesual polo letrado da Xunta de Galicia. A suspensión do proceso; a suspensión do curso dos autos para elevar consulta. A caducidade.

Tema 13. A eliminación do proceso. O acto de conciliación. A arbitraxe. Requisitos e procedemento arbitral. Recursos contra o laudo. Os efectos económicos do proceso; as custas.

Tema 14. Tipos de procesos de coñecemento. O xuízo común. Ámbito. Alegacións iniciais: demanda, contestación e reconvención; efectos da pendencia do proceso. A audiencia previa ao xuízo. O xuízo. A sentenza.

Tema 15. O xuízo verbal. As medidas cautelares no proceso civil.

Tema 16. Os procesos especiais (I). Os procesos sobre capacidade, filiación, matrimonio e menores: disposicións xerais. Procesos sobre a capacidade das persoas. Procesos sobre filiación, paternidade e maternidade.

Tema 17. Os procesos especiais (II). Os procesos sobre capacidade, filiación, matrimonio e menores: procesos matrimoniais e de menores: especial referencia á oposición ás resolucións administrativas en materia de protección de menores e o procedemento para determinar a necesidade de asentimento na adopción. O proceso monitorio. O xuízo cambiario.

Tema 18. Referencia aos procesos especiais (III). Os xuízos sucesorios; natureza. O ab intestato: a declaración de herdeiros. A división xudicial de patrimonios: o procedemento para a división da herdanza.

Tema 19. A execución forzosa: disposicións xerais. Os títulos executivos. A eficacia en España das sentenzas ditadas polos tribunais estranxeiros. A execución en diñeiro (I): disposicións xerais.

Tema 20. A execución pecuniaria (II). Requirimento de pagamento. O embargo de bens. Terzarías de dominio e de mellor dereito.

Tema 21. O procedemento de constrinximento: disposicións xerais para a realización dos bens embargados. Valoración dos bens embargados. Particularidades da execución de bens empeñados.

Tema 22. A execución non pecuniaria. Execución de sentenzas en que se condene a administracións públicas. A execución provisional de resolucións xudiciais.

Tema 23. A impugnación do proceso. Clases de recursos. Disposicións xerais. O recurso de reposición. O recurso de apelación.

Tema 24. O recurso de casación: concepto e fin. Requisitos: resolucións contra as cales procede; motivos do recurso. Procedemento. Efectos da sentenza. O recurso de casación en materia de dereito civil de Galicia.

Tema 25. O recurso extraordinario por infracción procesual. Requisitos: resolucións contra as cales procede; motivos do recurso. Tramitación. Efectos da sentenza. A revisión das sentenzas firmes. Recursos que pode utilizar o demandado rebelde.

Tema 26. Dereito concursal: a Lei concursal. O concurso. A declaración do concurso: orzamentos e procedemento. A Administración concursal. Efectos da declaración do concurso.

Tema 27. Informe da administración concursal e a determinación das masas activa e pasiva. As fases do convenio ou liquidación.

Tema 28. Cualificación do concurso. Conclusión e reapertura. Normas procesuais xerais e o sistema de recursos. Referencia ás normas de dereito internacional.

Tema 29. Xurisdición voluntaria: concepto e natureza. Das normas comúns en materia de tramitación dos expedientes de xurisdición voluntaria. Clasificación dos actos de xurisdición voluntaria.

Segunda parte.

Tema 30. O proceso penal. Normas para determinar a competencia no proceso penal. Cuestións pre-xudiciais. Modos de iniciación do proceso penal: denuncia, querela e iniciación de oficio.

Tema 31. As partes no proceso penal. A rebeldía. O sumario: referencia ás principais dilixencias sumariais. Recursos contra as resolucións dos xuíces de instrución e letrados da Administración de xustiza.

Tema 32. O auto de procesamento e recursos contra el. Citación, detención e prisión provisional. Dereitos e tratamento de detidos e presos; asistencia letrada ao detido. Medidas de aseguramento das responsabilidades pecuniarias.

Tema 33. Período intermedio de sobresemento ou elevación a xuízo oral. Artigos de pronunciamento previo. Cualificacións. Realización do xuízo oral.

Tema 34. O procedemento abreviado para determinados delitos. Proceso por aceptación de decreto.

Tema 35. O tribunal do xurado: composición e competencias. Procedemento das causas perante o tribunal do xurado. Recurso de apelación. Referencia aos procesos penais especiais.

Tema 36. A apelación contra sentenzas e determinados autos. A casación en materia penal; as súas formas, preparación. Queixa por denegación do testemuño. A revisión en materia penal.

Tema 37. O proceso contencioso-administrativo. Natureza, extensión e límites da orde xurisdicional contencioso-administrativa. Concepto de Administración pública para os efectos do recurso. Cuestións a que se estende o coñecemento e cuestións excluídas desta orde xurisdicional.

Tema 38. Os órganos da orde xurisdicional contencioso-administrativa. Regras determinantes da súa respectiva competencia.

Tema 39. As partes: capacidade, lexitimación; representación e defensa das partes. Obxecto do recurso contencioso-administrativo: actividade administrativa impugnable. Pretensións das partes. Acumulación. Contía do recurso.

Tema 40. Procedemento contencioso-administrativo. Prazos. Medidas cautelares. Procedemento en primeira ou única instancia: dilixencias preliminares; a declaración de lesividade. Interposición do recurso. Anuncio do recurso e reclamación do expediente.

Tema 41. Emprazamento e comparecencia de demandados. Demanda e contestación: requisitos, contido e efectos. Achega de documentos. Trámite para completar o expediente administrativo. Alegacións previas. Proba.

Tema 42. Vista e conclusións: a presentación de cuestións novas. A sentenza: contido. Outros modos de terminación do procedemento. Custas.

Tema 43. O procedemento abreviado. Procedemento contencioso-electoral.

Tema 44. Procedemento para a protección dos dereitos fundamentais da persoa. A cuestión de ilegalidade. Procedemento nos casos de suspensión administrativa previa de acordos.

Tema 45. Recursos contra providencias, autos, dilixencias de ordenación e decretos Recurso de apelación. Resolucións contra as cales procede. Procedemento. Contido e efectos da sentenza.

Tema 46. Recurso de casación. Revisión de sentenzas.

Tema 47. Execución de sentenzas: suspensión e execución destas, extensión dos seus efectos. Incidentes e invalidez de actos procesuais.

Tema 48. A xurisdición social: extensión e límites. Órganos xurisdicionais. As partes do proceso: capacidade e lexitimación. Representación e defensa procesual. Pluralidade de partes. Caracteres xerais do proceso de traballo.

Tema 49. A evitación do proceso. O proceso ordinario. Demanda e admisión. Conciliación e xuízo. Contestación e reconvención, a proba. Conclusións. Dilixencias finais. Acta do xuízo. Sentenza.

Tema 50. Modalidades procesuais. Enumeración. Despedimentos e sancións. Extinción do contrato por causas obxectivas e outras causas.

Tema 51. Vacacións e clasificación profesional. Materia electoral. O proceso de Seguridade Social.

Tema 52. O proceso de conflitos colectivos. O procedemento de oficio. Disposicións comúns aos recursos de suplicación e de casación.

Tema 53. Medios de impugnación. Recursos contra providencias, autos, dilixencias de ordenación e decretos. Aclaración de sentenza.

Tema 54. Recurso de suplicación: decisións susceptibles de recurso, obxecto do recurso, procedemento e efectos.

Tema 55. O recurso de casación. Decisións contra as cales se pode recorrer. Motivos de casación. Procedemento. Efectos. O recurso de casación para a unificación de doutrina.

Tema 56. Execución de sentenzas. Execución definitiva. Disposicións xerais. Sentenzas firmes de despedimento. Condena de entes públicos. Execución provisional. Sentenzas condenatorias ao pagamento de cantidades. Sentenzas de despedimento. Outras sentenzas.

Dereito laboral, sanitario e da Seguridade Social.

Tema 1. As notas configuradoras do traballo obxecto do dereito do traballo: liberdade, remuneración, dependencia e alleidade. A aplicación das normas laborais: principios de ordenación.

Tema 2. O sistema de fontes do dereito do traballo: caracterización xeral. Tipoloxía das normas laborais. A potestade normativa das comunidades autónomas en materia laboral. O convenio colectivo: concepto, partes, elaboración, depósito, publicación, eficacia e tipoloxía. A norma internacional laboral.

Tema 3. O contrato de traballo. O traballador e o empresario: concepto xurídico e legal. Os entes públicos como empregadores. Clases de contrato de traballo atendendo á súa duración. Os contratos temporais: tipoloxía e réxime xurídico. A contratación temporal polas administracións públicas, en especial, a vulneración dos seus límites e as súas consecuencias. Os dereitos fundamentais do traballador.

Tema 4. A xornada de traballo: xornada normal e xornadas especiais. O contrato a tempo parcial e contrato de substitución. As horas extraordinarias. O horario de traballo. Os descansos semanal e festivo. As vacacións anuais.

Tema 5. O salario; a súa protección legal e garantías. O salario mínimo interprofesional. Absorción e compensación de salarios. O Fondo de Garantía Salarial.

Tema 6. Os poderes do empresario: caracterización xeral. O poder de dirección. O poder de variación. O poder disciplinario; a responsabilidade empresarial. A sucesión na titularidade da empresa.

Tema 7. As modificacións do contrato de traballo: tipoloxía. Mobilidade xeográfica. A suspensión do contrato de traballo.

Tema 8. A extinción do contrato de traballo: cadro xeral das causas extintivas. A terminación convencional. Extinción por morte e incapacidade do traballador. Morte, xubilación e incapacidade do empresario e extinción da personalidade contratante. Extinción por forza maior.

Tema 9. Extinción por causas obxectivas. O despedimento colectivo. O despedimento disciplinario.

Tema 10. O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia. O seu convenio colectivo: ámbito, contido e normas principais; especial referencia á provisión de vacantes.

Tema 11. Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de Seguridade Social: estrutura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e servizos comúns.

Tema 12. A acción protectora. As continxencias protexidas: cadro xeral. Prestacións.

Tema 13. As prestacións non contributivas da Seguridade Social: finalidade e clases. Invalidez non contributiva: requisitos e procedemento para a súa obtención. Xubilación non contributiva.

Tema 14. A asistencia sanitaria. Persoas protexidas. Contido: asistencia médica, hospitalización, prestacións farmacéuticas, outras prestacións sanitarias, prestacións de maternidade. As institucións sanitarias da Seguridade Social: clasificación e funcións.

Tema 15. O persoal estatutario dos servizos de saúde: o seu estatuto marco. Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Provisión de prazas, selección e promoción interna.

Tema 16. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario e incompatibilidades.

Tema 17. Réxime de retribucións do persoal estatutario da Seguridade Social. A función inspectora no ámbito sanitario. Especial referencia á ordenación de funcións da inspección dos servizos sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dereito constitucional, comunitario e autonómico.

Primeira parte.

Tema 1. O concepto de constitución: natureza e significado. A Constitución de 1978: proceso de elaboración. Sistemática e estrutura. Características xerais. O bloque de constitucionalidade. A reforma da Constitución.

Tema 2. Valores superiores do ordenamento constitucional. Os principios fundamentais da Constitución. A soberanía. A división de poderes. A representación política. A participación política.

Tema 3. O Estado na Constitución; o significado constitucional do concepto. Estado de dereito. Estado social. Estado democrático.

Tema 4. O Goberno do Estado e a Administración. As funcións do Goberno. A función normativa. A función política. A función administrativa.

Tema 5. A Coroa. O rei; a súa posición constitucional. Funcións do rei. O rei e o Goberno. O rei e as Cortes. O rei e a política internacional. A orde de sucesión. A rexencia e a tutela do rei. Referendo dos actos do rei; as súas formas.

Tema 6. As Cortes Xerais: composición e relacións entre as dúas cámaras. Os privilexios parlamentarios colectivos; referencia aos regulamentos parlamentarios. O goberno interior das cámaras. O funcionamento das cámaras; en especial, os grupos parlamentarios. Os privilexios parlamentarios individuais: a inviolabilidade e a inmunidade parlamentarias.

Tema 7. As funcións das Cortes Xerais. A función lexislativa; tramitación. As funcións económicas e financeiras. A función de control; en especial, a moción de censura e a cuestión de confianza. As Cortes e os tratados internacionais.

Tema 8. Eleccións e normas electorais. Administración electoral. Normas xerais do proceso electoral. Reclamacións electorais. Delitos e infraccións electorais.

Tema 9. O poder xudicial na Constitución. Os seus órganos e goberno. A independencia e a actuación xudicial. Medios de participación popular na Administración de xustiza.

Tema 10. Teoría dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas. Garantías e límites na Constitución española. A suspensión de dereitos. O principio e o dereito fundamental á igualdade.

Tema 11. Dereito á vida e á integridade física e moral. Dereito á liberdade persoal. Dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe; a protección ante o uso da informática e das novas tecnoloxías. Inviolabilidade do domicilio e da correspondencia.

Tema 12. As liberdades de pensamento, expresión e información. A liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. O dereito á educación. O dereito de petición. O dereito á libre circulación.

Tema 13. Dereito de reunión. Dereito de asociación. O dereito á participación nos asuntos públicos; os partidos políticos. Dereito de sindicación. Dereito á folga.

Tema 14. Dereitos e deberes dos cidadáns. Principios reitores da política económica e social.

Tema 15. A defensa xurídica da Constitución: sistemas. O Tribunal Constitucional: natureza e funcións. A súa composición. Competencias do Pleno, salas e seccións.

Tema 16. Disposicións comúns sobre procedemento. O recurso de amparo constitucional. Casos en que procede e prazos. Lexitimación. Suspensión do acto impugnado. Procedemento e sentenza.

Tema 17. Procesos de declaración de inconstitucionalidade. Disposicións xerais. Recurso de inconstitucionalidade e da cuestión de inconstitucionalidade. Efectos das sentenzas. Recurso previo de inconstitucionalidade contra proxectos de estatutos de autonomía e contra propostas de reforma de estatutos de autonomía.

Tema 18. Conflitos constitucionais. Conflitos positivos e negativos das comunidades autónomas co Estado. Conflitos entre órganos constitucionais do Estado. Conflitos en defensa da autonomía local. Impugnacións de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

Tema 19. A organización territorial do Estado na Constitución española. O Estado autonómico; o artigo 2 da Constitución: a autonomía das nacionalidades e rexións. A autonomía local na Constitución; a súa garantía institucional.

Tema 20. O proceso de integración europea: das Comunidades Europeas á Unión Europea. Os tratados constitutivos e as súas modificacións. A cidadanía da UE. A dimensión rexional de Europa; comunidades autónomas e institucións europeas.

Tema 21. Estrutura orgánica das institucións comunitarias. O Consello Europeo. O Parlamento; especial referencia aos procedementos de elaboración de normas. O Consello. A Comisión. O Tribunal de Contas. O Comité Económico e Social.

Tema 22. Concepto e caracteres do dereito comunitario. As súas fontes: dereito orixinario e dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes.

Tema 23. Aplicación e eficacia do dereito comunitario nos países membros. O xuíz nacional na aplicación do dereito comunitario. O dereito comunitario e a Constitución española. As comunidades autónomas e o dereito comunitario. Participación dos entes territoriais non estatais no proceso decisorio.

Tema 24. As liberdades básicas do sistema comunitario. O mercado interior. Libre circulación de mercadorías, de persoas, servizos e capitais.

Tema 25. Normas sobre competencia. Disposicións aplicables a empresas. Axudas outorgadas polos Estados.

Tema 26. As políticas comunitarias e os fondos estruturais. A política agraria común. A política común pesqueira. A política económica e social. A unión económica e monetaria. Outras políticas.

Tema 27. O sistema xurisdicional da UE. O Tribunal de Xustiza. O tribunal de primeira instancia; composición, competencias, procedemento e regras de funcionamento.

Tema 28. O recurso por incumprimento: estudo previo da actividade da Comisión; o ditame motivado. O recurso de anulación. O recurso de inactividade. A cuestión pre-xudicial. A acción de responsabilidade extracontractual.

Segunda parte.

Tema 29. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. A súa reforma: a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.

Tema 30. A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o estatuto no sistema constitucional; o estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o estatuto como norma subordinada á Constitución, posición do estatuto respecto ás demais normas do Estado e da comunidade autónoma.

Tema 31. As bases fundamentais da autonomía galega. O territorio; eficacia territorial das disposicións e actos da comunidade autónoma. Os símbolos de Galicia. O recoñecemento da galeguidade.

Tema 32. Especial referencia á lingua galega; normativa internacional e comunitaria sobre protección dos dereitos lingüísticos. A Carta europea de linguas minoritarias. Dereitos lingüísticos nas relacións entre a Administración e os cidadáns. A Lei 3/1983 de normalización lingüística e normativa de desenvolvemento.

Tema 33. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. O Parlamento de Galicia: o seu carácter e funcións. Composición e funcionamento do Parlamento. O Pleno e as comisións: as súas clases. A Deputación Permanente; as súas funcións. Réxime de sesións. Adopción de acordos.

Tema 34. Eleccións ao Parlamento de Galicia; competencias da Xunta de Galicia para a súa regulación. A Lei electoral de Galicia: a súa estrutura e contido. A circunscrición electoral. A convocatoria electoral. Electores e elixibles.

Tema 35. Os deputados do Parlamento de Galicia. Duración do mandato. Incompatibilidades. Os privilexios parlamentarios colectivos. O Regulamento do Parlamento de Galicia. O goberno interior da cámara. Os privilexios parlamentarios individuais.

Tema 36. A elaboración das leis da comunidade autónoma. A iniciativa lexislativa. A tramitación. Promulgación e publicación das leis. Leis de Galicia: o seu rango e posición constitucional; o principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico. Decretos lexislativos. Regulamentos autonómicos.

Tema 37. A Xunta de Galicia: natureza, composición e funcións. A Presidencia da Xunta de Galicia: as súas funcións e representación. Elección da presidencia.

Tema 38. Relacións da Xunta de Galicia co Parlamento. Información ao Parlamento; presenza dos membros do Goberno perante o Parlamento; interpelacións e preguntas. Cuestión de confianza e moción de censura; os seus efectos. Disolución do Parlamento.

Tema 39. A Administración pública galega no Estatuto de autonomía. Competencias para o establecemento do seu réxime xurídico. A Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia; competencias da comunidade autónoma en relación cos rexistros e o notariado. O Valedor do Pobo.

Tema 40. As competencias das comunidades autónomas: natureza; clases: exclusivas, compartidas, concorrentes. A reserva de competencias ao Estado do artigo 149: normativa básica; a atribución estatutaria de competencias e a cláusula de peche do artigo 149.3º. O control da actividade das comunidades autónomas: o control ordinario e extraordinario.

Tema 41. As competencias da Xunta de Galicia no Estatuto de autonomía. As transferencias de competencias, funcións e servizos do Estado ás comunidades autónomas: as comisións mixtas e os reais decretos de traspasos. A valoración dos servizos transferidos.

Dereito administrativo.

Tema 1. A Administración pública. Actividade administrativa e actividade política. O dereito administrativo. O réxime administrativo: sistemas; trazos fundamentais do español. A consideración non xurídica da Administración: a ciencia da Administración. Transparencia e boas prácticas na actuación da Administración.

Tema 2. Fontes do dereito administrativo. A lei: as súas clases; leis orgánicas e ordinarias. Disposicións do Goberno con valor de lei: decretos leis; decretos lexislativos. Outras fontes do dereito administrativo.

Tema 3. O regulamento: concepto e natureza. Clasificación dos regulamentos: os actos administrativos xerais e as instrucións e ordes de servizo. Procedemento de elaboración e impugnación dos regulamentos.

Tema 4. Os principios de reserva de lei, de xerarquía normativa e de competencia. Nulidade de pleno dereito das disposicións administrativas por infracción daqueles principios. A eficacia normativa do regulamento: a súa inderrogabilidade singular.

Tema 5. As potestades administrativas, o principio de legalidade e as súas manifestacións. A actividade administrativa discrecional e os seus límites. Control da discrecionalidade: estudo especial da desviación de poder. Os conceptos xurídicos indeterminados.

Tema 6. A organización administrativa. O órgano administrativo: concepto e natureza. Clases de órganos; en especial os órganos colexiados. A competencia: natureza, clases e criterios de delimitación. As relacións interorgánicas: coordinación e xerarquía. Desconcentración. Delegación e avocación. Encomenda de xestión. Os convenios de colaboración.

Tema 7. O acto administrativo: concepto e elementos. Actos xurisdicionais, de trámite, provisionais e que poñen fin á vía administrativa. Produción e contido. Motivación. Forma. Eficacia dos actos. A notificación e publicación. A obrigación de resolver. O silencio administrativo nos procedementos por solicitude do interesado e nos procedementos de oficio.

Tema 8. A invalidez dos actos administrativos: nulidade de pleno dereito e anulabilidade. Os actos administrativos irregulares. A validación, conservación e conversión dos actos administrativos. Os erros materiais ou de feito: concepto e tratamento xurisprudencial.

Tema 9. A anulación dos actos administrativos pola propia Administración mediante a revisión de oficio: casos en que é procedente; tramitación. A revisión dos actos na vía xurisdicional por instancia da Administración: declaración de lesividade; requisitos e procedemento. Concepto da revogación; o seu tratamento no dereito vixente.

Tema 10. Os actos administrativos en particular. Estudo da licenza, autorización ou permiso; réxime xurídico. O servizo público. As diferentes formas de xestión dos servizos públicos.

Tema 11. O procedemento administrativo común: a súa natureza e fins. Regulación legal: a cuestión da repartición competencial; ámbito de aplicación da Lei do procedemento administrativo común. Os principios xerais e as garantías do procedemento administrativo. Abstención e recusación.

Tema 12. Os interesados no procedemento administrativo. Concepto, capacidade e representación. Identificación e sinatura dos interesados no prodecemento administrativo. Dereitos dos interesados no seo do procedemento administrativo. Termos e prazos.

Tema 13. Iniciación do procedemento. Disposicións xerais. Iniciación de oficio pola Administración . Iniciación a solicitude do interesado. Ordenación do procedemento. Instrución do procedemento. Tramitación simplificada.

Tema 14. Finalización do procedemento. Disposicións xerais. Resolución. Desistencia e renuncia. A caducidade. A execución forzosa pola Administración dos actos administrativos: os seus medios no dereito vixente. A teoría da «vía de feito». Estudo das súas manifestacións segundo a xurisprudencia.

Tema 15. Os recursos administrativos: concepto, clases e principios xerais da súa regulación. A reformatio in peius: ámbito da súa admisión no noso dereito. Recurso de alzada. Recurso potestativo de reposición. Recurso extraordinario de revisión.

Tema 16. A responsabilidade patrimonial da Administración. Principais teorías. Lexislación española; antecedentes e regulación actual. Procedemento. A responsabilidade das autoridades e persoal. Responsabilidade da Administración por actos dos seus concesionarios e contratistas. A responsabilidade do Estado lexislador.

Tema 17. A potestade sancionadora: principios da potestade sancionadora. Especialidades no inicio dos procedementos de natureza sancionadora. Iniciación por denuncia. Acordo de iniciación. Proposta de resolución nos procedementos de carácter sancionador. Terminación. Especialidades da resolución nos procedementos sancionadores.

Tema 18. A actividade administrativa de romento: normativa de aplicación. A Lei de subvencións de Galicia: concepto, ámbito de aplicación, exclusións. Disposicións comúns ás subvencións públicas: requisitos para o outorgamento das subvencións, órganos competentes, beneficiarios, bases reguladoras da concesión de subvencións, publicidade das subvencións.

Tema 19. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Procedemento de concesión en réxime de concorrencia competitiva. Procedemento de concesión directa. Procedemento de xestión e xustificación de subvencións.

Tema 20. Reintegro das subvencións. Infraccións e sancións en materia de subvencións. O Instituto Galego de Promoción Económica.

Tema 21. Os contratos do sector público: normativa vixente. Obxecto e ámbito de aplicación. Enumeración dos negocios e contratos excluídos. Delimitación dos tipos contractuais. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. Contratos administrativos e contratos privados.

Tema 22. Réxime de invalidez. Do recurso especial en materia de contratación. O Tribunal de Recursos Contractuais de Galicia.

Tema 23. Órgano de contratación. Aptitude para contratar co sector público: normas xerais e normas especiais sobre capacidade. Prohibicións para contratar. Solvencia do empresario. Clasificación das empresas.

Tema 24. Medios para acreditar a solvencia económica e financeira. Medios de acreditar a solvencia técnica nos contratos de obras, subministracións e servizos. Obxecto do contrato. Orzamento e valor estimado. Prezo do contrato. Garantías exixibles nos contratos subscritos coas administracións públicas.

Tema 25. Preparación dos contratos das administracións públicas: expediente de contratación. Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas. Información sobre as condicións de subrogación nos contratos de traballo.

Tema 26. Procedemento aberto. Procedemento aberto simplificado. Procedemento aberto simplificado abreviado. Procedemento restrinxido. Procedementos con negociación. Referencia ao procedemento de diálogo competitivo e de asociación para a innovación.

Tema 27. Normas xerais da adxudicación dos contratos das administracións públicas: procedemento de adxudicación, anuncio de licitación, proposicións dos interesados e presentación da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos. Requisitos e clases de criterios de adxudicación. Aplicación dos criterios de adxudicación. Ofertas anormalmente baixas. Clasificación das ofertas e adxudicación do contrato. Resolución e notificación da adxudicación. Formalización do contrato.

Tema 28. As prerrogativas da Administración nos contratos administrativos. Execución e modificación dos contratos. Suspensión e extinción dos contratos. Cesión e subcontratación. Referencia á racionalización técnica da contratación.

Tema 29. Normas especiais dos contratos de obras: actuacións preparatorias e execución do contrato. Normas especiais do contrato de concesión de obras: actuacións preparatorias e dereitos e obrigacións do concesionario. Normas especiais do contrato de concesión de servizos: actuacións preparatorias e execución do contrato.

Tema 30. Normas especiais do contrato de subministración: execución, cumprimento e resolución. Normas especiais dos contratos de servizos: disposicións xerais, execución e resolución. Órganos de asistencia na contratación e órganos consultivos.

Tema 31. A expropiación forzosa. Concepto e diferenza con figuras análogas. Teorías sobre a súa xustificación e natureza. Lexislación vixente: a repartición competencial. Suxeitos e obxecto da expropiación. O procedemento expropiatorio xeral.

Tema 32. Peculiaridades do procedemento de urxencia. Cita dos procedementos especiais. As garantías do expropiado; a reversión. O Xurado de Expropiación Forzosa da Comunidade Autónoma. Limitacións administrativas de dereitos e servidumes administrativas: diferenzas e réxime xurídico.

Tema 33. O dominio público I: distribución constitucional de competencias e lexislación aplicable. O patrimonio da Xunta de Galicia: bens que o integran, clases. Afectacións e desafectacións. Utilización de bens e dereitos demaniais.

Tema 34. O dominio público II: adquisición de bens e dereitos. Arrendamento de bens inmobles. Explotación de bens e dereitos patrimoniais. Alleamento e gravame. Defensa dos bens e dereitos.

Parte específica.

Tema 35. O Goberno e a Administración do Estado: o Consello de Ministros. A Presidencia e os seus membros. Os ministros. Outras autoridades dos departamentos ministeriais. A Administración periférica do Estado, en especial, o delegado do Goberno nas comunidades autónomas.

Tema 36. A Administración consultiva. O Consello Consultivo de Galicia: composición e funcións.

Tema 37. Órganos superiores e demais altos cargos da Administración autonómica; especial referencia aos titulares das consellerías. O Consello da Xunta de Galicia e a Comisión de Secretarios Xerais. Conflitos de atribucións entre órganos da mesma ou de distinta consellería. A Administración periférica da Xunta de Galicia.

Tema 38. A Administración institucional ou non territorial. Referencia á normativa estatal. Réxime xurídico das entidades instrumentais do sector público autonómico. A Administración corporativa.

Tema 39. A Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia: a asistencia xurídica. A escala e o estatuto persoal dos letrados da Xunta de Galicia. Organización.

Tema 40. Funcións de asesoramento xurídico. Funcións contenciosas. Defensa de funcionarios. A Asesoría Xurídica do Servizo Galego de Saúde.

Tema 41. As entidades locais. Competencias da Xunta de Galicia en materia de réxime local. Lexislación vixente en materia de réxime local. A organización territorial de Galicia. As asociacións locais: as mancomunidades, os consorcios, os convenios e outras formas asociativas.

Tema 42. O municipio: concepto; elementos: a poboación e o territorio; a alteración de termos municipais. Organización. Competencias. Referencia á organización dos municipios de gran poboación. A provincia: elementos. Organización. Competencias. Referencia aos réximes especiais municipais e provinciais.

Tema 43. Orde e seguridade cidadá: competencias da Xunta de Galicia; réxime xeral. A Policía de Galicia. As policías locais; a súa coordinación. Competencias da Xunta de Galicia en materia de protección civil, emerxencias.

Tema 44. A sanidade pública. Competencias da Xunta de Galicia e servizos traspasados. A ordenación sanitaria e farmacéutica de Galicia, en especial, o Servizo Galego de Saúde: organización e competencias.

Tema 45. A Administración e o ensino. Competencias da Xunta de Galicia. O sistema educativo. Os centros docentes. A autonomía universitaria; o Sistema universitario galego.

Tema 46. A cultura. Competencias da Xunta de Galicia. O Consello da Cultura Galega. O patrimonio histórico-artístico. Museos, bibliotecas e arquivos. O deporte.

Tema 47. A acción administrativa en materia de agricultura e gandaría. Competencias da Xunta de Galicia. Estruturas agrarias. Mellora da estrutura territorial agraria. Desenvolvemento rural. Vías pecuarias.

Tema 48. Os montes: disposicións xerais e competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime xurídico dos montes. Xestión, conservación e protección forestal. Especial referencia á prevención de incendios forestais. Os montes veciñais mancomunados.

Tema 49. Pesca, marisqueo e cultivos mariños: competencias da Xunta de Galicia. A regulación xurídica do sector. A caza e a pesca fluvial; competencias da Xunta de Galicia.

Tema 50. Costas; competencias da Xunta de Galicia. Delimitación, protección e utilización do dominio público marítimo-terrestre. Os portos: competencias da Xunta de Galicia; organización administrativa.

Tema 51. Augas terrestres: competencias da Xunta de Galicia. O dominio público hidráulico. Organismos de bacía. Utilización do dominio hidráulico. Exame especial das concesións de augas. A planificación hidrolóxica.

Tema 52. Minas: teorías sobre a propiedade mineira e criterio do ordenamento español. Competencias da Xunta de Galicia. Clasificación e réxime de explotación dos xacementos mineiros e outros recursos xeolóxicos, en particular, os permisos de explotación e de investigación e as concesións de explotación.

Tema 53. A intervención administrativa no sector industrial e enerxético. A Administración e o ambiente. Competencias da Xunta de Galicia. O réxime xurídico de protección ambiental: avaliación de impacto ambiental. Os espazos naturais protexidos.

Tema 54. O comercio interior. A delimitación competencial entre o Estado e a Xunta de Galicia. Réxime xeral do comercio polo miúdo; especial referencia aos horarios comerciais. A intervención administrativa en materia de consumo.

Tema 55. As obras públicas: competencias da Xunta de Galicia. Estradas: competencias da Xunta de Galicia. Réxime xurídico xeral. Transportes: competencias da Xunta de Galicia e réxime xurídico xeral.

Tema 56. Urbanismo. O deseño competencial na materia. O réxime urbanístico do solo; clasificación; os plans de ordenación: clases, formación, aprobación, publicación e efectos.

Tema 57. Sistemas de execución. Disciplina urbanística. As valoracións urbanísticas. Patrimonios públicos do solo. Aspectos rexistrais da actuación urbanística.

Tema 58. Acción administrativa en relación coa vivenda: competencias da Xunta de Galicia. O Instituto Galego da Vivenda e Solo. A Lei de vivenda de Galicia; referencia á ordenación da edificación. Vivendas de promoción pública.

Tema 59. As telecomunicacións: o seu réxime xurídico. Especial referencia á radio e á televisión; a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. A Administración e o turismo; competencias da Xunta de Galicia.

Tema 60. Emprego público (I). Réxime legal e competencias da Xunta de Galicia. Clases de persoal ao servizo da Xunta de Galicia. Ordenación da actividade profesional; especial referencia á provisión de postos. Adquisición e perda da relación de servizo.

Tema 61. Emprego público (II). Dereitos dos empregados públicos; especial referencia á carreira profesional e promoción interna, aos dereitos retributivos e ao dereito á negociación colectiva. Xornada de traballo, permisos e vacacións. Deberes dos empregados públicos; código de conduta.

Tema 62. Emprego público (III). Situacións administrativas. Réxime disciplinario. Réxime de incompatibilidades.

Facenda pública.

Primeira parte.

Tema 1. A facenda pública como disciplina e como rama do ordenamento xurídico. A Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: estrutura e contido. Principios xerais. Contido da facenda autonómica. Prescrición dos créditos.

Tema 2. O orzamento: concepto, natureza e clases. Os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia: a estabilidade orzamentaria e os principios básicos da súa estrutura. Contido. Elaboración, aprobación. Prórroga.

Tema 3. Os créditos e as súas modificacións. Gastos plurianuais. Anulacións de créditos e regulación das obrigacións. As modificacións dos créditos. Créditos extraordinarios, suplementos e créditos ampliables. Transferencias de crédito; competencias e límites. Xeracións de crédito.

Tema 4. A Intervención da Xunta de Galicia, dos seus organismos e das empresas públicas. Formulación e tramitación de reparos. Principios básicos da contabilidade pública.

Tema 5. O gasto público: concepto e procedemento de execución; autorización, fases do gasto e ordenación dos pagamentos. Os ingresos públicos: concepto e clasificación. Prescrición de capital e xuros.

Tema 6. Os tributos: concepto, natureza e clases. A Lei xeral tributaria: estrutura. Disposicións xerais do ordenamento tributario; especial referencia aos principios tributarios contidos na Constitución. Normas tributarias.

Tema 7. A Axencia Tributaria de Galicia. Disposicións xerais sobre os tributos: a relación xurídico-tributaria. As obrigacións tributarias. Obrigacións e deberes da Administración tributaria.

Tema 8. Os obrigados tributarios: dereitos e garantías; clases. A capacidade de obrar na orde tributaria. O domicilio fiscal.

Tema 9. Elementos de cuantificación da obrigación tributaria. A débeda tributaria: disposicións xerais; formas de extinción.

Tema 10. Garantías. A aplicación dos tributos: principios xerais. Normas comúns sobre actuacións e procedementos tributarios.

Tema 11. Actuacións e procedemento de xestión tributaria: disposicións xerais. Os procedementos de xestión tributaria.

Tema 12. Actuacións e procedemento de inspección: disposicións xerais. O procedemento de inspección; iniciación, desenvolvemento e terminación.

Tema 13. Actuacións e procedemento de recadación: disposicións xerais. O procedemento de constrinximento; iniciación, desenvolvemento e terminación. Procedemento fronte a responsables e sucesores. Organización recadatoria da Xunta de Galicia.

Tema 14. A potestade sancionadora na orde tributaria: principios. Disposicións xerais. Clasificación das infraccións e sancións tributarias. O procedemento sancionador tributario.

Tema 15. Revisión de actos tributarios en vía administrativa: normas comúns. Procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas: disposicións xerais; os órganos; especial referencia aos órganos da Xunta de Galicia.

Tema 16. Reclamacións económico-administrativas: os interesados, capacidade, lexitimación, representación e dirección técnica. Actos impugnables. Extensión da competencia do órgano revisor. Requisitos das actuacións. Suspensión dos actos impugnados.

Tema 17. Procedemento xeral económico-administrativo: o procedemento en única ou primeira instancia. Recursos. O procedemento abreviado.

Segunda parte.

Tema 18. O imposto sobre a renda das persoas físicas: concepto e natureza. Feito impoñible. Exposición das normas fundamentais sobre os suxeitos pasivos. Período impositivo. Base impoñible. Débeda tributaria: base líquida, cota e débeda tributaria.

Tema 19. Imposto sobre sociedades. Concepto e natureza. Feito impoñible. Exposición das normas fundamentais sobre os suxeitos pasivos. Base impoñible. Período impositivo. A débeda tributaria.

Tema 20. O imposto sobre o patrimonio: concepto e natureza. Feito impoñible. Os suxeitos pasivos. Base impoñible. Débeda tributaria. Xestión do imposto.

Tema 21. Imposto sobre sucesións e doazóns. Feito impoñible. Suxeitos pasivos e responsable do imposto. Base impoñible. Normas especiais sobre certos bens e dereitos. Base liquidable. Débeda tributaria. Obrigacións formais. Xestión do imposto.

Tema 22. Imposto sobre o valor engadido. Natureza e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeitos pasivos e pagamento do imposto. Tipo impositivo. Sistema de deducións e devolucións. Réximes especiais. Normas básicas sobre a xestión do imposto.

Tema 23. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Natureza. Normas xerais. Normas sobre transmisións patrimoniais.

Tema 24. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (continuación). Normas sobre operacións societarias. Normas sobre actos xurídicos documentados. Xestión do imposto.

Tema 25. O financiamento das comunidades autónomas. A Lei orgánica de financiamento das comunidades autónomas: principios xerais. O Consello de Política Fiscal e Financeira. Recursos das comunidades autónomas. Asignacións do Fondo de Compensación Interterritorial e dos fondos comunitarios.

Tema 26. A potestade tributaria das comunidades autónomas. Os seus límites. Tributos cedidos polo Estado; especial referencia ás competencias normativas e de xestión asumibles polas comunidades autónomas. Participación nos tributos estatais non cedidos.

Tema 27. Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.

Tema 28. Facendas locais: os seus recursos. Tributos: normas xerais. Imposición e ordenación. Os impostos municipais sobre bens inmobles e actividades económicas. Referencia a outros impostos municipais.

Tema 29. O Tribunal de Contas. Consello de Contas de Galicia. A Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia. Competencias. Organización e funcionamento.

Dereito penal.

Tema 1. Concepto do dereito penal. Fontes do dereito penal. O Código penal: estrutura. Aplicación das normas penais no tempo e no espazo. Interpretación das normas penais.

Tema 2. Teoría xeral do delito. Concepto de delito no Código penal español. Os seus elementos. Acción, tipicidade, antixuridicidade, culpabilidade e punibilidade.

Tema 3. Circunstancias que eximen de responsabilidade criminal. Exame das circunstancias atenuantes, agravantes e mixtas no Código penal.

Tema 4. Vida do delito. A excepcionalidade na punición da provocación, proposición e conspiración. Tentativa de delito. O delito consumado.

Tema 5. O suxeito activo do delito. Autores e cómplices. A responsabilidade penal das persoas xurídicas. O encubrimento.

Tema 6. Formas de aparición do delito. O delito continuado. O delito masa. Concurso de delitos: concurso real e concurso ideal. Concurso de leis.

Tema 7. Teoría xeral da pena. Clases de penas. Regras de aplicación das penas. As medidas de seguridade.

Tema 8. A extinción da responsabilidade criminal. A responsabilidade civil derivada da responsabilidade criminal; especial referencia á responsabilidade civil subsidiaria das administracións públicas. Os custos procesuais. Outras consecuencias accesorias da responsabilidade criminal.

Tema 9. Parte especial do dereito penal. Aspectos fundamentais dos delitos contra a vida e a integridade física e moral; especial referencia á violencia de xénero. Aspectos fundamentais dos delitos contra a liberdade, a liberdade sexual, contra a honra e a intimidade. Omisión do deber de socorro.

Tema 10. Os delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica. Breve referencia ao furto, o roubo, a extorsión e as usurpacións e danos.

Tema 11. Os delitos contra os dereitos dos traballadores. Os delitos contra a ordenación do territorio. Protección penal do patrimonio histórico. Os delitos contra os recursos naturais e o ambiente.

Tema 12. O delito de incendio. As falsidades. Delitos contra a Administración de xustiza.

Tema 13. Delitos contra a Administración pública (I). Concepto de autoridade e funcionario público a efectos penais. Prevaricación. Abandono do destino e do deber de perseguir certos delitos. Desobediencia e denegación de auxilio. Infidelidade na custodia de documentos e violación de segredos.

Tema 14. Delitos contra a Administración pública (II). Suborno. Malversación. Tráfico de influencias. Fraudes e exaccións ilegais. Negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios e abusos no exercicio da súa función.

Tema 15. Delitos contra a Facenda pública e contra a Seguridade Social. O delito fiscal e a fraude de subvencións.

Tema 16. As leis penais especiais. As relacións entre a xurisdición penal e a potestade sancionadora da Administración; en especial, o principio non bis idem.