Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2023 Páx. 42163

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 29 de xuño de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 29 de xuño de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro) e modificado pola Resolución do 6 de outubro de 2020 (DOG núm. 206, do 13 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, unha vez recibido o informe da Escola Galega de Administración Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, formulado mediante escrito do 23 de xuño de 2023, a que se refire o punto sexto da Resolución do 9 de maio de 2023 (DOG núm. 93, do 16 de maio), pola que se regula o período de prácticas das cinco persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria,

ACORDA:

Primeiro. Declarar aptas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base III da convocatoria que figuran no anexo deste acordo, e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Resolución do 9 de maio de 2023 da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 93, do 16 de maio).

A orde de prelación, que se recolle no anexo deste acordo, establécese en conformidade coa puntuación obtida no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

Segundo. Propor ás persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro deste acordo para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interporse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2023

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal

ANEXO

Nº de orde

NIF

Apelido 1

Apelido 2

Nome

1º ex.

2º ex.

3º ex.

Conc.

Curso selectivo

Total

311

***8588**

Lis

Álvarez

Ruth Belén

26,59

15,38

Exento/a

1,00

Apto/a

42,97

312

***1710**

Dacruz

López

Laura

26,34

16,50

Exento/a

0,00

Apto/a

42,84

313

***5729**

López

Mouriño

Patricia

25,74

17,06

Exento/a

0,00

Apto/a

42,80

314

***4359**

Pérez

Trigo

Benjamín

25,91

16,88

Exento/a

0,00

Apto/a

42,79

315

***8532**

Mantilla

Martínez

Ada Vanessa

27,78

15,00

Exento/a

0,00

Apto/a

42,78