Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43518

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 7 de xullo de 2023, conxunta da Universidade de Santiago de Compostela e do Servizo Galego de Saúde, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convocan a concurso público prazas vinculadas de profesorado permanente laboral.

En cumprimento dos acordos do Consello de Goberno desta universidade do 29 de xuño de 2023 e da Comisión Mixta Universidade de Santiago de Compostela-Sergas, do 12 de xuño de 2023, este reitorado fai público que, mediante a Resolución do 7 de xullo de 2023, se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador na seguinte categoría:

Profesorado permanente laboral vinculado ás institucións sanitarias: 4 prazas.

A relación de prazas convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pdipermanente

As solicitudes deberán presentarse a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pdipermanente

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela