DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2023 Páx. 44364

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de xullo de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 6 de xullo de 2023, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, en desenvolvemento da Orde da Consellería de Facenda do 20 de febreiro de 2019 pola que se convocou o proceso selectivo para o ingreso, na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 39, do 25 de febreiro).

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 6 de xullo de 2023, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, de 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file