Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Política Social e Xuventude, mediante a Orde do 24 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 24 de abril de 2023.
Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.
Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa a funcionaria, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2023
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude
ANEXO
Apelidos e nome: Fuertes Ayerdi, Eva.
NRP: ****999668 A208G.
Grupo: A1.
Corpo/escala: corpo facultativo superior, escala de facultativos, especialidade psicoloxía.
Denominación do posto: director/a do CAPD.
Código: PS.C99.40.501.15001.001.
Nivel: 28.
Dependencia: Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (A Coruña).
Localidade: A Coruña.