Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43608

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do nomeamento como funcionarios de carreira de dous inspectores do corpo da Policía Local.

A Concellaría delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante a Resolución do 3 de maio de 2023, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– Luis Alberto Acuña Martínez, con DNI ***7561**, para ocupar unha praza de inspector do corpo da Policía Local, da escala de Administración especial, integrada no grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

– Luis Miguel García Lareu, con DNI ***0483**, para ocupar unha praza de inspector do corpo da Policía Local, da escala de Administración especial, integrada no grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, ao que se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a dita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 20 de xuño de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados