Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43432

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023 pola que se dá publicidade a varias encargas realizadas ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e á súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encargas a medio propio:

1. Resolución do 1 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo para a tramitación de medidas nos programas de desenvolvemento rural de Galicia. Anualidade 2023. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: prestación de servizos técnicos de apoio relativos á xestión dos seguintes expedientes de axudas:

a) Instalación de agricultores mozos.

b) Utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias.

c) Modernización das explotacións agrarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta mil seiscentos sesenta e seis euros con vinte e seis céntimos 60.666,26 €, con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A 640.2 (código de proxecto 2016 00184).

2. Resolución do 28 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o apoio na actualización do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA). Anualidade 2023. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: prestación de soporte técnico e de labores de auxilio nos traballos de actualización do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) que realiza de forma continua a unidade xestora dentro da Dirección Xeral de Gandaría.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento oitenta e sete mil oitocentos dezaseis euros con oitenta e cinco céntimos (187.816,85 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B 640.4 (código de proxecto 2009 00759).

3. Resolución do 26 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o servizo de mantemento e cría do parasitoide Tamarixia dryi para o control biolóxico da praga producida pola psila africana Trioza erytreae. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: cría do parasitoide Tamarixia dryi, para o control biolóxico da praga de Trioza erytreae que afecta os cítricos. Preténdese multiplicar a grande escala o parasitoide e subministrar regularmente individuos de Tamarixia para a súa solta no territorio onde exista a presenza de cítricos afectados pola praga de Trioza erytreae.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento trinta e cinco mil trescentos trinta e seis euros con oitenta e oito céntimos (135.336,88 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B 640.4 (código de proxecto 2009 00759).

4. Resolución do 28 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o apoio no Plan de contención das pragas de corentena (Bursaphelenchus xylophilus, Trioza erytreae, Epitrix spp. e Tecia solanivora) na Comunidade Autónoma de Galicia. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: prestar apoio técnico nos traballos de inspección, prospección, identificación, toma de mostras e vixilancia fitosanitaria no plan de control e/ou erradicación das pragas de corentena existentes na actualidade en Galicia (Bursaphelenchus xylophilus, Epitrix spp, Tecia solanivora, Trioza erytreae, flavescencia dourada da vide, etc.) e loita contra a Arvicola Sherman, así como todas aquelas establecidas no Regulamento delegado (UE) 2019/1702 de pragas prioritarias ou que se declaren durante a execución da encarga.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón novecentos cincuenta mil douscentos vinte e un euros con doce céntimos (1.950.221,12 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.04.712B 640.4 (proxecto 2009 00759), 14.04.713E 604.1 (proxecto 2012 00745) e 14.04.713E 640.1 (proxecto 2009 00724).

5. Resolución do 26 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a realización dos programas de sanidade e produción animal 2023. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: xestión dos traballos dos programas de sanidade e produción animal en Galicia durante o ano 2023. A Consellería do Medio Rural ten entre os seus obxectivos a execución e seguimento dos programas de prevención, loita, erradicación, seguimento e control de enfermidades animais, epizootias e zoonoses, e outras medidas para o establecemento de garantías sanitarias e da rastrexabilidade das producións gandeiras, así como o desenvolvemento das accións necesarias para a ordenación, fomento e control da produción e sanidade gandeira, e a xestión e correcta explotación dos rexistros e sistemas de control de datos informáticos derivados destas actuacións.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de seis millóns trescentos sesenta e un mil catrocentos cincuenta e tres euros con corenta e nove céntimos (6.361.453,49 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713E 640.1 (proxectos 2010 00977 e 2013 00713).

6. Resolución do 26 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos de seguimento e control na zona de demarcada entre 1,5 e 20 km e zona tampón a partir dos 20 km do Bursaphelenchus xylophilus no territorio declarado en corentena nas provincias de Pontevedra e Ourense para o ano 2023. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos e medidas para o seguimento e mantemento de actuacións para a erradicación do nematodo do piñeiro, en pés sintomáticos, dando continuidade ás actuacións que se veñen realizando desde o ano 2010 na zona demarcada (a zona está constituída pola zona demarcada, superficie comprendida nun raio entre 1,5 e os 20 km, desde o foco en que se detectou a presenza de Bursaphelenchus xylophilus e franxa tampón de 20 km coa fronteira con Portugal e por ampliación do raio da zona demarcada).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade dun millón catrocentos noventa e nove mil novecentos sesenta e nove euros con setenta céntimos (1.499.969,70 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.04.713E 604.1 (código de proxecto 2012 00745) e 14.04.713E.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

7. Resolución do 30 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a xestión do servizo dun matadoiro móbil na Comunidade Autónoma de Galicia durante 2023. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: a xestión do servizo do matadoiro móbil recolle aspectos como a preinscrición das persoas usuarias como demandantes do servizo, a xestión de avisos e de rutas, o sacrificio dos animais, a xestión, o almacenamento e o transporte dos canais, a xestión e o cobramento de servizos ou a xestión e o almacenamento de residuos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de setecentos vinte e oito mil setecentos vinte e cinco euros con noventa céntimos (728.725,90 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713C 640.1 (código de proxecto 2020 00054).

8. Resolución do 28 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) os servizos para a revisión e actualización do Rexistro Vitícola de Galicia. Anualidade 2023. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: delimitación gráfica adicional que conteña a información do viñedo integrada coa do resto dos cultivos. Entre outros, os traballos para a revisión e actualización do Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) son:

– Recompilación da información gráfica e alfanumérica que integra o RVG.

– Revisión e análise da información recompilada.

– Actualización da información gráfica e alfanumérica.

– Apoio técnico na xestión de expedientes correspondentes ao RVG.

– Estudo, integración, análise de resultados e proposta metodolóxica.

– Supervisión e control dos traballos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de catro centos noventa e cinco mil douscentos seis euros con cincuenta e sete céntimos (495.206,57 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712BC 640.4 (código de proxecto 2009 00759).

9. Resolución do 26 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a recuperación do potencial forestal danado en montes da zona demarcada do Bursaphelenchus xylophilus, en montes afectados pola enfermidade das bandas dos piñeiros e en montes afectados por incendios forestais, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: plantacións con planta de piñeiro resistente ao nematodo, co obxecto de recuperar o potencial forestal danado de varias parcelas en montes de xestión pública da provincia de Pontevedra: montes dentro da zona demarcada de Bursaphelenchus xylophilus afectados pola aparición de positivos nas proximidades, montes con danos polas enfermidades das bandas dos piñeiros e/ou montes afectados polos incendios forestais. Todas as parcelas onde se localizan as actuacións estiveron poboadas con piñeiro.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 2 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento oitenta e nove mil douscentos sesenta euros con noventa e nove céntimos (189.260,99 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713BC 604.4 (código de proxecto 2016 00200).

10. Resolución do 30 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o apoio á Secretaría Xeral Técnica na análise e procesamento da información relativa á xestión dos fondos MRR asociados ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU 2022-2023. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: apoio á Secretaría Xeral Técnica na coordinación dos fondos MRR e soporte á elaboración dos informes de xestión; soporte aos órganos executores no cumprimento dos principios transversais e seguimento dos fondos MRR; soporte á alimentación e supervisión da información nas aplicacións informáticas habilitadas para a xestión dos fondos MRR e outras tarefas de apoio vinculadas á resposta de consultas dos órganos executores e entidades externas á Consellería.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e un mil oitocentos corenta e catro euros con noventa e cinco céntimos (71.844,95 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A 640.1 (código de proxecto 2014 00616).

11. Resolución do 5 de xaneiro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución da obra na ponte sobre o rego Candelo en Vilarmaior (Vilarmaior, A Coruña). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: renovación dunha ODT existente sobre o rego Candelo, na parroquia de Vilamateo, concello de Vilarmaior (A Coruña), así como o acondicionamento e mellora do camiño agrario en que se localiza, cunha lonxitude de 195,00 m.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de cen mil cento setenta e un euros con sesenta e catro céntimos (100.171,64 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

12. Resolución do 5 de xaneiro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución da obra de ensanchamento e rehabilitación da ponte sobre o río Cabalar (Vilasantar, A Coruña). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: as actuacións consisten na demolición do taboleiro de formigón horizontal da ponte xunto coas súas vigas, a rehabilitación dos piares existentes con reparación e consolidación destes, a construción dunha nova lousa maciza de formigón armado de 5,00 m de ancho que facilite o paso dos vehículos e as obras complementarias correspondentes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e oito mil setecentos sete euros con setenta e oito céntimos (78.707,78 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

13. Resolución do 5 de xaneiro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución dun camiño na aldea de Pazos, parroquia de Mandiá (Ferrol, A Coruña). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: execución dun camiño de nova apertura na ZRP rematada de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá, na parroquia de Mandiá, concello de Ferrol (A Coruña), cunha lonxitude total de execución de 70,00 m e 3,00 m de anchura, mediante retirada da vexetación existente, roza, apertura, terraplenado 40 cm, firme en saburra artificial 20 cm, paso salvagabias e sinalización vertical.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de oito mil novecentos sesenta euros con cincuenta e sete céntimos (8.960,57 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

14. Resolución do 11 de xaneiro de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos preventivos contra os incendios forestais no MVMC de Serra de Gateira, Ceo, Val de Custas, Salpeiras e Cidade, en Carballeda de Avia, e nos MVMC de Barroso, Foral de Vilar e Cortegazas e Nieva, no concello de Avión, na provincia de Ourense, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: as actuacións consisten na construción de cercado de 2.975 m, mellora de pistas e faixas auxiliares en 5.935 m e unha acometida de auga en Carballeda de Avia e mellora de pistas e faixas auxiliares en Avión en 10.842 m.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos noventa e seis mil novecentos trinta e catro euros con noventa e catro céntimos (396.934,94 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.601.1 (código de proxecto 2016 00212).

15. Resolución do 22 de marzo de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución da obra dos camiños secundarios da zona de reestruturación parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba, A Coruña), cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: execución de actuacións nun total de 49 camiños cunha lonxitude de 9.561,18 m, dos que 43 son de nova apertura e 6 son de acondicionamento.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincocentos oitenta e seis mil cento oitenta euros con vinte e un céntimos (586.180,21 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

16. Resolución do 22 de marzo de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a redacción do proxecto de execución de actuacións para adecuación das instalacións do heliporto de San Xoán de Río, Ourense, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: servizo de redacción do proxecto de execución das actuacións necesarias para a adecuación das instalacións da base de helicópteros de San Xoán de Río (Ourense).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 3 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta e sete mil oitocentos trinta e dous euros e cincuenta e tres céntimos (67.832,53 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

17. Resolución do 23 de marzo de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución dos traballos relativos á mellora do firme e peche exterior no aeródromo de Beariz (Ourense), cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: traballos de mellora do firme e peche exterior no aeródromo de Beariz, Distrito Forestal XI: O Ribeiro-Arenteiro (Ourense).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 7 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos cincuenta e seis mil cincocentos setenta e sete euros con trinta e un céntimos (356.577,31 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

18. Resolución do 4 de abril de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución das obras de implementación de aerotermia na oficina rural de Silleda (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

– Actividade: instalación dun sistema de xeración térmica a partir de aerotermia na Oficina Rural de Silleda, en substitución da actual instalación de combustible.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de cen mil cincocentos cincuenta e catro euros con corenta e catro céntimos (100.554,44 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A.632.1 (código de proxecto 2021 00084).

19. Resolución do 4 de abril de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución das obras de climatización das oficinas de medio rural na Lonia (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

– Actividade: instalación dun sistema de climatización formado por equipos de alta eficiencia de refrixerante variable nas oficinas de Medio Rural situadas no edificio Prado-Lonia (Ourense).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos oitenta e catro mil douscentos setenta e dous euros con vinte e cinco céntimos (284.272,25 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A.632.1 (código de proxecto 2015 00605).

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural