Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2023 Páx. 42705

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 30 de xuño de 2023 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 31 de xaneiro) e outras, e se resolven as renuncias á condición de persoal funcionario en prácticas.

A Orde do 28 de xaneiro de 2022 pola que se convoca procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A) establece na súa base vixésima que as persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Pola súa vez, na Orde do 4 de agosto de 2022 (DOG do 23 de agosto), modificada polas ordes do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), do 30 de decembro de 2022 (DOG núm. 6, de 10 de xaneiro de 2023) e do 7 de febreiro de 2023 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro), publícase a relación de persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 31 de xaneiro).

Pola súa banda, a Orde do 25 de agosto de 2022 (DOG do 31 de agosto) nomea persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocado pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 31 de xaneiro).

Na mesma orde indicada no parágrafo anterior noméanse, nas súas disposicións segunda e terceira, coa condición de persoal funcionario en prácticas, as persoas que superaron o procedemento selectivo de ingreso convocado mediante as ordes do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo) e do 24 de febreiro de 2020 (DOG do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro), e que tiveron concedido o correspondente adiamento da fase de prácticas e, nas disposicións cuarta e quinta, publícase a relación de adiamentos da fase de prácticas concedidos para o curso 2022/23.

Unha vez finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 31 de xaneiro), e publicadas na Orde do 4 de agosto de 2022 (DOG do 23 de agosto), modificadas polas ordes do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), do 30 de decembro de 2022 (DOG núm. 6, de 10 de xaneiro de 2023) e pola Orde do 7 de febreiro de 2023 (DOG do 21 de febreiro), agás as persoas que se relacionan no anexo I, polas causas que se indican.

Segundo. Aceptar a renuncia presentada de Daniel González Fernández, con DNI ***9092**, e declarar a perda da súa condición de funcionario en prácticas na especialidade de Física e Química do corpo de profesores de ensino secundario, así como de todos os dereitos inherentes á súa participación no procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 con efectos do 31 de agosto de 2023.

Terceiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro), que se relacionan no anexo II.

Cuarto. Declarar a perda da condición de funcionaria en prácticas, así como de todos os dereitos inherentes á súa participación derivados do procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 50, do 13 de marzo) modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro), con efectos do 1 de setembro de 2022, por non incorporarse ao destino provisional na fase de prácticas adxudicado mediante a Resolución do 2 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (DOG núm. 158, do 22 de agosto), para a realización da fase de prácticas para o curso 2022/23, de conformidade co apartado primeiro da base vixésimo primeira da dita orde, a Lorena González Gil, DNI ***0943**, na especialidade de Análise e Química Industrial do corpo de profesores de ensino secundario, e a Yolanda Martínez Suárez, DNI ***3394**, na especialidade Produción de Artes Gráficas do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Quinto. Declarar apto na fase de prácticas a Javier Telmo Miranda, DNI ***3731**, especialidade de Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica do corpo de profesores de ensino secundario, que superou o procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario convocado mediante a Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo).

Sexto. Contra esta orde as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Relación de persoas declaradas non aptas na fase de prácticas incardinada nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022
(DOG do 31 de xaneiro)

Non se declaran aptas na fase de prácticas as seguintes persoas, con especificación das seguintes circunstancias:

a) Por ter concedido aprazamento

DNI/NIE

Nome e apelidos

Corpo

Especialidade

***8207**

Beatriz Álvarez Díaz

Profesores de ensino secundario

Matemáticas

***3749**

Lucía Fraga Viñas

Profesores de ensino secundario

Inglés

***5290**

Antía Monteagudo Alonso

Profesores de ensino secundario

Lingua Galega e Literatura

***8726**

Gabriela Rivera Rodríguez

Profesores de ensino secundario

Lingua Galega e Literatura

b) Por non poder ser avaliadas

DNI/NIE

Nome e apelidos

Corpo

Especialidade

**2612**

Alberto José Pungín García

Profesores de ensino secundario

Xeografía e Historia

***9092**

Daniel González Fernández

Profesores de ensino secundario

Física e Química

***2295**

Laura Martín Álvarez

Profesores de ensino secundario

Debuxo

***1341**

Raquel Cartelle García

Profesores de ensino secundario

Francés

***9560**

Vanesa Alonso García

Mestres

Primaria

***0556**

Noemí Campello Fraga

Mestres

Pedagoxía Terapéutica

***3923**

María Carmen Regina Vidal Abad

Mestres

Lingua estranxeira: Francés

***6018**

Andrea Porto Rodríguez

Mestres

Pedagoxía Terapéutica

c) Por obter a cualificación de non aptas

DNI/NIE

Nome e apelidos

Corpo

Especialidade

***3808**

David Núñez Túñez

Profesores de ensino secundario

Filosofía

***8356**

Ana Acebrás Bouza

Profesores de ensino secundario

Matemáticas

ANEXO II

Relación de persoas declaradas aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente incardinada nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 50, do 13 de marzo)

DNI/NIE

Nome e apelidos

Corpo

Especialidade

***1805**

Berta Secall Pons

Profesores de artes plásticas e deseño

Danza Clásica

***0955**

Diego Villaverde Varela

Profesores de ensino secundario

Lingua Castelá e Literatura

***2837**

Eleonora Giunch

Profesores de ensino secundario

Grego

***0213**

Iria Ameixeiras Cundíns

Profesores de ensino secundario

Lingua Galega e Literatura

***3118**

Alejandro Otero Zarraquiños

Profesores de ensino secundario

Matemáticas

**4469**

Géraldine Maynadier

Profesores de ensino secundario

Francés

***8033**

Tamara Varela Vila

Profesores de ensino secundario

Francés

***5546**

Kevin Samir Djourdem

Profesores de ensino secundario

Francés

***6996**

Raíña María Mariño Gómez

Profesores técnicos de formación profesional

Operacións e Equipamentos de Elaboración de Produtos Alimentarios

***1742**

María Torres Cubeiro

Profesores técnicos de formación profesional

Procesos de Xestión Administrativa

***3246**

María Verónica Fernández Domínguez

Profesores de escolas oficiais de idiomas

Alemán

***8691**

Paula Abalde González

Mestres

Educación Primaria

***8083**

María Jesús de Lamas Rañón

Mestres

Lingua estranxeira: Inglés

***7481**

Andrea Pérez González

Mestres

Lingua estranxeira: Inglés