Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43517

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 7 de xullo de 2023 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convocan a concurso público prazas de profesorado asociado de Ciencias da Saúde.

En cumprimento do acordado polo Consello de Goberno desta universidade na súa sesión do 29 de xuño de 2023, logo da autorización da Comisión Mixta Universidade de Santiago de Composela-Sergas, do 12 de xuño de 2023, este reitorado fai público que, mediante a Resolución do 7 de xullo de 2023, se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador na seguinte categoría:

Profesorado asociado de Ciencias da Saúde: 36 prazas.

A relación de prazas convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pditemporal

As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pditemporal

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado