Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2023 Páx. 42471

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS631A).

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 27, puntos 23 e 24, asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social e en promoción do desenvolvemento comunitario, respectivamente.

En virtude deste título competencial aprobouse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, que ten por obxecto estruturar e regular, como servizo público, os servizos sociais en Galicia para a construción do Sistema galego de benestar.

Posteriormente, a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, avanzando no enfoque da inclusión social activa, deseñou un sistema que integra as prestacións económicas de activación/inserción vinculadas a proxectos de carácter social e formativo.

Este enfoque da inclusión social activa, anteriormente recollido na Estratexia para a inclusión social de Galicia 2014-2020, está consolidado como unha das prioridades da Unión Europea e dos Estados membros e resulta prioritario para os fondos estruturais. Neste sentido, o Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados, establece no seu artigo 5 que o Fondo Social Europeo Plus (en diante, FSE+) prestará o seu apoio, entre outros, ao obxectivo político «Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais», e o Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013, establece entre os seus obxectivos xerais lograr unha protección social xusta e unha sociedade inclusiva e cohesionada que aspire a erradicar a pobreza e cumprir os principios establecidos polo piar europeo de dereitos sociais, para o que establece como obxectivos específicos fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos, así como promover a integración social das persoas en risco de pobreza ou exclusión social, incluídas as persoas máis desfavorecidas e a poboación infantil.

A Unión Europea asume como prioridade converterse nunha organización cunha economía intelixente, sustentable e inclusiva que goce de altos niveis de emprego, de produtividade e de cohesión social.

Para lograr a converxencia entre España e a Unión Europea, Galicia deberá aumentar a súa taxa de emprego e mellorar as condicións de empregabilidade propoñendo oportunidades de integración social e laboral, especialmente entre aqueles grupos que teñen unha menor participación no mercado de traballo e que presentan un maior risco de exclusión.

Un dos tres piares en que se basea a inclusión social activa é o acceso a uns servizos de calidade, o que implica, no ámbito dos servizos sociais, a complementariedade entre os diversos axentes que operan no territorio e a importancia de complementar a acción pública coa execución de accións e proxectos por parte das entidades de iniciativa social debidamente autorizadas. Neste senso, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería de Política Social e Xuventude, como órgano superior que ten asumidas as competencias da Xunta de Galicia en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de inclusión social, servizos comunitarios e inmigración, en virtude do Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a súa estrutura orgánica, considera adecuado fomentar o cumprimento dos fins das entidades de iniciativa social que se axusten aos requisitos de autorización, calidade e complementariedade, e aumentar a súa capacidade de acción para loitar contra a exclusión social.

A este fin responde esta convocatoria, onde se establecen subvencións dirixidas a entidades privadas de iniciativa social para a prestación de servizos sociais no ámbito dos servizos sociais comunitarios e da inclusión social, incluíndo aqueles específicos en favor da poboación inmigrante, pois estas institucións, ao traballaren directa e continuadamente coas persoas e familias afectadas por factores de exclusión social, coñecen de primeira man as súas necesidades, características e posibilidades, así como os instrumentos máis eficaces para potenciar as súas capacidades e promover a súa participación social e o seu acceso ao mundo laboral.

Baixo esta perspectiva, a orde convoca e regula o procedemento de concesión de varios tipos de axudas. En primeiro lugar, aquelas dirixidas á cobertura de necesidades básicas como o aloxamento e manutención, as cales constitúen, en moitos casos, un primeiro nivel de atención que brinda ás persoas usuarias o acceso ao resto dos recursos dispoñibles. Outras tipoloxías de axudas van dirixidas á promoción de actuacións e á formulación e desenvolvemento de programas dirixidos a complementar, ampliar ou innovar a actuación dos servizos sociais comunitarios, tanto mediante o impulso da especificidade na atención de persoas ou ámbitos con características singulares, como mediante o complemento da acción que estes levan a cabo.

Así, na Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, dáse unha énfase especial aos procesos vinculados á inclusión sociolaboral, tanto a inclusión básica como de transición ao emprego das persoas usuarias dos servizos, establecendo unha liña de axudas destinada ao desenvolvemento de accións de capacitación persoal para a mellora da empregabilidade das persoas en situación ou risco de exclusión social, así como ao traballo de acompañamento social e ao apoio preciso para facilitar a participación das persoas destinatarias nos proxectos de inclusión sociolaboral. As actividades financiadas neste caso terán como obxectivo o apoio ou reforzo ás persoas que, polo distanciamento dos seus vínculos persoais co contorno social ou a súa condición de inmigrante, precisan dun acompañamento técnico que facilite e/ou posibilite a súa inclusión social e laboral, e terán por obxecto tanto a adquisición de habilidades e destrezas coma a formación básica adaptada ás súas necesidades, como a preparación para a avaliación das competencias clave exixibles para o acceso normalizado á formación e cualificación profesional. Igualmente, serán obxecto de financiamento as actuacións de dinamización en territorios en exclusión severa que teñan como obxectivo o intercambio de experiencias, vivencias, aprendizaxes e problemáticas comúns e as súas posibles solucións.

Con base en todo o exposto, a Consellería de Política Social e Xuventude, en virtude das súas competencias en materia de inclusión social, considera de especial interese a posta en marcha de medidas dirixidas a compensar as dificultades que presentan determinados colectivos, impulsando o desenvolvemento de actuacións como as que serán obxecto da concesión de subvencións a través desta orde.

A presente orde pretende impulsar programas baseados principalmente na atención a persoas que atravesan por procesos de enfraquecemento dos seus vínculos persoais e/ou sociais e que precisan dun acompañamento técnico que facilite e/ou posibilite a súa inserción social e laboral. Dentro deste contexto, os perceptores de rendas mínimas, persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social e as persoas inmigrantes, entre outros, considerásense grupos vulnerables e, polo tanto, susceptibles de ser destinatarios de accións que os acompañen no seu proceso de cambio. Estas tipoloxías de programas serán cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nunha porcentaxe do 60 %, a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e, en particular no obxectivo político 4 «Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais»; prioridade 2 «Inclusión social e loita contra a pobreza»; obxectivos específicos ESO4.8 «Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos» e ESO4.9 «Promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países, incluídos os inmigrantes», e medidas 2.H.04 «Mellora da inclusión socio laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social a través de itinerarios integrados e personalizados de inserción que abarcan medidas de distintos ámbitos» e 2.I.01 «Itinerarios ou programas de inserción sociolaboral que combinen varias medidas dirixidos a migrantes», respectivamente.

Por outra banda, é necesario continuar os programas específicos xa iniciados e financiados a través de anteriores convocatorias para reverter a situación das persoas sen fogar en Galicia. Son programas integrais que atenden as múltiples necesidades destas persoas, desenvolvendo itinerarios de inclusión específicos, reforzando o acompañamento e realizando accións de promoción do acceso e mantemento da vivenda. É por iso que esta convocatoria recolle un programa específico dirixido a subvencionar prestacións a persoas sen fogar.

Esta orde de convocatoria axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo, en todo caso, aos principios básicos de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Tamén serán de aplicación as normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2021-2027, e a normativa europea, entre outros o Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, e o Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme ao disposto no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e polo Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Xuventude,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto a convocatoria do réxime de concesión de axudas ás entidades privadas de iniciativa social para a promoción da actuación de servizos sociais comunitarios e de inclusión social nos anos 2023 a 2025 que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, leven a cabo a través da atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e a través do desenvolvemento dos programas e/ou servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante.

O código deste procedemento administrativo é BS631A.

2. Quedan fóra do obxecto das subvencións convocadas e reguladas nesta orde as actividades e proxectos que teñan principalmente os seguintes contidos:

a) Promoción da saúde pública, asesoramento sobre enfermidades crónicas, divulgación das características e efectos dunha determinada enfermidade ou outras problemáticas de índole sanitaria, salvo as dirixidas á prevención das discapacidades, especialmente enfermidade celíaca e fenilcetonuria. Estas actividades e proxectos deberán, en todo caso, establecer criterios de progresividade social na atención ás persoas e familias.

b) Realización de actividades lúdicas, culturais, de lecer ou recreo.

Artigo 2. Financiamento

1. Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total de dezanove millóns setecentos trinta mil catrocentos vinte e cinco euros (19.730.425 €) distribuído en tres anualidades, que se imputarán ás aplicacións orzamentarias que se indican:

Aplicación

2023

2024

2025

Total

13.03.312A.481.3

2.340.000,00 €

3.900.000,00 €

1.625.000,00 €

7.865.000,00 €

13.03.313C.481.6

2.573.758,00 €

5.300.000,00 €

2.208.333,33 €

10.082.091,33€

13.03.312C.481.0

366.667,00 €

1.000.000,00 €

416.666,67 €

1.783.333,67€

Total

5.280.425,00 €

10.200.000,00€

4.250.000,00 €

19.730.425,00€

As partidas 13.03.313C.481.6 e 13.03.312C.481.0 destinaranse ás actuacións establecidas no artigo 4.1.b).2º e 3º e serán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), nunha porcentaxe do 60 %, a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e, en particular, dentro do obxectivo político 4 «Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais»; prioridade 2 «Inclusión social e loita contra a pobreza»; obxectivos específicos ESO4.8 «Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos» e ESO4.9 «Promover a integración socioeconómica dos nacionais de terceiros países, incluídos os inmigrantes», e medidas 2.H.04 «Mellora da inclusión socio laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social a través de itinerarios integrados e personalizados de inserción que abarcan medidas de distintos ámbitos» e 2.I.01 «Itinerarios ou programas de inserción sociolaboral que combinen varias medidas dirixidos a migrantes», respectivamente

A partida 13.03.312A.481.3 destinarase ao financiamento das actuacións establecidas no artigo 4.1.a), funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social, e no artigo 4.1.b).1º, actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos, financiada con fondos propios da Xunta de Galicia

2. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda co informe previo favorable da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, actualmente está prevista a designación da Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as entidades privadas de iniciativa social a que se refire o artigo 30 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, sempre e cando reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos acreditarase que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución destas, o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu labor con carácter gratuíto, de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

c) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.

e) Dedicarse, con carácter preferente en concordancia cos seus estatutos, á realización de actuacións recollidas no artigo 1.

2. Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.

3. Dentro dos límites da lexislación autonómica, tamén poderán ser beneficiarias destas subvencións as agrupacións de persoas xurídicas privadas sen personalidade xurídica, sempre que poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou estean na situación que motiva a concesión da subvención.

A agrupación deberá facer constar expresamente na solicitude os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Cada unha das entidades membro da agrupación deberá estar inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais de Galicia, e cumprir os requisitos e obrigas para ser beneficiarias da subvención.

4. No suposto de subvencións para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social, ademais do disposto nos números anteriores, a entidade deberá contar coa autorización para o inicio de actividades prevista no Decreto 254/2011, do 23 de decembro.

No momento da solicitude será suficiente con presentar unha copia da solicitude do permiso de inicio de actividades en que conste a data no rexistro de entrada. O órgano instrutor verificará que as entidades solicitantes teñen concedido o mencionado permiso con data anterior á da notificación da resolución da subvención que corresponda.

Artigo 4. Actuacións subvencionables

1. Serán subvencionables dous tipos de servizos e prestacións:

a) Funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social. Inclúese neste tipo o funcionamento daqueles centros que complementen os ámbitos de intervención social do Sistema Galego de Servizos Sociais neste nivel de atención, os cales se especifican no artigo 3 da Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, e que corresponden ás seguintes tipoloxías:

1º. Albergues.

2º. Centros de acollida.

3º. Comedores sociais.

4º. Centros de atención social continuada.

5º. Centros de día e inclusión social.

b) Actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos ou prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión de atención integrada nos termos establecidos no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de inclusión, incluída aquela dirixida de xeito exclusivo á poboación inmigrante:

1º. Actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos. Inclúese os seguintes servizos coa seguinte desagregación por programas:

1º.1. Servizos de atención ás necesidades básicas:

1º.1.1. Servizo da cobertura de necesidade de alimento.

1º.1.2. Servizo de provisión de recursos básicos (hixiene, roupeiro, lavandaría, apoio material, entre outros).

1º.1.3. Servizo de atención de rúa e/ou servizo de atención urxente.

1º.2. Servizos de prevención e primeira atención, que comprenderá os programas de valoración, orientación e información dirixidos a identificar situacións de risco e factores de vulnerabilidade, así como a informar sobre os recursos e prestacións do Sistema galego de servizos sociais.

2º. Actuacións comprendidas dentro dos servizos de apoio á inclusión sociolaboral, servizo de formación adaptada e servizo de intervención comunitaria en territorios en exclusión:

2º.1. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral. Dentro deste servizo financiaranse:

2º.1.1. Da sección de inclusión básica. Comprende as prestacións de diagnose; deseño; seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou sociolaboral; acompañamento social; accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, incluídas as dirixidas á mellora da administración da economía familiar; o reforzo socioeducativo para menores; o apoio socioeducativo para a adhesión a tratamentos de prescrición facultativa.

2º.1.2. Da sección de inclusión e transición ao emprego. Comprenderá as prestacións de diagnose; deseño; seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou sociolaboral; acompañamento social; accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, incluídas as dirixidas á mellora da administración da economía familiar; as accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral; a mediación laboral; a prospección e intermediación laboral activa; o reforzo socioeducativo para menores; apoio socioeducativo para a adhesión a tratamentos de prescrición facultativa.

2º.1.3. Prestación de apoio á conciliación prestada como complementaria e de apoio a outra prestación subvencionada nesta convocatoria, debendo ser prestada pola mesma entidade que realice a actividade complementada.

2º.1.4. Prestacións do servizo de apoio á inclusión residencial. Este servizo inclúe accións de apoio ás persoas en procesos de inclusión sociolaboral que, debido aos seus baixos ingresos e/ou outros factores de discriminación, teñen dificultades de acceso ou mantemento da estabilidade residencial. Subvenciónanse as prestacións obrigatorias da sección de promoción do acceso e mantemento da vivenda: intermediación inmobiliaria, prevención da discriminación no mercado da vivenda e acompañamento nos procesos de transición a recursos residenciais estables e a prestación opcional de mediación e resolución de conflitos relacionados coa vivenda.

2º.2. Prestacións do servizo de formación adaptada. Excepcionalmente, poderanse subvencionar fóra do servizo de apoio á inclusión sociolaboral as accións de formación adaptada cando desenvolvan contidos relacionados coas medidas comprendidas nas prioridades transversais da Estratexia de inclusión social de Galicia, entre as que se inclúe a formación en alfabetizacións e adquisición de coñecementos básicos dixitais e a formación vinculada coa redución da vulnerabilidade das persoas en risco ou situación de exclusión social con baixa cualificación, nelas inclúese a formación en competencias clave, preparación para as probas de adquisición do título de educación secundaria obrigatoria (ESO) e educación secundaria para adultos (ESA).

2º.3. Prestacións do servicio de intervención comunitaria en territorios de exclusión. Comprenderá as prestacións de dinamización social comunitaria. Tratarase de actuacións en territorios en exclusión severa, que aproveiten espazos de dinamización comunitaria ou de interrelación xeracional ou interterritorial e teñan por finalidade tanto compartir experiencias, vivencias e aprendizaxes, como debater problemáticas comúns relativas á análise das potencialidades tanto económicas como sociais do territorio e as súas posibles solucións, sempre que exixan a presenza e dedicación de persoal dinamizador ou experto. Para os efectos desta orde, entenderase que un territorio sofre exclusión severa cando a súa dispersión, recente perda de poboación e/ou dificultades de comunicación por estrada impidan ou dificulten de xeito importante o desenvolvemento destes espazos de comunicación.

Serán persoas beneficiarias das actuacións que se subvencionen no número 1.b).2º as perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou membros da súa unidade de convivencia, as persoas en situación ou risco de exclusión derivadas da rede de equipos de inclusión sociolaboral e, en xeral, as afectadas por factores de exclusión social. Neste último suposto a situación de exclusión social acredítase mediante declaración responsable da entidade de que o beneficiario está nesa situación.

Para a consideración destes factores observarase o establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

Na ficha de descrición da actuación (anexo IV) deberán quedar reflectidos os criterios de selección das persoas destinatarias e o seu perfil.

3º. Atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo da poboación inmigrante. Inclúense as seguintes prestacións:

3º.1. As actuacións que se sinalan no número 1.b).2º adaptadas ás necesidades específicas destas persoas.

3º.2. Prestacións do servizo de promoción da participación social como accións formativas de alfabetización e competencia oral nas linguas oficiais de Galicia e accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores e características da sociedade de acollida.

3º.3. Prestación do servizo de asesoramento técnico especializado en materias propias de estranxeiría, que consistirá na información, asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia, homologacións de títulos, reagrupamentos familiares, nacionalidade e demais cuestións relacionadas coa nacionalidade.

3º.4. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral. Ademais das incluídas no ordinal 3º.1 subvenciónase a prestación de mediación social e/ou intercultural, dirixida á integración das persoas inmigrantes. Esta prestación deberá levaraa a cabo persoal especializado en distintos ámbitos, como sanidade, educación, vivenda ou outros, a través de accións de acompañamento presencial ou de sensibilización directa na contorna social próxima das persoas con que se levan a cabo as accións de mediación, que teñan por finalidade o respecto e o fomento de actitudes de tolerancia coa diversidade cultural. As accións de sensibilización non poderán representar máis dun 7 % do importe da axuda concedida para esta actuación.

Serán persoas beneficiarias dos programas ou actuacións subvencionadas neste punto as persoas inmigrantes que acrediten documentalmente tal condición ou a súa orixe estranxeira e estean en risco de exclusión social de acordo co establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, ou nunha situación de vulnerabilidade derivada da súa condición de inmigrante; esta situación acreditarase mediante declaración responsable da entidade, xunto coa fotocopia do documento acreditativo da identidade de persoa estranxeira.

Tamén participarán neste programa aquelas persoas solicitantes ou beneficiarias de protección internacional que poidan chegar á Comunidade Autónoma galega.

Na ficha de descrición da actuación do anexo IV deberán quedar reflectidos os criterios de selección das persoas participantes e o seu perfil.

2. Poderán solicitarse un máximo de catro actuacións para cada unha das tipoloxías do número 1.b) indicando a súa orde de prioridade, agás as que conteñan un contido formativo dos ordinais 2º.2 e 3º.2. Esta limitación non será de aplicación á tipoloxía do número 1.a).

3. Todas as accións comprendidas nos números 1.b).2º e 1.b).3º serán deseñadas, desenvoltas e avaliadas incorporando a perspectiva de xénero, o cal significa que se estudará en que medida a variable xénero inflúe nos procesos de exclusión e se terán en conta as diferentes circunstancias, expectativas e necesidades que teñen os homes e as mulleres a que se dirixen polo simple feito de seren home ou muller.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Para os efectos desta orde, consideraranse gastos subvencionables das actuacións singularizadas establecidas no artigo 4, número 1.a) e 1.b), os seguintes:

a) Gastos directos: terán esta consideración os que a continuación se relacionan sempre que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que, polo tanto, se refiran inequivocamente a ela:

1º. Gastos de persoal propio da entidade: serán subvencionables as retribucións totais correspondentes ao persoal asignado á execución do programa, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social e a parte proporcional da paga extraordinaria que lle corresponda.

2º. Gastos de persoas traballadoras por conta propia para a realización de actividades subvencionadas.

3º. Axudas de custo e gastos de viaxe, que se rexerán na súa contía pola normativa establecida nos convenios colectivos aplicables.

4º. Gastos por seguros de accidentes do alumnado e participantes que cubran os riscos derivados da actividade subvencionada.

5º. Indemnizacións aboadas en beneficio dos participantes nas operacións do FSE+ (bolsas por asistencia á acción formativa).

6º. Gastos de intermediación con empresas para a realización de prácticas non laborais.

7º. Gastos de material formativo.

8º. Alugamento de maquinaria específica.

b) Gastos de carácter indirecto: terán a dita consideración os que a continuación se relacionan sempre que non se correspondan en exclusiva coa actuación subvencionada por ter carácter estrutural, pero resulten necesarios para a súa realización:

1º. Gastos de persoal.

2º. Gastos en material funxible.

3º. Gastos de alugamento e mantemento das instalacións que comprende os gastos de luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade.

2. En todo caso, as actuacións do artigo 4.1.b).2º e 3º deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados, no Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1296/2013, e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2021-2027.

3. O período de referencia para a imputación dos gastos relativos a todas as axudas reguladas na presente orde será do 1 de maio de 2023 ao 30 de abril de 2025.

4. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos serán resoltas pola Consellería de Política Social e Xuventude por propia iniciativa ou por petición de calquera das entidades solicitantes.

5. Con respecto ás subvencións establecidas no artigo 4.1.a) e 4.1.b), non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán como gastos subcontratados aqueles en que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actuación subvencionada, tales como a contratación de persoal monitor, alugamento de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministracións relacionados con elas, sempre que non sexan provistos pola mesma persoa física ou xurídica.

De acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no suposto de que o importe de cada un destes gastos supere os umbrais establecidos para os contratos menores (15.000 € sen IVE para o ano 2023), para o caso de subministracións e servizos, a entidade beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes empresas provedoras, con carácter previo á contracción do compromiso para prestación do servizo, agás no caso de que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número delas ou que os gastos se realizasen con anterioridade á solicitude da subvención, aspecto que terán que acreditar.

Artigo 6. Compatibilidade das axudas

1. A percepción de axudas para actuacións recollidas no artigo 4.1.a) e 4.1.b).1º é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado. As subvencións para actuacións recollidas no artigo 4.1.b).2º e 4.1.b).3º son incompatibles coa percepción de calquera outra axuda pública de fondos comunitarios para a mesma actuación.

2. No caso de entidades solicitantes de subvención para accións recollidas no artigo 4.1.a) e 4.1.b).1º que sexan perceptoras doutras axudas para a mesma finalidade concedidas por outra entidade, deberán acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

Nos casos das subvencións para accións recollidas no artigo 4.1.b).2º e 3º nos supostos en que se declare algunha outra axuda ou ingreso compatible para financiar actuacións subvencionadas, o importe da subvención que corresponda despois de aplicar os módulos correspondentes, diminuirase na mesma contía que o ingreso percibido.

3. As subvencións para o funcionamento de centros recollidas no artigo 4.1.a) non son compatibles coa reserva de prazas efectuada entre a entidade solicitante e a Xunta de Galicia mediante calquera das modalidades de contratación administrativa nin coa existencia dun convenio de colaboración especificamente asinado para o mantemento de centros e subvención de actividades.

Artigo 7. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As entidades privadas de iniciativa social interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación xeral:

a) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á designada no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

b) Memoria da entidade, segundo o modelo do anexo II, que conteña os datos básicos de identificación e, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo.

c) No caso das agrupacións sen personalidade xurídica, deberán xuntar un documento onde consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención que se aplicará a cada un deles.

2. Para a solicitude de subvención de funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social establecida no artigo 4.1.a) achegarase o anexo III, que conterá os seguintes aspectos:

1º. Tipo de centro para o cal se solicita a subvención.

2º. Identificación do centro e da persoa responsable. No caso de non contar coa autorización para o inicio de actividades prevista no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, deberán achegar a copia da solicitude do permiso de inicio de actividades.

3º. Horario de atención ás persoas usuarias, número de días de apertura coa desagregación reflectida no anexo III.

4º. Perfil das persoas usuarias e réxime económico aplicado.

5º. Número de prazas autorizadas. Número previsto de persoas usuarias/día.

6º. Outras unidades e recursos: módulo de unidades familiares, de media estadía, recursos extra e existencia doutros recursos similares na zona de influencia.

7º. Recursos humanos dispoñibles.

8º. Descrición das características técnicas do centro.

9º. Declaración dos gastos previstos, que deberá presentarse de xeito separado para as actuacións previstas do 1.5.2023 ata o 30.11.2023, do 1.12.2023 ata o 30.11.2024, e do 1.12.2024 ata o 30.4.2025.

A información mínima requirida no anexo III poderá ser ampliada, á discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.

3. Para a solicitude de subvencións para a promoción de actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos, ou prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión de atención integrada, ademais do servizo de promoción da participación social dirixida, no marco desta orde, de xeito exclusivo á poboación inmigrante, establecidas no artigo 4.1.b), achegarase un anexo IV por cada actuación solicitada que conterá os seguintes aspectos:

a) Datos da entidade solicitante.

b) Denominación da actuación.

c) Tipo de actuación.

d) Xustificación da necesidade social e localización territorial.

e) Obxectivos e descrición xeral da actuación que deberá estar adaptada ás persoas destinatarias, a cal deberá incorporar a perspectiva de xénero nos termos definidos no artigo 4.

f) Descrición dos recursos humanos e materiais que se van utilizar para garantir o axeitado desenvolvemento da actuación, especificando a titulación e dedicación horaria do persoal á actuación para a que se solicita a subvención.

g) Cronograma da/das actuación/s: a/as descrición/s conterá/n o período temporal de desenvolvemento da actuación, con indicación do seu número total de horas e/ou, no caso de que sexa necesario pola súa natureza, días, semanas ou meses de execución efectiva, así como o número previsto de persoas usuarias, coa desagregación reflectida no anexo. Esta descrición deberase presentar desagregada, recollendo de xeito separado as actuacións previstas en cada anualidade subvencionable, segundo o establecido no anexo IV. A información para a valoración da solicitude para as actuacións do artigo 4.1.b).1º será a prevista desde o 1.5.2023 ata o 30.11.2023, do 1.12.2023 ata o 30.11.2024, e do 1.12.2024 ata o 30.4.2025.

Nas actuacións de tipo formativo distinguirase o número de horas e as unidades didácticas ou módulos en que se divida, con expresión da duración de cada un deles.

h) Perfil e criterios de selección das persoas destinatarias para a actuación e para cada unha das súas fases. Indicarase, de ser o caso, a/as problemática/s específica/s das persoas usuarias. No caso de solicitudes tipo 4.1.b).2º e 4.1.b).3º, este punto deberá axustarse ao establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro.

i) Metodoloxía que se vai empregar no desenvolvemento da actuación, a cal deberá incorporar a perspectiva de xénero e describir os axustes que se introducirán en función dos roles diferentes que asumen homes e mulleres na sociedade e que poden condicionar o acceso e a calidade da súa participación.

j) Avaliación cualitativa prevista.

k) Para as actuacións do artigo 4.1.b).1º, unha declaración de gastos previstos, que deberá presentarse de xeito separado para as actuacións previstas desde o 1.5.2023 ata o 30.11.2023, do 1.12.2023 ata o 30.11.2024, e do 1.12.2024 ata o 30.4.2025.

l) Se é o caso, declaración responsable prevista no artigo 4.1.b).2º de que a persoa beneficiaria está en situación de exclusión social.

A información mínima requirida no anexo IV poderá ser ampliada, á discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.

m) Información complementaria para a valoración da actuación.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.

b) Documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Grupo de cotización dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados á execución dos programas subvencionados.

g) Situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de anexo I de solicitude e/ou no anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, segundo o caso, e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Instrución dos procedementos

1. A instrución dos procedementos corresponde á subdirección xeral competente en materia de programas de inclusión. O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos, conforme o establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o órgano instrutor requirirá as entidades interesadas para que, nun prazo improrrogable de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aquelas actuacións que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á Comisión encargada da súa valoración, regulada no artigo 13.

As solicitudes ou actuacións que non cumpran as exixencias contidas nesta orde ou na normativa de aplicación ou que non conteñan a documentación necesaria quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución desestimatoria ou de non admisión, que deberá ser motivada. A resolución será notificada nos termos establecidos no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. No exercicio das súas funcións, o órgano instrutor poderá solicitar informe ao órgano administrativo con competencias en materia de autorización e inspección de servizos sociais acerca do grao de cumprimento da normativa en materia de inscrición de entidades e autorización dos centros e/ou programas de servizos sociais e tamén informes dos servizos técnicos pertinentes, tanto a nivel central como territorial, os cales non terán carácter preceptivo nin vinculante. Así mesmo, poderá requirir das entidades solicitantes das subvencións información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

Artigo 12. Procedementos de concesión e criterios de valoración

1. Para as actuacións do artigo 4.1.a), dada a súa natureza e finalidade, a concesión das subvencións será baixo o réxime de concorrencia non competitiva, ao abeiro do artigo 19.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que o órgano competente procederá ao rateo, entre as entidades beneficiarias da subvención, da cantidade de 7.865.000,00 €, coa seguinte distribución: 2.340.000,00 € en 2023, 3.900.000,00 € en 2024 e 1.625.000,00 € en 2025.

O crédito sobrante distribuirase para as actuación da tipoloxía do artigo 4.1.b.1º.

2. Para as actuacións da tipoloxía do artigo 4.1.b.1 asignarase un mínimo de 300.000 €, coa seguinte distribución: 87.500 € en 2023, 150.000 € en 2024 e 62.500 € en 2025. En todo caso na tipoloxía 4.1.b).1º atenderase en primeiro lugar ás solicitudes para cubrir as necesidades básicas e, unha vez atendidas estas, continuarase coas solicitudes para as actividades informativas.

O crédito sobrante distribuirase para as actuacións da tipoloxía do artigo 4.1.a). No caso de sobrante de crédito nestas tipoloxías asignarase ás actuacións da tipoloxía do artigo 4.1.b.2º e b.3º.

Para as actuacións da tipoloxía do artigo 4.1.b).2º e 4.1.b).3º asignarase unha cantidade de 11.865.425,00 €, dos cales 2.940.425,00 € corresponden a 2023, 6.300.000,00 € a 2024 e 2.625.000,00 € a 2025. Esta contía distribuirase entre elas de xeito proporcional ao número de horas das actuacións solicitadas e admitidas de cada tipoloxía susceptibles de ser baremadas, reservando un mínimo de 350.050,60 € en 2023; 750.000,00 € en 2024 e 312.000 € en 2025 para aqueles programas que teñan por destinatarias a persoas sen fogar ou en exclusión severa, nomeadamente para o desenvolvemento das medidas recollidas no eixe 4 (Enfoque inclusivo da vivenda) do Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023.

3. O procedemento de concesión das subvencións para actuacións singularizadas do artigo 4.1.b) que constitúan a totalidade ou parte dun programa de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos e para a atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social, incluíndo aquelas dirixidas de xeito exclusivo á poboación inmigrante, atenderá a un réxime de concorrencia competitiva.

De non esgotarse todo o crédito destinado a unha tipoloxía de actuación poderá ser utilizado no resto das tipoloxías previstas neste número sempre que se respecten os principios de elixibilidade que establezan os fondos financiadores das ditas axudas.

4. No caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda pero que se desestiman por terse esgotado o crédito dispoñible, quedarán en reserva para seren atendidas, ben co crédito que quedase libre por producirse algunha renuncia ou por modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ou ben por incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención, de acordo co establecido nos artigos 30.2 e 33.7 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas, as cales respectarán a orde de prelación previamente realizada.

5. Os criterios de valoración das actuacións previstas no artigo 4.1.b).1º, 2º e 3º serán os seguintes cun máximo de 100 puntos por proxecto, distribuídos do seguinte xeito:

a) Criterios comúns para as actuacións do artigo 4.1, serán os seguintes:

1º. Definición de obxectivos, puntuarase ata 7 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: o proxecto non establece obxectivos, 0 puntos; o proxecto establece obxectivos xenéricos, sen definir accións específicas para levalas a cabo, sen cronograma de realización, ata 2 puntos; o proxecto establece obxectivos con asignación de accións específicas para súa execución, pero desvinculados dun cronograma preciso de execución, sen asignación de medios para realizalo ou medios imprecisos, nin sistemas de seguimento e avaliación das accións, ata 5 puntos; o proxecto establece obxectivos con asignación de accións específicas para súa execución, están vinculados a un cronograma preciso de execución, con asignación de medios precisos para realizalo e previsión de sistemas de seguimento e avaliación das accións, ata 7 puntos. Para a puntuación, terase en conta a información contida no anexo de valoración.

2º. Derivación de servizos sociais comunitarios, puntuarase ata 20 puntos. A puntuación asignarase conforme a seguinte escala: máis do 25 % das persoas atendidas na actuación son derivadas dos servizos sociais comunitarios, 7 puntos; máis do 50 % das persoas atendidas na actuación son derivadas dos servizos sociais comunitarios, 10 puntos; máis do 75 % das persoas atendidas na actuación son derivadas dos servizos sociais comunitarios, 15 puntos; todas as persoas atendidas na actuación son derivadas dos servizos sociais comunitarios, 20 puntos. Para valorar este criterio será necesario achegar un documento dos servizos sociais comunitarios coas persoas que ten previsto derivar ou do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar ou equivalente cando se trate de derivacións dos centros penitenciarios. No caso de que o documento non precise o número de persoas ou porcentaxe de persoas que se derivan, puntuarase con 7 puntos.

3º. Experiencia da entidade no ámbito da inclusión social, considerada en función do número de anos que desde o actual leva dedicándose ininterrompidamente a este labor, puntuarase 1 punto por ano, ata un máximo de 4. Para a puntuación terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.

4º. Número de profesionais contratados/as dedicados/as a labores de inclusión no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, puntuarase ata 2 puntos. A puntuación asignarase conforme a seguinte escala: de 3 a 10 persoas, 0,5 puntos; de 10 a 20 persoas, 1 punto; de 20 a 50 persoas, 1,5 punto; máis de 50 persoas, 2 puntos. Para a puntuación terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.

5º. Antigüidade do persoal dedicado á inclusión superior a 2 anos en relación coa totalidade do cadro de persoal, puntuarase ata 3 puntos. A puntuación asignarase conforme a seguinte escala: máis do 30 % e ata o 50 % do persoal, 1 punto; máis do 50 % y ata o 70 % do persoal, 2 puntos; máis do 70 % do persoal, 3 puntos. Para a puntuación terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.

6º. Emprego de persoas perceptoras da Risga ou persoas que se encontran en situación de exclusión social, puntuarase con 1 punto por cada persoa contratada ata un máximo de 2. Para a puntuación, terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.

7º. Emprego de persoas maiores de 45 anos nos últimos dous anos sobre o total do cadro de persoal, puntuarase con un punto por cada persoa ata un máximo de 2. Para a puntuación, terase en conta a declaración responsable contida no anexo IV de valoración.

8º. Certificado de calidade. Asignaranse 2 puntos se a entidade conta con certificado de calidade en vigor con base na norma ONG con calidade ISO 9001:2015, EFQM u outros sistemas de calidade que garantan o control de procesos e programas. Para valorar este criterio será necesario achegar certificado da entidade normalizadora.

9º. Promoción da igualdade de xénero. Puntuarase con 5 puntos se a entidade conta cun plan de igualdade nos termos da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, e do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Para a puntuación terase en conta a declaración responsable contida no anexo IV de valoración.

b) Os criterios específicos para as actuacións previstas no artigo 4.1.b).1º serán os seguintes:

1º. Número de persoas atendidas, ata 8 puntos. A puntuación asignarase conforme a seguinte escala: de 0 a 100, 1 punto; de 101 a 500, 2 puntos; de 501 a 1.000, 4 puntos; de 1.001 a 2.000, 6 puntos; máis de 2.000, 8 puntos. Para a puntuación terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.

2º. Coordinación cos servizos sociais dos concellos e outras entidades sociais, ata 10 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: sen coordinación con servizos sociais dos concellos e outras entidades sociais, 0 puntos; coordinación con servizos sociais dos concellos ou con outras entidades sociais, 5 puntos; coordinación con servizos sociais dos concellos e mais outras entidades sociais, 10 puntos. Para a puntuación terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.

3º. Cofinanciamento con outras fontes, ata 10 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: sen acceso a outras fontes de financiamento externas á entidade, públicas ou privadas, 0 puntos; acceso a outras fontes de financiamento procedentes da Consellería de Política Social e Xuventude, 5 puntos; acceso a outras fontes de financiamento procedentes de entidades, públicas ou privadas, diferentes da Consellería de Política Social e Xuventude, 10 puntos. Para a puntuación terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.

4º. Persoal voluntario. Por dispoñer de persoal voluntario, ata 8 puntos. A puntuación asignarase conforme a seguinte escala: sen persoal voluntario, 0 puntos; de 1 a 10 persoas voluntarias, 4 puntos; máis de 10 persoas voluntarias, 8 puntos. Para a puntuación terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.

5º. Necesidade que se vai atender, ata 17 puntos. A puntuación asignarase conforme os seguintes criterios: necesidades básicas, 17 puntos; prevención e primeira atención, 8 puntos.

c) Os criterios específicos para as actuacións previstas no artigo 4.1.b).2º e 3º serán os seguintes:

1º. Necesidade social do programa, ata 5 puntos. A puntuación asígnase conforme os seguintes criterios: o proxecto non explicita a necesidade social, 0 puntos; o proxecto refire a necesidade social de forma xenérica, sen explicitar como o programa vai facer fronte de maneira concreta á necesidade social, ata 1 punto; define claramente a necesidade social, na zona en que vai intervir e do colectivo con que se traballa, pero non indica medidas detalladas de como o programa lle vai facer fronte a ela, ata 2 puntos; define claramente a necesidade social, na zona en que vai intervir e o colectivo con que se traballa e indica medidas detalladas de como o programa lle vai facer fronte a ela, ata 5 puntos. Para a puntuación terase en conta a información contida no anexo de valoración.

2º. Innovación. Contido innovador na metodoloxía empregada ou sistemas de organización ou xestión que acheguen valor ao proxecto, ata 4 puntos. A puntuación asígnase conforme os seguintes criterios: o programa non menciona innovacións, 0 puntos; a proposta prevé innovacións da entidade pero non están vinculadas ao desenvolvemento do programa especificamente, ou son innovacións de escasa entidade, ata 1 punto; a innovación está pensada explicitamente para o desenvolvemento do programa que se vai desenvolver e trátase de innovacións importantes e innovadoras, ata 4 puntos. Para a puntuación terase en conta a información contida no anexo de valoración.

3º. Realización de prácticas non laborais, 5 puntos. Valórase cando a natureza da actuación sexa axeitada á práctica laboral. Para valorar este criterio será necesario achegar un compromiso de contratación ou de realización de prácticas non laborais asinado por unha empresa, ou de que a entidade solicitante é promotora ou traballa en coordinación cunha empresa de inserción laboral (EIL) debidamente inscrita no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia.

4º. Cualificación do persoal dedicado ao programa, ata 8 puntos. A puntuación asígnase conforme os seguintes criterios: número de persoas con titulación universitaria dedicadas ao programa, 1 punto por persoa ata un máximo de 4; número de persoas con titulación universitaria de Traballo Social, Educación Social ou titulacións universitarias no ámbito dos servizos sociais, 1 punto por persoa cun máximo de 4, e no caso de persoas con título de ciclo formativo de grao superior no ámbito dos servizos sociais a puntuación será 0,75. Para a puntuación terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.

5º. Auditoría. A entidade conta cunha auditoría externa de contas no último exercicio, 3 puntos. Para valorar este criterio será necesario achegar certificado da entidade auditora.

6º. Actuacións en territorios en situación de exclusión social ou en zonas urbanas de alta concentración de persoas con factores de exclusión, 7 puntos. Para considerar que as accións están a desenvolverse en concellos situados en territorios de exclusión ou en barrios marxinais de cidades con elevada taxa de exclusión ou asentamentos de poboación con alto índice de vivenda inadecuada será necesario achegar documento acreditativo dos servizos sociais do concello afectado. Nos casos en que non informen, tomarase en consideración a declaración realizada pola entidade na solicitude e as fontes de información dispoñibles.

7º. Actuacións de dinamización comunitaria, puntuarase con 4 puntos.

8º. Factores de exclusión, 17 puntos. Asignaranse cando máis do 60 % das persoas beneficiarias da actuación pertenzan a algún dos seguintes colectivos: persoas sen fogar ou que habitan en infravivenda; persoas que procedan de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria; persoas que procedan de institucións de protección ou reeducación de menores; persoas que pertenzan a minorías étnicas ou persoas inmigrantes. Para a puntuación terase en conta a declaración responsable contida no anexo de valoración.

Artigo 13. Comisión de Valoración

1. Conforme ao establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, para os procedementos de concorrencia competitiva previstos no artigo 12.2 crearase unha Comisión de Valoración que será o órgano colexiado encargado de emitir o correspondente informe, no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada, indicando a puntuación e a axuda aplicable en cada caso. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

a) Presidencia: a persoa titular da subdirección xeral competente en materia de programas de inclusión. No caso de ausencia, a suplencia será exercida por unha persoa funcionaria co mesmo rango que a persoa titular e que estea adscrita á dirección xeral competente en materia de inclusión social.

b) Vogais: a persoa titular da xefatura do servizo competente en materia de coordinación de programas de inclusión, a persoa titular da xefatura do servizo de atención ás persoas inmigrantes e un/unha funcionario/a adscrito á subdirección xeral competente en materia de inclusión social.

2. A secretaría do órgano, que actuará con voz pero sen voto, atribuirase a unha persoa funcionaria por proposta da persoa titular da presidencia.

3. En caso de ausencia dalgún membro da Comisión de Valoración, este será substituído pola persoa designada pola presidencia.

Na composición da Comisión de Valoración procurarase acadar unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

4. Para o exercicio das súas funcións, esta comisión poderá ter en conta informes dos servizos técnicos pertinentes, que non terán carácter preceptivo nin vinculante.

5. Unha vez avaliados os expedientes e determinado o importe que lle correspondería a cada actuación, a Comisión presentaralle ao órgano instrutor o informe dos resultados da avaliación efectuada. No caso das actuacións previstas no artigo 4.1.b).2º e 3º, a proposta incluirá, ademais dos importes, as horas das actuacións suxeitas á avaliación que se teñen en conta para fixar o importe da axuda que se concederá.

Artigo 14. Determinación do importe das subvencións

1. Para as subvencións para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social previstas no artigo 4.1.a), a determinación do importe das subvencións tomará como referencia o número de persoas que cada centro prevé atender, coa limitación do número de prazas para as cales estea autorizado, e un importe unitario máximo de axuda por persoa atendida por día en función da tipoloxía de centro, do xeito seguinte:

a) Centros de acollida e inclusión: módulo de 8 € por cada persoa con atención básica por día e módulo de 40 € por cada persoa con atención especializada por día, establecéndose un límite máximo de 350.000 € por centro.

b) Centros de día de inclusión social: módulo de 4 € por cada persoa que se atenda e día, establecéndose un límite máximo de 100.000 € por centro.

c) Albergues: módulo de 7 € por cada persoa que se atenda e día, establecéndose un límite máximo de 100.000 € por centro.

d) Comedores sociais: módulo de 4 € por cada persoa que se atenda e día, establecéndose un límite máximo de 240.000 € por centro.

e) Centros de atención social continuada: módulo de 4 € por cada persoa que se atenda e día, establecéndose un límite máximo de 100.000 € por centro.

2. Nas subvencións previstas no artigo 4.1.b) para actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos ou prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión de atención integrada, ademais daquelas do servizo de promoción da participación social dirixida, no marco desta orde, de xeito exclusivo á poboación inmigrante, unha vez valoradas as solicitudes por tipoloxías conforme os criterios establecidos, obterase unha relación ordenada delas, a cal se empregará como listaxe para a asignación do crédito dispoñible na convocatoria, que se distribuirá do seguinte xeito:

a) Módulo de apoio á inclusión sociolaboral:

1º. Sección de inclusión básica: 20,50 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos ou indirectos, realizado por persoal técnico cunha titulación universitaria, titulación superior de formación profesional complementada cunha dilatada experiencia profesional e/ou formación especializada ou, na súa falta, con coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión, complementados con formación específica no posto de traballo que sexa equivalente á titulación referida.

En todo caso, respectaranse as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos que así estea establecido pola normativa legal, e o seu encadramento profesional será o grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2022-2024 ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación, cun máximo de 3.440 horas para o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación dun/dunha profesional a xornada completa, ou varios profesionais con dedicación parcial. Neste suposto será necesario acreditar un número mínimo de 80 persoas atendidas, das cales o 60 % deberán ter realizado polo menos as prestacións que o Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de inclusión, considera obrigatorias para esta sección: diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral; acompañamento social; accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais.

2º. Sección de inclusión e transición ao emprego: 20,50 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos ou indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación e grupo profesional que no punto anterior, cun máximo de 3.440 horas para o período subvencionable, que corresponden coa dedicación dun/dunha profesional a xornada completa, ou varios profesionais con dedicación parcial. Neste suposto será necesario acreditar un número mínimo de 80 persoas atendidas, das cales o 60 % deberán ter realizado polos menos as prestacións que o Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de inclusión, considera obrigatorias para esta sección: diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral; acompañamento social; accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais; accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral.

O número de persoas atendidas exixido minorarase proporcionalmente en función da dedicación horaria declarada.

Nas dúas seccións se as persoas atendidas son persoas sen fogar ou están en situación de exclusión severa, circunstancia que se fará constar no momento da solicitude, exixirase para unha dedicación a xornada completa a atención de 30 persoas que deberán ter realizado, polo menos, as prestacións obrigatorias elixidas do mesmo xeito que no ordinal anterior.

As persoas que estean a desenvolver un proceso de inclusión xestionado por una entidade local ou o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, en calquera das dúas seccións do apoio á inclusión sociolaboral, non se computarán para acreditar o número mínimo de persoas atendidas.

b) Módulo de formación adaptada/promoción da participación social: 20,50 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos ou indirectos, cun máximo de 3.440 horas para o período subvencionable realizado por persoal técnico coa mesma titulación e grupo profesional que a prevista na alínea a).

Os importes establecidos corresponderán cando teñan dereito á certificación acreditativa da súa realización un mínimo de cinco participantes que teñan acreditada a asistencia, como mínimo, ao 60 % do total das horas da acción formativa.

Para estes efectos, cando a acción formativa transcorra ao longo de varias anualidades, considérase unha única actuación de formación se a maioría dos alumnos son os mesmos.

c) Módulo de medidas de apoio á conciliación: 15,72 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos ou indirectos. As horas máximas subvencionables non poderán superar o total das horas subvencionadas na actuación a que a prestación de conciliación vai vinculada e en ningún caso poderá superar as 3.440 horas, realizadas por persoal técnico con formación académica e/ou profesional de grao medio, ou equivalente, completados cunha experiencia ou titulación profesional necesaria para o desenvolvemento da súa función.

O seu encadramento profesional será como mínimo o grupo profesional III do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2022-2024 ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación,

d) Módulo de mediación social e/ou intercultural: 18,01 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos ou indirectos cun máximo de 3.440 horas realizado por persoal técnico con formación profesional superior de grao medio, ou formación académica equivalente, complementada con coñecementos adquiridos por demostrada experiencia no seu posto de traballo en mediación intercultural, o seu encadramento profesional será o grupo profesional II do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2022-2024 ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.

e) Módulo de asesoramento técnico especializado no ámbito normativo en materia de estranxeiría: 20,50 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos ou indirectos, cun máximo de 3.440 horas para o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación dunha persoa coa titulación en Dereito a xornada completa, e o seu encadramento profesional será o grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social 2022-2024 ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.

f) Módulo de intervención comunitaria en territorios en exclusión severa sempre que comporte a presenza de monitor: 20,50 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos ou indirectos cun máximo de 3.440 horas para a actividade acreditada, e encadramento no mesmo grupo profesional que na letra a). Será necesario xustificar que as persoas atendidas recibiron unha prestación das incluídas no servizo de intervención comunitaria en territorio de exclusión previsto no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro.

g) Módulo de inclusión residencial, dirixido as persoas sen fogar ou exclusión severa: 20,50 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos ou indirectos para a actividade acreditada. O encadramento será o grupo profesional previsto na alínea a). O número de persoas mínimas que se atenderá no período, cun máximo de 3.440 horas, é de 30, rebaixándose proporcionalmente a contía que se pagará no caso de xustificar un número menor de persoas.

h) Módulo de servizos de atención ás necesidades básicas previsto no artigo 4.1.b).1º.1: 12 € por persoa atendida nun período subvencionable de 12 meses. Para estes efectos, establécense dous períodos subvencionables: o primeiro do 1.5.2023 ata o 30.4.2024, o segundo do 1.5.2024 ata o 30.4.2025. En consecuencia, unha mesma persoa poderá ser computada nos dous períodos pero só unha vez en cada un deles.

i) Módulo de servizos de prevención e primeira atención previsto no artigo 4.1.b).1º.2: 5 € por persoa atendida nun período subvencionable de 12 meses. Para estes efectos, establécense dous períodos subvencionables: o primeiro do 1.5.2023 ata o 30.4.2024, o segundo do 1.5.2024 ata o 30.4.2025. En consecuencia, unha mesma persoa poderá ser computada nos dous períodos pero só unha vez en cada un deles

O crédito asignado para cada anualidade de gasto distribuirase en función da puntuación xeral resultante en orde decrecente de tal xeito que, unha vez esgotado o crédito dispoñible para unha das anualidades, continuará asignándose o correspondente a outras anualidades de maneira independente. A anualidade de 2023 comprenderá do 1.5.2023 ata o 30.11.2023, a de 2024, do 1.12.2023 ata o 30.11.2024, a de 2025 do 1.12.2024 ata o 30.4.2025.

A contía máxima de axuda por actuación nas tipoloxías do artigo 4.1.b) establécese nun importe de 98.350 €.

Artigo 15. Resolución

1. A concesión das subvencións obxecto desta orde será resolta pola persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, por proposta do órgano instrutor e unha vez fiscalizada a proposta pola Intervención Delegada.

2. No caso das subvencións recollidas no artigo 4.1.a), que se tramitan polo procedemento de concorrencia non competitiva, o prazo máximo para resolver e notificar as resolucións ás entidades interesadas será de cinco meses, que empezará a contar desde a entrada de cada solicitude no rexistro do órgano competente para resolver.

No caso das actuacións recollidas no artigo 4.1.b), que se tramitan polo procedemento de concorrencia competitiva, o prazo máximo para resolver e notificar as resolucións ás entidades interesadas será de cinco meses, que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta orde. As resolucións estarán motivadas e indicarán a puntuación acadada no proceso de valoración.

Se vence o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada.

3. En todo caso, deberán notificarse a cada beneficiario as condicións da axuda. En particular, no caso das axudas recollidas no artigo 4.1. b).2º e 3º, na resolución de outorgamento da subvención constará a información sobre o cofinanciamento polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nunha porcentaxe do 60 %, con indicación do obxectivo político, prioridade, obxectivo específico e medida. Así mesmo, figurará a identificación do beneficiario, a contía da subvención e obrigas que lle correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deben entregarse ou prestarse, o plan de financiamento, o prazo de execución e, se procede, o método que se aplicará para determinar os custos da operación e as condicións de pagamento da axuda, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

Así mesmo, tamén se informará o beneficiario de que a aceptación da subvención podería implicar a súa aparición na lista de operacións que se publique nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

4. Unha vez recibida a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días a súa aceptación. No caso de non comunicación entenderase tacitamente aceptada en todas as súas condicións.

5. En aplicación do artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, cando a subvención teña por obxecto o financiamento de actuacións recollidas no artigo 4.1.b) e o importe da axuda da proposta de resolución sexa inferior ao que figura na solicitude, poderase instar a entidade beneficiaria a que, nun prazo de dez días, reformule a solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención proposta e/ou formule as alegacións que considere pertinentes. En calquera caso, a reformulación de solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos e que deron lugar ao seu outorgamento. Así mesmo a dita reformulación non poderá comprometer a viabilidade do programa, polo que se deberán manter os gastos necesarios para o seu correcto desenvolvemento.

Artigo 16. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro desta orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ante o mesmo órgano que as ditou, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde a súa notificación, se o acto é expreso, ou seis meses a partir do día seguinte a que se produza o acto presunto, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que coiden oportuno.

Artigo 17. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas ou subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución da subvención por instancia da entidade beneficiaria, sempre que se cumpran os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Será de aplicación ás entidades privadas de iniciativa social das subvencións recollidas na presente orde o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 18. Notificacións e publicacións

1. Nos procedementos para a concesión de subvencións para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social previstos no artigo 4.1.a), as notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo,as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. No procedemento para a concesión de subvencións para realizar actuacións singularizadas, prestacións vinculadas ao desenvolvemento de servizos sociais de inclusión previstos no artigo 4.1.b), publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e a correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Así mesmo, de xeito complementario, poderase efectuar a notificación das resolucións da concesión mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), nos termos establecidos no número 1.

Artigo 19. Obrigas das entidades subvencionadas

1. As entidades beneficiarias das subvencións deberán:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente. En todo caso, as actuacións prestaranse de acordo co establecido na Carteira de servizos sociais de inclusión definida no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, en todos os aspectos que sexan de aplicación.

b) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados.

c) En todo caso, respecto das axudas cofinanciadas polo FSE+, deberán manter rexistros contables independentes ou empregar códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con fondos do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Igualmente, deberán conservar todos os documentos xustificativos relacionados coa operación que reciba axuda do FSE+ durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que a autoridade de xestión do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 efectúe o último pagamento ao beneficiario, nos termos establecidos no artigo 82 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

d) No caso das axudas cofinanciadas polo FSE+, cumprir coas medidas de visibilidade, transparencia e comunicación establecidas no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021. En particular, de conformidade cos artigos 47 e 50 do devandito regulamento, os espazos en que se desenvolvan as actuacións contarán co emblema da Unión Europea xunto coa declaración «Cofinanciado pola Unión Europea». Igualmente, nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a operación nun lugar ben visible para o público. Tamén se fará unha breve descrición da actuación na páxina web e nas contas nos medios sociais, no caso de dispoñer delas, mencionando os obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea. Ademais, en todos os documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da actuación, destinados ao público ou ás persoas participantes, proporcionarase unha declaración que saliente a axuda da Unión Europea de xeito visible.

e) Informar, se é o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Xuventude) e polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), debendo figurar os emblemas correspondentes como mínimo nos partes de asistencia/participación, enquisas de avaliación ou certificados de asistencia e nos documentos que se lles faciliten ás persoas participantes nas actuacións.

f) Adecuar a metodoloxía das actuacións, así como a de recollida e proceso de datos de seguimento e acreditación da realización da actividade de persoas beneficiadas ás fórmulas que, se é o caso, propoña a Consellería de Política Social e Xuventude e, se así é requirido, incorporarse como usuarias da aplicación informática deseñada e implantada para a xestión da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020.

En particular, no caso das axudas cofinanciadas polo FSE+, deberán realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de realización e de resultados previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2021/1057.

Os indicadores de realización relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do/da participante coa actuación subvencionada, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Para estes efectos, facilitarase ás entidades beneficiarias o acceso á aplicación informática de rexistro e almacenamento dos datos de indicadores que poña á súa disposición o organismo intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e os oportunos cuestionarios, que terán que respectar o principio de integridade dos datos.

g) Con respecto ás persoas participantes, recadará información sobre os indicadores de realización e resultado. Para a acreditación deste aspecto, a entidade deberá recadar e custodiar unha declaración das persoas participantes ou outra documentación análoga que lle permita responsabilizarse da súa declaración conxunta perante a Dirección Xeral de Inclusión Social. Esta mesma obriga contraerase cos servizos sociais comunitarios de referencia da persoa participante, cando sexa solicitado para o seguimento da súa intervención social.

Estes indicadores deberán cubrilos e asinalos os participantes e telos á disposición da Consellería de Política Social e Xuventude cando sexan requiridos.

Así mesmo, as entidades beneficiarias deberán custodiar a ficha individualizada de seguimento e os cuestionarios de indicadores de realización e resultado de cada unha das persoas participantes, asinada pola participante, segundo os modelos dispoñibles na aplicación informática de rexistro e almacenamento dos datos de indicadores que poña á súa disposición o organismo intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

h) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social e Xuventude, en especial, os relativos á subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei, e certificado en que se indique o número estimado da poboación beneficiada para a actuación no período subvencionado pola orde de convocatoria.

i) Controlar a asistencia ás accións formativas e expedir certificado de finalización da acción formativa para os participantes que asistisen como mínimo ao 60 % do total das súas horas. Solicitar, de ser o caso, á Dirección Xeral de Inclusión Social a autorización das modificacións que afecten as actuacións subvencionadas cunha antelación de cinco días respecto á data en que se produzan. A autorización considérase outorgada tacitamente unha vez transcorrido o prazo de quince días desde que se recibiu a solicitude.

k) Remitir no prazo de dez días os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social e Xuventude.

l) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, e facilitar a información requirida pola Dirección Xeral de Inclusión Social e polos organismos implicados na verificación do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nos termos establecidos no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021; ás actuacións de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas; ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

En particular, no caso das axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), a entidade beneficiaria quedará sometida ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nos termos establecidos no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo.

Entre a información e a documentación que debe conservarse incluiranse os contratos laborais e os mercantís se se trata de persoal externo; información da situación de alta na Seguridade Social das persoas traballadoras adscritas, das horas dedicadas polos traballadores a cada unha das prestacións e do lugar de impartición. Ademais, deberase conservar a documentación relativa ao control horario, ás verificacións de asistencia e aquela de que dispoñan nos casos en que a titulación exixida poida ser suplida por coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión e complementados con formación específica.

m) Contratar un seguro para o alumnado ou participantes nas actuacións que cubra os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento das actividades e os dos desprazamentos para a asistencia a elas.

n) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

ñ) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

2. Os servizos da Consellería de Política Social e Xuventude poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades de iniciativa social participantes dos requisitos exixidos pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, e pola súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, poderán solicitar informes dos servizos da rede pública de servizos sociais en canto aos aspectos de complementariedade, oportunidade e eficacia dos servizos e actuacións das entidades solicitantes recollidos nel.

3. No que respecta ás obrigas previstas nas alíneas c) e d) de comunicar e informar aos cidadáns de que as actuacións foron cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para xustificar o cumprimento dos indicadores de comunicación previstos no programa, a Dirección Xeral de Inclusión Social solicitará proba documental do cumprimento desta obriga, que deberá ser facilitada no prazo de 10 días. O incumprimento desta obriga ou non proporcionar a proba documental nos prazos exixidos poderá supoñer unha minoración da contía total da axuda na forma prevista no artigo 25.

Artigo 20. Pagamentos anticipados da subvención concedida

1. Nas actuacións da tipoloxía dos artigos 4.1.b).2º e 4.1.b).3º, unha vez notificada a resolución, aceptada e, se é o caso, feita e aceptada a reformulación requirida, da contía concedida en 2023 pagarase o 100 % do importe en concepto de anticipo.

Respecto das contías concedidas para 2024, poderán realizarse anticipos de pagamento. Para iso é necesario que o representante da entidade presente a solicitude do anticipo, a aceptación da subvención e a declaración do inicio da actividade. A estes anticipos aplicarase o disposto no artigo 31.6. da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no seu regulamento, e alcanzarán distintas porcentaxes, dependendo da contía de cada subvención individual concedida. Así, para aquelas axudas que non excedan o importe de 18.000 €, o anticipo alcanzará a porcentaxe do 50 % do importe que se subvenciona da anualidade 2024. Se superan ese importe, a porcentaxe do anticipo será o importe de sumar ao importe fixo de 9.000 € o 10 % da diferenza entre a subvención concedida e a cantidade de 18.000 €.

O anticipo deberá ser solicitado necesariamente no exercicio 2024 e antes do 30 de xuño de 2024.

2. Non se poderán realizar pagamentos anticipados para as actuacións incluídas no artigo 4.1.a) e 4.1.b).1º.

Artigo 21. Pagamentos á conta da subvención concedida

1. Para as subvencións para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social establecidos no artigo 4.1.a), a entidade poderá solicitar pagamentos á conta da liquidación definitiva en función das accións realizadas, cuxo importe total non poderá superar o 80 % da subvención concedida. Para tal fin, establécense os períodos en que se poden solicitar: dous pagamentos á conta desde o 1.5.2023 ata o 30.11.2023, tres desde o 1.12.2023 ata o 30.11.2024, e un desde o 1.12.2024 ata o 30.4.2025. Con cada solicitude de pagamento á conta deberá enviar a documentación prevista no artigo 23.1.

2. Para as subvencións para a prestación de servizos de atención ás necesidades básicas e de primeira atención previstas no artigo 4.1.b).1º, a entidade poderá solicitar un pagamento á conta da liquidación definitiva en función das accións realizadas no período que vai do 1.12.2023 ata o 30.4.2024, e cuxo importe total non poderá superar o 80 % da subvención concedida. A entidade presentará a solicitude deste pagamento á conta con data límite do 31 de xullo de 2024, xunto coa documentación prevista no artigo 23.2.

Artigo 22. Modalidades e prazos de xustificación

1. A xustificación dos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables establecidos no artigo 4.1.b.2º e 4.1.b.3º xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 53.1.b) e d), 53.3.a) e e), 55.2.a) e 56.1 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, de modo independente para cada unha das actuacións subvencionadas.

2. As entidades beneficiarias das actuacións recollidas no artigo 4.1.a) e 4.1.b).1º deberán xustificar cada anualidade de maneira independente.

Ao respecto, a primeira comprenderá a xustificación das actuacións realizadas entre o 1.5.2023 e o 30.11.2023, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5 de decembro de 2023. A segunda anualidade comprende a xustificación das actuacións realizadas entre o 1.12.2023 e o 30.11.2024, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5 de decembro de 2024. A terceira anualidade comprende a xustificación das actuacións realizadas entre o 1.12.2024 e o 30.4.2025, e a xustificación presentarase con data límite do 15 de maio de 2025.

3. Para as entidades beneficiarias das actuacións recollidas nos artigos 4.1.b).2º e 4.1.b).3º, o importe anticipado das actuacións realizadas na anualidade de 2023 e realizadas entre o 1 de maio de 2023 e o 30 de novembro de 2023, ambos incluídos, deberá xustificarse antes do 1 de abril de 2024. A segunda anualidade comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2023 e o 30 de novembro de 2024, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5 de decembro de 2024, incluído. A terceira anualidade comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2024 e 30 de abril de 2025, e a xustificación presentarase con data límite do 5 de maio de 2025.

Artigo 23. Forma de xustificación

1. Para xustificar o funcionamento de centros de inclusión social recollidos no artigo 4.1.a) deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Xustificación dos pagamentos á conta da liquidación definitiva do artigo 21:

1º. Solicitude de pagamento da subvención no anexo V.

2º. Declaración responsable no anexo VI.

3º. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondente ao período que se pretenda xustificar no anexo VII.

4º. Listaxe codificada de persoas usuarias por día á cal se xuntará certificación acreditativa de que os datos que contén a dita listaxe se corresponden cos datos recollidos no libro de rexistro ou fichas en soporte papel do centro. No caso de comedores, albergues, centros de día e centros de atención social continuada, a listaxe a que se refire este ordinal substituirase por unha relación do número de persoas que foron atendidas cada día acompañada da certificación acreditativa.

b) Xustificación de cada anualidade:

A mesma documentación que a requirida para a xustificación dos pagamentos á conta da liquidación definitiva. Memoria de actuación rematada segundo o anexo VIII.

2. Para a xustificación das actuacións recollidas no artigo 4.1.b).1º achegarase a documentación que a continuación se relaciona:

a) Xustificación dos pagamentos á conta da liquidación definitiva do artigo 21:

1º. Solicitude de pagamento, anexo V.

2º. Declaración responsable no anexo VI.

3º. Memoria económica xustificativa e declaración de gastos reais correspondente ao período que se pretenda xustificar no anexo VII.

4º. Listaxe codificada de persoas usuarias, á cal se xuntará certificación acreditativa de que os datos que contén a dita listaxe se corresponden cos datos recollidos nos rexistros ou fichas en soporte papel do centro salvo que se trate de actuacións informativas que se desenvolvan en centros educativos, suposto en que será suficiente presentar unha certificación expedida pola persoa responsable do centro, onde conste o número de persoas asistentes.

b) Xustificación de cada anualidade:

A mesma documentación que a requirida para a xustificación dos pagamentos á conta da liquidación definitiva. Na anualidade en que rematen as actuacións subvencionadas presentarán, ademais, unha memoria segundo o guión establecido no anexo VIII.

3. Documentación que hai que presentar para xustificar as actuacións previstas no artigo 4.1.b).2º e 3º.

a) Xustificación parcial das actuacións que se realizan durante o período subvencionable.

1º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral, requirirá a presentación da seguinte documentación:

1º.1. Solicitude de pagamento parcial, anexo V.

1º.2. Declaración responsable no anexo VI.

1º.3. Memoria económica e xustificativa no anexo VII.

1º.4. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores/as e a persoa responsable da entidade, en que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.

1º.5. Anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta deberá achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

O grupo de cotización dos traballadores asignados a este módulo será o 1 ou o 2. No caso de que a persoa traballadora teña asignado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrada dentro do grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.

2º. No caso das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase:

2º.1. Solicitude de pagamento parcial, anexo V.

2º.2. Declaración responsable do anexo VI.

2º.3. Memoria económica xustificativa do anexo VII.

2º.4. Partes de asistencia das actuacións realizadas no período xustificado onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, e o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade.

2º.5. Anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberá achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

O grupo de cotización dos traballadores asignados a este módulo será 1 ou 2. No caso de que a persoa traballadora teña asignado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrada dentro do grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.

3º. No caso das actuacións de apoio á conciliación, de mediación intercultural e asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría, intervención comunitaria en territorios de exclusión severa e inclusión residencial:

3º.1. Solicitude de pagamento parcial, anexo V.

3º.2. Declaración responsable no anexo VI.

3º.3. Memoria económica e xustificativa no anexo VII.

3º.4. Resumo do total de horas efectivamente dedicadas ao programa polo persoal dedicado á actuación, asinado polo traballador e a entidade responsable.

3º.5. Anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

No caso de que algunha destas persoas traballadoras se opoña á consulta, deberá achegar a documentación acreditativa das ditas circunstancias.

O grupo de cotización dos traballadores que realizan as actuacións de apoio á conciliación será polo menos o catro. No caso de que a persoa traballadora teña asignado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrada dentro do grupo profesional III do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.

O grupo de cotización dos traballadores que realizan as actuacións de mediación intercultural será o 2 ou 3. No caso de que a persoa traballadora teña asignado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrada dentro do grupo profesional II do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.

O grupo de cotización dos traballadores que realizan as actuacións de asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría, prestacións de dinamización comunitaria no marco de desenvolvemento dun servizo de intervención comunitaria en territorios en exclusión e inclusión residencial será o 1 ou 2. No caso de que a persoa traballadora teña asignado outro grupo de cotización, deberá presentar xustificación de que está encadrada dentro do grupo profesional I do Convenio colectivo estatal de acción e intervención social ou equivalente no caso de que a persoa traballadora non estea no seu ámbito de aplicación.

3º.6. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Para iso achegarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén polo traballador e o beneficiario da prestación, de que a persoa realizou a prestación. No caso da inclusión residencial, para a acreditación de que os beneficiarios son persoas sen fogar ou en exclusión severa, presentarase certificado emitido por profesional competente acreditativo da situación.

b) Xustificación para as actuacións finalizadas.

1º. As prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral requirirán a presentación da seguinte documentación:

1º.1. Solicitude de pagamento, anexo V.

1º.2. Declaración responsable no anexo VI.

1º.3. Memoria económica e xustificativa no anexo VII.

1º.4. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade, en que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.

1º.5. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Se as persoas atendidas acadasen todas as prestacións obrigatorias, achegarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén polo traballador e o beneficiario da prestación, de que a persoa realizou as prestacións obrigatorias. Para as persoas atendidas que non acadasen as prestacións obrigatorias, presentarase declaración responsable da entidade de cales foron as persoas e de que se cumpriron para cada unha delas os indicadores de produtividade. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

1º.6. Para as actuacións dirixidas á atención de persoas sen fogar ou exclusión severa presentarase certificado emitido por profesional competente acreditativo da situación.

1º.7. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo IX xa presentado na xustificación parcial do programa, presentarase o anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas novas ou cos datos modificados, referido ou grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

1º.8. Memoria da actuación rematada, anexo VIII.

2º. No caso das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase:

2º.1. Solicitude de pagamento, anexo V.

2º.2. Declaración responsable do anexo VI.

2º.3. Memoria económica xustificativa do anexo VII.

2º.4. Declaración responsable da entidade de cales foron as persoas e de que se cumpriron para cada unha delas os indicadores de produtividade. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

2º.5. Partes de asistencia das actuacións onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade.

2º.6. No caso de que as actuacións se realizase por medios telemáticos, follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas á actuación, asinadas pola persoa traballadora e a persoa responsable da entidade, en que conste un resumo do número total de horas do período subvencionado.

Nestes casos é necesario deixar constancia evidente da efectiva impartición da actividade, tales como capturas de pantalla, exercicios enviados e respondidos, mensaxaría instantánea, actividade a través de redes sociais ou calquera outra proba acreditativa da relación a distancia entre a entidade beneficiaria e o destinatario final.

2º.7. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo IX xa presentado na xustificación parcial do programa, presentarase o anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas novas ou cos datos modificados, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

2º.8. Memoria da actuación rematada (anexo VIII).

2º.9. Certificado de finalización da acción formativa.

3º. No caso das actuacións de apoio á conciliación, de mediación intercultural, asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría, prestacións de dinamización comunitaria no marco de desenvolvemento dun servizo de intervención comunitaria en territorios en exclusión e inclusión residencial:

3º.1. Solicitude de pagamento (anexo V).

3º.2. Declaración responsable no anexo VI.

3º.3. Memoria económica e xustificativa no anexo VII.

3º.4. Resumo do total de horas efectivamente dedicadas ao programa polo persoal dedicado á actuación, asinado polo traballador e a entidade responsable.

3º.5. No caso de novas altas de persoas traballadoras e/ou modificacións do anexo IX xa presentado na xustificación parcial do programa, se é o caso, presentarase anexo IX de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas novas ou cos datos modificados, referido ao grupo de cotización e á situación de alta na Seguridade Social dos traballadores da entidade solicitante da subvención asignados aos programas subvencionados durante o período de execución da actuación.

3º.6. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Para iso, xuntarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén polo traballador e polo beneficiario da prestación, de que a persoa recibiu a prestación. Esta declaración incluirá a información de ter cumprido os indicadores de realización.

3º.7. Memoria da actuación rematada (anexo VIII).

Artigo 24. Pagamento das subvencións

1. No caso das actuacións do artigo 4.1.a) e 4.1.b).1º, unha vez xustificada cada anualidade da subvención de conformidade co artigo 23, o órgano competente, antes de proceder ao seu pagamento, realizará as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da conduta e/ou actividade subvencionada.

No caso das actuacións do artigo 4.1.b).2º e 4.1.b).3º, unha vez rematada e xustificada a subvención de conformidade co artigo 23, o órgano competente, antes de proceder ao seu pagamento, realizará as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da conduta e/ou actividade subvencionada. No caso de que as contías anticipadas das actuacións realizadas en 2023 non fosen xustificadas na forma prevista no artigo 23, detraeranse as contías das cantidades pendentes de recibir do resto das anualidades, e iso sen prexuízo dos reintegros que, se é o caso, procedan.

2. No caso das subvencións para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social establecidos no artigo 4.1.a), o pagamento realizarase en función do número de persoas efectivamente atendidas por día, multiplicado polo importe unitario de axuda establecido no artigo 14.1.

3. No caso das subvencións para a prestación de servizos de atención ás necesidades básicas e de primeira atención previstas no artigo 4.1.b).1º, o pagamento realizarase en función do número de persoas efectivamente atendidas no período subvencionable, multiplicado polo importe unitario establecido no artigo 14.2.

4. Con respecto ás subvencións para as prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión de atención integrada, incluíndo aquela dirixida de xeito exclusivo á poboación inmigrante, previstas no artigo 4.1.b).2º e 3º, farase un pagamento en función das accións xustificadas. Para facer efectivo o pagamento, a entidade deberá presentar a documentación establecida no artigo 23 dentro dos prazos establecidos no artigo 22.

5. No caso das subvencións para as prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión de atención integrada e das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral, nos termos de prestación obrigatoria do servizo de formación adaptada, incluíndo aquela dirixida de xeito exclusivo á poboación inmigrante, ou na prestación residencial, se non se acredita a atención do número mínimo de persoas establecido en función da dedicación horaria declarada ou non se mantén a porcentaxe de persoas que deben ter realizado as actuacións obrigatorias, procederase a unha redución proporcional da subvención concedida en función da porcentaxe do incumprimento.

Artigo 25. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.

2. Particularmente, acadarán a porcentaxe dun 2 % de minoración sobre a contía total da axuda percibida o incumprimento das obrigas recollidas no artigo 19.b) e 19.d), relativas a non respectar a obriga de contabilidade separada, así como a omisión de medidas de visibilidade, transparencia e comunicación en todos os actos que leve a cabo o beneficiario das axudas en relación coas actuacións subvencionadas e do xeito indicado no artigo 19.d), en canto á mención expresa das axudas recibidas, emblemas e logos conforme a identidade corporativa da Xunta de Galicia e, non caso das actuacións cofinanciadas no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 da Unión Europea, cartel informativo, por calquera medio de publicidade que utilice a entidade beneficiaria.

O incumprimento das obrigas establecidas no artigo 19.h) e 19.i) implicará que a correspondente acción formativa se considere non realizada, agás no caso da establecida no artigo 19.j), cando se poida acreditar que a non comunicación en prazo se deba a causas imprevistas debidamente xustificadas e comunicadas no momento en que se produzan.

Suporá a perda dun 5 % non comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Suporá a perda dun 5 % da subvención unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

No caso de condicións que constitúan obrigas que o beneficiario debe acreditar en fase de xustificación, estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.

3. No caso particular das axudas cofinanciadas polo FSE+, procederá o reintegro do 10 % no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas incompatibles. Igualmente, procederá o reintegro do 100 % do importe da subvención percibida máis xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder, polo incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas incompatibles.

Ademais, procederá o reintegro do 5 % no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas compatibles. Igualmente, procederá o reintegro do exceso percibido máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder, polo incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas compatibles.

4. As cantidades que teñan que reintegrar as entidades beneficiarias terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o previsto no artigo 14.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na normativa comunitaria de aplicación.

5. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.

6. De conformidade co previsto no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o beneficiario poderá realizar devolución voluntaria de cantidades indebidamente percibidas mediante ingreso na conta habilitada da Facenda pública galega. O importe da devolución incluirá os xuros de demora. No documento de ingreso deberá identificarse o número do expediente, o concepto da devolución e o nome e NIF do beneficiario. Unha vez ingresado deberase informar a Dirección Xeral de Inclusión Social da devolución voluntaria realizada.

Artigo 26. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidades das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 27. Control

1. A Consellería de Política Social e Xuventude poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta orde.

2. Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a Consellería de Política Social e Xuventude realizará, ben con persoal propio ou a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados nesta orde. O persoal encargado da verificación levantará acta da actuación de control, que asinará a entidade á cal se lle entregará unha copia, e presentaralla ao órgano competente da Dirección Xeral de Inclusión Social xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitarlle ao persoal designado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.

3. Ademais do anterior, todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

4. Por outra parte, de conformidade co previsto no artigo 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, transmitirase a información necesaria á Base de datos nacional de subvencións.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social a actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamentos, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición adicional segunda. Medida contra a fraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo, no seguinte enderezo: https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Paginas/ComunicacionSNCA.aspx

En canto non se habilite outra canle específica para o Programa FSE+ Galicia 2021-2027, os devanditos feitos poderán poñerse en coñecemento a través da seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento da orde

Autorízase a persoa titular do órgano de dirección con competencias en materia de inclusión social da Consellería de Política Social e Xuventude para ditar os actos e instrucións que sexan necesarios para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

Guión para a elaboración da memoria de actuación
das actividades realizadas

1. Datos relativos á actuación.

a) Denominación da entidade.

b) Denominación da actuación con indicación do marco en que se desenvolve.

2. Xustificación da actuación.

3. Obxectivos.

a) Obxectivo xeral.

b) Obxectivos específicos.

4. Recursos empregados.

a) Recursos humanos, especificando a súa titulación e dedicación horaria á actuación.

b) Recursos materiais, especificando os que son cedidos e a cooperación con outras entidades, se é o caso.

5. Actuacións desenvolvidas.

a) Cronograma.

b) Datas de inicio e remate.

c) Número de horas.

d) Modo de selección de participantes.

e) Metodoloxía do programa, incluíndo como se aplicou a perspectiva de xénero no seu desenvolvemento. Referencia ás técnicas e procedementos da intervención facendo especial fincapé, se é o caso, naqueles con compoñente innovador.

f) Relación de participantes con expresión do DNI ou equivalente.

g) Lugar onde se realiza e descrición das instalacións.

h) Outros datos de interese (asistencia, número de baixas, motivación, dificultades, etc.) desagregados por sexo.

i) Coordinación con outros dispositivos (equipos de inclusión, servizos sociais comunitarios, outras entidades, etc.).

6. Datos relativos ás persoas participantes (só para actuacións do artigo 4.1.a) e 4.1.b).1º. Para o resto de actuacións esta información achegarase a través dos cuestionarios que se faciliten.

a) Perfil:

1º. Clasificación segundo o sexo: (número de homes, número de mulleres).

2º. Clasificación segundo idade (por sexo).

3º. Clasificación por nivel de estudos, etc. (por sexo).

4º. Clasificación segundo problemáticas (inmigrantes, minorías étnicas, sen teito, etc.), por sexo.

5º. Clasificación por situación laboral e sexo.

b) Perfil das persoas con inserción laboral:

1º. Número total de insercións laborais.

2º. Clasificación segundo o sexo: (número de homes, número de mulleres).

3º. Clasificación segundo idade (por sexo).

4º. Clasificación segundo problemáticas dos participantes por sexo (inmigrantes, minorías étnicas, sen teito, etc.).

5º. Clasificación por nivel de estudos por sexo, etc.

6º. Datos relativos ao tipo de contrato, xornada e sector de actividade por sexo.

7. Avaliación cualitativa da actuación.

a) Grao de cumprimento de obxectivos.

b) Protocolo de seguimento de actuacións e participantes.

c) Valoración do alumnado/persoas participantes/usuarias.

d) Resultado de indicadores de avaliación.

e) Conclusións. Aspectos que destacaría como boa práctica.

As entidades deberán seguir este guión, podendo engadir nas súas memorias os aspectos que consideren significativos para a valoración das actuacións desenvolvidas.

A entidade deberá presentar unha memoria para cada unha das actuacións subvencionadas.

missing image file
missing image file