DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2023 Páx. 44545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2023/318-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita dunha instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT, CT Cruceiro.

Situación: concello do Grove.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 772 metros de lonxitude, con orixe no apoio 9NCUINDO//D4-B13-7 da LMT VLG805, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación (CT) proxectado.

– Centro de transformación a 160 kVA , con relación de transformación de 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36022A024001980000EH, en Reboredo, Peneirada.

– A instalación está situada en Reboredo, San Vicente, no concello do Grove (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2023/318-4.

Denominación: LMT, CT Cruceiro.

Concello: O Grove.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

1

Peneirada

Rústico

36022A024001980000EH

Descoñecido/a

24,21