Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43606

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de varias persoas funcionarias de carreira en cumprimento da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

A concellería delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante resolucións de datas 11.5.2023, 6.6.2023, 7.6.2023, 8.6.2023 e 14.6.2023 nomeou funcionarios/as de carreira deste concello, en virtude de propostas do tribunal cualificador dos procesos selectivos convocados en cumprimento da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a:

– Xabier Munaiz Alonso, con DNI ***1051**, para ocupar unha praza de técnico da escala de Administración especial, subescala técnica, integrada dentro do grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– María Sandra Valverde Carballo, con DNI ***9719**, para ocupar unha praza de aparellador/a-arquitecto/a técnico/a da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– José María García Janeiro, con DNI ***4259**, para ocupar unha praza de psicólogo/a da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– Rosa María Campos Briones, con DNI ***0145**, para ocupar unha praza de psicólogo/a da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– Francisco José López Sieiro, con DNI ***0110**, para ocupar unha praza de técnico local de emprego da escala de Administración especial (reservada a persoas con discapacidade xeral), integrada dentro do grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– Concepción Cochón Rodríguez, con DNI ***2063**, para ocupar unha praza de asesor/a lingüístico/a da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– María Esther Cuesta Mirón, con DNI ***9524**, para ocupar unha praza de técnico/a local de emprego da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– Julio Carmona Barros, con DNI ***4419**, para ocupar unha praza de axudante/a técnico/a sanitario/a da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– Patricia González Martínez, con DNI ***2062**, para ocupar unha praza de monitor/a educador/a da escala da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, ao que se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a devandita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, poderán interpor os/as interesados/as ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderá interpor calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.

Pontevedra, 20 de xuño de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados