DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44012

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2023 pola que se resolve e se pon fin ao concurso de méritos do persoal funcionario de administración e servizos.

Mediante esta resolución resólvese e ponse fin ao procedemento correspondente ao concurso de méritos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo que se convocou mediante a Resolución do 30 de setembro de 2022 (DOG do 13 de outubro).

A adxudicación de destinos e as datas de cesamento e toma de posesión están publicadas no taboleiro de anuncios electrónico da Universidade de Vigo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 10 de xullo de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo