Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2023 Páx. 42692

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 211, do 6 de novembro).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG número 211, do 6 de novembro), e unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nestas por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»-«Procesos selectivos».

Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar seren declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, coa cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.

A este respecto e tendo en conta que varios postos dos ofertados nesta elección de destino requiren a posesión de requisitos indispensables para a súa cobertura, as persoas que soliciten estes postos deberán presentar, no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro e segundo a forma prevista no parágrafo sexto, a documentación orixinal que acredite a posesión destes requisitos.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para seren declaradas en excedencia; ou cando non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A, previsto na Orde do 4.5.2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal

Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Nº orde elección

Nº orde proceso selectivo

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

1

***1890**

López Chenel, Luz María

Promoción interna

2

3

***0533**

Lareo Rodríguez, María Carmen

Promoción interna

3

5

***5534**

Álvarez Pita, María Eugenia

Promoción interna

4

8

***5971**

Rey López, María Ángeles

Promoción interna

5

11

***0406**

Sanmartín Pena, María José

Promoción interna

6

12

***2131**

Aldegunde López, Begoña

Promoción interna

7

13

***8140**

Pache Hermida, Guillermo

Promoción interna

8

14

***1724**

Maneiro León, María Nieves

Promoción interna

9

17

***2025**

Iglesias Padrón, Gisela

Promoción interna

10

18

***9959**

Vázquez García, María Teresa

Promoción interna

11

20

***8706**

Cabanas González, María Mercedes

Promoción interna

12

23

***4836**

Sotelo López, Susana

Promoción interna

13

24

***2061**

Torres López, María Isabel

Promoción interna

14

25

***5887**

Morales Gómez, María Ángeles

Promoción interna

15

2

***8205**

Quinteiro Vilariño, María Paz

Libre

16

4

***3910**

Castro Iglesias, María Lourdes

Libre

17

6

***3378**

Vilasó Ventoso, María Manuela

Libre

18

7

***1360**

Vázquez Rodríguez, María Carmen

Libre

19

9

***2476**

Guerra Salorio, Marina

Libre

20

10

***2276**

García Álvarez, María

Libre

21

15

***0357**

Castro Fojo, Mónica

Libre

22

16

***2921**

Vázquez Vázquez, Araceli

Libre

23

19

***4427**

Miragaya Paz, María Josefa

Libre

24

21

***0185**

Vázquez Vázquez, María Lucía

Libre

25

22

***1052**

Allariz Villanueva, Rocío

Libre

26

26

***1848**

Fernández Fernández, María del Pilar

Libre

27

27

***9455**

Fernández Iglesias, Laura

Libre

28

28

***3671**

Ramos Rodríguez, Raquel

Libre

29

29

***0424**

Torres Malvar, María Mercedes

Libre

30

30

***0134**

Roel Barbeito, Noelia

Libre

31

31

***5612**

Díaz Álvarez, María Palmira

Libre

32

32

***4578**

Rodríguez Barbosa, Marta

Libre

33

33

***0102**

Sanmartín Blanco, Miguel Anxo

Libre

34

34

***2113**

Cabanelas Pérez, Eva

Libre

35

35

***1532**

Taboada Mougán, Isabel

Libre

36

36

***1626**

González Pardo, Cristina

Libre

37

37

***9475**

González Mora, Ana María

Libre

38

38

***3598**

Fraga Rey, Lucía

Libre

39

39

***4046**

Rielo Iglesias, María Luz

Libre

40

40

***7583**

Álvarez Castro, Sonia María

Libre

41

41

***2542**

Gey Lorenzo, Eva

Libre

42

42

***3226**

Martínez Estévez, Ana

Libre

43

43

***8675**

Villaverde Ferro, Marina

Libre

44

44

***2360**

Fidalgo González, Beatriz

Libre

45

45

***7813**

Rodríguez Sánchez, Yolanda

Libre

46

46

***9328**

Díaz Fernández, Xosé Lois

Libre

47

47

***0750**

Sambade Carro, María de Fátima

Libre

48

48

***9350**

Ares Ansareo, Nuria

Libre

49

49

***7622**

Prado Expósito, Lorena

Libre

50

50

***9226**

Cabaleiro Rodríguez, Lara

Libre

51

51

***7507**

Rodríguez Escribano, Felipe

Libre

52

52

***8252**

Fernández Rebollido, Laura

Libre

53

53

***8415**

Vázquez Olmo, Antía

Libre

54

54

***4989**

Díaz Fernández, Belén

Libre

55

55

***7719**

Oliveira Porto, Noelia

Libre

56

56

***3483**

Rodríguez Couso, Ana María

Libre

57

57

***3469**

Touza Veiga, Graciela

Libre

58

58

***1342**

Fernández Leira, Celtia

Libre

59

59

***6439**

Eiris Prieto, Jessica

Libre

60

60

***9824**

Fernández Herranz, Lara

Libre

61

61

***8461**

Velazco Caravel, Mariana

Libre

62

62

***7122**

Huertas López, Lorena

Libre

63

63

***1936**

Estévez Diéguez, Ermitas

Libre

64

64

***1241**

Araujo Pedrosa, Eva María

Libre

65

65

***8430**

Pena Rego, Laura

Libre

66

66

***3165**

Ferreira Reboredo, Sheila

Libre

67

67

***6508**

Ferreiro Seoane, María Susana

Libre

68

68

***0436**

López Varela, Ana

Libre

69

69

***1507**

Sánchez Ledo, María

Libre

70

70

***7076**

Lence Reija, María Dolores

Libre

71

71

***1241**

Ferreiros Iglesias, Yaiza

Libre

72

72

***2697**

Varela Muñiz, Patricia

Libre

73

73

***8577**

Santiago Cameán, Medea

Libre

74

74

***4154**

Garea López, Ainara

Libre

75

75

***5003**

Des Iglesias, Aurora

Libre

76

76

***4800**

Rey Lázare, Elena Beatriz

Libre

77

77

***7014**

Rey Bello, Elena

Base I.1.1

78

78

***6750**

Pastoriza Suárez, Olalla

Libre

79

79

***1137**

García Rodríguez, María Jesús

Libre

80

80

***5706**

Cela Vázquez, Francisco Xavier

Libre

81

81

***8032**

Jacobo Vázquez, Thais

Libre

82

82

***8410**

Ordóñez Ozores, María Lorena

Libre

83

83

***0724**

Naya Rosales, Susana

Libre

84

84

***9611**

Álvarez Naya, Anxela

Libre

85

85

***0755**

Martínez Nieves, María

Base I.1.1

86

86

***5241**

Medina Castro, María

Base I.1.1

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgr.

Niv.

Formación

Observ.

1

PSC994030132001022

Educador/a

PS

Centro de Menores A Carballeira

Servizos periféricos

Ourense

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

2

PSC994050115001351

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

3

PSC994030115001016

Educador/a

PS

Centro de Menores San José de Calasanz

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

4

PSC994090127560057

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Sarria)

Servizos periféricos

Sarria

A2

20

 

Horario especial

5

PSC994030132001040

Educador/a

PS

Centro de Menores A Carballeira

Servizos periféricos

Ourense

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

6

PSC994090136440070

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos periféricos

Redondela

A2

20

 

Horario especial

7

PSC994030115001018

Educador/a

PS

Centro de Menores San José de Calasanz

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

8

PEC994030115350051

Educador/a

PE

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A2

20

 

Nocturnidade

9

PSC994030136001026

Educador/a

PS

Centro de Menores Avelino Montero

Servizos periféricos

Pontevedra

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

10

PSC994030132001016

Educador/a

PS

Centro de Menores A Carballeira

Servizos periféricos

Ourense

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

11

PSC994030115001015

Educador/a

PS

Centro de Menores San José de Calasanz

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

12

EDC994090136350020

Educador/a

ED

CEE de Panxón (Nigrán)

Servizos periféricos

Nigrán

A2

20

 

 

13

EDC994090136350019

Educador/a

ED

CEE de Panxón (Nigrán)

Servizos periféricos

Nigrán

A2

20

 

 

14

PSC994030115350013

Educador/a

PS

Complexo de Atención de Menores de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

15

PSC994030115350011

Educador/a

PS

Complexo de Atención de Menores de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

16

PSC994030115001014

Educador/a

PS

Centro de Menores San José de Calasanz

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

17

EDC994090136350021

Educador/a

ED

CEE de Panxón (Nigrán)

Servizos periféricos

Nigrán

A2

20

 

 

18

EDC994090215770015

Educador/a

ED

CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela)

Servizos periféricos

Santiago de Compostela

A2

20

Coñecementos linguaxe mímica xordos (mérito)

 

19

PSC994030115001020

Educador/a

PS

Centro de Menores San José de Calasanz

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

20

PSC994050115001382

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

 

21

EDC994090115770010

Educador/a

ED

CEE A Barcia (Santiago de Compostela)

Servizos periféricos

Santiago de Compostela

A2

20

 

 

22

EDC994090115770070

Educador/a

ED

CEE A Barcia (Santiago de Compostela)

Servizos periféricos

Santiago de Compostela

A2

20

 

 

23

PSC994030127550016

Educador/a

PS

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Servizos periféricos

Rábade

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

24

PSC994030127550013

Educador/a

PS

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Servizos periféricos

Rábade

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

25

PSC994030127550014

Educador/a

PS

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Servizos periféricos

Rábade

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

26

PSC994030127550015

Educador/a

PS

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Servizos periféricos

Rábade

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

27

PSC994030115350020

Educador/a

PS

Complexo de Atención de Menores de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

28

PSC994050115001368

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

29

PSC994050115001347

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

30

PSC994030115001012

Educador/a

PS

Centro de Menores San José de Calasanz

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

31

PRC991000515001011

Educador/a

PR

Equipo Técnico de Xurisdición Provincial de Menores da Provincia da Coruña. Sección de Menores da Fiscalía e Xulgado de Menores

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

25

 

 

32

PSC994090136440077

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos periféricos

Redondela

A2

20

 

Horario especial

33

PSC994030115350008

Educador/a

PS

Complexo de Atención de Menores de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

34

PEC994030115350050

Educador/a

PE

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A2

20

 

Nocturnidade

35

PSC994030132001018

Educador/a

PS

Centro de Menores A Carballeira

Servizos periféricos

Ourense

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

36

PSC994030132001034

Educador/a

PS

Centro de Menores A Carballeira

Servizos periféricos

Ourense

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

37

PSC994030132001020

Educador/a

PS

Centro de Menores A Carballeira

Servizos periféricos

Ourense

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

38

PSC994030115350010

Educador/a

PS

Complexo de Atención de Menores de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

39

PSC994050115001354

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

40

PSC994030127550029

Educador/a

PS

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Servizos periféricos

Rábade

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial // Quenda de noite

41

PSC994030127550011

Educador/a

PS

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Servizos periféricos

Rábade

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

42

PSC994020132001014

Educador/a coordinador/a

PS

Casa da Xuventude de Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Xornada partida // Horario especial

43

PSC994030127550030

Educador/a

PS

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Servizos periféricos

Rábade

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial // Quenda de noite

44

PSC994090136440072

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos periféricos

Redondela

A2

20

 

Horario especial

45

PSC994030132001015

Educador/a

PS

Centro de Menores A Carballeira

Servizos periféricos

Ourense

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

46

PSC994030127550024

Educador/a

PS

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Servizos periféricos

Rábade

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

47

PSC994050115001346

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

48

PSC994030127550020

Educador/a

PS

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Servizos periféricos

Rábade

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

49

PSC994030115350014

Educador/a

PS

Complexo de Atención de Menores de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

50

PSC991000027001630

Educador/a

PS

Xefatura Territorial Lugo

Servizos periféricos

Lugo

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

 

51

EDC994090115350028

Educador/a

ED

CEE Terra de Ferrol (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

A2

20

 

Horario especial

52

PSC994030127550021

Educador/a

PS

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Servizos periféricos

Rábade

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

53

PSC994050115001358

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

54

PSC994050115001361

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

55

PSC994090127560066

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Sarria)

Servizos periféricos

Sarria

A2

20

 

Horario especial

56

EDC994090136350018

Educador/a

ED

CEE de Panxón (Nigrán)

Servizos periféricos

Nigrán

A2

20

 

 

57

PSC994030127550031

Educador/a

PS

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Servizos periféricos

Rábade

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial // Quenda de noite

58

PSC994090127560067

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Sarria)

Servizos periféricos

Sarria

A2

20

 

Horario especial

59

PSC994030127550019

Educador/a

PS

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Servizos periféricos

Rábade

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

60

PSC994050115001352

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

61

PSC994030115001019

Educador/a

PS

Centro de Menores San José de Calasanz

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

62

PSC994030115001002

Educador/a

PS

Centro de Menores San José de Calasanz

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

63

PSC994030132001030

Educador/a

PS

Centro de Menores A Carballeira

Servizos periféricos

Ourense

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

64

PSC994030132001031

Educador/a

PS

Centro de Menores A Carballeira

Servizos periféricos

Ourense

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

65

PSC994030132001032

Educador/a

PS

Centro de Menores A Carballeira

Servizos periféricos

Ourense

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

66

PSC994050115001350

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

67

PSC994050115001353

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

68

PSC994050115001355

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

69

PSC994050115001365

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

70

PSC994050115001380

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

 

71

PSC994090136440076

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos periféricos

Redondela

A2

20

 

Horario especial

72

PSC994090136440081

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos periféricos

Redondela

A2

20

 

Horario especial

73

PSC994030115001017

Educador/a

PS

Centro de Menores San José de Calasanz

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

74

PSC994030115350023

Educador/a

PS

Complexo de Atención de Menores de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

75

PSC994030115350018

Educador/a

PS

Complexo de Atención de Menores de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

76

PSC994030115001011

Educador/a

PS

Centro de Menores San José de Calasanz

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

77

PSC994030115001004

Educador/a

PS

Centro de Menores San José de Calasanz

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

78

PSC994050115001367

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

79

PSC994030115350005

Educador/a

PS

Complexo de Atención de Menores de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

80

PSC994050115001356

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

81

PSC994050115001369

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

Horario especial

82

PSC994030127550018

Educador/a

PS

Centro de Menores Santo Anxo da Garda

Servizos periféricos

Rábade

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

83

PSC994050115001381

Educador/a

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

 

 

84

PSC994030115350022

Educador/a

PS

Complexo de Atención de Menores de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Horario especial

85

PSC991000015001591

Educador/a

PS

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)

Xornada partida

86

PSC991000036560495

Educador/a

PS

Xefatura Territorial Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A2

20

Permiso conducir B (R.I.)