Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2023 Páx. 42821

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN848D).

A Constitución española, no seu artigo 44.2, obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado.

Pola súa banda, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle no seu artigo 27.19 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, ten por obxecto establecer o marco de referencia para o fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico, da transferencia e valorización de resultados e da innovación en Galicia en todas as súas vertentes, así como da súa xestión eficiente. Esta lei, no seu capítulo III, crea o Plan galego de investigación e innovación como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo atribuíndolle no seu artigo 15.3 a consideración de plan estratéxico de subvencións, para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia Galega de Innovación ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación tecnolóxica dentro da Administración galega e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes. Entre os seus obxectivos destacan o de definir e desenvolver as políticas públicas que permitan ás empresas e ao resto de axentes o desenvolvemento de iniciativas de innovación construídas a partir de coñecementos que incrementen a súa competitividade e fomenten o seu crecemento; definir e desenvolver as políticas públicas orientadas á valorización do coñecemento desenvolvido polas empresas, universidades e centros de investigación de Galicia; fomentar a investigación e o desenvolvemento científico e tecnolóxico, a través de iniciativas e programas específicos na Comunidade Autónoma galega; promover as relacións de colaboración entre os distintos axentes do Sistema galego de innovación impulsando a creación e o fortalecemento de redes de coñecemento entre axentes públicos e privados desde unha perspectiva de intercambio e de investigación aberta; favorecer a transferencia de coñecemento e tecnoloxía entre os diferentes axentes e, particularmente, entre os organismos públicos de investigación e as empresas.

Nos artigos 17, 18 e 19 e seguintes da Lei 5/2013 atribúeselle a Axencia Galega de Innovación a execución e gobernanza do Plan galego de investigación e innovación, coa finalidade de fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas e apoiar e impulsar o crecemento e a competitividade das empresas galegas.

O 8 de abril de 2022, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo mediante o cal se aprobou a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación en Galicia para este período, así como o Plan de investigación e innovación de Galicia 2022-2024, que concreta este marco estratéxico. Esta convocatoria enmárcase no Obxectivo estratéxico 2 correspondente ao programa Innova e Emprende, liña 2.1 «Itinerario da I+D+i e innovación na empresa». Así mesmo, atópase aliñada cos tres retos e as tres prioridades da RIS3 de Galicia 2021-2027.

Pola súa vez, a Axencia Galega de Innovación, no compromiso coa innovación responsable (en diante, IIR) e en consonancia coa Axenda 2030, a través desta actuación impulsa no ecosistema galego a adopción de medidas que axuden a garantir e incrementar o impacto social das actividades de I+D+i, en termos de: gobernanza e participación, igualdade de xénero, educación científica e ética da investigación.

En Galicia existe unha contorna moi propicia para o progreso da innovación toda vez que o sistema de I+D+i conta con numerosos axentes de primeiro nivel tanto no eido público como no privado (universidades, organismos públicos de investigación, centros tecnolóxicos, centros de innovación, empresas especializadas en servizos de apoio a I+D+i, empresas provedoras de servizos tecnolóxicos e de tecnoloxías facilitadoras...) que dotan á nosa comunidade dunha oferta moi importante de coñecemento científico e técnico para o tecido empresarial galego.

A abundante e ampla oferta de axentes tecnolóxicos presente no ecosistema galego de innovación non impide que ao mesmo tempo exista unha baixa taxa de absorción, por parte das pequenas e medianas empresas da I+D+i xerada en Galicia, especialmente naqueles pemes non tecnolóxicas pertencentes a sectores tradicionais.

Este instrumento pretende incidir no déficit das empresas, sobre todo das pemes, e en especial as pemes non tecnolóxicas pertencentes a sectores tradicionais, con respecto da súa capacidade de innovar por falta de recursos idóneos para a absorción de coñecementos que se poidan orientar ao desenvolvemento de produtos e servizos, á transferencia de tecnoloxía, á innovación social, á innovación ecolóxica, ás aplicacións de servizo público, ao estímulo da demanda, á interconexión en rede, ás agrupacións e á innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes. Para iso propiciarase acceso a activos e recursos tanxibles e intanxibles que contribúan obxectivamente a mellorar a súa capacidade de innovación.

Ademais, a incorporación do deseño nas pemes no contexto actual de transformación representa un elemento de carácter estratéxico de cara á xestión da incerteza, xa que ten incidencia no incremento do seu valor empresarial. O deseño, unido á ciencia e á tecnoloxía, axuda na transformación dese coñecemento en produto, actúa como «unha disciplina clave para levar as ideas ao mercado, transformándoas en produtos ou servizos atractivos e amigables» (Innovation Union, Europe 2020 Flagship Initiative).

Por este motivo, a Axencia Galega de Innovación impulsa desde o ano 2018, tamén no marco da RIS3, o Programa de deseño para a innovación 2020, o cal foi aprobado no Consello da Xunta do 21 de xuño de 2018. O 24 de xuño de 2022 aprobouse no Consello o novo Programa de deseño para a innovación e a sustentabilidade 2024-Diferenza, que dá continuidade ao anterior programa e constitúe a aposta pola innovación e o deseño estratéxico para a transformación social e económica de Galicia desde un enfoque sustentable, atendendo á capacidade dos procesos creativos e do deseño como axentes de cambio.

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e as axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido na normativa europea.

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

DISPÓN:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización, segundo a súa finalidade, e que lles permitan o fortalecemento naquelas áreas que sexan relevantes para a sistematización e internacionalización dos procesos de innovación da empresa, e estean aliñados cos retos da RIS3 para Galicia (código de procedemento IN848D). Deste xeito, nestas axudas diferéncianse dous tipos de plans:

– Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade (liña 1-Deseñapeme), que comprenden aqueles procesos destinados á resolución de problemas e exploración de oportunidades, pode incluír innovacións non tecnolóxicas ou tecnolóxicas, e ten un alcance ou aplicación nos eidos de creación de novos produtos, deseño de produtos ou redeseño de existentes, deseño de servizos e experiencias a través dos servizos, e a estratexia de marca e posicionamiento desta. Así coma as actividades de apoio e asesoramento en materia de innovación que a complementan.

– Plans de innovación en procesos e organización (liña 2-Innovapeme), constituídos por un conxunto completo e coherente de actividades enfocadas a implementar melloras significativas nas funcións empresariais relacionadas coa produción, prestación e distribución de produtos, bens e servizos, así como nos métodos organizativos e prácticas comerciais empregadas pola empresa, e que permitan incrementar a capacidade innovadora dando lugar a diferenzas substanciais, non exclusivamente tecnolóxicas, coas prácticas anteriores.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2023 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva; as axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado, publicado no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE, núm. 187, do 26.6.2014).

Artigo 2. Definicións

1. Empresa: segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

2. Actividades económicas: aquelas actividades que consisten na subministración de bens e/ou servizos nun determinado mercado, aínda cando non haxa ánimo de lucro.

3. Microempresa, pequena e mediana empresa: segundo o artigo 2 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros ou o seu balance xeral non excede os 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considerarase pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros, e microempresa, aquela que ocupa menos de 10 persoas e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

Para o cálculo destes parámetros que definen o tipo de empresa deberán considerarse as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

4. Empresa en crise: a que así se defina consonte o previsto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 e as directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, DOUE C 249, do 31.7.2014, ou documento que o substitúa.

5. Empresa vinculada: son empresas vinculadas segundo o artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 aquelas empresas entre as cales existe algunha das seguintes relacións:

• Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios da outra empresa.

• Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra empresa.

• Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato subscrito con ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.

• Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo subscrito con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.

Presumirase que non existe influencia dominante cando os investidores enunciados no artigo 3.2 (segundo parágrafo) do citado anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 non teñan implicación directa ou indirecta na xestión da empresa en cuestión, sen prexuízo dos dereitos que lles correspondan na súa calidade de accionistas.

As empresas que manteñan calquera das relacións recollidas no parágrafo primeiro do artigo 3 do citado anexo I a través doutra ou doutras empresas, ou cos investidores enumerados no punto 2 do mesmo artigo, consideraranse tamén vinculadas.

Tamén se considerarán empresas vinculadas as que manteñan algunha das ditas relacións a través dunha persoa física ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo, se as ditas empresas exercen a súa actividade ou parte desta no mesmo mercado de referencia ou en mercados contiguos, considerándose mercado contiguo o mercado dun produto ou servizo situado nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á do mercado en cuestión.

• E as empresas non son empresas vinculadas, o que significa, entre outras cousas, que os dereitos de voto dunha delas na outra non supera o 50 %.

6. Empresa asociada: son empresas que manteñen lazos significativos de asociación financeira con outras empresas, sen que ningunha exerza, directa ou indirectamente, un control efectivo sobre a outra.

Son asociadas as empresas que nin son autónomas nin están vinculadas entre si.

A empresa solicitante é asociada de outra empresa se:

• Posúe unha participación ou dereitos de votos superiores ou iguais ao 25 % da dita empresa, ou se a dita empresa posúe unha participación ou dereitos de voto superiores ou iguais ao 25 % da empresa solicitante.

• E a empresa solicitante non elabora contas consolidadas que inclúan a dita empresa por consolidación, nin está incluída por consolidación nas contas da dita empresa nin nas de ningunha empresa vinculada a ela.

7. Iniciativa empresarial emprendedora: empresa xa constituída que non supere a antigüidade máxima de 42 meses na data de presentación da solicitude, consonte o establecido no artigo 5 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

8. Investigación aplicada: a que ten como finalidade a obtención de novos coñecementos directamente vinculados a procesos empresariais no desenvolvemento de novos produtos ou procesos ou na mellora substancial dos xa existentes. Tamén se coñece como investigación industrial.

9. Desenvolvemento experimental: adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados; pode incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos ou servizos.

10. Innovación: actividade que ten como resultado a obtención e a posta no mercado de novos produtos, servizos ou procesos, ou melloras substanciais dos xa existentes, de modo que presenten características ou aplicacións que difiran substancialmente dos existentes con anterioridade.

11. Innovación en produto: introdución no mercado dun produto mellorado que difire de xeito significativo dos produtos ou servizos previos tanto para a entidade que os desenvolve como para o mercado que os usa.

12. Innovación en proceso: a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipamentos ou programas informáticos). Non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

13. Innovación en materia de organización: a aplicación dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa. Non se inclúen os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

14. Deseño: o deseño é un proceso centrado no usuario para a resolución de problemas e a exploración de oportunidades que impulsa a innovación non tecnolóxica, que proporciona metodoloxías e ferramentas que poden ser utilizadas en diferentes fases do proceso de innovación para incrementar o valor de novos sistemas de produtos e servizos. O seu uso sistemático como ferramenta de innovación impulsada polo mercado e centrada no usuario, complementa a innovación tecnolóxica e reforza a competitividade. Integrado a un nivel estratéxico na empresa, fortalece a súa marca e o seu posicionamento diferenciado, e crea unha vantaxe sustentable no tempo.

15. Deseño estratéxico: esta disciplina do deseño incorpora deseño, procesos e pensamento de deseño na propia xestión do negocio; o deseño traballa ao servizo da empresa para repensar o concepto de negocio, para crear novos escenarios e visións, para ser unha das forzas estratéxicas que xeren produtos, servizos, interaccións e novos modelos de negocio innovadores.

16. Deseño de produto: enténdese por deseño de novo produto a concepción e desenvolvemento de produtos que se perciban no mercado como novos ou, no caso de redeseño de produtos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial.

17. Deseño de servizos/experiencias: é a actividade de planificar e organizar persoas, infraestrutura, comunicación e materiais que compoñen un servizo, para mellorar a súa calidade, a interacción entre o provedor e as persoas usuarias e as súas experiencias. O deseño de servizos permite deseñar experiencias memorables para as persoas usuarias, crear novos vínculos entre os diferentes axentes do proceso e potenciar as súas capacidades de acción e interacción. Esta disciplina xorde debido a que hai un cambio dunha sociedade industrial a unha sociedade de servizos e provoca que os profesionais do deseño deban agora resolver tamén a ergonomía tanto dos produtos como dos servizos e esa é unha tarefa en ocasións altamente complexa.

18. Deseño de identidade corporativa: a identidade corporativa encárgase de definir e concretar unha personalidade para a corporación ou entidade para a que se deseña. Nela estará reflectido todo o que a representa, e tamén o que diferencia a empresa ou a organización doutras. Ademais, o deseño da identidade corporativa tamén se encarga do desenvolvemento da promoción dos produtos e servizos da compañía.

19. Transferencia: proceso desenvolvido polas persoas físicas ou xurídicas titulares de resultados de investigación ou tecnoloxías protexidos destinado a lle ceder a outra persoa física ou xurídica diferente da que os obtivo os dereitos sobre a titularidade e/ou o uso destes resultados ou tecnoloxías nos termos que se acorden entre as partes mediante un contrato específico chamado «contrato de transferencia», coa finalidade de incorporar estes resultados ou estas tecnoloxías en procesos de innovación.

20. Valorización: actividade consistente en dotar de valor comercial resultados de investigación ou tecnoloxías protexidos que carecen deste para conseguir a súa explotación empresarial ou a súa transferencia mediante o desenvolvemento de accións específicas e planificadas previamente.

21. Entidades do terceiro sector de acción social: son aquelas que cumpren os requisitos do artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, sempre que estean legalmente constituídas e reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar recoñecidas e inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (en diante, RUEPSS) da consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de servizos sociais.

b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos, a entidade solicitante acreditará que non reparte beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado ou órgano de goberno desenvolven o seu obxectivo con carácter gratuíto, de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vencellados a unha Administración pública, ás universidades, aos partidos políticos e ás fundacións deles dependentes, aos colexios profesionais, ás cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, ás sociedades civís, ás organizacións empresariais e aos sindicatos, e a outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.

22. Organismos de investigación: son organismos de investigación e difusión (en diante, organismos de investigación), tal e como se definen no artigo 2.83 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, toda entidade (por exemplo, universidades ou centros de investigación, organismos de transferencia de tecnoloxía, intermediarios de innovación ou entidades colaborativas reais ou virtuais orientadas á investigación), independentemente da súa personalidade xurídica (de dereito público ou privado) ou a súa forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar de maneira independente investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental ou difundir amplamente os resultados destas actividades mediante a ensinanza, a publicación ou a transferencia de coñecementos.

Así, no marco desta resolución, terán a consideración de organismos de investigación:

• Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.

• As universidades do Sistema universitario de Galicia.

• Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.

• As fundacións galegas de investigación sanitaria.

• Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida a I+D como actividade principal nos seus estatutos.

23. Efecto incentivador: considérase que, antes de comezar a desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda, o beneficiario presentou por escrito a solicitude da axuda (artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 651/2014).

24. Retos, prioridades e cadeas de valor da RIS3 Galicia.

i. Reto da RIS3:

Cada un dos tres grandes retos estratéxicos de natureza económica e social da sociedade galega, identificados a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice, que a RIS3 aborda a través da I+D+i, co obxectivo de conseguir un impacto transformador sobre a economía e a sociedade galega. Os retos son:

– Reto 1: modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación. Modernización dos sectores primarios galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da eficiencia e o rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

– Reto 2: un modelo industrial sustentado na competitividade e o coñecemento. Incrementar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, a través das tecnoloxías facilitadoras esenciais e a evolución das cadeas de valor.

– Reto 3: un modelo de vida saudable e envellecemento activo da poboación. Posicionar Galicia como a rexión líder do sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable e de envellecemento activo.

ii. Prioridades RIS3:

Cada unha das tres grandes temáticas transversais, identificadas a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice, cara as que a RIS3 orienta as capacidades e esforzos do ecosistema galego de innovación para dar resposta aos tres grandes retos estratéxicos. As prioridades, polo seu carácter horizontal, teñen incidencia en todas as cadeas de valor e favorecen a colaboración entre sectores e as diferentes áreas de coñecemento e tecnolóxicas, constituíndo unha oportunidade de desenvolver novas cadeas de valor e novos mercados. Así mesmo, están plenamente aliñadas coas prioridades da Unión Europea e o Estado español. As prioridades son:

• Prioridade 1: desenvolvemento e aplicación das diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentabilidade dos recursos naturais (terra e mar) e patrimoniais de Galicia, xerando, ademais, oportunidades para a diversificación cara a produtos sustentables competitivos internacionalmente e mellorando o benestar das persoas.

• Prioridade 2: apoio á dixitalización (desenvolvemento e/ou incorporación de tecnoloxías) para impulsar o modelo industrial galego, a xestión e prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, así como a xestión de recursos naturais e culturais, como panca para a transformación resiliente de Galicia.

• Prioridade 3: orientación dos esforzos en I+D+i cara ás necesidades e ao benestar das persoas, e consolidación de Galicia como unha contorna de referencia mundial para o desenvolvemento e a testaxe de novas oportunidades e solucións científico-tecnolóxicas e empresariais dirixidos a elas.

iii. Ámbito de priorización da RIS3:

Cada unha das 29 temáticas que precisan, de forma máis detallada, como cada prioridade aborda os tres retos da RIS3, concretando o perfil de especialización para Galicia, e nos que se focalizan os investimentos da estratexia. Caracterízase pola súa transversalidade sectorial, abrindo oportunidades a diferentes cadeas de valor, así como novas formas de colaboración entre eles, a nivel tanto de mercados como de tecnoloxías ou procesos. Os ámbitos de priorización definíronse a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice, e reflicten o traballo de identificación das capacidades existentes no ecosistema de innovación e das oportunidades específicas que cada prioridade xera en relación cos tres retos da RIS3.

iv. Cadeas de valor principais de Galicia.

• Cadea de valor da industria aeroespacial e aeronáutica.

• Cadea de valor da industria da agroalimentación.

• Cadea de valor da industria de automoción.

• Cadea de valor das enerxías renovables e o almacenamento enerxético.

• Cadea de valor da industria forestal e da madeira.

• Cadea de valor da industria do mar e o medio mariño.

• Cadea de valor da industria naval.

• Cadea de valor da loxística.

• Cadea de valor da saúde, a calidade de vida e o envellecemento.

• Cadea de valor da industria téxtil e da moda.

• Cadea de valor do turismo e o patrimonio.

• Cadea de valor das TIC.

Artigo 3. Financiamento

1. As subvencións imputaranse ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación á aplicación orzamentaria que se indica neste artigo, na cal existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma Galega.

A distribución de crédito para cada unha das anualidades é:

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

Liña

Ano 2023

Ano 2024

Total

05.A2.561A.770.0

2016 00013

Liña 1. Plan de deseño para a innovación e a sustentabilidade

200.000,00 €

1.300.000,00 €

1.500.000,00 €

Liña 2: Plan de innovación en procesos e organización

200.000,00 €

2.800.000,00 €

3.000.000,00 €

2. Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria segundo o disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitudes que resulte da aplicación dos criterios de valoración.

3. A distribución de fondos entre as liñas da axuda sinaladas na táboa anterior é unha previsión que deberá axustarse segundo a valoración das solicitudes recibidas, é será posible incluso a incorporación de novas aplicacións orzamentarias e de novos conceptos de gasto tendo en conta a natureza das entidades beneficiarias, sempre sen incrementar o crédito total.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as entidades do terceiro sector de acción social, conforme as definicións contidas no artigo 2, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda. As entidades do terceiro sector deben ter actividade económica e entrar dentro da categoría económica de peme indicada no punto 3 do artigo 2.

2. As entidades beneficiarias das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 23 da presente resolución.

Artigo 5. Exclusións

Quedan excluídos da presente convocatoria e non poderán adquirir a condición de beneficiarios destas axudas:

a) Para a liña 1: as pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Deseña Peme do ano 2021 (Resolución do 28 de xuño de 2021, DOG núm. 125, do 2 de xullo) ou do ano 2022 (Resolución do 5 de abril de 2022, DOG núm. 76, do 21 de abril), e non presentasen renuncia expresa a esta con posterioridade á súa resolución de concesión.

b) Para a liña 2: pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Innovapeme do ano 2020 (Resolución do 15 de setembro de 2020, DOG núm. 196, do 20 de setembro), do ano 2021 (Resolución do 8 de outubro de 2021, DOG núm. 203, do 21 de outubro) ou do ano 2022 (Resolución do 4 de abril de 2022, DOG núm. 73, do 18 de abril), e non presentasen renuncia expresa a esta con posterioridade á súa resolución de concesión.

c) As pemes en crise conforme a definición contida no artigo 2.3 desta convocatoria. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, e que se cumpren as condicións establecidas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión, para considerar a unha empresa en crise.

d) As pemes nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias as empresas que non cumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións. En particular, as entidades que incumpran os prazos de pagamento a que se refire o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro, a excepción das entidades do terceiro sector de acción social sinaladas no artigo 4 e de conformidade coa definición do artigo 2.

f) As entidades e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes das administracións públicas, así como aquelas pertencentes á Administración institucional, calquera que sexa a administración en que se integren.

g) Calquera ente, organismo ou entidade con personalidade xurídica propia que se teñan creado especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos pertencentes ao sector público financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia, de acordo co establecido no artigo 3.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

Artigo 6. Contía, intensidade das axudas e concorrencia

1. As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida a cada beneficiario determinarase sobre o investimento total que se subvenciona e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 28 e 29 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 segundo a seguinte táboa:

Liña

Orzamento da actuación

Subvención

Intensidade

Liña 1: Plan de deseño para a innovación e a sustentabilidade

De 50.000 € a 150.000 €

De 25.000 € ata 75.000 €

50 %

Liña 2: Plan de innovación en procesos e organización

De 50.000 € a 150.000 €

De 25.000 € ata 75.000 €

50 %

2. As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro desta convocatoria serán compatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, salvo que se superen as intensidades máximas de axuda establecidas no Regulamento (UE) núm. 651/2014 que se indican, teñen a consideración de intensidade máxima.

3. Esta convocatoria establécese en réxime de concorrencia competitiva ata o esgotamento de crédito e conforme os criterios de avaliación establecidos nesta convocatoria.

Artigo 7. Actividades que se subvencionan

1. Cada solicitude poderá incluír unha ou ambas as dúas liñas da presente resolución. Cada liña recollerá actividades diferenciadas que estarán incluídas en plans: de deseño para a innovación e a sustentabilidade (no caso da liña 1), e de innovación en procesos e organización (no caso da liña 2), en diante, plans.

2. Unicamente se admitirá unha solicitude por empresa, grupo empresarial ou empresas vinculadas. Serán inadmitidas as segundas e sucesivas solicitudes, segundo a orde de entrada, de empresas vinculadas ou do mesmo grupo empresarial.

3. Os plans reunirán, necesariamente, as seguintes características.

a) Constituirán un conxunto completo e coherente de actividades para cada unha das liñas, incluídas nas respectivas memorias descritivas da solicitude, e permitirán implementar e/ou incrementar as capacidades innovadoras da empresa solicitante.

b) O orzamento subvencionable para cada plan será dun mínimo de 50.000 euros e dun máximo de 150.000 euros por plan. A presentación dun plan cun orzamento fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.

c) A duración máxima de cada plan será ata o 30 de setembro de 2024; a presentación dun plan cunha duración fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda. Ademais, na liña 2, os plans deberán ter unha duración mínima de 12 meses.

d) As actividades que se subvencionan para cada unha das liñas serán (a modo indicativo, lístase un catálogo de actividades no anexo I):

I. No plan de deseño para a innovación e sustentabilidade (liña 1-Deseñapeme) deberán incluírse un conxunto de actividades e fases que permitan implementar ou incrementar as capacidades de deseño da empresa solicitante de conformidade co anexo VI, deste modo, poderán incluír actividades de entre as seguintes:

– Actividades de innovación en deseño, destinadas principalmente a corrixir deficiencias de mercado relacionadas con externalidades positivas (desbordamento do coñecemento), deficiencias de coordinación e, en menor medida, información asimétrica; estas actividades comprenderán os custos externos necesarios para a obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais, e a adquisición de servizos de asesoramento e apoio á innovación.

– Tarefas relativas ao deseño de produto, incluíndo desde a súa concepción, o desenvolvemento de produtos e ata a súa preindustrialización, que se perciban no mercado como novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial. Os proxectos que se presenten nesta liña deberán expoñer o deseño ou redeseño dun só produto ou dunha soa gama concreta de produto.

– Tarefas relativas ao deseño de servizos e experiencias, novas ou que se perciban como novas, así como o redeseño das existentes para unha mellora substancial, para as cales se incluirán a análise previa, a estratexia, a conceptualización e o desenvolvemento destas.

– Tarefas relativas ao deseño de marca e identidade corporativa, que ten como obxectivo formular unha identidade corporativa das empresas e a súa interrelación cos produtos e servizos e o deseño como parte significativa destas. Incluiranse a análise, estratexia e conceptualización da dita marca, así como o seu deseño e desenvolvemento.

II. No plan de innovación en procesos e organización (liña 2-Innovapeme) poderanse incluír as seguintes tarefas que se detallan no anexo I:

– Actividades de innovación, destinadas principalmente a corrixir deficiencias de mercado relacionadas con externalidades positivas (desbordamento do coñecemento), deficiencias de coordinación e, en menor medida, información asimétrica; estas actividades comprenderán os custos externos necesarios para a obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais, e a adquisición de servizos de asesoramento e apoio á innovación.

– Tarefas vencelladas á innovación en procesos, mediante aplicación de métodos de produción ou loxística, novos ou mellorados de xeito significativo (que inclúa cambios substanciais en canto ás condicións tecnolóxicas, equipamentos ou implementar novas solucións informáticas).

– Tarefas vencelladas á innovación en materias de organización, mediante a posta en funcionamento de novos métodos organizativos para a comercialización, a organización do centro e actividades do traballo ou as relacións exteriores da empresa.

Non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou mellorados de xeito significativo.

2. Soamente se financiarán as actividades desenvolvidas na Comunidade Autónoma Galega.

3. Será requisito indispensable para ser elixible o aliñamento do proxecto cos retos, prioridades e ámbitos de priorización da Estratexia de Especialización de Galicia (RIS3).

4. De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador. O comezo do plan terá como data mínima de inicio a data de solicitude, polo que calquera actividade ou investimento terá que ser executado con posterioridade á solicitude.

Artigo 8. Conceptos de gasto que se subvencionan

1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento dos obxectivos de innovación para os que foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos que se subvencionan poderá ser superior ao valor de mercado.

2. Para a anualidade de 2023, só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude da subvención e o 30 de novembro de 2023. Para a anualidade 2024, admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre o 1 de decembro de 2023 e o 30 de setembro de 2024.

3. Consideraranse os custos directos que se subvencionan os seguintes:

1) Custos de persoal, propio ou de nova contratación, rexeranse polo disposto no artigo 9 desta convocatoria.

2) Custos de adquisición de propiedade industrial: corresponden exclusivamente á adquisición de licenzas de propiedade industrial, que deberán ser adquiridas ou obtidas de fontes externas, sempre e cando a operación se realice en condicións de plena competencia e sen elemento ningún de colusión. Non se inclúen neste concepto as licenzas de software, que son en todo caso un custo de equipamento segundo o indicado no punto 8.

3) Custos de material, subministracións e produtos similares que deriven directamente do desenvolvemento do proxecto de deseño e que deberán estar especificados na memoria presentada na solicitude. Os custos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto. Este custo non poderá superar o límite do 20 % do custo total do plan.

4) Subcontratacións: aquelas actuacións contratadas con terceiros, que supoñan a execución dunha parte das actividades incluídas no plan que constitúe o obxecto da subvención. Rexeranse polo disposto no artigo 11 desta convocatoria. A subcontratación máxima será do 50 % do importe elixible do plan.

Na liña 1 relativa ao plan de deseño para a innovación e a sustentabilidade, as subcontratacións elixibles serán unicamente prestadas na dita materia por entidades provedoras de servizos de deseño, profesionais do deseño, estudos de deseño e empresas externas de servizos de consultoría especializadas nas disciplinas de deseño obxecto da convocatoria. O profesional ou equipo de profesionais colaboradores externos que presten o servizo deberán dispoñer dunha titulación ou recoñecemento no ámbito do deseño específico en que participen e contar cunha experiencia demostrable superior a 2 anos na prestación de servizos similares aos solicitados pola empresa. O orzamento subvencionable relativo ás subcontratacións estará comprendido nos seguintes rangos en función da disciplina do deseño que a empresa beneficiaria queira abordar:

Ámbito

Orzamento de subcontratación

Deseño de produto

Mínimo de 30.000 € ata un máximo de 75.000 €

Deseño de servizos/experiencias

Mínimo de 20.000 € ata un máximo de 60.000 €

Deseño de marca e identidade corporativa

Mínimo de 10.000 € ata un máximo de 50.000 €

5) Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais, así coma a obtención de certificacións. No relativo a patentes, inclúese a xestión da tramitación de novas patentes, modelos de utilidade e os dereitos de propiedade intelectual tanto en España coma internacionalmente, excluíndo o mantemento ou ampliación das existentes. No relativo á obtención de certificacións, aceptaranse os custos de normas oficiais vinculadas aos obxectivos innovadores presentados na memoria técnica da solicitude, como, a modo indicativo, a especificación EA0047 «Requisitos para a consideración como pequena ou mediana empresa innovadora», EA0043 «Requisitos da xove empresa innovadora» e as incluídas na serie de Normas UNE 166000 dedicadas a apoiar a optimización da «Xestión da I+D+i» e outras certificacións específicas que se consideren axeitadas para o desenvolvemento da actividade empresarial innovadora dentro do plan.

6) Custos de servizos de asesoramento en materia de deseño e/ou innovación: consultoría, asistencia e capacitación nos ámbitos da transferencia de coñecemento, a adquisición, protección e explotación de activos inmateriais, e o uso de normas e regulamentos que os incorporan.

7) Custos de servizos de apoio en materia de innovación: accesos a bancos de datos, bibliotecas, estudo de investigación de mercados, laboratorios, etiquetaxe de calidade, ensaio e certificación, co fin de desenvolver produtos, procesos ou servizos máis eficaces.

8) Custos de equipamento e material instrumental inventariables, de nova adquisición e non adquirido con fondos ou axudas públicas, na medida en que se utilicen para as actividades do plan e segundo a súa correspondente amortización.

Se o equipamento e material non se utiliza exclusivamente para as actividades do plan, ou por exceder a súa vida útil a duración deste, só serán imputables os custos de amortización que correspondan ao período que se subvenciona, calculados sobre a base das boas prácticas contables e a táboa de coeficientes de amortización lineal da Axencia Tributaria (ou, na súa falta, de conformidade co anexo VIII). Para que este custo sexa considerado como gasto, deberá detallarse na solicitude o procedemento de cálculo seguido para calcular os custos de amortización tendo en conta o tempo concreto de imputación ás actividades da memoria presentada.

Cando polas súas características específicas, o equipamento ou material instrumental se dedica exclusivamente ás actividades do plan e a súa vida útil esgótase ao termo do período que se subvenciona, considerárase como gasto o custo de adquisición. Neste caso, deberase xustificar na solicitude esta condición e a vida útil deste equipamento.

A instalación do equipamento ou material instrumental, sempre e cando sexa estritamente necesaria para a súa posta en funcionamento, poderase incluír no custo amortizable.

Inclúense neste concepto de gasto as licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as actividades de I+D+i e non de uso xeral e son coherentes cos obxectivos presentados na memoria técnica.

Tamén se inclúen os activos necesarios para o prototipado ou validación de pilotos.

Nesta epígrafe están excluídos os seguintes gastos:

• Instalacións de edificios e obra civil (electricidade, climatización, redes de telecomunicacións, etc.).

• Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades de I+D+i e deseño: zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario de oficina.

• Investimentos no ámbito da fabricación dos produtos, así como a renovación de activos xa existentes na empresa.

• Melloras de aplicacións ou software xa existente ou a súa adaptación.

• Servizos de telecomunicacións ou de almacenamento ou hospedaxe da información.

• Arrendamento de equipos (hardware), redes ou sistemas físicos de tecnoloxías da información ou das comunicacións.

Os custos referidos previamente do punto 1 a 4 e 8 teñen a consideración de axudas á innovación en procesos e organización de conformidade co artigo 29 do Regulamento UE 651/2014, e os custos do punto 5, 6 e 7 teñen a consideración de axudas á innovación en favor das pemes de conformidade co artigo 28 do Regulamento UE 651/2014.

4. Consideraranse subvencionables os custos indirectos, que son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza. O custo imputable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 20 % aos custos directos do plan.

5. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades, ou prestación de servizos ou subministracións subvencionados coas persoas ou entidades relacionadas no punto 4 do artigo 11 destas bases reguladoras.

6. No suposto de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso, deberase presentar un certificado relativo á situación da entidade respecto ao IVE.

7. En ningún caso serán subvencionables as actuacións ou actividades habituais da empresa, nin a modificación ou adaptación de produtos ou servizos existentes, de procesos produtivos ou de procesos en materia de organización, que non supoñan unha innovación.

En concreto, exclúense os custos derivados de:

• O cumprimento da normativa obrigatoria.

• A implantación de certificados de calidade, ambiente, boas prácticas e similares de tipo xeral e non relacionados coas accións de innovación presentadas na memoria técnica que se presentou na solicitude.

• As análises, ensaios ou caracterizacións habituais ou recorrentes non vinculados ás accións de innovación que figuran na memoria técnica que se presentou na solicitude.

• A formación de carácter xeral, técnica ou científica, aínda que sexa necesaria para a introdución dun novo produto, proceso ou servizo diferenciador.

Artigo 9. Custos de persoal

1. O persoal que participa no plan e cuxos custos se imputen na solicitude da axuda deberán ter relación contractual coa entidade beneficiaria e estar de alta laboral nun centro de traballo sito na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Os custos de persoal serán subvencionables na medida en que se incorresen neles de xeito efectivo, e inclúen os salarios fixados nun contrato de traballo ou na lei, e que teñan relación coas responsabilidades especificadas na descrición do posto de traballo correspondente.

3. Subvencionarase un máximo de cinco persoas dedicadas en cada plan, incluíndo tanto o persoal propio como o de nova contratación.

4. Poderanse subvencionar:

a) Os custos de persoal propio no tempo imputado exclusivamente ao desenvolvemento do plan.

b) Os custos de persoal de nova contratación que se incorpore á entidade para a realización do plan. Este persoal debe ser contratado con posterioridade á data de solicitude da axuda ao abeiro desta resolución e cumprir o indicado no punto 7 deste artigo.

5. No caso de persoal propio, o custo poderá ser, como máximo, o 50 % do custo subvencionable total do plan.

Deberá xustificarse a porcentaxe de imputación do tempo de dedicación ao plan segundo o modelo de memoria de solicitude. Non será suficiente unha xustificación xenérica que non permita valorar a adecuación, pertinencia e verificabilidade do tempo imputado.

6. Só no caso de microempresas poderán subvencionarse os custos de persoal directivo e de xerencia que realice actividades do plan cando se retribúan a través de nómina e cunha dedicación máxima do 30 %. Na memoria que se achegará coa solicitude xustificaranse detalladamente as funcións/tarefas concretas que desenvolverá este persoal nas diferentes actividades recollidas no plan. Estas funcións deberán ser compatibles co seu labor directivo ou de xerencia. A contía do gasto non poderá exceder os custos máximos anuais por grupo de cotización que figuran no punto nove. O persoal autónomo societario retribuído a través de nómina asimilarase a súa titulación para os efectos do indicado nos puntos 8 e 9.

7. No caso de persoal de nova contratación, deberá cumprir o seguinte:

a) Dedicarse de xeito exclusivo cunha dedicación do 100 % ao plan para o cal é contratado, debendo estar contratado polo menos durante a metade da duración do plan.

b) Estar contratado a xornada completa.

c) Non poderá ter contrato laboral coa empresa ou empresa vinculada nos 6 meses anteriores á formalización do contrato.

d) Non se admitirán os contratos de prácticas.

e) A retribución anual bruta que percibirá cada persoa contratada adscrita ao plan deberá figurar expresamente no contrato e non poderá ser inferior a 19.000 €.

f) No plan de deseño para a innovación e a sustentatibilidade (liña 1), o persoal de nova contratación deberá dispoñer dunha titulación ou recoñecemento no ámbito do deseño.

8. Para os efectos do disposto nesta convocatoria, o persoal imputado ao plan deberá cumprir a coherencia entre os grupos de cotización e a titulación, segundo a seguinte táboa:

Titulación

Grupo/s cotización
á Seg. Social

Título superior universitario (licenciado universitario, arquitecto, enxeñeiro ou grao)

1 ou 2

Título medio universitario (graduado, diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou grao)

1 ou 2

Título de formación profesional de grao superior ou equivalente

3 ou 5

9. Só serán subvencionables aqueles gastos de persoal relacionados con actividades do plan que se subvenciona e que a entidade non levaría a cabo se non se realizase o plan. Consideraranse custos de persoal subvencionables os custos de salario base do persoal e a parte proporcional do custo da seguridade social a cargo da empresa, cos máximos que se establecen no seguinte cadro:

Grupo cotización

Titulación/categoría profesional

Total anual
(Salario base + % seguridade social a cargo da empresa)

1

Enxeñaría/licenciatura/persoal de alta dirección

37.350,00 €

2

Enxeñaría técnica, peritaxe e axudantes con título/diplomatura

32.682,00 €

3

Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas)

26.145,00 €

4

Axudantes sen titulación

21.475,00 €

5

Oficiais administrativos

21.475,00 €

10. Non se considerarán subvencionables:

a) Os gastos de persoal que non teña relación laboral contractual coa entidade beneficiaria da subvención, salvo no caso dos autónomos societarios retribuídos a través de nónima.

b) Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión do plan.

c) Os custos de viaxes, as indemnizacións ou axudas de custos.

d) Os custos de persoal directivo e de xerencia que realice labores de I+D+i no caso de medianas empresas e de pequenas empresas que non teñan a categoría de microempresas.

e) Os pagamentos salariais xustificados mediante factura, en todo caso.

11. Calquera modificación no cadro de persoal asignado ao plan deberá ser motivada e xustificada, e será autorizada pola Axencia Galega de Innovación de conformidade co artigo 26. Excepcionalmente, no caso de persoal de nova contratación, non será necesario obter a autorización previa da Axencia Galega de Innovación para a substitución do dito persoal sempre que o novo perfil sexa idéntico ao inicialmente concedido.

Artigo 10. Ofertas

Cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á súa contratación, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren, o que deberá xustificarse expresamente.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberanse referir á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares, e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, considérase que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderanse admitir ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, ao criterio de Gain, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.

d) Data e validez: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión e un prazo de validez. As ofertas non poderán ter un prazo de validez vencido na data de presentación da solicitude.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que parezan de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderase considerar subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios técnicos adicionais ao prezo.

Artigo 11. Subcontratacións

1. As entidades beneficiarias das axudas poderán subcontratar as actividades subvencionadas ata unha porcentaxe máxima do 50 % do orzamento subvencionable, respectando para iso o establecido nos artigos 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada Lei e no artigo 8 desta convocatoria.

A subcontratación deberá estar debidamente xustificada e motivada na memoria técnica da solicitude.

2. Considéranse subcontratacións as actuacións contratadas a terceiros que supoñan a execución total ou parcial das actividades do plan que constitúe o obxecto da subvención e que non poden ser realizadas polos beneficiarios, aspecto que haberá que xustificar e motivar na memoria técnica de solicitude do plan.

Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada. As tarefas subcontratadas non poderán ser realizadas polos beneficiarios cos seus propios medios, tanto humanos como materiais.

3. Conforme o establecido no artigo 27.3 da citada Lei 9/2007, que estable que cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da actividade subvencionada e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se subscriba por escrito.

b) Que a súa subscrición a autorice previamente a Axencia Galega de Innovación.

Non poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento dos requisitos exixidos no parágrafo anterior.

4. En ningún caso as entidades beneficiarias poderán subcontratar con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunhas das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades solicitantes de axuda na mesma convocatoria que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non alcanzaren a valoración suficiente.

e) Persoas ou entidades vinculadas ou asociadas e/ou do mesmo grupo empresarial co beneficiario.

Artigo 12. Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo III) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 13. Documentación complementaria

1. Para a tramitación do procedemento é necesario achegar, xunto co formulario de solicitude (anexo III), a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva da entidade solicitante, segundo as especificacións do anexo IV.

b) Para aquelas solicitudes que se presenten á liña 1: memoria técnica do plan de deseño para a innovación e a sustentabilidade proposto, cuxo contido se indica no anexo VI e inclúe o seu orzamento e actividades para desenvolver xunto con outros datos detallados. Este anexo editable estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

A non presentación da memoria técnica será causa de inadmisión da solicitude.

c) Para aquelas solicitudes que se presenten á liña 2:

1. Memoria técnica do plan de innovación en procesos e organización, cuxo contido se indica no anexo VII e inclúe o seu orzamento e actividades para desenvolver xunto con outros datos detallados. Este anexo editable estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

A non presentación da memoria técnica será causa de inadmisión da solicitude.

2. Copia do informe de benchmarking de innovación INNOBENCH, que poderá obterse no enlace http://www.zfv.es/innobench/ e que servirá de referencia para a avaliación da idoneidade do plan.

d) Deberase presentar a documentación acreditativa daqueles criterios de avaliación que se detallan no artigo 21 desta convocatoria que sexan de aplicación.

Estes documentos acreditativos non serán emendables; polo tanto, a non presentación dos ditos documentos xunto coa solicitude implicará a non puntuación das ditas epígrafes. Os criterios e documentos son os seguintes:

1. Plan de igualdade: será preciso presentar o rexistro do plan de igualdade ou certificado da oficina de rexistro conforme se cumpre a súa inscrición.

2. Compromiso coa sustentabilidade ambiental: será preciso a presentación de certificación en vigor de xestión ambiental (ISO 14001, Emas...), de xestión enerxética (ISO 50001, outras), certificacións MSC, FSC, SAN, FAIRTRADE... ou documento acreditativo de entidade recoñecida nestes ámbitos. Non serán válidos rexistros electrónicos nin correos electrónicos, ou outro documento non verificable.

3. Responsabilidade social empresarial: será preciso a presentación de certificación en vigor da norma OSHAS 18001 ou ISO45001, SA8000, ISO26000...

e) Nota simple ou certificación do Rexistro Mercantil actualizadas, en que se especifique a data de constitución, administrador/es da sociedade (nome e apelidos ou razón social), o obxecto social, capital, sede social e clasificación CNAE. No caso de que estes documentos non estean actualizados ou non se dispoña destes, poderase substituír o dito certificado pola presentación das escrituras de constitución da empresa solicitante e as súas modificacións posteriores debidamente rexistradas.

f) No caso de que o asinante da solicitude non actúe como administrador único para a representación da entidade, deberá achegar documento acreditativo do poder de representación con validez xurídica (escrituras, poder verificado na súa suficiencia, entre outros).

g) Declaración completa do imposto de sociedades do último exercicio pechado, modelo 200 da Axencia Tributaria Estatal. No caso de non ter antigüidade suficiente para ter obriga de presentar o modelo 200, achegarase declaración responsable conforme non se ten pechado exercicio fiscal e obriga de presentar o imposto de sociedades.

h) No caso de non ter traballadores dados de alta no réxime xeral da seguridade social, achegarase documento acreditativo emitido pola Seguridade Social e declaración responsable do representante legal da entidade de non ter traballadores.

i) Anexo V, declaración da condición de peme.

No caso de pemes vinculadas, asociadas ou participadas de acordo cos criterios establecidos no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, deberanse achegar os anexos VA, V-B, V-A.1, ou V-B.1, segundo corresponda.

Tamén, como documentación complementaria, deberase achegar para cada unha das empresas vinculadas ou asociadas a documentación das letras c), d), f), g) deste artigo.

j) Para as empresas que soliciten axudas por importe superior a 30.000 €, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

k) Copia da resolución das axudas concedidas para a mesma finalidade.

2. A falla de presentación das memorias (anexos IV, VI e VII) dentro do período de admisión de solicitudes, non se considera emendable e acordarase de oficio a inadmisión da solicitude. Do mesmo xeito, non se admitirán melloras, adicións ou substitucións das memorias con posterioridade ao vencemento do prazo máximo para a presentación de solicitude, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 14. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa solicitante.

c) NIF da entidade representante.

d) DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude.

e) Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Concesións de subvencións e axudas.

j) Imposto de actividades económicas (IAE).

k) Rexistro Único de Prestadores do Sector Social da Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos que correspondan.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 15. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da devandita lei, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificacións de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

3. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora e do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 17. Información aos interesados

1. Sobre este procedemento administrativo, co código IN848D, poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), na súa lapela de axudas.

b) Nos teléfonos da devandita Axencia:

• Para a liña 1 de plan de deseño para a innovación e a sustentabilidade: 981 33 71 33.

• Para a liña 2 de plan de innovación en procesos e organización: 981 54 10 79, 981 95 70 17, e 881 99 91 21.

c) No enderezo electrónico:

• Para a liña 1 de plan de deseño para a innovación e a sustentabilidade: programadeseno.gain@xunta.gal

• Para a liña 2 de plan de innovación en procesos e organización: servizos.gain@xunta.gal

d) Na guía de procedementos e servizos administrativos, no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento e as incidencias no funcionamento na sede electrónica poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 6 e seguintes da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

4. En cumprimento do previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación de acordo co establecido no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas.

Artigo 18. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 19. Instrución do procedemento e tramitación

1. A Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións e corresponderalle á Dirección da Axencia Galega de Innovación ditar as resolucións de outorgamento das ditas axudas.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, ou non se lle xunta a documentación exixida, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución.

A documentación requirida presentarase electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que forneza cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver os procedementos e para o seguimento e avaliación da RIS3 en que se enmarcan estas axudas.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados consonte os criterios de avaliación e remitidos á comisión de selección.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta.

6. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Comisión de Selección

1. A Comisión de Selección será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes e estará composta por:

a) Un/unha director/a de área da Axencia Galega de Innovación, ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a.

b) Unha persoa que exerza a xefatura de departamento da Axencia Galega de Innovación ou persoa en que delegue.

c) Dous empregados públicos da Axencia Galega de Innovación, actuando un deles como secretario.

2. A Comisión realizará a selección de acordo coa avaliación realizada para cada solicitude, conforme os criterios de valoración establecidos nas bases reguladoras do procedemento.

Proporase a concesión das solicitudes por orde decrecente de puntuación ata esgotar os créditos dispoñibles, quedando, de ser o caso, como suplentes aquelas solicitudes para as cales non se dispón de crédito suficiente pero que acadaron unha puntuación igual ou superior á puntuación mínima exixida para ser beneficiario (50 puntos).

3. A Comisión de Selección emitirá un informe final no cal figurarán, de xeito individualizado e para cada liña, as solicitudes propostas para obter a subvención, especificándose a avaliación que lles corresponde. Así mesmo, indicarase o importe do custo subvencionable e da subvención para cada un deles sen superar o crédito dispoñible e tendo en conta a intensidade de axuda prevista nesta convocatoria.

Artigo 21. Criterios de avaliación

1. A avaliación de cada solicitude que reúna os requisitos exixidos nesta convocatoria realizaranse por xestores/as técnicos/as da Gain que poderán contar co apoio de persoal experto externo.

2. A avaliación de cada plan que reúna os requisitos exixidos nesta convocatoria realízase sobre un total de 100 puntos para cada liña, que se outorgarán de conformidade cos criterios de avaliación segundo as características que se examinarán en criterios xerais vencellados á empresa solicitante, o impacto das actuacións e doutra parte criterios específicos de cada liña de axuda. A puntuación final será calculado do seguinte modo:

Puntuación total = puntuación A + puntuación B + puntuación específica de cada liña

Onde:

– Puntuación A, a correspondente a aspectos relacionados da empresa solicitante (ata 20 puntos).

– Puntuación B, valoración do impacto directo do plan (ata 10 puntos).

– Puntuación específica de cada liña (ata 70 puntos). As propostas deberán acadar unha puntuación mínima de 35 puntos na liña a que se presenten.

A valoración de cada epígrafe farase atendendo segundo os seguintes criterios de avaliación parametrizados como segue:

A. Aspectos relativos ás características da empresa (20 puntos).

A.1. Perfil da empresa (ata 10 puntos).

a) Microempresa (3 puntos).

b) Pequena empresa (2 puntos).

c) Empresas situadas nun concello emprendedor. A relación de concellos emprendedores pode consultarse no enderezo: https://galiciaempresa.xunta.gal/concellos-emprendedores (5 puntos).

d) Nos ter sido beneficiario nos últimos 3 anos de axudas de I+D+i ou incentivos fiscais (2 puntos).

A.2. Solvencia económica e técnicas (ata 4 puntos).

a) Económica (volume anual de negocio maior que 1,5 veces a investimento total do plan ou dos plans en caso de solicitar as dúas liñas) (3 puntos).

b) Custo en I+D+i declarado no imposto de sociedade nos dous últimos exercicios pechados (1 punto).

A.3. Responsabilidade social e sustentabilidade (ata 6 puntos).

a) Dispor dun plan de igualdade rexistrado (+1 puntos).

b) Cadro de persoal paritario e responsabilidade social (ata 3 puntos).

i. 40-60 % mulleres (+1 punto).

ii. > 60 % mulleres (+2 puntos).

iii. > 10 % de persoal con diversidade funcional recoñecida (+1 punto).

c) Compromiso coa sustentabilidade ambiental (+1 punto).

d) Responsabilidade social empresarial ou ser entidade inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) (+1 punto).

B. Valoración do impacto directo do plan (ata 10 puntos).

B.1. Impacto sociolaboral e creación de emprego (ata 5 puntos).

a) Cada nova contratación co perfil muller (+2 puntos).

b) Cada nova contratación co perfil de diversidade funcional >33 % (+2 puntos).

c) Cada nova contratación con outro perfil (+1 puntos).

B.2. Colaboración cos axentes de innovación (ata 4 puntos).

a) Organismo público ou privado de investigación con sede en Galicia (+2 puntos).

b) Provedores de axentes do mapa de provedores de deseño ou de TFE (segundo listaxe do anexo I) (+2 puntos).

B.3. Impacto das actuacións propostas de difusión e comunicación do plan (1 punto).

Os criterios específicos de cada liña son os seguintes:

c) Avaliación do plan de deseño para a innovación e a sustentabilidade (Liña 1-Deseñapeme) (ata 70 puntos).

C.1. Viabilidade do plan (ata 10 puntos).

a) Calidade e claridade dos obxectivos do plan, así como viabilidade de execución con base no detalle de tarefas propostas (4 puntos).

b) Adecuación do equipo humano proposto e novas contratacións de profesionais titulados en deseño (4 puntos).

c) Perspectivas de continuidade da innovación en deseño unha vez finalizado o plan (2 puntos).

C.2. Calidade técnica do proxecto en termos de innovación (30 puntos).

a) Oportunidade de mercado, grao de adecuación ás necesidades do mercado (5 puntos).

b) Grao de novidade de produto/experiencia/marca no mercado (10 puntos).

c) Grao de innovación en deseño (10 puntos).

d) Grao de innovación cultural relacionado coa identidade galega e a reputación internacional da rexión (5 puntos).

C.3. Calidade técnica do proxecto en termos de sustentabilidade (30 puntos).

a) Impactos positivos en termos de sustentabilidade e economía circular (10 puntos).

b) Impactos positivos en termos en consumo de recursos (naturais e enerxía, entre outros) no ciclo de vida do produto ou servizo (10 puntos).

c) Impactos positivos na conservación medioambiental (10 puntos).

D. Avaliación do plan de innovación en procesos e organización (Liña 2-Innovapeme) (70 puntos).

D.1. Viabilidade do plan de innovación (ata 40 puntos).

a) Grao de definición, claridade e adecuación dos obxectivos e das actividades do plan (10 puntos).

b) Diversificación de actividades para dar resposta aos retos da empresa (10 puntos).

c) Adecuación do equipo humano implicado (10 puntos).

d) Coherencia económica do orzamento (8 puntos).

e) Avaliación do informe Innobench (2 puntos).

C2. Impactos e resultados do plan (ata 30 puntos).

a) Grao de novidade da proposta (10 puntos).

b) Perspectivas de mantemento da actividade de I+D+i na empresa unha vez finalizado o plan (10 puntos).

c) Mellora da capacidade operativa, competitiva e posición non mercado (10 puntos).

3. As puntuacións na epígrafe B.1. Impacto sociolaboral e creación de emprego son acumulables entre si.

4. A colaboración cos axentes de innovación e deseño, que se puntúa no criterio B2, deberá ter contido económico cun importe mínimo de 10.000 €.

5. No caso de empate nas puntuacións, como criterio de desempate terán preferencia as empresas que dispoñan dun plan de igualdade dos previstos no capítulo I do título III do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. No caso de persistir o empate, terase en conta a puntuación obtida do criterio de valoración establecido en primeiro lugar, e así sucesivamente.

Artigo 22. Trámite de audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución desta convocatoria, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 23. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola comisión de selección á directora da Axencia Galega de Innovación para ditar a resolución de concesión de cada liña, que deberá estar debidamente motivada.

Na proposta de resolución figurarán, de xeito individualizado, as solicitudes propostas para obteren a subvención e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos nas bases reguladoras. Indicarase, así mesmo, o importe da subvención para cada unha delas.

No expediente de concesión de subvencións tamén se fará constar o informe do órgano instrutor no que conste que da información que ten no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para accederen ás axudas.

2. Á vista da proposta formulada e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non seren tidos en conta outros feitos ou outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, a directora da Axencia Galega de Innovación ditará as correspondentes resolucións definitivas de concesión ou denegación, que serán motivadas de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. As resolucións expresarán, cando menos, e para cada liña de axuda:

a) A denominación das entidades beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda concedida e a desagregación dos ditos importes por anualidades, se é o caso.

c) A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes que non se admitiron a trámite.

4. En todo caso, deberá notificarse a cada beneficiario un documento en que deberán figurar, como mínimo, a identificación do beneficiario, a contía da subvención e obrigas que correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

5. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

6. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao de remate do prazo para a presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

7. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45.1 desa lei, a notificación individual de concesión da axuda poderase substituír pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 24. Réxime de recursos

1. Segundo o disposto no artigo 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra as resolucións ditadas ao abeiro desta resolución de convocatoria, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor o recurso de alzada en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor o recurso de alzada en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

Artigo 25. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer na sede electrónica onde se tramitou o procedemento ou, por calquera outro medio que permita a súa constancia, sempre que incorpore as sinaturas que correspondan ás persoas coa capacidade de obrar en nome da entidade beneficiaria, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da devandita norma.

Artigo 26. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma que se determinen nas resolucións de concesión, e deberase obter autorización previa da Axencia Galega de Innovación para realizar cambios nelas.

2. Con todo, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano concedente.

3. Entenderanse autorizados, de forma xenérica para todos os beneficiarios, as modificacións que non superen o 20 por cento nas partidas e conceptos susceptibles de axuda que figuren na resolución de concesión, sempre que se compensen con aumentos o diminucións doutros, que non se altere o importe total da axuda nin por anualidades, non se desvirtúen as características do proxecto e as condicións que se tiveron en conta para resolver a concesión, e que o beneficiario xustifique axeitadamente o cambio na documentación de xustificación presentada. Non se inclúen nesta consideracións aqueles cambios que alteren as circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención valoradas no artigo 21.2.B.

4. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que este presente a solicitude de modificación cunha anterioridade mínima de 20 días hábiles á data de finalización do prazo de execución da anualidade correspondente, se cumpren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que tivesen sido determinantes para a concesión da axuda, a determinación do beneficiario, nin danen dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

5. A solicitude de modificación debe formulala o representante legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos en que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciones de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

6. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola directora da Axencia Galega de Innovación, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa, e notificaráselle ao interesado.

Artigo 27. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria e normativa de aplicación, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

i. Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e a acreditalo ante o órgano concedente, así como cumprir os requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no que se establecen as condicións de axuda.

ii. Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e desfrute da subvención.

iii. Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

iv. Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

v. Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

vi. Comunicarlle á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

vii. Desenvolver as actividades do plan na Comunidade Autónoma de Galicia.

viii. Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación autorización previa para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

ix. Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipamentos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o financiamento da Axencia Galega de Innovación. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Axencia Galega de Innovación e a frase «subvencionado pola Axencia Galega de Innovación». Ademais, deberán:

1. Publicar a concesión da axuda na páxina web da empresa co contido mínimo definido pola Axencia Galega de Innovación.

2. Colocar, nun lugar ben visible para o público como, un cartel informativo, de tamaño mínimo A3, en que figurará, como mínimo, o nome da actividade subvencionada, o logotipo da Axencia Galega de Innovación e a frase «subvencionado pola Axencia Galega de Innovación».

3. Realizar as actuacións previstas no plan de comunicación e difusión incluídas na solicitude.

As instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade da axuda estarán á disposición na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), na súa epígrafe de axudas.

x. No caso de persoal de nova contratación, farase mención expresa no contrato ao financiamento da Axencia Galega de Innovación, e a presente convocatoria.

Para o resto de persoal dedicado ás actividades do plan, o beneficiario deberá comunicar por escrito ao traballador que parte do seu salario está a ser financiado pola Axencia Galega de Innovación e incluirá unha mención expresa á presente convocatoria e a porcentaxe de imputación do seu tempo ás actividades do plan.

xi. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución, e conservar a documentación xustificativa relativa a esta subvención durante un prazo de cinco anos, contados a partir do ano en que rematan as actividades obxecto da axuda.

xii. Facilitar cantos datos resulten necesarios para o seguimento e a avaliación do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros instrumentos relacionados coa medición da I+D+i, e, en particular, as enquisas do INE relacionadas. Os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán estar consignados á Comunidade Autónoma de Galicia.

No marco do seguimento e avaliación da RIS3 Galicia, desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Para tales efectos, e por indicación da Axencia Galega de innovación, durante a execución e ao finalizar da axuda (ex post), os beneficiarios deberán proporcionar información relativa, entre outras cuestións, a unha serie de indicadores, entre os que se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D+i.

xiii. Asistir a unha xornada formativa impartida pola Axencia Galega de Innovación sobre as obrigas desta axuda e outros aspectos relacionados cos obxectivos da Axencia para o cal será convocado expresamente con antelación. Á dita xornada deberá acudir, como mínimo, unha persoa pertencente ao cadro de persoal do beneficiario vinculada ás tarefas de innovación.

xiv. Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 28. Xustificación da subvención

1. Cada plan deberá xustificarse individualmente e os prazos de xustificación serán os seguintes:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

– Primeira anualidade: desde a data de presentación da solicitude ata o 30 de novembro de 2023. Presentación da documentación xustificativa, ata o 15 de decembro de 2023.

– Segunda anualidade: desde o 1 de decembro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024. Presentación da documentación xustificativa, ata o 15 de outubro de 2024.

En todo caso, só se considerará gasto realizado o que fose efectivamente pagado durante o período de execución, sempre que se respecten os prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, en aplicación da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de crecemento e creación de empresas.

2. Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes seguinte ao que o beneficiario lle corresponda liquidar eses gastos.

3. A xustificación da execución dos custos das actividades para os que se concede a axuda deberá facerse accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e cubrindo o formulario de achega de documentación xustificativa. Incluíranse como documentación adicional a que se detalla a continuación.

4. Deberá presentarse a documentación xustificativa económica e técnica necesaria para acreditar a execución das actividades e os gastos implicados no plan.

As instrucións detalladas, os formularios correspondentes e documentos tipo para a presentación da documentación xustificativa estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal) e será preciso presentar a documentación de xeito ordenado seguindo a estrutura establecida nas ditas indicacións.

5. Sen prexuízo da documentación que se indique, poderá requirirse a información, datos, documentos complementarios e aclaracións que resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

6. Soamente serán admitidos os custos para os cales quede demostrado de xeito explícito a súa rastrexabilidade, con pistas de auditoría suficientes para a súa verificación, e que cumpran os requisitos e preceptos establecidos na presente convocatoria e normativa de aplicación.

7. Se transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, a empresa non presenta a documentación pertinente, a Axencia Galega de Innovación requirirao para que no prazo improrrogable de dez días a presente, advertíndolle de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 29. Documentación xustificativa económica

Para a xustificación de cada anualidade, a empresa beneficiaria achegará a seguinte documentación, cuxos modelos estarán dispoñibles na web da Axencia Galega de Innovación xunto coas instrucións necesarias, a través da Carpeta do Cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

1. Solicitude de libramento da axuda asinada polo representante legal.

2. Resumo global de execución do plan. Neste documento incluiranse a totalidade dos conceptos subvencionables, os datos do provedor, o importe (IVE excluído) e outros datos requiridos.

3. As seguintes declaracións responsables segundo os modelos establecidos:

i. Declaración do conxunto de axudas, solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade e tamén aquelas, solicitadas ou concedidas, para os mesmos custos, aínda que a finalidade fose diferente, de todas as administracións públicas.

De ser o caso, deberá achegarse unha copia simple da resolución de concesión desas outras axudas, ou documentación complementaria.

ii. Declaración de mantemento de contabilidade separada para o plan.

iii. Declaración responsable dos datos de titularidade da conta bancaria da entidade beneficiaria onde se deba efectuar o pagamento.

4. No caso de que a entidade beneficiaria se opoña ou non manifesten consentimento expreso para a súa consulta por parte do órgano xestor, achegaranse os certificados que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme o beneficiario está ao día nas súas obrigas tributarias.

5. Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 48 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da citada lei. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia en formato pdf dos documentos orixinais.

6. Documentación xustificativa do pagamento: os pagamentos xustificaranse con copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias, extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor.

Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número de factura e a satisfacción do importe total da factura (IVE incluído), así como o concepto a que se refiren. No caso en que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento.

No caso en que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, xuntarase unha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas devanditas facturas. No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao plan, será necesario achegar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da empresa selada polo banco coa relación detallada das facturas e copia destas.

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados mediante recibos do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

7. Certificado relativo á situación da entidade co respecto ao IVE, só para os casos en que o seu importe non sexa recuperable total ou parcialmente, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado de exención ou rateo relativo á situación da entidade co respecto ao IVE.

8. Para a xustificación de custos de persoal, deberá achegarse:

i. Certificación dos custos de persoal debidamente asinada, segundo os formularios normalizados da convocatoria, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado as actividades do plan, que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome, apelidos, posto na entidade, retribución bruta e líquida mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á entidade, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado (retribucións e seguridade social) segundo a dedicación de cada persoa traballadora ás actividades do plan.

ii. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao plan subvencionado asinadas por cada traballador/a e a persoa responsable da entidade, segundo o formulario normalizado.

iii. Declaración asinada polo responsable de recursos humanos cos importes mensuais de retencións do IRPF dos traballadores dedicados ás actividades do plan, acompañada dos modelos 111 e dos seus correspondentes xustificantes bancarios. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe considerarase xustificado coa presentación da citada declaración quedando as entidades obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo máximo de un mes desde a data límite de xustificación establecida na convocatoria.

iv. Copias das nóminas do persoal dedicado ás actividades do plan e copias dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores e o concepto, así como as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste nun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a listaxe da orde de transferencia en que se detallen os distintos traballadores incluídos, que deberá estar selada pola entidade bancaria.

v. Boletíns de cotización á Seguridade Social e os seus xustificantes de pagamento. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, as entidades quedarán obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación no prazo máximo dun mes desde a data límite de xustificación establecida na convocatoria.

vi. Informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social para cada un dos traballadores.

vii. No caso de persoal de nova contratación deberá achegarse copia do contrato de traballo en que se poida verificar a contratación para o desenvolvemento de actividades do plan, conforme os requisitos desta convocatoria. Copia da titulación académica.

viii. De ser o caso, certificado acreditativo do grao de discapacidade do persoal contratado.

ix. De ser o caso, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso da prestación de servizo ou entrega do ben, ou declaración da non existencia de provedores suficientes no mercado. No caso de non seleccionar o provedor máis económico acompañarase dunha memoria xustificativa.

x. No caso de equipamentos e material instrumental, declaración asinada polo representante legal da empresa en que se detalle:

1º. Que o equipamento e material instrumental imputado á subvención non foi adquirido con fondos ou axudas públicas.

2º. De ser o caso, o cadro de amortización de cada equipamento calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso esta documentación deberá acompañarse dos estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e pagamento da compra. A Axencia Galega de Innovación poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da empresa.

xi. No caso de subcontratacións, deberá achegarse a seguinte documentación:

1º. Copia da factura emitida pola entidade subcontratada en que se especifique claramente o título e contido das actividades do plan financiadas.

2º. Xustificantes de pagamento da factura/s da subcontratación.

3º. Memoria xustificativa realizada polo subcontratista en que se detallen os traballos da execución das actividades contratadas do plan.

4º. Contrato coa entidade subcontratada nos supostos de que sexa obrigatorio segundo se establece no artigo 11.

Non obstante o disposto neste artigo, no presente procedemento admitiranse a dixitalización de documentos en papel debido a circunstancias funcionais e/ou tecnolóxicas derivadas da implantación progresiva por parte da Administración xeral da Comunidade Autónoma en relación coa organización da emisión das copias electrónicas.

Artigo 30. Documentación xustificativa técnica

1. A documentación xustificativa técnica das actividades desenvolvidas constará de:

i. Informe técnico normalizado (parcial ou final), en que constará o grao de desenvolvemento das actividades realizadas, as melloras producidas e os obxectivos acadados en relación co impacto do plan e o incremento do desempeño innovador da empresa.

ii. Memoria libre sobre a evolución do plan, en que deberá incluírse a xustificación do cumprimento das normas de publicidade do artigo 27.ix desta convocatoria, a través de:

a) Fotografía/s do cartel que divulga a obtención da axuda, colocado nun lugar visible das dependencias na empresa.

b) Enlace á páxina web da empresa onde figure a publicidade da axuda.

c) Probas gráficas das medidas de difusión e comunicación realizadas de conformidade co plan de comunicación.

As instrucións detalladas sobre as características e colocación do cartel ou placa estarán á disposición na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), na súa epígrafe de axudas.

iii. Para a liña 2: copia do informe de benchmarking de innovación INNOBENCH, que poderá obter no enlace http://www.zfv.es/innobench/ actualizado na data de finalización do plan de innovación.

2. Sen prexuízo da documentación anteriormente indicada, poderá requirirse do solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

Artigo 31. Pagamento

1. O pagamento da axuda da Axencia Galega de Innovación efectuarase ao beneficiario ou entidade co dereito a cobramento desta, despois da verificación da documentación xustificativa presentada e as accións de inspección e verificación preceptivas para cada anualidade.

2. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nesta resolución, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, nos artigos 62 e 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia e nesta convocatoria. A concesión destes pagamentos realizarase mediante resolución motivada.

3. Poderán autorizarse pagamentos anticipados de ata o 60 % da subvención total concedida naqueles supostos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009. Estes anticipos non poderán superar o importe da subvención prevista para cada anualidade. Para a primeira anualidade, poderase solicitar ata o 100 % da subvención concedida. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada.

A entidade beneficiaria que queira solicitar o anticipo deberá presentar a solicitude no modelo que estará á súa disposición na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal) e deberá achegar a seguinte documentación complementaria:

i. Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, de todas as administracións públicas.

ii. Certificación bancaria actualizada onde se materializará o pagamento.

Para a solicitude da primeira anualidade incluirase unha declaración responsable de ter iniciado as actividades do plan.

4. En todo caso, esta solicitude deberá cursarse nos seguintes prazos:

– 1ª anualidade: desde a data de concesión e ata o 30 de novembro de 2023.

– 2ª anualidade: desde a fin do prazo da primeira anualidade e ata o 30 de abril de 2024.

5. No caso de que a xustificación da anualidade sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da subvención, detraerase do importe para pagar, de ser o caso, no anticipo seguinte ou, en todo caso, do seguinte pagamento.

6. A suma dos pagamentos parciais á conta e dos pagamentos anticipados poderá sumar no seu conxunto ata un 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario conforme o disposto no artigo 62 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. No caso de pagamentos á conta ou anticipos, non se precisará a presentación de garantías de acordo co disposto no 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

8. Ademais, con carácter previo ao pagamento final da subvención, será obrigatoria unha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación, para comprobar a realización das actividades desenvolvidas no plan, tendo como referencia as previsións da entidade beneficiaria valoradas no artigo 21 desta convocatoria.

No caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada, tanto polo representante da Administración coma polo beneficiario.

Artigo 32. Control

1. A Axencia Galega de Innovación poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxecto das subvencións.

En calquera momento se poderán realizar visitas aos beneficiarios coa finalidade de realizar comprobacións e solicitudes de aclaracións que se consideren necesarias para a verificación do correcto desenvolvemento das actividades para as que se concedeu a axuda, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Si se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos para os que se concederon, poderá propoñer a suspensión da subvención concedida.

2. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

3. Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá convocar os beneficiarios, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

4. Previamente ao pagamento final da subvención, será obrigatorio realizar unha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación. Ademais desta actividade final de inspección, a axencia, no marco dos seus plans de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

A comprobación dará lugar a un informe técnico positivo ou negativo. O segundo caso suporá, de acordo co disposto nesta convocatoria, unha minoración da axuda igual á porcentaxe de incumprimento sinalado no informe técnico, sempre e cando o incumprimento non supere o 40 % do investimento concedido, suposto en que procederá o reintegro total.

5. Conforme o sinalado no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento pola Axencia Galega de Innovación e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

6. Se pola situación excepcional derivada pola pandemia da COVID non é oportuno realizar a inspección in situ, transitoriamente poderá substituírse pola entrega de xustificación documental en que se constate, de forma razoable e suficiente, a realización da actividade subvencionada, e no caso de activos tanxibles, polo envío de materiais fotográficos por parte do beneficiario, de modo que se poida comprobar o correcto funcionamento destes e as súas características, número de serie e o cumprimento dos requisitos de publicidade previstos na convocatoria, sen prexuízo de que, posteriormente, cando sexa posible, se efectúe a dita inspección.

Artigo 33. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento do beneficiario de estar ao día das obrigas coa Facenda Estatal e Autonómica e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro, se non se aboou a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 34. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da dita axuda. De non ser así, perderá o dereito ao cobramento e/ou, se for o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o procedemento de reintegro previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

Son causas de reintegro as seguintes:

1º. O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

2º. O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do plan inicial ou da finalidade para a cal a axuda foi concedida.

3º. O incumprimento da obrigación de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

4º. O incumprimento da obrigación de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 27 desta convocatoria.

5º. A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, de rexistro ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

6º. O incumprimento dos prazos de mantemento da actividade ou do emprego.

7º. Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 35. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento dos obxectivos da axuda, das actividades previstas no proxecto ou das condicións establecidas na resolución de concesión da axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e comprobación da xustificación, será causa de reintegro total da subvención.

En particular, serán causa de reintegro total da axuda e, de ser o caso, da perda do dereito ao cobramento, os seguintes supostos:

a) Se se tivesen incumprido as tarefas, os compromisos, os obxectivos ou as condicións do proxecto, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e supoñerá a minoración da subvención segundo a porcentaxe de incumprimento sinalado no informe técnico. Se esta porcentaxe é superior ao 60 % considerarase como incumprimento total e dará lugar ao reintegro da totalidade da axuda.

2. O incumprimento parcial dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención ou ao reintegro parcial da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes.

Tratándose de condicións referentes á contía do proxecto, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao investimento deixado de xustificar ou xustificado indebidamente minorándose a subvención proporcionalmente.

Por afectar as condicións que se tiveron en conta no momento de conceder a subvención, nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda do seguinte xeito:

a) No caso de que o custo total do plan validamente xustificado sexa inferior ao orzamento mínimo subvencionable (50.000 euros) reducirase a axuda aplicando unha porcentaxe do 10 % do custo deixado de xustificar.

b) Non comunicar a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas, suporá a perda dun 5 % da subvención concedida, e, de ser o caso, o reintegro do exceso percibido máis os xuros de demora e unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

c) Non levar a cabo as medidas propostas no plan de comunicación incluído na solicitude ou non darlle publicidade ao financiamento do plan de conformidade co artigo 27 desta convocatoria suporá a perda dun 3 % da subvención concedida.

d) Non comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención suporá a perda do 5 % da subvención concedida.

e) O incumprimento da obriga de presentar tres ofertas segundo o disposto no artigo 10 desta convocatoria, sen que concorran as circunstancias eximentes previstas no artigo 29.3 da Lei 9/2007, ou a presentación de ofertas que non cumpran os requisitos indicados no artigo 10 destas bases dará lugar á minoración do 10 % do custo subvencionable.

f) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados, suporá a perda dun 2 % da subvención concedida.

g) Non respectar as condicións do punto 7 do artigo 9 relativo ao persoal de nova contratación será causa de reintegro de ata o 2 % da subvención concedida.

h) A alteración das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención, non respectando o establecido no artigo 21.2.B, será causa de reintegro de ata o 5 % da subvención concedida.

i) Non facilitar cantos datos resulten necesarios para o seguimento e a avaliación do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou outros instrumentos relacionados coa medición da innovación será causa de reintegro de ata o 2 % da subvención concedida.

j) Non asistir á xornada formativa que impartirá a Axencia Galega de Innovación nos termos e condicións establecidas nesta convocatoria suporá a perda dun 2 % da subvención concedida.

3. Excepcionalmente, se o incumprimento deriva de causas de forza maior, causas non imputables ao beneficiario ou non previsibles ao longo do desenvolvemento do proxecto, a Axencia Galega de Innovación poderá revisar a aplicación das penalizacións en función do grao e da entidade da condición incumprida e sempre que se cumprisen as actividades e obxectivos do proxecto acadando un informe final positivo.

4. Se o incumprimento deriva da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

Artigo 36. Procedemento de reintegro

1. Se aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecesen os motivos que se indican no artigo 33 desta convocatoria, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas, e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas e comunicarase ao beneficiario a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007 e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa.

5. Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 37. Prescrición

1. O dereito da Administración a recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos catro anos, sen prexuízo do establecido na normativa de axudas de estado.

2. Este prazo computarase, en cada caso:

a) Desde o momento en que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte do beneficiario.

b) Desde o momento da concesión, no suposto previsto no punto 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.

c) No suposto de que se establecesen condicións ou obrigas que debesen ser cumpridas ou mantidas por parte do beneficiario ou da entidade colaboradora durante un período determinado de tempo, desde o momento en que venceu o dito prazo.

3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:

a) Por calquera acción da Administración realizada con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora, que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.

b) Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal, ou pola presentación de denuncia ante o Ministerio Fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora no curso dos ditos recursos.

c) Por calquera actuación fidedigna do beneficiario ou da entidade colaboradora conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.

Artigo 38. Normativa

As axudas obxecto desta convocatoria teñen como referencia lexislativa fundamental a seguinte normativa:

• Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE núm. L187, do 26.6.2014).

• Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE núm. L124, do 20.5.2003).

• Comunicación 2003/C 118/03 da Comisión. Exemplo de declaración sobre a información relativa á condición de peme dunha empresa (DOUE núm. C118, do 20.5.2003). Corrección da Comunicación 2003/C 118/03 da Comisión no que se refire á nota explicativa relativa aos tipos de empresas consideradas para calcular os efectivos e importes financeiros (DOUE núm. C42, do 18.2.2005).

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

• Decreto 15/2014, do 6 de febreiro, polo que se modifican os estatutos da Axencia Galega de Innovación e a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

• Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 19, do 27 de xaneiro).

• Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro).

• Resto de normativa aplicable.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a directora da Axencia Galega de Innovación para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Detalle de actividades subvencionables

LIÑA 1. PLAN DE DESEÑO.

O Plan de deseño para a innovación e sustentabilidade deberá reunir, como mínimo, as seguintes características:

a) Introduciranse un conxunto de actividades que constitúan un conxunto completo e homoxéneo de fases que permita implementar ou incrementar as capacidades de deseño da empresa solicitante.

b) As fases, coas súas actividades correspondentes, deben implicar o desenvolvemento destas e as opcións desagregadas, tal e como se describe a continuación:

b.1) Deseño de produto.

Concepción e desenvolvemento de produtos, que se perciban no mercado como novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial. Os proxectos que se presenten nesta liña deberán expoñer o deseño ou redeseño dun só produto ou dunha soa gama concreta de produto.

Para isto as actividades subvencionables de cada unha das fases do proxecto de deseño deberán incluír:

Fase I: análise, estratexia e conceptualización.

Esta fase ten como obxectivo a análise do contexto do proxecto, a definición de claves para o deseño e a materialización de solucións en forma de conceptos visuais. Esta fase deberá comprende, como mínimo, as seguintes actividades:

1.1. Análise da organización interna da empresa e do deseño das súas estratexias, posicionamentos e carteira de produtos, nos seguintes ámbitos:

• Produto: produtos de referencia, produtos substitutivos, competencia, análise de valor.

• Tecnolóxico: definición de condicionantes técnicos, funcionais e dimensionais.

• Económico-produtivo: canal comercial, punto de venda, materiais e procesos. Custo obxectivo e investimentos.

• Usuario-cliente: definición e priorización de targets, factores de valor, ergonomía aplicable e contorno de uso.

1.2. Briefing: resumo do posicionamento, insights e keys de deseño. Obxectivos e especificacións de deseño.

1.3. Conceptualización-brainstorming: conceptos e estilo do produto con base en solucións asociadas a obxectivos; presentación de conceptos de produto-estilo asociado a unha aproximación a custos e investimentos; selección final.

Fase II: deseño de detalle e desenvolvemento.

Esta fase ten como obxectivo definir integramente o deseño a partir do concepto seleccionado na fase I, así como da súa arquitectura xeral e despezamento, tanto desde o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo como económico. Esta fase deberá comprender, como mínimo, as seguintes actividades:

2.1. Deseño de detalle:

2.1.1. Deseño funcional e dimensional do produto: análise de todos os usos para garantir o correcto funcionamento e a interacción co usuario. Definición da arquitectura de produto e despezamento.

2.1.2. Selección de materiais, procesos e compoñentes.

2.1.3. Refinamento estético (axuste de proporcións e encontros entre os diferentes compoñentes).

2.1.4. Deseño de gráfica aplicada. Selección de acabamentos. Integración da marca.

2.2. Desenvolvemento:

2.2.1. Definición técnica dos diferentes compoñentes (adecuación a cada proceso produtivo e optimización da montaxe e transporte).

2.2.2. Desenvolvemento dos diferentes sistemas e mecanismos; modelado 3D das pezas e xeración de planos para produción.

Fase III: preindustrialización.

Esta fase ten como obxectivo integrar todas as melloras necesarias nas diferentes pezas e compoñentes do produto. Elaborarase o material necesario para a contratación de útiles ou moldes de fabricación e a produción dos diferentes compoñentes para a súa produción seriada.

Esta fase deberá comprender, como mínimo, as seguintes actividades:

3.1. Análise de secuencia de ensamblaxe e puntos críticos de axuste.

3.2. Deseño e modelado 3D de pezas para produción.

3.3. Solucións para mantemento e reparación.

3.4. Especificacións de montaxe.

Nos proxectos de deseño de produto que se presenten a esta convocatoria, tamén se poderán recoller outras disciplinas do deseño que se interrelacionen para a consecución do resultado final do dito proxecto, son as seguintes:

• Deseño circular: mediante esta liña de subvención preténdese impulsar o deseño circular de cara a conseguir novos produtos sustentables. Esta convocatoria pretende poñer en marcha novas solucións sustentables para contribuír á transición ecolóxica mediante o deseño de novos produtos.

• Deseño dixital: nos casos en que o deseño do produto supoña o desenvolvemento de deseños dixitais, poderán ser incluídos como actividade subvencionable sempre que estean asociados ao novo produto.

• Deseño de identidade de produto: os proxectos poderán incluír elementos de identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación sempre que estean asociados ao novo produto.

b.2) Deseño de servizos e experiencias.

Concepción e desenvolvemento de servizos e experiencias, que se perciban no mercado como novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial.

Para iso as actividades subvencionables de cada unha das fases do proxecto de deseño deberán incluír:

Fase I: análise, estratexia e conceptualización.

Análise da organización interna da empresa e do deseño das súas estratexias, posicionamentos e carteira de servizos e a súa interrelacción. Nesta fase analizarase o contexto do proxecto de deseño, estableceranse as claves do deseño e as solucións materializaranse en forma de concepto.

Fase II: deseño de detalle e desenvolvemento.

Procedementos para a execución do deseño do servizo seleccionado e prototipos do novo deseño, para iso cómpre definir integramente o deseño partindo do concepto seleccionado na fase I, así como a súa arquitectura xeral, desde o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo e económico.

Nos proxectos de deseño de servizos e experiencias que se presenten a esta convocatoria, tamén se poderán recoller outras disciplinas do deseño que se interrelacionan para a consecución do resultado final do dito proxecto. Son as seguintes:

• Deseño dixital: nos casos en que o deseño do servizo supoña o desenvolvemento de deseños dixitais, poderán ser incluídos como actividade subvencionable sempre que estean asociados ao novo servizo.

• Deseño de identidade de servizo: os proxectos poderán incluír elementos de identidade gráfica e comunicación sempre que estean asociados ao novo servizo.

b.3) Deseño de marca e identidade corporativa.

Este ámbito do deseño ten como obxectivo formular a identidade corporativa e marca das empresas e a súa interrelación cos seus produtos e servizos e do deseño como parte significativa delas.

Para iso as actividades subvencionables de cada unha das fases do proxecto de deseño deberán incluír:

Fase I: análise, estratexia e conceptualización.

1.1. Análise interna e externa.

Esta análise ten como obxectivo a valoración xeral da situación en canto á identidade da empresa, da súa marca ou marcas, dos seus produtos, servizos e dos seus soportes e métodos de comunicación e a súa relación, así como a valoración de como todo iso é percibido polo usuario/cliente. Para iso realizarase unha análise en profundidade da:

• Estratexia da empresa; sector; posicionamento; unidades de negocio, segmentos de mercado; carteira de produtos e servizos.

• Estrutura de marcas, a forza e a potencialidade destas e públicos clave.

• Plans e actuacións internas e externas de comunicación, os elementos utilizados ou a través dos cales se proxecta dita comunicación (oficinas, fachadas, rótulos, vehículos, catálogos, folletos, manuais técnicos, envases e envoltorios dos produtos, etiquetas, papelería, internet, etc.), os procedementos de relación externa (protocolos de atención ao cliente e/ou servizo posvenda, relacións públicas).

1.2. Proposta de deseño conceptual da identidade corporativa.

Proposta de deseño de identidade coherente e realista para a empresa nos seus diferentes niveis (empresa, marca e produto/servizo) e elementos de actuación, que persiga a eficacia ante os seus diferentes públicos clave.

Fase II: deseño de detalle e desenvolvemento.

O prego de especificacións deberá incluír a definición do proxecto, os obxectivos de deseño, xunto coa información relevante para cada proxecto: valores que se van transmitir, que esperan e valoran os distintos públicos clave, as marcas existentes, os produtos, os elementos de comunicación, soportes e packaging utilizados; así como información sobre o mercado, e sobre as restricións técnicas e de custo que resulten significativas.

O deseño gráfico, a identidade visual, o packaging, os soportes dixitais, etc. son unha parte relevante do branding que fai tanxible a súa estratexia para as persoas e para o mercado.

Potenciarase que os deseños desta identidade representen valores sustentables e innovadores asociados á empresa-marca e produto-servizo.

LIÑA 2. PLAN DE INNOVACIÓN EN PROCESOS E ORGANIZACIÓN.

O plan poderá incluír as seguintes actividades de xeito indicativo e orientador, sempre que respecten os termos da resolución da presente convocatoria, especialmente os artigos 7 e 8. O desenvolvemento destas actividades permitirán incrementar a capacidade innovadora das empresas, introducindo innovacións significativas que melloran a eficiencia produtiva e das que deriven vantaxes competitivas no mercado tanto cuantitativas coma cualitativas. As actuacións deben circunscribirse ao estudo, deseño, posta en marcha e validación das innovacións a nivel de pilotos ou demostrativos, coa finalidade de diferenciar estes das implantacións con carácter produtivo e comercial na empresa, que terían a consideración de actuacións e custos correntes.

1) Actividades de innovación.

Son aquelas destinadas a reducir a brecha das pemes para acceder a coñecemento e medios relativos á innovación a través de servizos adaptados a tal fin e ás súas necesidades. Estas actividades refírense aos custos elixibles incluídos nos puntos 5, 6 e 7 do artigo 8. Inclúense como subvencionables, entre outras:

1. Auditoría/consultoría en produto/servizo. Análise da carteira de produtos/servizos dirixidos a adecuar as actividades de innovación en procesos e organización, poderanse incluír análises para a innovación en produto ou servizos e marca sempre que a entidade non solicite nesta mesma convocatoria a liña 1 de plans de deseño.

2. Estudos de viabilidade técnica e industrial, económica e/ou de mercado previos ao desenvolvemento de produto/servizo; estudos de satisfacción e detección de necesidades dos mercados.

3. Protección da propiedade industrial:

a) Elaboración de estudos do estado da arte previos á xestión da propiedade industrial (incluído o estudo de segredo industrial), á solicitude de patentes, modelos de utilidade e outras licenzas; vixilancia e prospectiva tecnolóxica.

b) Xestión da solicitude novas patentes, modelos de utilidade, e outras licenzas. Exclúense o mantemento e ampliación de existentes.

4. Asesoramento para a transferencia de tecnoloxía.

5. Obtención de certificacións de normas oficiais vinculadas aos obxectivos innovadores presentados na memoria técnica da solicitude, a modo indicativo, a especificación EA0047 «Requisitos para a consideración como pequena ou mediana empresa innovadora», EA0043 «Requisitos da Xove Empresa Innovadora. XEI» e as incluídas na serie de Normas UNE 166000 dedicadas a apoiar a optimización da «Xestión da I+D+i»e outras certificacións específicas que se consideren axeitadas para o desenvolvemento da actividade empresarial innovadora dentro do plan (entre elas, a certificación de empresa emerxente «startup», prevista na Lei 28/2022, do 21 de decembro).

6. Asesoramento para a xestión de proxectos colaborativos de I+D+i.

7. Asesoramento para o acceso ao financiamento da innovación a través de instrumentos financeiros e axudas públicas, así coma fondos de capital risco.

2) Innovación en procesos.

Unha innovación de procesos fai referencia a un proceso novo ou mellorado para unha ou máis funcións de negocio difiren significativamente do proceso de negocio anterior da empresa e que se poñen en uso por primeira vez na empresa. A innovación ten un alcance ou percepción a nivel de empresa, sendo para esta a novidade ou mellora significativa, aínda que non o sexa para o seu sector ou mercado. Tampouco inflúe se a innovación foi desenvolvida inicialmente pola empresa ou por outras entidades. A continuación, lístanse exemplos de innovacións en procesos:

• Métodos de fabricación o produción de bens ou servizos innovadores, incluíndo enxeñaría e probas técnicas de soporte á produción. Tamén inclúe as actividades para conseguir, identificar, desenvolver ou adaptar procesos. Esta función pode ser levada a cabo de forma sistemática ou ad hoc, tanto dentro da empresa como externamente.

• Sistemas loxísticos ou métodos de entrega ou distribución: transporte e servizos de entrega, almacenaxe e xestión de pedidos.

• Métodos de procesamento de información ou comunicación con intensificación tecnolóxica.

• Métodos de contabilidade ou outras operacións administrativas.

• Métodos de márketing para promoción, embalaxe, fixación de prezos, posicionamento do produto ou servizos posvenda. Admitiranse actuacións de definición ou testaxe de innovacións en novos procesos ou significativamente mellorados con esta finalidade. Non se admitirán implementacións finalistas e, por tanto, directamente vencellados a obxectivos e retornos comerciais.

• Innovacións en procesos con beneficios ambientais que xera impactos ambientais positivos ou reduce os negativos, en comparación cos anteriores da empresa. O beneficio ambiental pode ser o obxectivo principal da innovación ou como consecuencia doutros obxectivos. Este beneficio pode ocorrer durante a produción dun ben ou servizo, o seu consumo ou uso polo usuario final (individuo, empresa, Administración pública...), e inclúe, entre outros: a redución do uso de material, auga, enerxía, pegada de carbono; a redución da contaminación (solo, acústica, auga ou aire); a substitución de materiais por outros menos contaminantes ou perigosos, así como enerxías máis limpas; ou reciclaxe de produtos/materiais ou extensión da vida útil.

• Testaxe a escala preindustrial e pilotos de tecnoloxías facilitadoras (TFE) relacionadas coa: fotónica, micro-nanoelectrónica, nanotecnoloxía, biotecnoloxía, materiais avanzados e fabricación e procesamento avanzado, en que se inclúen especificamente:

– Tecnoloxías que conecten o mundo físico co dixital:

▪ Realidade aumentada, visión artificial e outras tecnoloxías similares empregadas en procesos.

▪ Impresión en 3D en aplicacións específicas con materiais ou procesos de alta intensidade tecnolóxica.

▪ Automatización avanzada e robótica.

▪ Internet das cousas aplicadas a melloras de procesos ou a sistemas complexos.

– Tecnoloxías que permitan a comunicación e o tratamento de datos con intensificación tecnolóxica (quedan excluídas as TIC de uso común).

– Ciberseguridade.

– Tecnoloxías que faciliten a xestión intelixente das operacións, así como o traballo colaborativo.

3) Innovación en organización.

Unha innovación de organización fai referencia a un método novo ou mellorado para unha ou máis funcións relativas á organización empresarial e ás súas interaccións, que difiren significativamente do métodos anteriores da empresa e que se poñen en uso por primeira vez na empresa. A innovación ten un alcance ou percepción a nivel de empresa, sendo para esta a novidade ou mellora significativa, aínda que non o sexa para o seu sector ou mercado.

1. Deseño e desenvolvemento de novos procesos de organización que impacten, entre outros: nos métodos de produción, distribución, así coma a experiencia do usuario, tanto no sector industrial como de servizos.

2. Validación, a través de pilotos, de novos métodos organizacionais no negocio, na organización do traballo, entre as que figuran a definición e introdución de novas iniciativas de innovación que supoñan cambios na xestión interna da organización interna da empresa e propicien a súa participación en redes empresariais. Entre outras: xestión estratéxica e xeral da empresa (toma de decisións transversal) incluíndo a responsabilidade de organización de traballo, goberno corporativo (legal, planificación e relacións públicas), etc.

3. Validación a través de pilotos de implantación de metodoloxías de mellora da xestión do coñecemento e de organización de responsabilidade laboral, toma de decisións o xestión de recursos humanos: formación, contratación de persoal, organización do lugar de traballo, contratación de persoal temporal, xestión de nóminas e servizo médico e de prevención.

4. Validación a través de pilotos de implementación de novos métodos organizacionais na organización das relacións cara ao exterior, entre elas.

5. Creación de departamentos/unidades de I+D+i:

a) Establecemento de relacións de cooperación e innovación aberta.

b) Redefinición das estratexias de comercialización e relación con clientes e provedores ou a apertura de novos mercados. Non se inclúen as actuacións relativas á comercialización que non poidan ser considerados pilotos de innovación.

6. Creación de departamentos/unidades de I+D+i:

a) Creación e ampliación da capacidade tecnolóxica estable dentro das empresas mediante a contratación de persoal especializado.

b) Creación de estruturas de investigación e innovación de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnolóxico e non asociadas á actividade produtiva.

ANEXO II

Información adicional acerca da acreditación documental de criterios
de avaliación e outra información de interese

A. Acreditación documental de condiciones dos criterios de avaliación e outras características da entidade solicitante descritas nesta convocatoria.

a) Tipo e categoría de empresa. Está definido na convocatoria, segundo o establecido na normativa europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE núm. L187, do 26.6.2014).

Información detallada e práctica para o cálculo dos datos solicitados na declaración da condición de peme, pode atoparse en:

– Guía do usuario sobre a definición do concepto de peme, 2020. Pode atoparse na ligazón do portal de publicacións da Unión Europea (https://op.europa.eu/es/home), ou na web da Axencia Galega de Innovación.

– Ferramenta en liña da Dirección Xeral de Industria e Pequena e Mediana Empresa do Ministerio (https://soypyme.ipyme.org/Home).

b) Solvencia económica. Para a obtención desta puntuación, tomarase como referencia o importe neto da cifra de negocios que figura na declaración do imposto de sociedades (modelo 200, casa 00255).

c) Custo en I+D+i. Acreditarase documentalmente (por exemplo deducións incluídas no modelo 200 do imposto de sociedades, ou outro documento oficial...).

d) Plan de igualdade. Será preciso presentar o rexistro do plan de igualdade ou certificado da oficina de rexistro conforme se cumpre a súa inscrición.

e) Compromiso coa sustentabilidade ambiental. Será preciso a presentación de certificación en vigor de xestión ambiental (ISO 14001, EMAS...), de xestión enerxética (ISO 50001, outras), certificacións MSC, FSC, SAN, FAIRTRADE... ou documento acreditativo de entidade recoñecida nestes ámbitos. Non serán válidos rexistros electrónicos nin correos electrónicos, ou outro documento non verificable.

f) Responsabilidade social empresarial. Será preciso presentar certificación en vigor da norma OSHAS 18001 ou ISO45001, SA8000, ISO26000...

g) CNAE. O código a cubrir no formulario de solicitude que identifica a actividade principal da empresa, será o consignado no modelo 200 do imposto de sociedades.

B. Criterios de aplicación para amortizacións de equipamento e material instrumental de nova adquisición.

A vida útil mínima considerable para o equipamento e conceptos de gasto inventariables que se inclúan no plan de innovación vén definida polos coeficientes lineais máximos de amortización lineal, establecidos pola Axencia Tributaria.

Calquera outro caso en que se atope o investimento que se vai xustificar terá que ser motivado e pendente de aprobación por parte da Axencia Galega de Innovación.

Nesta convocatoria, establécense os seguintes coeficientes de amortización:

Tipo de equipamento

Coef. lineal máximo

Instalacións

Maquinaria

12 %

Equipos médicos e asimilados

15 %

Outras instalacións

10 %

Mobles e ferramenta

Útiles e ferramentas

25 %

Moldes, matrices e modelos

33 %

Outros útiles

15 %

Equipamentos electrónicos e informáticos. Sistemas e programas

Equipamentos electrónicos

20 %

Equipamentos para procesos de información

25 %

Sistemas e programas informáticos

33 %

Outros

10 %

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Memoria descritiva da entidade solicitante

Número máximo de páxinas: 5 (excluída a portada).

Tamaño de letra: Arial 11.

Marxes: 2 cm.

Todos os contidos incluídos nas páxinas que excedan o número que se determina neste documento non serán tidos en conta na avaliación do proxecto de innovación.

A memoria deberá ter os contidos mínimos que se describen a continuación e coa extensión na súa redacción que se indica. Non se admitirán melloras, adicións ou substitucións das memorias con posterioridade ao vencemento do prazo máximo para a presentación da solicitude.

A. PRESENTACIÓN DA ENTIDADE SOLICITANTE.

– Breve presentación da entidade.

– Historia, pertenza a grupo empresarial ou entidades asociadas ou vinculadas (se procede).

– Equipo de traballo ou organigrama (indicando porcentaxe de mulleres ou persoal con diversidade funcional).

– Actividade económica que desenvolve, produtos ou servizos que presta.

– Ámbito sectorial e alcance territorial.

– Boas prácticas empresariais.

– Experiencia en actividades de I+D+i. Indicar, se procede, se está en posesión do selo Peme Innovadora ou en trámites para conseguilo, así coma outros aspectos que considere.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

Especificacións para elaborar a memoria técnica do Plan de deseño
para a innovación e a sustentabilidade (Liña 1-Deseñapeme)

Número máximo de páxinas: 20 (excluída a portada).

Tamaño de letra: Arial 11.

Marxes: 2 cm.

Todos os contidos incluídos nas páxinas que excedan o número que se determina neste documento non serán tidos en conta na avaliación do plan de innovación.

A memoria terá os seguintes contidos mínimos que se describen a continuación e coa extensión na súa redacción que se indica. Non se admitirán melloras, adicións ou substitucións das memorias con posterioridade ao vencemento do prazo máximo para a presentación da solicitude.

1. DESCRICIÓN DO PROXECTO DE DESEÑO.

2.1. Obxectivos do proxecto.

2.2. Cadro sinóptico do plan de proxecto de deseño[1].

Obxectivo
do deseño

Núm. act.

Descrición da actividade

Data inicio

Data fin

Custo 2023

Custo 2024

Custo total

2.3. Descrición detallada de cada unha das actividades do proxecto de deseño segundo o descrito no artigo 7. Xustificación de cada un dos custos que se imputan.

2.4. Equipo humano implicado no proxecto de deseño.

a) Persoal propio (con indicación da porcentaxe de dedicación ao proxecto).

• Titulación e formación específica.

• Actividade que desenvolve na entidade.

• Actividades no proxecto de deseño en que vai participar e detallar as tarefas que vai desenvolver en cada unha delas.

b) Persoal de nova contratación.

• Perfís profesionais de cada unhas das persoas que se van contratar con especificación das características da contratación. Este persoal deberá dispoñer dunha titulación ou recoñecemento no ámbito do deseño obxecto da convocatoria.

• Actividades no proxecto en que vai participar cada un dos perfís de nova contratación e detallar as tarefas que vai desenvolver en cada unha delas.

Nome/Perfil2

Posto

Titulación

Grupo de cotización

Funcións

Actividades
nas que participa

[2]

3. MELLORA COMPETITIVA POLOS RESULTADOS OBTIDOS NO PROXECTO DE DESEÑO.

Describir de xeito claro e conciso, no caso de que aplique ao proxecto de deseño presentado á convocatoria, as melloras esperadas pola implantación do proxecto nos seguintes aspectos:

3.1. Avances en termos de deseño para a innovación empresarial.

3.1.1. Grao de novidade do produto/experiencia/marca no mercado.

3.1.2. Grao de detección das necesidades do mercado actual.

3.1.3. Grao de innovación relacionado en como os obxectivos do proxecto atenden a termos de estética e calidade da experiencia más alá da funcionalidade do propio deseño e como se interrelaccionan entre si (interrelacción función e forma).

3.1.4. Grao de innovación cultural, relacionada coa identidade propia a partir da tradición ou de calquera outro aspecto cultural actual galego, ou da propia tradición da empresa. Grao en que o deseño axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.

3.2. Avances en termos de deseño para a sustentatibilidade.

3.2.1. Grao de definición, claridade e adecuación das actividades aos obxectivos do proxecto en termos de sustentabilidade (incluída circularidade) e como son abordados.

3.2.2. Impacto sobre o consumo de recursos naturais e enerxía. Análise do consumo de recursos e materias primas na concepción e realización do prototipo e no ciclo de vida que se espera do produto/experiencia/marca.

3.2.3. Impacto sobre o contorno. Análise da utilización de materiais reciclados e reciclables, ciclo de vida e xeración de residuos implicados na concepción e prototipado do produto/experiencia/marca.

3.2.4. Grao en que o deseño terá un impacto positivo na conservación medio ambiental e/ou dará lugar a unha relación máis sustentable entre a sociedade, a industria e o ambiente.

3.3. Impacto económico e social.

3.3.1. Apertura de novos mercados e internacionalización da actividade empresarial gracias aos deseños postos en marcha a través da convocatoria.

3.3.2. Incremento das vendas esperado e mellora da capacidade operativa, competitiva e posición no mercado.

3.3.3. Desenvolvemento de novos procesos e cambios organizativos substanciais gracias á integración do deseño na estratexia da organización.

4. IMPACTO SOCIOLABORAL E XERACIÓN DE EMPREGO.

4.1. Detalle da tipoloxía da novas contratacións.

4.2. Colaboración con profesionais de deseño de recoñecido prestixio. Adecuación do equipamento humano implicado con experiencia ámbito do deseño, incorporación de profesionais titulados en deseño.

5. IMPACTO DIXITAL.

De ser o caso, describe as tecnoloxías dixitais implicadas no proxecto de deseño.

6. PLAN DE COMUNICACIÓN.

Actuacións previstas de difusión e comunicación do plan, xustificando os medios empregados e o público obxectivo. Poderán incluír, entre outros: notas de prensa, mencións en redes sociais, vídeos e/ou animacións, eventos, publicacións... As actuacións deberán detallar os obxectivos e actividades do plan, non limitándose unicamente á mención ao financiamento público.

7. COHERENCIA CO PLAN DE INNOVACIÓN.

No caso de presentar tamén un plan de innovación, indicar as sinerxías ou complementariedades con el.

ANEXO VII

Especificacións para elaborar a memoria técnica do Plan de innovación
en procesos e organización (Liña 2-Innovapeme)

Número máximo de páxinas: 15 (excluída a portada).

Tamaño de letra: Arial 11.

Marxes: 2 cm.

Todos os contidos incluídos nas páxinas que excedan o número que se determina neste documento, non serán tidos en conta na avaliación do plan de innovación.

A memoria terá os seguintes contidos mínimos que se describen a continuación e coa extensión na súa redacción que se indica. Non se admitirán melloras, adicións ou substitucións das memorias con posterioridade ao vencemento do prazo máximo para a presentación da solicitude.

A. DESCRICIÓN DOS OBXECTIVOS E ACTIVIDADES DO PLAN DE INNOVACIÓN (máximo 8 páxinas).

– Obxectivo xenérico do plan.

– Obxectivos específicos numerados e con metas concretas.

– Descrición de indicadores para avaliar os obxectivos anteditos, así como valores actuais e os previstos ao finalizar o plan.

– Cadro sinóptico do Plan de innovación3.[3]

Núm. obxectivo

Núm. act.

Título da actividade

Data inicio

Data fin

Custo 2023

Custo 2024

Custo total

– Descrición detallada das actividades e o que se pretende con elas cubrindo as táboas seguintes para cada unha delas segundo o modelo seguinte:

Núm. de actividade

Denominación

Tipo de actividade

□ Actividades de innovación

Orzamento total (€)

Obxectivos (o que se quere acadar):

Descrición (como se executa):

Indicadores da actividade (impacto cuantificado):

Orzamento da actividade (eliminar a fila que non teña custo)

Custos

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Total

Descrición do gasto

Obtención, validación e defensa de patentes, certificacións

(explicar cada concepto de custo imputado nesta epígrafe)

Servizos de asesoramento en materia de innovación

(explicar cada concepto de custo imputado nesta epígrafe)

Servizos de apoio en materia de innovación

(explicar cada concepto de custo imputado nesta epígrafe)

Custos directos

Custos indirectos

(20 % dos custos directos)

Total (custos directos custos indirectos)

Núm. de actividade

Denominación

Tipo de actividade (marca unha opción)

□ Innovación en procesos

□ Innovación en organización

Orzamento total (€)

Obxectivos (o que se quere acadar):

Descrición (como se executa):

Indicadores da actividade (impacto cuantificado):

Orzamento da actividade (eliminar a fila que non teña custo)

Custos

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Total

Descrición do gasto

Persoal propio

(explicar cada concepto de custo imputado nesta epígrafe)

Persoal nova contratación

(explicar cada concepto de custo imputado nesta epígrafe)

Equipamento e material instrumental de nova adquisición

(explicar cada concepto de custo imputado nesta epígrafe)

Adquisición de licenzas de propiedade industrial

(explicar cada concepto de custo imputado nesta epígrafe)

Materiais, subministracións e produtos similares

(explicar cada concepto de custo imputado nesta epígrafe)

Subcontratacións de actividades

(explicar cada concepto de custo imputado nesta epígrafe)

Custos directos

(explicar cada concepto de custo imputado nesta epígrafe)

Custos indirectos

(20 % dos custos directos)

(explicar cada concepto de custo imputado nesta epígrafe)

Total (custos directos custos indirectos)

CUSTOS DE EQUIPAMENTO E MATERIAL INSTRUMENTAL DE NOVA ADQUISICIÓN

ANUALIDADE 2022

ANUALIDADE 2023

Descrición

Núm. act.

Custo sen IVE

Cota anual amort.4

% dedicación

Meses

Custo

% dedicación

Meses

Custo

CUSTO TOTAL

(agregar unha liña por cada equipamento)

Custo 2023->

Custo 2024->

[4]

B. EQUIPO HUMANO IMPLICADO (máximo 2 páxinas).

Cadro resumo do persoal implicado no plan para recompilar os datos OBRIGATORIOS de xeito esquemático:

Nome/Perfil5

Posto

Titulación

Grupo cotización

Funcións no plan

% dedicación6 ao plan

Actividades en que participa

[5][6]

Breve descrición do equipo:

1. Persoal propio:

• Nome e apelidos.

• Xustificación da súa inclusión no plan: experiencia e formación específica en relación co plan e coas actividades nas que participa.

2. Persoal de nova contratación:

• Nome ou perfil profesional que hai que contratar.

• Xustificación da necesidade da contratación en relación co plan e coas actividades en que participará.

• Características do perfil sociolaboral da persoa que se vai contratar (home, muller, diversidade funcional).

C. NOVIDADES E TECNOLOXÍAS AVANZADAS FACILITADORAS (máximo 2 páxinas).

– Describa as principais novidades dos novos procesos e cambios organizativos substanciais que se orixinarán a partir do plan e as actividades que o promoven.

– No caso de incluír no plan provedores de tecnoloxías facilitadoras esenciais definidas no anexo I, definir o alcance do seu emprego na empresa e os resultados implicados nas actividades do plan. Describir se prevé a contratación con organismos de investigación ou provedores de TFE.

D. IMPACTOS E RESULTADOS DO PLAN (máximo 2 páxinas).

– Actividades implicadas en fomentar a I+D+i na empresa e a descrición dos resultados a longo prazo para o mantemento da actividade innovadora unha vez finalizado o plan.

– Vinculación coa innovación en deseño en produto, servizo e marca a curto ou longo prazo, se procede.

– Posicionamento no mercado e internacionalización: describir as actividades que van mellorar a capacidade operativa, competitiva e de posicionamento e vehicular os resultados.

E. PLAN DE COMUNICACIÓN (máximo 1 páxina).

Actuacións previstas de difusión e comunicación do plan, xustificando os medios empregados e o público obxectivo da súa empresa, así como a súa achega con estas actuacións a cidadanía e/ou ao ecosistema de innovación de Galicia. Poderán incluír, entre outros: notas de prensa, mencións en redes sociais, vídeos e/ou animacións, eventos, publicacións... As actuacións deberán detallar os obxectivos e actividades do plan, non limitándose unicamente á mención ao financiamento público.

F. COHERENCIA CO PLAN DE INNOVACIÓN (máximo 1 páxina).

No caso de presentar tamén un plan de deseño (liña 1), indicar as sinerxías ou complementariedades con el.

ANEXO VIII

Retos, prioridades e ámbitos de prioridade da RIS3 de Galicia 2021-2027

ÁMBITOS DE PRIORIZACIÓN

RETO 1

RETO 2

RETO 3

PRIORIDADE 1: SUSTENTABILIDADE

Biocombustibles e enerxías renovables (R1, R2)

O

O

Biotecnoloxía agrícola, mariña, industrial e ecolóxica (R1, R2)

O

O

Construción sustentable (R2)

O

Descarbonización das cadeas de valor (R1, R2, R3)

O

O

O

Desenvolvemento de téxtiles sustentables (R2)

O

Economía circular e simbiose industrial (R1, R2)

O

O

Eficiencia enerxética en procesos produtivos, en construción e en mobillidade (R1, R2, R3)

O

O

O

Materias primas, produtos, envases e embalaxes máis sustentables na cadea de valor alimentaria (R1, R3)

O

O

Mellora, preservación, xestión sustentable e posta en valor da biodiversidade (R1)

O

Mobilidade urbana e rural (R2, R3)

O

O

Turismo e patrimonio cultural sustentable (R1)

O

PRIORIDADE 2: DIXITALIZACIÓN

Administración pública dixital (R3)

O

Desenvolvemento de competencias dixitais e educación dixital (R2)

O

Desenvolvemento de propostas de valor ao redor dos recursos naturais, patrimoniais, culturais e turísticos (R1)

O

Fabricación avanzada e intelixente (R2)

O

Redes intelixentes, fexibilidade e almacenamento enerxético (R2)

O

Saúde dixital (R3)

O

Soberanía tecnolóxica (desenvolvemento de coñecemento, tecnoloxías e aplicacións innovadoras propias) (R1, R2, R3)

O

O

O

Tecnificación e dixitalización do sector primario (agricultura, gandaría e forestal, pesca e acuicultura) e da industria mineira (R1)

O

Xerontotecnoloxías (R3)

O

PRIORIDADE 3: ENFOQUE CARA ÁS PERSOAS

Alimentación humana saudable e funcional (R3)

O

Deporte para a promoción da autonomía persoal e mellora na calidade de vida (R3)

O

Desenvolvemento de téxtiles sustentables e para o deporte (R2)

O

Economía prateada e dos coidados (R3)

O

Medicina de prevención, rexenerativa e de precisión (R3)

O

Novas solucións de hábitat e modelos de convivencia (R3)

O

Saúde animal: veterinaria e alimentación de precisión (R1)

O

Turismo saudable baseado en recursos naturais (R3)

O

Investigación básica de excelencia e na fronteira do coñecemento

Transversal ao ecosistema
de I+D+i

[1] A información desta táboa debe ser concordante co reflectido no punto anterior e na memoria económico-financeira que figura na solicitude (anexo III).

[2] No caso das novas contratacións encher esta cela como perfil 1, perfil 2,...

[3] A información presente no cadro sinóptico e o resto dos datos incluídos na memoria deberán ser concordantes coa información que figure no formulario de solicitude.

[4]Os coeficientes de amortización lineal anual máximos de aplicación poden consultarse no anexo II.

[5] No caso das novas contratacións cubrir como perfil1, perfil2...

[6] No caso de persoal de nova contratación, a dedicación ao plan debe ser do 100 %.