DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2023 Páx. 44543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANP-OU-15/2023-V e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Ourense, sita na avenida de La Habana, nº 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 5 de xullo de 2023

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado

ANP-OU-15/2023-V

Y3738770L

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANP-OU-23/2023-V

48042974E

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANI-OU-33/2023-V

76720141F

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-38/2023-V

34631422T

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-46/2023-V

34960683Q

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial

ANI-OU-54/2023-V

44452991V

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola xefa territorial