Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2023 Páx. 42166

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, de cinco persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro) e modificada pola Resolución do 28 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro); e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria, esta consellería, de acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, as cinco novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro) e modificada pola Resolución do 28 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e que figuran no anexo ordenadas de acordo coa puntuación final obtida; e adxudicarlles como destinos provisionais, no mesmo posto adxudicado no seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas, pola Resolución do 9 de maio de 2023 (DOG núm. 93, do 16 de maio), segundo o disposto nas bases V.5 e V.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Nomeamento de persoal funcionario de carreira no corpo auxiliar
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgr.

Niv.

311

***8588**

Lis Álvarez, Ruth Belén

SAC991000036001023

Posto base subgrupo C2

SA

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos Periféricos

Pontevedra

C2

12

312

***1710**

Dacruz López, Laura

EIC991000015001047

Posto base subgrupo C2

EM

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos Periféricos

Coruña (A)

C2

12

313

***5729**

López Mouriño, Patricia

SAC991000215001023

Posto base subgrupo C2 (Tarxeta Sanitaria)

SA

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria (A Coruña)

Servizos Periféricos

Coruña (A)

C2

12

314

***4359**

Pérez Trigo, Benjamín

FCA291000015001040

Auxiliar administrativo/a

FC

Delegación A Coruña

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Coruña (A)

C2

12

315

***8532**

Mantilla Martínez, Ada Vanessa

FCA291000015001043

Auxiliar administrativo/a

FC

Delegación A Coruña

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos)

Coruña (A)

C2

12