Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43485

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de xuño de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 30 de xaneiro de 2007, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e do persoal do Plan Infoga, e do regulado na Resolución do 14 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 94, do 20 de maio), sobre as probas físicas.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 119, do 23 de xuño de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 39422, no punto primeiro, onde di: «Así mesmo, e conforme o establecido na relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 113, do 15 de xuño de 2023), para poder ser contratado para os postos das listas de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (100) do grupo III e bombeiro/a forestal (14) do grupo V, que teñan establecido como requisito indispensable a proba física Pack Test, deberá superarse previamente esta proba de aptitude física», debe dicir: «Así mesmo, e conforme o establecido na relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 113, do 15 de xuño de 2023), para poder ser contratado para os postos que teñan establecido como requisito indispensable proba física Pack Test deberá superarse previamente esta proba de aptitude física».

E na páxina 39423, no punto primeiro, onde di: «O resultado de non apto/a na proba física Pack Test terá como consecuencia que a persoa quedará en suspenso para os chamamentos dos postos que conten con este requisito indispensable das listas de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (100) do grupo III e bombeiro/a forestal (14) do grupo V ata o 1 de xaneiro do ano seguinte e non poderá ser contratada ou nomeada para estes postos», debe dicir: «O resultado de non apto/a na proba física Pack Test terá como consecuencia que a persoa quedará en suspenso para os chamamentos dos postos que conten con este requisito indispensable ata o 1 de xaneiro do ano seguinte e non poderá ser contratada ou nomeada para estes postos».