Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43445

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se dá publicidade de varias encargas realizadas ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encargas ao medio propio:

1. Resolución do 28 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) os traballos para a construción de catro puntos de carga de helicópteros e autobombas nos concellos da Arnoia, Taboadela, Vilamartín de Valdeorras e Muíños, da provincia de Ourense, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: o obxecto desta encarga é a construción de 4 puntos de auga que permitan a carga de helicópteros e de vehículos motobomba.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 7 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos sesenta mil douscentos vinte catro euros con vinte e oito céntimos (260.224,28 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

2. Resolución do 26 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) os traballos para a definición do Plan de recuperación de áreas afectadas por incendios forestais en Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: a finalidade última é a de xerar un marco común de intervención para dar prioridade ás actividades de recuperación e rexeneración ambiental, social e económica tras a afección dos lumes forestais; deste xeito, cómpre desenvolver un proceso de participación pública con axentes locais das áreas onde o lume tivo unha maior incidencia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 2 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2024.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos setenta e catro mil setecentos catorce euros con sesenta e seis céntimos (474.714,66 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.640.1 (códigos de proxecto 2011 00977 e 202300173).

3. Resolución do 30 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) os traballos para a execución do servizo de formación e apoio loxístico ao operativo de prevención e defensa contra incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia nos anos 2023 e 2024. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: levaranse a cabo actuacións destinadas á posta en marcha do operativo de prevención e extinción de incendios forestais, realizando actividades de coordinación dos medios de extinción e de toda a súa loxística, a xestión de medios de transporte das brigadas, a dotación de medios de transporte e equipamento loxístico para o desprazamento do persoal para levar a cabo as tarefas de extinción de incendios, a realización de tarefas de apoio á extinción mediante a incorporación do persoal necesario para a mobilización de vehículos cisterna, a realización de tarefas de apoio técnico e material ao director técnico de Extinción en labores de planificación, operacións e loxística durante o establecemento da Unidade Técnica de Apoio, e tamén se levarán a cabo tarefas de coordinación de seguridade e saúde nas diversas actuacións que execute a Dirección Xeral de Defensa do Monte.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2024.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade dun millón setecentos oitenta e catro mil catrocentos cincuenta e seis euros con trinta e sete céntimos (1.784.456,37 €) con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.02.551B.601.1 e 14.05.551B.640.1 (proxectos 2002 15860, 2007 00480, 2008 00391).

4. Resolución do 5 de xaneiro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) os traballos para a pavimentación de camiño rural na Graña (Xunqueira de Ambía, Ourense). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: pavimentación dun camiño de titularidade municipal na Graña, cunha lonxitude total de 1.466 metros, do concello de Xunqueira de Ambía (Ourense). Prevese tamén a drenaxe da plataforma nun treito de 30 metros de lonxitude en todo o ancho do camiño.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e oito mil cento vinte e catro euros con sesenta e un céntimos (78.124,61 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

5. Resolución do 5 de xaneiro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) os traballos para a reparación e mellora do acceso a Pacios da Serra (Quiroga-Lugo). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora de dous treitos do camiño de titularidade municipal de acceso a Pacios da Serra, cunha lonxitude total de 3.400 metros, do concello de Quiroga (Lugo).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e oito mil catrocentos corenta e catro euros con tres céntimos (78.444,03 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (proxecto 2016 00219).

6. Resolución do 5 de xaneiro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) os traballos para a mellora de vías municipais en Cerdedo (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora de vías municipais en Cerdedo (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e catro mil douscentos noventa e cinco euros con vinte e tres céntimos (94.295,23 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

7. Resolución do 19 de xaneiro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a construción de bases para unidades operativas nos concellos de Rianxo, Mondoñedo e Muíños, operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: execución do proxecto construtivo de tres bases para unidades operativas en distintas localizacións nos concellos de Rianxo (A Coruña), Mondoñedo (Lugo) e Muíños (Ourense).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade dun millón catrocentos seis mil douscentos corenta e oito euros con setenta e sete céntimos (1.406.248,77€), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.0 (código de proxecto 2021 00082).

8. Resolución do 9 de febreiro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) as actuacións de reforma e adecuación de nave industrial para base de unidade operativa en Verín, operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: reforma e adecuación dunha nave industrial para o seu funcionamento como base de unidade operativa e dependencias administrativas adscritas ao Distrito Forestal XIV Verín-Viana, no polígono industrial de Pazos, concello de Verín (Ourense).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade catrocentos setenta e cinco mil cento setenta e tres euros con dezaoito céntimos (475.173,18 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.632.1 (código de proxecto 2021 00082).

9. Resolución do 3 de abril de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) os traballos para o control do Dryocosmus kuriphilus mediante loita biolóxica coa solta de Torymus sinensis e seguimento da súa dispersión nos soutos de Galicia para o ano 2023, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: execución dos tratamentos sobre as masas de castiñeiros galegos mediante o estudo, seguimento e solta experimental dentro do programa de control biolóxico de Dryocosmus kuriphulus mediante o parasitoide Torymus sinensis.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao asinado da orde de inicio ata o 31 de decembro de 2023.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento cincuenta e oito mil trescentos noventa e un euros con noventa e seis céntimos (158.391,96 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.6 (código de proxecto 2016 00199).

10. Resolución do 3 de abril de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) os traballos para a loita contra pragas defoliadoras e enfermidades fúnxicas dos piñeiros nos montes de Galicia durante o ano 2023, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: as actuacións que se propoñen nesta encarga a un medio propio teñen o obxecto de levar a cabo unha serie de tratamentos necesarios para o control de certos axentes defoliadores das masas de coníferas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao asinado da orde de inicio ata o 31 de decembro de 2023.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos corenta e dous mil cento trinta e tres euros con oitenta e catro céntimos (342.133,84 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.6 (código de proxecto 2016 00199).

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural