DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2023 Páx. 43758

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

EXTRACTO da Resolución do 3 de xullo de 2023 pola que se convoca e regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2023, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración de enerxía eléctrica e comercio electrónico seguro (código de procedemento CO400B).

BDNS (Identif.): 707864.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarios destas axudas as asociacións de consumidores que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.

Segundo. Obxecto

As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización por parte das Asociacións de Consumidores inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Persoas consumidoras e usuarias de Galicia dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración de enerxía eléctrica e comercio electrónico seguro coas especificidades que se establecen no artigo 2 destas bases.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 3 de xullo de 2023 pola que se convoca e regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2023, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración de enerxía eléctrica e comercio electrónico seguro.

Cuarto. Importe

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia concederá axudas ás asociacións de consumidores de Galicia por un importe total de 12.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 05.80.613A.781.0 do orzamento do Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o ano 2023.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes é de un mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2023

Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia