Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2023 Páx. 42468

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 30 de xuño de 2023 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2021/22, convocados pola Orde do 7 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 55, do 20 de marzo).

A Orde do 7 de marzo de 2023 (DOG núm. 55, do 20 de marzo), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2021/22, establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizada polo xurado de selección a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións provisionais obtidas polas persoas candidatas, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección e a proposta da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2021/22 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por delegación de competencia establecida na Orde do 29 de xullo de 2022 (DOG núm. 151, do 9 de agosto), no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2021/22

Nº inscrición

Apelidos e nome

Familia profesional

Cód. centro

Centro educativo

Importe

2385000100

Ferreiroa Mosquera, Mauro

Actividades físicas e deportivas

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

2302000194

Martíns Lago, Tamara

Administración e xestión

15003224

IES Fernando Blanco

1.000 €

2305000081

Roca Paz, Ányela

Agraria

15013254

CFEA de Sergude

1.000 €

2300000073

López Hinojosa, Aldara

Artes gráficas

15021469

CIFP Leixa

1.000 €

2318000212

Rivas Otero, Alba

Comercio e márketing

36019529

IES Ribeira do Louro

1.000 €

2359000075

Penas López, Iván

Edificación e obra civil

15024513

CIFP Someso

1.000 €

2336000131

Rodríguez Posada, Paula

Electricidade e electrónica

36011609

CPR Colegio Hogar Afundación

1.000 €

2341000180

Pol López, Artur

Enerxía e auga

27006528

CIFP As Mercedes

1.000 €

2323000255

Cancela Seijas, José Manuel

Fabricación mecánica

27016625

IES Illa de Sarón

1.000 €

2390000149

Salvado Millán, Yolanda

Hostalaría e turismo

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

2359000175

Eiris Garaboa, José Manuel

Imaxe e son

15027800

CIFP Imaxe e Son

1.000 €

2380000152

Taboada Senaz, Ernesto

Imaxe persoal

27015311

IES A Pinguela

1.000 €

2349000122

Fernández Vázquez, Miguel Alejandro

Industrias alimentarias

27011718

CPR Belarmino Fernández Iglesias

1.000 €

2320000084

Castro Blanco, Armando

Informática e comunicacións

36018173

IES de Teis

1.000 €

2334000163

López Rey, Brais

Instalación e mantemento

15026376

IES Punta Candieira

1.000 €

2382000176

Álvarez Gallego, Noelia

Madeira, moble e cortiza

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

1.000 €

2399000016

Piñeiro Budiño, José Javier

Marítimo-pesqueira

36011804

Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico

1.000 €

2352000204

Pampín Gómez, Carla

Química

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

1.000 €

2348000142

Caamaño Outón, Laura

Sanidade

15026731

IES Campo de San Alberto

1.000 €

2352000018

Álvarez Felgar, Tania

Seguridade e ambiente

15006742

IES Concepción Arenal

1.000 €

2336000106

Domínguez Táboas, Óscar

Servizos socioculturais e á comunidade

36005427

CPR Plurilingüe Lar

1.000 €

2361000136

Fernández Pérez, Raquel

Téxtil, confección e pel

36013448

CIFP Manuel Antonio

1.000 €

2379000260

Couceiro Bañol, Juan Diego

Transporte e mantemento de vehículos

27006528

CIFP As Mercedes

1.000 €