Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43483

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2023 pola cal se publica o plan de estudos de máster universitario en Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 18 de outubro de 2022 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 28 de outubro por Resolución do secretario xeral de Universidades do 21 de outubro de 2022).

Este reitorado, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade do Minho (Portugal).

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Dereito Trasnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade do Minho

Código RUCT: 4317810.

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela e Universidade do Minho.

Modalidade de impartición: semipresencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

45

Optativas

10

Prácticas externas OB

5

Traballo de fin de máster

30

Créditos totais

90

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Dereito dos contratos no ordenamento xurídico portugués

Obrigatoria

5

Materias obrigatorias

Responsabilidade civil na economía dixital

Obrigatoria

5

Dimensión transfronteiriza e internacional do dereito da empresa

Obrigatoria

5

Contratos internacionais

Obrigatoria

5

Metodoloxía da investigación científica en dereito

Obrigatoria

5

Dereito dos contratos no ordenamento xurídico español

Obrigatoria

5

Cooperación europea en materia civil e comercial

Obrigatoria

5

Dereito da tributación internacional e da economía dixital

Obrigatoria

5

Dereito público transnacional e protección de datos

Obrigatoria

5

Prácticas externas en dereito transnacional da empresa e das tecnoloxías dixitais

Obrigatoria

5

Dereito da competencia e a propiedade industrial

Optativa

5

Materias optativas

Dereito do comercio internacional

Optativa

5

Temas emerxentes da actualidade xurídica internacional e española

Optativa

5

Resolución alternativa de litixios internacionais

Optativa

5

Dereito e intelixencia artificial

Optativa

5

Temas emerxentes da actualidade xurídica internacional e portuguesa

Optativa

5

Traballo de fin de máster

Obrigatoria

30

Traballo de fin de máster